2 de novembro

O 2 de novembro é o 306º día do ano do calendario gregoriano (307º nos anos bisestos). Quedan 59 días para finalizar o ano.

4 de marzo

O 4 de marzo é o 63º día do ano do calendario gregoriano e o 64º nos anos bisestos. Quedan (302) días para finalizar o ano.

Camilo Castelo Branco

Camilo Ferreira Botelho Castelo Branco, nado en Lisboa o 16 de marzo de 1825 e finado en São Miguel de Seide o 1 de xuño de 1890, foi un escritor portugués.

Carlos Oroza

Carlos Oroza, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923, e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015, foi un poeta galego.

Edicións Xerais de Galicia

Edicións Xerais de Galicia, S.A. é unha empresa editorial galega con sede na rúa Dr. Marañón de Vigo. Dende 1988 pertence ao grupo empresarial Anaya, integrado en 2004 no Grupo Lagardère.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Gianni Rodari

Gianni Rodari, nado en Omegna o 23 de outubro de 1920 e finado en Roma o 14 de abril de 1980, foi un escritor, mestre e pedagogo italiano. Obtivo o Premio Hans Christian Andersen en 1970.

James Fenimore Cooper

James Fenimore Cooper, nado o 15 de setembro de 1789 e finado o 14 de setembro de 1851, foi un popular e prolífico escritor norteamericano.

James Joyce

James Augustine Aloysius Joyce, nado en Rathgar o 2 de febreiro de 1882 e finado en Zürich (Suíza) o 13 de xaneiro de 1941, foi un escritor irlandés, considerado un dos autores de maior relevancia do século XX. As súas obras máis coñecidas son o volume de contos Dublineses (1914) e as novelas Retrato do artista cando novo (1916), Ulises (1922) e Finnegans wake (1939).

Jorge Amado

Jorge Leal Amado de Faria, coñecido como Jorge Amado, nado en Itabuna (Baía) o 10 de agosto de 1912 e finado en Salvador o 6 de agosto de 2001, foi un escritor brasileiro.

Juan Farias

Juan Farias Díaz-Noriega nado en Serantes o 31 de marzo de 1935 e finado en Villaviciosa de Odón o 10 de xuño de 2011, foi un escritor galego en lingua castelá cuxa obra pode dividirse en dúas grandes etapas, segundo sexan o seu destinatario principal os lectores adultos (1959-1975) ou os nenos e novos (1977 en diante). Neste segundo xénero é onde obtivo un maior recoñecemento.

Lingua

Unha lingua é un sistema de signos lingüísticos incluíndo tamén sons, acenos e símbolos escritos que permite a comunicación entre os individuos dunha comunidade lingüística. Unha definición lingüística da lingua precisa que é un sistema de signos dobremente articulados, é dicir, que a construción do sentido faise a dous niveis de articulación. Atópase primeiramente o das entidades significantes, morfemas, lexemas, monemas, formando os enunciados, e logo o das unidades distintivas de sentido (os fonemas), formando as unidades significantes. Estes dous niveis de articulación determinan os primeiros niveis da descrición lingüística: fonoloxía, morfoloxía e sintaxe. André Martinet precisa que a orde de descrición é de xeito necesario inversa á orde de percepción ou uso da lingua: a descrición comeza polo segundo nivel de articulación (fonemas) para ir cara ao primeiro (a combinatoria das unidades significantes).

Miguel de Cervantes

Miguel de Cervantes Saavedra, nado en Alcalá de Henares o 29 de setembro de 1547 e finado en Madrid o 23 de abril de 1616, foi un escritor en lingua castelá de novela, poesía e teatro, considerado a máxima figura da literatura castelá. É universalmente coñecido, sobre todo, por ser o autor de Don Quixote da Mancha, que moitos críticos describen como a primeira novela moderna e unha das mellores obras da literatura universal. Iso deulle o sobrenome de "Príncipe dos Enxeños".

Poesía

A poesía é unha forma de literatura que emprega as calidades estética e rítmica da linguaxe, como a eufonía, o simbolismo fonético e a prosodia, para evocar significados engadidos ou o significado prosaico.

Roald Dahl

Roald Dahl, nado en Llandaff, Cardiff, o 13 de setembro de 1916 e falecido en Oxford, o 23 de novembro de 1990, foi un novelista e autor de contos galés de ascendencia norueguesa, famoso como escritor para nenos e adultos. Entre os seus libros máis populares están Charlie e a fábrica de chocolate, Iago e o pexego xigante, Matilda, As bruxas e Muá, Muá.

Sarria

Sarria é unha vila galega da provincia de Lugo, capital da comarca de Sarria. Cos seus 13.345 habitantes (13.352 no 2006, 13.155 no 2005, 13.132 no 2004, 13.142 no 2003) segundo o INE é o quinto en poboación da provincia. O seu xentilicio é (véxase no Galizionario) sarriao/sarriá.

Tradución

A tradución (< latín traducere: facer pasar dun lugar a outro) é unha actividade que comprende a interpretación do significado dun texto nun idioma, chamado texto orixe, a un texto equivalente noutro idioma, chamado texto meta. Tamén o produto desta actividade, o texto meta, denomínase tradución.

Vigo

Vigo ( pronunciación ) (tamén coñecida como a cidade olívica) é unha cidade e concello da provincia de Pontevedra, na comunidade autónoma de Galicia, no noroeste da península ibérica. É a capital da comarca de Vigo, aínda que historicamente pertenceu á comarca de Val do Fragoso. Ademais é a capital da súa área metropolitana. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo e no sur das Rías Baixas. Con 293.642 habitantes no 2018 é o concello máis poboado de Galicia e o décimo cuarto de España, sendo a cidade sen rango de capital de provincia con máis poboación de España.

Wenceslao Fernández Flórez

Wenceslao Fernández Flórez, nado na Coruña o 11 de febreiro de 1885 e finado en Madrid o 29 de abril de 1964, foi un narrador, xornalista e humorista galego.

Xela Arias

Xela Arias Castaño, nada en Sarria, o 4 de marzo de 1962, e finada en Vigo o 2 de novembro de 2003, foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angela Carter, Charles Baudelaire e Jean Rhys. Proposta, en dúas ocasións (2014 e 2015), para ser a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, a súa Poesía reunida publicouse en novembro do ano 2018, con edición, introdución e notas de Chus Nogueira. En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.

Ler noutra lingua