Zanfona

A zanfona (do latín symphonĭa 'concerto')[1][2] é un instrumento musical de orixe medieval pertencente a familia dos cordófonos, que está estendido na música popular europea, con numerosas variantes en distintas rexións e épocas. O son está producido polo roce dunha roda contra as cordas. As notas prodúcense mediante un teclado, e coma en moitos outros instrumentos acústicos de corda, dispón dunha caixa de resonancia.

Non debe ser confundida coa zampoña, que é un instrumento de vento, nin coa zanfona brasileira, unha variedade de acordeón.

Zanfona Lugo
Zanfona galega.

Características

Hurdy-mecanism
Mecanismo interno dunha zanfona.

Externamente destaca a súa caixa de resonancia, da que sae un manubrio que se fai xirar coa man dereita, o que a súa vez fai rotar un disco de madeira untada de resina que frota unha o máis cordas apoiadas no disco. Algunhas destas cordas son cantantes ou melódicas, mentres que outras fan de bordóns. A man esquerda actúa sobre dun teclado cromático de dúas filas de teclas superpostas, unha fila é de notas naturais e a outra de notas sostidas, cubrindo entre dúas ou tres oitavas. Cada unha das teclas ten varias espadillas, de xeito que ao premer unha das teclas as espadillas acurtan a lonxitude de cadansúa corda melódica, producindo a nota desexada. Todas as cordas soan ao mesmo tempo, polo que dan unhas harmonías "moi cheas". Pódese tocar de pé, pendurando o instrumento cunha correa, ou ben sentado, pousándoo nas pernas do músico, pero sempre lixeiramente inclinado, de xeito que as teclas volvan polo seu propio peso a posición inicial ao soltalas.

FrenchBuzzingBridgeSystem
Detalles de zanfona francesa.

En ocasións inclúe un can ou trompeta (chien en francés, ou recsegõ en húngaro), unha ponte asimétrica que se levanta ao mover o manubrio a mais velocidade, e que roza un bordón provocando un son característico. Este son permite producir ritmos ao tempo que se toca a melodía, polo que é útil no acompañamento de danzas. Nalgunhas zanfonas de estilo francés unha peza chamada tirant permite tamén axustar a sensibilidade da trompeta.

Outras variantes inclúen cordas simpáticas, que vibran por resonancia cando se tocan certas notas, sen necesidade de fricción. A súa vibración perdura un certo tempo despois de que a nota que a activou deixe de soar, producindo un efecto de reverberación.

Hai dúas formas principais nos instrumentos contemporáneos: a forma de guitarra ou de oito, e a de laúde. Ámbalas dúas formas atópanse na tradición construtiva francesa, mentres que a forma de oito é a máis empregada fóra dese país. A forma cadrada é exclusiva de instrumentistas de música antiga.

A configuración do instrumento en Galiza é de tres cordas cantantes e dous bordóns. A afinación é polo xeral en ton de , ou ben en ton de sol, sendo a primeira a máis estendida. Nela as tres cordas cantantes afínanse en sol as dúas primeiras, e sol grave a terceira. O bordoncillo (o bordón máis afastado do corpo) afínase en sol grave (a unísono coa terceira cantante), mentres o outro bordón, o mais grave e o que da a tónica do instrumento, afínase a unha quinta do anterior, é dicir, en grave.

O fungar dos bordóns é similar ao rouco das gaitas, polo que en certas culturas musicais é substituto ou acompañante das gaitas. Por esta razón tamén en Zamora chámase gaita de pobre. Non obstante, é un instrumento caro, xa que son poucos os luthiers que o fan, e a súa construción é moi laboriosa.

Historia

A zanfona apareceu en Europa Occidental contra o século IX. Nas súas formas máis antigas usábase na música relixiosa medieval, precisaba de dous intérpretes e recibía o nome de organistro. Tiña unha soa corda cantante e dous bordóns, e súa caixa de resonancia asemellábase a da guitarra. O instrumento tocábase xirado, e as teclas quedaban na parte superior. Para tocar había que en tirar delas, o que limitaba o seu uso a melodías lentas. O ton grave das largas cordas que posuía a facían útil como acompañamento de coros. Pódense contemplar representacións deste instrumento no pórtico da Catedral de Santiago, no capitel da abadía de St. Georges en Saint Martinde-Boscherville en Francia e noutras tallas románicas. A partir deste motivo, Castelao deseñou un ex-libris para Antón Iglesias Vilarelle, músico santiagués[3].

A primeira referencia escrita é a do abade Odo de Cluny na súa obra Quomodo organistrum construatur (Como construír un organistro), inda que a súa autenticidade é dubidosa. Tamén menciónase un instrumento semellante nun compendio musical do árabe Al Zirikli, ou no Libro del Buen Amor, do Arcipreste de Hita.

O organistro evolucionou ata ser posible que o tocase unha soa persoa (solo organistrum), pero foi reemplazado pola sinfonía, de teclado cromático e caixa cadrada. O teclado estaba na parte inferior o que permitía que as teclas fosen pulsadas, acadando así a posibilidade de tocar melodías máis rápidas. Nas representacións da época a sinfonía aparece tanto ca vella configuración do teclado na parte superior como na parte inferior. A súa presenza non se limitaba a música relixiosa, senón que serviu para interpretar cancións de xesta, ou as Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio do século XIII, onde se emprega como instrumento de ministril.

Durante o Renacemento a zanfona perfecciónase, adquirindo a caixa a característica forma redondeada, e a aparición do can anteriormente descrito. O modelo máis estendido na música folclórica procede dese momento, e considérase que é un instrumento resultado da unión da sinfonía e a viola medieval realizados a partir da caixa de resonancia dun laúde ou unha viola. O uso destas caixas foi provocado pola reutilización por parte dos artesáns das caixas deses instrumentos, en crecente desuso nesa época.

A finais do século XVII o instrumento pasou a mans de trobadores, xograres e esmoleiros, xa que na música culta impóñense outros instrumentos de corda de maior presenza e capacidade polifónica(como os violíns, as violas, os violoncellos ou os contrabaixos). Deste xeito esténdese a outros países como Eslovaquia, Romanía, Hungría, Holanda, Alemaña, pero o seu uso esmorece co paso de tempo. Como resultado adquiriu nomes como o alemán Bauernleier (lira campesiña) ou Bettlerleier (lira de esmoleiro).

Pero os gustos polas diversións rústicas do Rococó fixeron que no século XVIII fose adoptada como instrumento de moda polos nobres e cortesáns franceses. Durante esta época acadou carácter de instrumento de cámara e orquestra; recoñecidos compositores escribiron obras para zanfona, sendo a máis famosa Il pastor Fido, de Nicolas Chédeville (pero atribuída inicialmente a Vivaldi). A mediados do século XVIII tamén apareceu en Francia a zanfona-órgano coñecida como vielle organisée, que desapareceu en seguida, a pesar de que compositores como Haydn escribiran especificamente para ela.

A partir do século XVIII volve a mans populares. En España conservouse sobre todo da man dos cegos, que a empregaban para a interpretación de romances e melodías. Posto que non había sempre moita calidade interpretativa e o instrumento non se coidaba, durante a súa decadencia chegou a asociarse co vulgar e malsoante. A maior parte das variantes de zanfona desapareceran cando comeza o século XX, exceptuando a francesa, a húngara e a española. En Ucraína, a variante chamada lira era empregada por músicos cegos, pero a maioría morreron nas purgas de Stalin na década de 1930.

Recuperación da zanfona en Galicia

En Galicia, a comezos do século XX Perfecto Feijoo adícouse a recoller melodías tradicionais, chegando a realizar a primeira gravación no disco Aires d'a terra, no 1904. Pero sen dúbida, o seu principal valedor na península foi Faustino Santalices, que escribiu o primeiro libro sobre a zanfona en España en 1956 e gravou o primeiro disco dedicado totalmente ao instrumento en 1945. Santalices tamén creou un obradoiro de instrumentos tradicionais, onde aprenderían as técnicas de construción xente coma Antón Corral, que posteriormente traballou na Universidade Popular de Vigo, onde se continúa a potenciar a construción e uso do instrumento.

Faustino santalices

Faustino Santalices.

Meaño, O cego de Padrenda 01-03

A zanfona do Cego de Padrenda.

A zanfona no leste de Europa

A zanfona posúe unha ampla tradición no este de Europa, salientando Hungría, Polonia, Belarús e Ucraína. En Ucraína coñécese como lira ou relia e aínda a interpretan nas rúas músicos profesionais chamados lirnyky. Teñen un repertorio pararelixioso, inda que tamén inclúe danzas folclóricas e relatos épicos. Os instrumentistas foron considerados como esmoleiros polas autoridades rusas, e foron sometidos a represións se tocaban nas rúas das principais cidades ata 1902, cando os etnógrafos da XII Conferencia Arqueolóxica Rusa solicitaron as autoridades que deixasen de perseguilos. Nos anos 30 a tradición foi practicamente erradicada polas autoridades soviéticas cando uns 250 ou 300 músicos foron reunidos para unha conferencia etnográfico e executados como elementos indesexables pola sociedade soviética contemporánea.

A zanfona na actualidade

A música folk e outros estilos musicais modernos que nun principio non se asocian co instrumento, adoptaron a zanfona, explotando a multitude de recursos de ten, facendo así unha grande contribución a recuperación e popularización do instrumento. Hoxe en día está presente en multitude de países, onde recibe diversos nomes. En Italia chámaselle ghironda, en Francia vielle à roue, en Cataluña viola de roda, no País Vasco zabarrete, no Reino Unido hurdy-gurdy, Occitania sonsaina, en Portugal sanfona, en Holanda draailier, en Alemaña drehleier, en Hungría tekero e en Suecia e Romanía lira.

Zanfonistas de renome, ademais dos citados Feijoo e Santalices, son Anxo Pintos, Amancio Prada e Carlos Beceiro en Galiza, Germán Díaz ou Rafa Martín en España, ou Pascal Lefevre en Francia, xunto con grupos como Milladoiro ou Os Cempés.

Galería de imaxes

Zanfonía

Debuxo dunha zanfona.

Louvet Drehleier

Francia, século XVIII.

Kharkiv kobzari.jpeg

Ensamble ruso, 1911.

Lira

Dúas zanfonas rusas.

Hurdyparts

Partes dunha zanfona moderna francesa (feita por Balázs Nagy).

Notas

  1. "Zanfona". DIGALEGO. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2016. Consultado o 29 de abril do 2016.
  2. "zanfona". Portal das Palabras. Consultado o 27 de novembro de 2018.
  3. Ficha na web do Museo de Pontevedra

Véxase tamén

Bibliografía

  • Santalices Pérez, Faustino (1956). La zanfona. ISBN 84-7680-335-4.

Ligazóns externas

A Galicia de Maeloc

A Galicia de Maeloc, é o primeiro álbum de estudio do grupo tradicional galego Milladoiro. Foi gravado nos estudos Audiofilm de Madrid en febreiro de 1980 e publicado en 1980, baixo o selo Ruada. No mercado francés publicouse en 1983, baixo o selo Escalibur. Foi reeditado en 1984, baixo o selo Diapasón. En 1990 foi editado en CD, polo selo Doblón (Dial Discos).

Trátase do primeiro disco galego que combina gaitas galega e irlandesa (uillean pipe), ocarina, zanfona, arpa, clavecín, frautas, etc.; e do primeiro que se editou no mercado francés.

Alalá

Este artigo trata sobre o canto popular, para o programa da TVG véxase Alalá (programa de televisión).O alalá é un canto popular galego.

Anxo Pintos

Anxo Lois García Pintos, nado Vigo o 3 de marzo de 1968, é un músico e compositor galego.

Berrogüetto

Berrogüetto foi un grupo galego, de música folk moderno, activo entre 1996 e 2014. Algúns dos compoñentes de Berrogüeto formaron parte anteriormente do grupo Matto Congrio, xunto a outros artistas como Carlos Núñez. O seu primeiro disco, Navicularia, supuxo unha gran revolución no panorama da música folk, polo seu innovador estilo partindo de melodías tradicionais.

No ano 2002 foron nomeados aos premios musicais Grammy Latino 2002 na categoría de "Mellor álbum folk".

Canto de cego

Os cantos e romances de cego son cancións interpretados por unha persoa ‑muller ou home, cego ou non‑ que cantaba cun marcado acento gutural ou nasal e que, normalmente, posuía unha postura característica coa cabeza deitaba para un lado.

Casa de la Música Mirandesa

A Casa de la Música Mirandesa é un complexo cultural que ten como obxectivo promover a cultura musical tradicional da Terra de Miranda. Está situada na praza do Castelo, na freguesía de Miranda do Douro, no municipio homónimo do distrito de Braganza, en Portugal. O edificio está incluído na Zona Especial de Protección do Castelo de Miranda do Douro.A Casa de la Música Mirandesa pretende reavivar e manter a música tradicional mirandesa, que ten as súas particularidades, principalmente polos instrumentos utilizados (gaita mirandesa, frauta pastoril, zanfona, caixa de guerra, cunchas de Santiago, castañolas, pandeireta etc) e pola letra das cancións en lingua mirandesa.

Colección Xistral

Colección Xistral foi unha editorial galega creada en 1952 en Lugo por Manuel María e Ánxel Johán e adicada á poesía galega.

DOA (grupo musical)

DOA é un grupo musical galego de música popular, medieval e moderna.

Eluveitie

Eluveitie é unha banda de celtic metal de orixe suíza.

Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), tamén coñecida como Universidade Popular, é un organismo autónomo dependente do Concello de Vigo, adicado a formación gratuíta disciplinas e oficios artísticos.

Faustino Santalices

Faustino Santalices Pérez, nado na Granxa (Cadós, Bande) o 16 de novembro de 1877 e finado en Madrid o 6 de decembro de 1960, foi un gaiteiro galego e o investigador máis importante de zanfona na primeira metade do século XX.

Germán Díaz

Germán Díaz, nado en Valladolid (Castela e León) o 13 de decembro de 1978, é un músico español afincado en Arneiro (Cospeito) que destaca como zanfonista, sendo considerado como un dos intérpretes deste instrumento máis innovadores de Europa, chamado por algúns "O Jimi Hendrix da zanfona". Ao longo da súa traxectoria ten tocado en numerosos países de todo o mundo. Destaca pola súa fusión da música tradicional co jazz, xénero no que destacan as súas colaboracións co contrabaixista galego Baldo Martínez.

Luís Correa Piñeiro

Luís Henrique Correa Piñeiro, nado en Vigo en 1971, alcumado O Caruncho, é un músico e regueifeiro galego.

Música tradicional galega

A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, maneos, alalás etc), instrumentos (gaita galega e pandeireta, entre outros) e agrupacións musicais. Como música tradicional que evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en xeral coa tradición musical de Europa Occidental.

Os Cempés

Os Cempés foi un grupo musical de folk galego formado en 1992 en Ferrol.

Perfecto Feijoo

Perfecto Feijoo Poncet, nado en Pontevedra o 25 de agosto de 1858 e finado na mesma cidade o 10 de xuño de 1935, foi un farmacéutico, gaiteiro e musicólogo galego.

Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas Enríquez, tamén chamado O Poeta da Raza, nado en Fefiñáns (Cambados) o 3 de xuño de 1876 e finado en Cambados o 9 de novembro de 1959, foi un escritor galego. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1976, coincidindo co centenario do seu nacemento.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.