Zestoa

Zestoa (coñecida en castelán como Cestona) é un concello vasco pertencente á provincia de Guipúscoa e que forma parte da comarca da Costa do Urola. En 2007 contaba cunha poboación de 3.410 habitantes.

Cestona puente sobre el Urola
Ponte sobre o río Urola en Zestoa
Gipuzkoa municipalities Zestoa
Localización de Zestoa en Guipúscoa

Límites

A superficie do concello abrangue 43,69 km2. Zestoa linda polo a oeste con o municipio de Deba, polo norte con Zumaia e máis Aizarnazabal, polo oeste con Aia e polo sur con Azpeitia e Errezil.

Localidades

Á parte da propia Zestoa, outras localidades do concello son: Aizarna, Iraeta, Endoia, Arroa goia, Arroa behea, Lasao, Ibañarrieta e Presalde.

A ver

  • Pazo Lili, gótico.
  • Casa do Concello (Udaletxea), data de 1601.
  • Balneario de Zestoa datado en (1804.
  • Hotel Arotzena 1908.
  • Ekainberri, museo réplica da cova de Ekain, datada no Paleolítico Superior, cuxo orixinal está situado no concello de Deba. A reprodución foi inaugurada en setembro de 2008.

Outros

O río Urola atravesa o municipio; é posíbel practicar o sendeirismo a través de camiños que seguen o río até a costa. Parte do territorio municipal está comprendido no Parque Natural de Pagoeta que se comparte con o concello de Zarautz.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aizarnazabal

Aizarnazabal é un concello da provincia e territorio histórico de Guipúscoa, en Euskadi. Forma parte da comarca de Urola Kosta.

Está situado no val do río Urola. Limita cos concello de Zumaia ao norte, Zestoa ao sur e oeste e Aia ao leste. Tiña en 2015 unha poboación de 775 habitantes.

Angel Otaegi

Angel Otaegi Etxeberria, nado en Nuarbe, Azpeitia, Guipúscoa en xaneiro de 1942, e finado en Burgos o 27 de setembro de 1975, foi un militante de ETA coñecido por ser un dos últimos cinco fusilados polo franquismo.

De familia obreira, estudou en Zestoa e con 14 anos empezou a traballar no sector da metalurxia (empresa de Irimo de Zumarraga), e, a continuación, na pesca. foi Inicialmente un militar Euzko Gaztedi pero en 1970 ingresou en ETA, primeiro na fronte obreira e, a continuación, na fronte militar. El traballou na área de infraestruturas da organización e na súa casa había unha imprenta na que se facían os folletos.O 18 de novembro de 1974, é detido na súa casa, acusado da morte do xefe da Garda Civil Gregorio Posadas Zurrón o día 3 de abril do mesmo ano en Azpeitia. Foi trasladado ó cárcere de Martutene e, a continuación, a Burgos.

Foi condenado á pena de morte en consello de guerra realizado no Rexemento de Artillaría de Campaña número 63 no Castelo de Val (Burgos) o día 29 de agosto de 1975, xunto con outro membro de ETA, José Antonio Garmendia Artola, que foi posteriormente indultado. Foi executado en Burgos na mañá do 27 de setembro de 1975, xunto con outros catro prisioneiros en diferentes partes do Estado, Xosé Humberto Baena Alonso, Ramón García Sanz e José Luis Sánchez Bravo (pertencentes á FRAP) e Jon Paredes Manot Txiki de ETA, converténdose nos cinco últimos executado do réxime de Franco. A data de execución múltiple, o 27 de setembro, foi reclamado pola esquerda nacionalista e outros grupos de extrema esquerda como o Gudari Eguna (día do soldado en éuscaro).

Aurelio Enríquez González

Aurelio Enríquez González, nado en Vilanova de Valdeorras (O Barco de Valdeorras) o 18 de xullo de 1845 e finado en Baños de Montemayor (Cáceres) o 30 de xullo de 1910, foi un médico e político galego.

Azpeitia

Azpeitia é un concello da provincia e territorio histórico de Guipúscoa, en Euskadi. Forma parte da comarca de Urola Kosta.

O seu termo municipal ten unha extensión de 69,39 km². Limita ao norte con Deba e Zestoa, ao oeste con Azkoitia, ao sur con Ezkio-Itsaso, Zumarraga e Beasain e ao leste con Errezil e Beizama. Tiña en 2015 unha poboación de 14.675 habitantes.

No seu termo municipal atópase Loiola, berce de San Ignacio de Loiola, onde se sitúa, arredor da súa casa natal, un complexo monumental e relixioso.

Cova de Ekain

A cova de Ekain é unha caverna con figuracións prehistóricas sita no País Vasco, preto da cidade de Donostia, no concello de Deba. Non está aberta ao público, mais pode visitarse unha réplica próxima. Xunto con outras grutas paleolíticas asturianas, cántabras e vascas, Ekain foi declarada Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO o 13 de agosto de 2008.

Deba, Guipúscoa

Deba, (en español Deva, mais o único nome oficial é Deba), é un concello e localidade costeira situada ao noroeste de Guipúscoa, Euskadi. Está chantada na desembocadura do río Deba, pertencente á comarca de Debabarrena. Ten unha poboación de 5.274 habitantes segundo o censo do ano 2006 e unha superficie de 52 km², cunha densidade poboacional de 102,32 habitantes por quilómetro cadrado.

Coa orixe no próximo núcleo rural de Itziar, estabeleceuse na actual situación en 1343 co nome de Montreal de Deba, que xa tiña no 24 de xuño de 1294. Ten unha gran praia, que é o seu atractivo turístico principal, xunto coa súa grande alameda.

Distribúese por dúas vertentes diferentes, a do río Deba e a do río Urola, e o seu terreo e moi accidentado. A costa destaca pola chamada rasa mareal, que se estende até Zumaia. Sitúase na marxe dereita da río que o río forma na súa desembocadura; nela, noutros tempos, houbo un porto comercial; na actualidade só se emprega como porto deportivo e de recreo.

As súas armas son un escudo de goles cun castelo sostido por un león e un grifón tenantes e, ós seus pés, tres teixos de sinople.

Errezil

Errezil é un concello da provincia de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase na comarca de Urola Kosta, a 41 km de Donostia.

O seu termo municipal ten unha extensión de 32,46 km². Limita ao norte con Zestoa e Aia, ao leste con Asteasu, Larraul, Bidania-Goiatz e Albiztur, ao sur con Beizama e ao oeste con Azpeitia. Posúe tamén un enclave, Argisain, que limita con Legorreta, Bidania-Goiatz, Beizama e Albiztur.

Tiña en 2015 unha poboación de 593 habitantes, agrupados nos barrios de Errezilgo Gunea, Artzailuz, Erdoizta, Ezama, Ibarbia e Letea, máis no enclave de Argisain.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Mikel Arregi Urrutia

Mikel Arregi Urrutia, alcumado Ertxin, nado en Zestoa en 1969, é un político de ideoloxía independentista vasca. Foi dirixente de Herri Batasuna entre 1995 e 1997.

Pottoka

Pottoka, do éuscaro cabalo pequeno, é o nome co que se coñece a unha raza de cabalo de pequena envergadura ou poni, que habitaron dende a antigüidade os territorios montañosos da Cordilleira Cantábrica e os Pireneos occidentais en ambas vertentes.

Río Urola

O Urola é un curto río guipuscoano de 59,3 km de lonxitude que verte as súas augas no mar Cantábrico.

Unai Alba

Unai Alba Pagadizabal, nado o 19 de febreiro de 1978 en Oiartzun (Guipúscoa), é un futbolista español. Xoga de porteiro e o seu actual equipo é o Orihuela CF.

Urola Erdia

Urola Erdia é unha subcomarca de Guipúscoa, en Euskadi, cuxo territorio normalmente inclúese na comarca de Urola Kosta. Limita ao norte con Urola Kosta, ao leste con Tolosaldea, ao sur con Urola Garaia e ao oeste con Debabarrena e Debagoiena.

Zumaia

Zumaia (en castelán Zumaya, non oficial) é un municipio do País Vasco (España), pertencente á provincia de Guipúscoa. Está situado a carón do mar e da baía onde conflúen os ríos Urola e Narrondo. Polo norte limita co mar Cantábrico, e polo sur coas dúas Arroas (Arroa goia e Arroa behea), con Ibañarrieta e con Zestoa. Ao leste está o barrio de Askizu e Getaria. Ao oeste atópase Elorriaga, Itziar e Deba.

A súa poboación no 2008 era de 9099 habitantes, que se concentran principalmente no seu núcleo urbano, mais tanto dentro como fora do casco existen barrios dispersados, como poden ser San Miguel de Artadi e Oikia.

O alcalde do concello a partir do 2011 é Iñaki Agirrezabalaga Alkorta, membro de Bildu.

Ángeles Sorazu

María de los Ángeles Sorazu (Zumaia 22 de breiro 1873 – Valladolid, 28 de agosto 1921) foi unha relixiosa concepcionista e escritora mística vasca.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.