Zara

Zara é unha cadea galega de tendas de moda e complementos pertencente ao grupo Inditex con sede en Arteixo.

Coordenadas: 43°18′52.55″N 8°30′18.02″O / 43.3145972, -8.5050056

Zara
Zara Logo
Ifc Zara 20071110
TipoSociedade Anónima
Fundación1975
MatrizInditex
LocalizaciónAvda. Deputación. Polígono de Sabón, 15142 Arteixo (Provincia da Coruña) Galicia Galicia
FundadorAmancio Ortega Gaona
Persoas clavePablo Isla (presidente)
IndustriaTéxtil
ProdutosRoupa e complementos
Beneficio9.000 millóns de euros (2011)[1]
Páxina webhttp://www.zara.com

Historia

Primeira tenda de zara juan flórez
Primeira tenda de Zara na Coruña, na rúa Juan Flórez.

A marca foi fundada por Amancio Ortega en 1975, e a primeira tenda abriuna o 9 de maio dese ano na rúa Juan Flórez da Coruña. En 1981 abre a súa primeira tenda fóra de Galicia, en Madrid, e en 1988 inaugura a primeira tenda internacional en Porto. A segunda tenda no estranxeiro de Zara abre o 27 de setembro de 1989 en Nova York, na avenida Lexington.

Nos seus inicios Zara traballaba en Galiza con pequenos obradoiros, cooperativas, de costureiras ás que entragaba o material xa cortado, botóns e fíos para que cosesen pola súa conta a roupa en prazos axustados. Os máis pequenos destes obradoiros-cooperativas foron desaparecendo segundo foi baixando o traballo e os cartos que lles pagaban[2]. Nas súas orixes nas tendas de Zara vendíase roupa doutras marcas, pasando co tempo a vender roupa só como Zara.

Zara é a cadea insignia do grupo Inditex e está representada en Europa, América, África e Asia con 1.481 tendas (outubro de 2008) [3] en 71 países, delas 38 en Galiza.[4] A súa sede central é Arteixo.

En 2015 a marca comezou a poñer puntos de autoservizo e pagamento, como ampliación da súa estratexia comercial na venda. O primeiro destes puntos foi posto no centro comercial Marineda City[5].

As tendas e as cifras

Zara København
Establecemento de Zara na rúa Vimmelskaftet de Copenhaguen.

Zara é a cadea máis importante do grupo Inditex, a que está en máis países e a que é máis coñecida. En 2006 agardaba abrir 140 novas tendas [6], practicamente unha cada dous días, o que representou a terceira parte de todas as novas aperturas do grupo. A súa primeira tenda abriuna o propio Amancio Ortega na Coruña en 1975.

En 2004, a súa cifra de negocio foi de 3.819,6 millóns de euros e representaba o 67,8% das vendas de Inditex.

Modelo de negocio

Zara boutique in ifc Central Hong Kong
Tenda Zara en IFC, Hong Kong.

Zara ofrece roupa de tendencia, cunha calidade media e a un prezo económico. O seu público é feminino, masculino e infantil. Existe unha cadea específica que, co nome de Zara Home traballa no sector da moda de fogar. O modelo empresarial empregado nesta concepción do negocio permite dar resposta aos gustos do cliente nun tempo récord. Con máis de 200 deseñadores, as últimas tendencias séguense nas tendas, a pé de rúa e nas constantes viaxes a feiras internacionais. Así, Zara é capaz de deseñar, producir e distribuír unha colección a calquera parte do mundo dúas veces por semana en cada tenda[7]. A distribución realízase en tendas propias, estratexicamente situadas nos centros e zonas comerciais das cidades, onde se coida ao máximo ao escaparatismo e o deseño interior.

Mercado e clasificacións

En agosto de 2005, entrou por primeira vez na lista das 100 maiores marcas do mundo, situándose no posto 77º, segundo a clasificación anual da revista Business Week e a consultora Interbrand. A marca galega aparece valorada en 3.051 millóns de euros e supera no ranking a grandes grupos como Hermès, Prada ou Armani.

En xaneiro de 2006, un estudo da revista estadounidense Brandchannel sinalaba que Zara era unha das marcas que máis impacto causaba na rede, e colocábaa de cuarta no ranquin europeo[8], por detrás de Ikea, Skype e Nokia e de 14ª no ranquin mundial[9]. Fóra da rede, o ránquin Brandz, da consultora estadounidense Millward Brown, situaba en 2007 a marca como a 90ª máis valiosa[10] do planeta.

En xuño de 2012 Zara foi absolta na demanda que Christian Louboutin lle interpuxo por plaxio da súa sola vermella. Christian Louboutin tivo que pagar 2.500 euros a Zara como compensación[11].

Citas

O deseñador de Louis Vuitton, Daniel Piette, describiu a Amancio Ortega como "posiblemente o minorista máis innovador e máis arrasador do mundo"[12].

Tendas no mundo

Distribución das tendas de Zara por zonas xeográficas:[13]

Zara en África
País #
Marrocos Marrocos 10 tendas
Exipto Exipto 4 tendas
Tunisia Tunisia 2 tendas
Sudáfrica Suráfrica 2 tendas
Zara en ASIA
País #
Flag of the People's Republic of China.svg China 107 tendas
Flag of Japan.svg Xapón 78 tendas
Flag of South Korea.svg Corea do Sur 35 tendas
Flag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita 26 tendas
Flag of Israel.svg Israel 20 tendas
Flag of Indonesia.svg Indonesia 10 tendas
Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos 9 tendas
India India 8 tendas
Flag of Singapore.svg Singapur 7 tendas
Flag of Malaysia.svg Malaisia 6 tendas
Flag of the Philippines.svg Filipinas 6 tendas
Flag of Thailand.svg Tailandia 6 tendas
Kuwait Kuwait 5 tendas
Líbano Líbano 5 tendas
Flag of Bahrain.svg Bahrain 2 tendas
Flag of Jordan.svg Xordania 2 tendas
Flag of Kazakhstan.svg Casaquistán 2 tendas
Flag of Qatar.svg Qatar 2 tendas
Flag of Syria.svg Siria 2 tendas
Flag of the Republic of China.svg Taiwán 2 tendas
Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán 1 tenda
Flag of Oman.svg Omán 1 tenda
Flag of Nepal (with spacing, aspect ratio 4-3).svg Nepal 1 tenda
Zara en Norteamérica
País #
Flag of Mexico.svg México 55 tendas
Estados Unidos de América Estados Unidos 45 tendas
Flag of Canada.svg Canadá 22 tendas
Flag of Costa Rica.svg Costa Rica 2 tendas
Flag of the Dominican Republic.svg República Dominicana 2 tendas
Flag of El Salvador.svg O Salvador 2 tendas
Flag of Guatemala.svg Guatemala 2 tendas
Flag of Honduras.svg Honduras 2 tendas
Flag of Panama.svg Panamá 2 tendas
Flag of Puerto Rico.svg Porto Rico 1 tenda
Zara en Europa
País #
España España 336 tendas
Flag of France.svg Francia 118 tendas
Italia Italia 88 tendas
Alemaña Alemaña 67 tendas
Reino Unido Reino Unido 66 tendas
Portugal Portugal 61 tendas
Rusia Rusia 58 tendas
Grecia Grecia 43 tendas
Polonia Polonia 39 tendas
Turquía Turquía 31 tendas
Bélxica Bélxica 27 tendas
Países Baixos Países Baixos 21 tendas
Romanía Romanía 18 tendas
Austria Austria 12 tendas
Suíza Suíza 10 tendas
Irlanda Irlanda 9 tendas
Croacia Croacia 9 tendas
Ucraína Ucraína 9 tendas
Suecia Suecia 8 tendas
Hungría Hungría 7 tendas
República Checa República Checa 6 tendas
Bulgaria Bulgaria 5 tendas
Flag of Chile.svg Chile 5 tendas
Eslovenia Eslovenia 5 tendas
Finlandia Finlandia 4 tendas
Letonia Letonia 4 tendas
Lituania Lituania 4 tendas
Serbia Serbia 4 tendas
Noruega Noruega 3 tendas
Dinamarca Dinamarca 2 tendas
Estonia Estonia 2 tendas
Islandia Islandia 2 tendas
Luxemburgo Luxemburgo 2 tendas
Eslovaquia Eslovaquia 2 tendas
Andorra Andorra 1 tenda
Malta Malta 1 tenda
Mónaco Mónaco 1 tenda
Montenegro Montenegro 1 tenda
Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina 1 tenda
Zara en Sudamérica
País #
Flag of Brazil.svg Brasil 34 tendas
Flag of Argentina.svg Arxentina 10 tendas
Flag of Colombia.svg Colombia 10 tendas
Flag of Venezuela.svg Venezuela 9 tendas
Flag of Chile.svg Chile 7 tendas
Flag of Uruguay.svg Uruguai 2 tendas
Flag of Ecuador.svg Ecuador 1 tenda
Flag of Peru.svg Perú 1 tenda
Zara en Australia
País #
Australia Australia 5 tendas

Galería de imaxes

ZaraenOslo

Tenda de Zara no centro de Oslo (Noruega).

Zara Pontevedra

Tenda de Zara en Pontevedra, na confluencia das rúas Benito Corbal e Sagasta.

Zara Oxford

Tenda en Oxford, Reino Unido.

HKShatinZara 20061220

Praza New Town en Sha Tin (Hong Kong).

Zarasg

Liat Towers, Singapur.

Zara Bruselas

Rue Neuve, Bruxelas, Bélxica.

Notas

  1. Apple e Inditex, dos marcas de éxito con bastantes similitudes economiadigital.es
  2. "Os comezos de Inditex en Galicia", artigo en Galicia Confidencial.
  3. Stores around the world Arquivado 22 de outubro de 2008 en Wayback Machine., web de Inditex, consultado o 27 de outubro de 2008
  4. Zara. Nuestras tiendas, web de Zara, consultado o 27 de outubro de 2008
  5. "El autoservicio llega a Zara", artigo en La Voz de Galicia, 1 de febreiro de 2015.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007.
  7. http://www.businessweek.com/globalbiz/content/apr2006/gb20060404_167078.htm?chan=innovation_branding_brand+profiles
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007.
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2007. Consultado o 28 de xaneiro de 2007.
  10. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2009. Consultado o 23 de abril de 2007.
  11. "Zara gana a Louboutin una demanda por supuesto plagio de la suela roja" Arquivado 18 de agosto de 2012 en Wayback Machine., La Voz de Galicia (en castelán)
  12. Zara, a Spanish success story CNN.com Arquivado 17 de agosto de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
  13. Tiendas en el mundo Arquivado 08 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Amancio Ortega

Amancio Ortega Gaona, nado en Busdongo de Arbas, municipio de Villamanín (León) o 28 de marzo de 1936, é un empresario galego da moda, creador de Zara. Amancio é o segundo de catro irmáns, dous homes e dúas mulleres: o maior, Antonio, faleceu en 1987; Josefina (Pepita) é a menor e Pilar falecida en 2000, que nunca formou parte do negocio téxtil da familia.

Cuarta cruzada

A cuarta cruzada (1202-1204) foi unha expedición militar organizada como unha cruzada para reconquistar Terra Santa, pero que variou o seu rumbo, terminando coa conquista e o saqueo de Constantinopla, capital do Imperio bizantino, que pasou a chamarse entón Imperium Romaniae.

GOA Invest

GOA Invest é unha empresa galega da construción ligada a Inditex e con sede en Arteixo.A empresa foi fundada en 1987 para levar a xestión das obras de Inditex e tódalas marcas do grupo.

A CIG ten denunciado reiteradamente á construtora GOA Invest polas condicións laborais das empresas que fan as tendas de Inditex.

Incoga Norte

Incoga Norte é unha empresa construtora con sede na Coruña especializada en proxectos comerciais e de reformas. Está considerada, segundo o informe Ardán, como unha das 10 empresas galegas máis rendibles.

A empresa realiza traballos para empresas como Inditex, Caramelo, Levis ou Porcelanosa. Forman parte do grupo as empresas Aplicanor, Decorga e Cercons. Incoga Norte ten certificacións de xestión ambiental, calidade e compromiso de mellora cos traballadores.

En 2014 a empresa foi acusada de incumprir a normativa laboral suíza ao ter traballadores en Zara en Bahnhofstrasse (Zürich) que estaban a cobrar 900 euros ao mes, a metade que marca o convenio suízo traballando 60 horas á semana.En 2017 Decorga foi acusada en Arxentina de someter un dos seus traballadores a condicións próximas á escravitude. Segundo a acusación, ao traballador contratado en España como pintor, cancelóuselle o billete de volta e encomendáronselle labores de xefe de obra.

Inditex

Industria de Diseño Textil, S.A. (Inditex) é un grupo galego da industria téxtil. É o primeiro grupo europeo de confección de roupa diante de H&M, a xaponesa Uniqlo e a estadounidense Gap. Sendo a terceira empresa do sector a nivel mundial tras Nike (34.350 millóns de dólares) e LVMH (42.636 millóns de euros; Louis Vuitton, Moët Hennessy). Ten a súa sede central no Polígono de Sabón en Arteixo, A Coruña. Está composto por case un cento de compañías de deseño, fabricación e distribución téxtil. Amancio Ortega, o home máis rico de España (e de Europa) é o fundador e o accionista maioritario. O seu presidente actual é Pablo Isla.

Inditex a 31 de xaneiro de 2018 ten 7.475 tendas en todo o mundo e posúe as marcas Massimo Dutti, Bershka, Oysho, Pull and Bear, Stradivarius, Zara, Tempe e Uterqüe, e tamén a marca de baixo custo Lefties. En marzo de 2015 Inditex acadou un valor en bolsa de 89.761 millóns de euros, sendo a segunda empresa do IBEX-35, despois do Banco Santander, en valoración.

A maioría da produción atópase en países con man de obra barata como Marrocos, China e Turquía, malia que boa parte da produción continúa en España e Portugal, en particular a da marca Zara. Ademais, Inditex ten unha fábrica de deseño e produción de calzado na vila de Elx.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

Kiddy's Class - Skhuaban

Kiddy's Class en España e Portugal e Skhuaban no resto dos países é unha empresa do grupo Inditex creada en 1991 dentro das tendas de Zara. A partir de 2002 comezou a abrir tendas propias. A estratexia comercial era abrir Kiddy's Class en pequenas vilas e lugares onde non era rendible unha tenda de Zara.

Lefties

Lefties é unha empresa galega de roupa e complementos, propiedade de Inditex e con sede na vila de Tordera, en Barcelona.

Malasa

Malasa é un grupo de empresas galegas adicadas ao sector do moble e a decoración fundada no Temple (Culleredo) e con sede en Sigrás, Culleredo.

Massimo Dutti

Massimo Dutti é unha empresa do grupo Inditex. Creouse no ano 1985 en Terrassa, dedicada á fabricación de roupa para homes. En 1991 Inditex obtivo o 65 % das accións da empresa, para comprala totalmente no ano 1995. A partir de entón a empresa diversificou a súa oferta e ofrece roupa para muller, neno, nena e perfumaría. Conta actualmente con máis de 525 tendas localizadas en máis de 30 países.

Ten o seu centro loxístico en Tordera (Barcelona, España) e o social en Arteixo.

Rosalía Mera

Rosalía Mera Goyenechea, nada na Coruña o 28 de xaneiro de 1944 e finada na mesa cidade o 15 de agosto de 2013, foi unha empresaria galega. Foi co fundadora de Inditex xunto con Amancio Ortega.

Zadar

Zadar (ital. Zara) é unha cidade croata na costa do mar Adriático. Ten unha poboación de 81.688 habitantes (2006). É capital do condado do mesmo nome.

Zara (homónimos)

Zara pode referirse a:

Zara, a cadea de moda galega.

Zara, o nome italiano da cidade dálmata de Zadar, en Croacia e que foi oficial entre os séculos XIII e XX.

Zara, un distrito da provincia turca de Sivas

Zara, unha cidade de Eritrea.

Zara Yaqob, emperador de Etiopía.

Zara Home

Zara Home é unha cadea de tendas de téxtil para o fogar do grupo Inditex. As súas oficinas centrais atópanse en Arteixo (provincia da Coruña). Vende produtos para a cama, baño, mesa, salón... Esta dirixida por Eva Cárdenas Botas.

Zara Larsson

Zara Maria Larsson, nado en Estocolmo o 16 de decembro de 1997, é unha cantante e cantautora sueca. Conseguiu sona no seu país após gañar no 2008 o concurso televisivo Talang, a versión sueca de Got Talent. Zara asinou co selo discográfico TEN Music Group no 2010 e lanzou o seu primeiro álbum EP Introducing, en xaneiro de 2013. O sinxelo "Uncover" copou as listas de Suecia e Noruega.

Zara Phillips

Zara Anne Elizabeth Phillips, nada o 15 de maio de 1981, é a segunda e única filla de Ana, Princesa Real e de Mark Anthony Phillips. É a neta máis vella de Isabel II e do príncipe Filipe de Edimburgo. Ela é décimo sétima na liña de sucesión ao trono.

Zara Yaqob

Zar'a Ya'qob ou Zera Yacob (ge'ez ዘርአ:ያዕቆብ zar'ā yāʿiqōb "Semente de Jacob," moderno zer'un yā'iqōb) nado en 1399 e finado o 26 agosto de 1468, foi nəgusä nägäst (19 ou 20 de xuño 1434–1468) de Etiopía (nome real Kwestantinos I, ge'ez ቈስታንቲኖስ qʷastāntīnōs ou Constantino I), e membro do da dinastía solomónica. Nacido en Tilq, na provincia de Fatagar (agora parte da rexión Oromia, preto do río Awash), Zara Yaqob foi o fillo máis novo de Dawit I e a súa raíña máis nova, Igzi Kebra.

O experto británico en Etiopía, Edward Ullendorff, expuxo que Zara Yaqob "foi incuestionabelmente o gobernante máis grande de Etiopía vera desde Ezana, durante o apoxeo do poder aksumita, e ningún dos seus sucesores no trono – exceptuando só os emperadores Menelik II e Haile Selassie – pódense comparar con el."Paul B. Henze repite a tradición de que os celos do seu irmán maior Tewodros I forzou os membros da corte a levar Zara Yaqob a Tigray onde foi criado en segredo, e educado en Axum e no mosteiro de Debre Abbay. Aínda que admitindo que esta tradición "é inavaliábel para dar unha base relixiosa á carreira de Zar'a-Ya'iqob", Taddesse Tamrat rexeita esta historia como "moi improbábel nos seus detalles." O profesor observa que Zara Yaqob escribiu no seu Mashafa Berhan que "foi traído da prisión real do Monte Gishan só na véspera da súa ascensión ao trono."

Empresas do grupo Inditex
Empresas de Inditex:
Empresas ligadas a Inditex:
Accionistas de Inditex:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.