Zas

Zas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2018 tiña 4.581 habitantes (4.902 no 2014, 5.295 no 2010, 5.674 no 2006, 5.780 no 2005, 5.867 no 2004, 5.978 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é zaseiro ou salense[4].

Coordenadas: 43°05′59″N 08°54′59″O / 43.09972, -8.91639

Zas
Bandeira de Zas
---
Escudo de Zas
Casa Concello Zas
Casa do concello de Zas.
Situacion Zas
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca da Terra de Soneira
Poboación4.581 hab. (2018)
Área133,2 km²
Densidade34,39 hab./km²
Entidades de poboación16 parroquias
Capital do concelloZas
Política (2019[2])
AlcaldeManuel Muíño Espasandín (BNG)
ConcelleirosBNG: 8
PPdeG: 3

Eleccións municipais en Zas
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes92,40%
Na rede
www.concellodezas.org
correo@zas.dicoruna.es

Demografía

Censo total 2014 4.902 habitantes
Menores de 15 anos 422 (8.61 %)
Entre 15 e 64 anos 2.955 (60.28 %)
Maiores de 65 anos 1.525 (31.11 %)
Evolución da poboación de Zas   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.691 6.275 8.004 7.329 5.867 5.295 5.219 5.109 4.983 4.902 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita cos concellos de Coristanco, Santa Comba, Mazaricos, Vimianzo, Laxe e Cabana de Bergantiños. Aínda que non ten litoral, atópase na zona central da Costa da Morte. Ten unha forma alongada en dirección norte-sur. O cumio máis elevado é o Pico de Meda (567 m). Polo norte do concello pasa o río Grande, e polas parroquias do sur o río Xallas.

Parroquias de Zas

Patrimonio

Consérvanse restos megalíticos de hai uns 5.000 anos, sendo a máis coñecida a Arca da Piosa, situada na parroquia de Muíño. Tamén se conservan algúns castros, coma o de Santo Adrián.

Ao sur do concello está a Ponte de Brandomil, da época medieval e construída segundo bases romanas.

Entres os moitos edificios relixiosos do concello, salienta a Igrexa de Gándara (románica), a Igrexa de Lamas (cunha ábsida renacentista e unha nave barroca), e a Igrexa de Zas (de 1540).

Na vila de Zas lévase a cabo o encontro de música folk da Festa da Carballeira, que en 2008 celebrou a súa XXV edición.

Zas conta co museo do liño, no que se poden ver as distintas fases do cultivo e fiado do mesmo: a sementeira en abril - a colla en xullo - o lagado e enxugado - o tascado e o espadelado - O rastreado - A fiadura - a lavadura do fío e o tecido. Trátase dun museo vivente onde se pode asistir a demostracións de fiado e tecido.[5]

Pazos

Economía

Zas susténtase nunha economía agrícola e gandeira, de explotacións minifundistas.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Zas.
Pazo de Romelle

Pazo de Romelle.

Horreos das Torres do Allo, Zas

Hórreos das Torres do Allo.

Lugares de Zas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Zas vexa: Lugares de Zas.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 62. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  5. "Museo del lino" (en castelán). Consultado o 11 de setembro de 2018.
  6. Merino, María (14 de xaneiro de 2011). "El rico patrimonio de Zas". Turismo en Pueblos (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015.

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Baio, Zas

Santa María de Baio é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o censo municipal no ano 2018 tiña 1 183 habitantes, distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1 319 habitantes.

Brandomil, Zas

San Pedro de Brandomil é unha parroquia do concello de Zas, na comarca da Terra de Soneira, provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 225 habitantes (129 mulleres e 96 homes), o que representa unha diminución con respecto o ano 1999. Ten sete entidades de poboación.

Brandoñas, Zas

Santa María de Brandoñas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Zas. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 74 habitantes, sendo 33 homes e 41 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 125 habitantes (64 mulleres e 61 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 133 habitantes.

Carreira, Zas

Santiago de Carreira é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 176 habitantes, sendo 86 homes e 90 mulleres. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 246 habitantes (126 homes e 120 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 267 habitantes.

Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

Gándara, Zas

Santa María de Gándara é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas na comarca da Terra de Soneira. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 503 habitantes (269 homes e 234 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 545 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 365 habitantes, sendo 182 homes e 183 mulleres.

Lamas, Zas

Santa María de Lamas é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 393 habitantes (201 mulleres e 192 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 402 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 304 habitantes, sendo 151 homes e 153 mulleres.

Loroño, Zas

Santiago de Loroño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Zas. Segundo o IGE en 2018 tiña 179 habitantes (96 mulleres e 83 homes), 87 menos ca en 1999. Ten sete entidades de poboación.

Mira, Zas

Santa María de Mira é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 288 habitantes (148 mulleres e 140 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 311 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 208 habitantes, sendo 103 homes e 105 mulleres.

Muíño, Zas

San Tirso de Muíño é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Zas. Segundo o IGE en 2018 tiña 250 habitantes (136 mulleres e 114 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 357 habitantes.

O Allo, Zas

San Pedro do Allo é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o IGE en 2018 tiña 152 habitantes (75 mulleres e 77 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 148 habitantes.

San Cremenzo de Pazos, Zas

San Cremenzo de Pazos é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 236 habitantes (118 mulleres e 118 homes) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 265 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 186 habitantes, sendo 86 homes e 100 mulleres.

San Martiño de Meanos, Zas

San Martiño de Meanos é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Zas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 642 habitantes (340 mulleres e 302 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 715 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 455 habitantes, sendo 206 homes e 249 mulleres. É a parroquia máis extensa de todo concello con 18,30 km cadrados.[Cómpre referencia] Eclesiasticamente pertence ó Arciprestado de Céltigos e é parroquia matriz da de Santa Sía de Roma.

Santa Sía de Roma, Zas

Santa Sía de Roma é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Zas. Segundo o IGE en 2018 tiña 73 habitantes (43 mulleres e 30 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes. Eclesiasticamente pertence ó Arciprestado de Céltigos e é parroquia anexa de San Martiño de Meanos.

Santo Adrián de Castro, Zas

Santo Adrián de Castro é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Zas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 159 habitantes (85 mulleres e 74 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 181 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 128 habitantes, sendo 60 homes e 68 mulleres.

Vilar, Zas

San Pedro de Vilar é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Zas. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 293 habitantes (150 mulleres e 143 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 311 habitantes. Segundo o IGE, no 2018 a súa poboación descendera ata os 206 habitantes, sendo 98 homes e 108 mulleres.

Xurenzás, Boborás

San Pedro de Xurenzás é unha parroquia do concello de Boborás na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 110 habitantes, deles 55 eran homes e 55 eran mulleres, o que supón un incremento de 3 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Unha lenda explica a orixe do nome de Xurenzás. Conta que un mouro chamado Zas se enamorou da filla doutro mouro, pero este non llela quixo dar e, para evitar que aquel a tomase, decidiu encantala. Entón, Zas, declaroulle a guerra e venceuno, facéndoo prisioneiro. Cando o vencido quixo restaurar a paz, Zas esixiulle un xuramento de obediencia e sometemento ó seu nome. E o vello tivo que aceptar, dicindo: "Xuro en Zas que estou vencido". Así quedoulle ó lugar o nome de Xurenzás .

Zas, Zas

Santo André de Zas é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Zas. Segundo o IGE en 2018 tiña 427 habitantes (216 homes e 211 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 496 habitantes.

Zas de Rei, Melide

San Xiao de Zas de Rei é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Melide na comarca da Terra de Melide. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 113 habitantes (56 mulleres e 57 homes) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 170 habitantes.

Galicia  · Provincia da Coruña  · Parroquias de Zas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.