Zamora

Zamora é unha cidade situada en Castela e León, capital da provincia de Zamora. En 2017 tiña 62 389 habitantes.[1] Está atravesada polo río Douro, que continúa cara a Portugal.

Artisticamente ten numerosas igrexas de estilo románico, destacando a súa catedral, do mesmo estilo. Esta cidade tivo a súa etapa de maior importancia política durante a Reconquista.

Coordenadas: 41°29′56″N 5°45′20″O / 41.49889, -5.75556

Zamora
Bandera de Zamora
Escudo de Zamora
Panorámica de Zamora con el río Duero en primer plano y la Catedral al fondo.
Murallas de Zamora. Iglesia de Santa María la Nueva.
Cúpula de la catedral de Zamora.
Puente de Piedra. Ayuntamiento Viejo de Zamora.
Casino de Zamora. Procesión de Semana Santa.
De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: panorámica da cidade, murallas, iglesia románica de Santa María la Nueva, cúpula da catedral con decoración exterior de escamas, puente de Piedra, ayuntamiento viejo, casino e procesión de Semana Santa.
Localización
Zamora Spain location
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela e León Castela e León
ProvinciaZamora
ComarcaTierra del Pan
Xeografía
Altitude652 msnm
Superficie149,28 km²
Demografía
Poboación62.389 hab. (2017)
Densidade423,48
XentilicioZamorán/a
Outros datos
Código postal49001–49028
AlcaldeFrancisco Guarido (IU)
www.ayto-zamora.org

Xeografía

O termo municipal de Zamora ten unha extensión de 149,28 km². É a capital de provincia situada a menos altitude da Meseta Norte. Sitúase no curso medio do río Douro, cunha configuración lonxitudinal ao longo do mesmo, na extensa rexión que forma a Meseta Norte, a parte da Meseta Central situada ao norte do Sistema Central, na zona noroeste da península Ibérica. Presenta unha paisaxe chaira, e con escasa vexetación por mor do seu clima mediterráneo con trazos de continentalidade.

A parte oriental está sobre a veiga do río e actúa como fronteira coas comarcas de Tierra del Pan e Tierra del Vino, situadas ao norte e ao sur respectivamente. A parte occidental é por onde se separa do río cara ao norte e actúa de fronteira coas comarcas de Tierra de Alba e de Sayago.

O núcleo principal do centro urbano, cunha disposición moi alongada e en boa parte rodeado por murallas, álzase sobre unha ampla meseta rochosa de 26 a 32 metros de altura, emprazada ao bordo do río Douro, que a cingue polo sur, características que lle valeron o sobrenome de "A ben cercada". A altitude é de 652,6 msnm.

Demografía

Poblacion-Zamora-provincia-y-municipio-capital-1900-2005
Evolución demográfica comparativa de Zamora capital e Zamora provincia, 1900-2005.

Durante o século XX o municipio de Zamora creceu de xeito regular, mais o conxunto da provincia perdeu poboación. Desde 1900, a capital multiplicou o número de habitantes por 4,06 (16.287 habs. en 1900, 66.135 en 2007, mentres que a provincia perdeu un 28%. A resultas deste dobre proceso, a capital, que representaba só o 5,9% do total da provincia en 1900, acolle en 2005 ao 33,4% dos seus habitantes.

Características

Zamora - Palacio de los Momos (de Justícia)
Palacio de Xustiza
Pardor Zamora Innenhof
Parador

A zona vella da cidade está catalogada como Conxunto Histórico-Artístico desde 1973,[2][3] o seu núcleo principal que conta cunha disposición moi alongada e en boa parte está circundado polas murallas, levantándose sobre unha ampla meseta rocosa[4] de 26 a 32 metros de altura, que no sur contorna o río Douro. Salientan o seu conxunto de edificios románicos, formado polos 23 templos do concello eas 14 igrexas da zona vella.[5] Entre os principais monumentos está a catedral, o castelo, as murallas, a ponte, e dous palacios. Son quince os templos declarados Ben de Interese Cultural, entre eles algúns de estilos posteriores.[6] Tamén é significativo o seu conxunto de edificios modernistas, dezanove en total.[7][8]

Notas

  1. "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero" (en castelán). Instituto Nacional de Estadística. Consultado o 22 de decembro de 2014.
  2. Ministerio de Cultura. "Patrimonio Histórico: Bienes culturales protegidos" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2009.
  3. Ministerio de Cultura. "Patrimonio Histórico: Bienes culturales protegidos" (en castelán). Consultado o 18 de maio de 2009.
  4. "Romancero Zamorano" (en castelán). Tierradelpan.com. Consultado o 18 de maio de 2009.
  5. "Turismo religioso" (en castelán). Ayuntamiento de Zamora. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2012.
  6. Rivera de las Heras, José Ángel (2001). Por la catedral, iglesias y ermitas de la ciudad de Zamora Ediciones Leonesas, S.A. (Edilesa). ISBN 84-8012-356-7. p.12.
  7. José Luis Cabrero (29 de marzo de 2009). "Zamora, la ciudad del románico, se 'convierte' al modernismo" (en castelán). El Mundo. Consultado o 19 de maio de 2009.
  8. M. J. F. (27 de setemro de 2009). "Destacados especialistas desvelan las claves del modernismo zamorano" (en castelán). La Opinión-El Correo de Zamora. Consultado o 24 de marzo de 2010.
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Apeadoiro de Oroso-Vilacide

Oroso-Vilacide era un apeadoiro de Adif, situado en Vilacide, no concello de Oroso, provincia da Coruña. Estaba situado na Liña Zamora - A Coruña e actualmente non presta servizos de pasaxeiros.

Benavente, Zamora

Benavente é unha cidade, dotada de municipio de 45 km², situada na provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2007 tiña 18.744 habitantes, cunha densidade de 416,5 hab/km². Dista 65 km de Zamora, a capital provincial, e 112 km de Valladolid, a capital da autonomía.

Castela e León

Castela e León (en castelán: Castilla y León, en leonés: Castiella y Llión) é unha comunidade autónoma constituída en 1983, cuxo territorio se sitúa na parte centro-norte do territorio español. Limita ó oeste con Galicia e Portugal; ó norte con Asturias, Cantabria, País Vasco e A Rioxa; ó leste con Aragón; e ó sur con Estremadura, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha.

Forman esta comunidade nove provincias: Ávila, Burgos, León, Palencia, Salamanca, Segovia, Soria, Valladolid e Zamora; sendo a comunidade autónoma española con máis provincias. É a rexión máis extensa de Europa.

Club Deportivo Castellón

O Club Deportivo Castellón (en valenciano: Club Esportiu Castelló) é un club de fútbol español, da cidade de Castelló de la Plana na Provincia de Castelló. Foi fundado en 1922 e actualmente milita na Terceira División Española, logo de descender desde Segunda B en 2011 por impagamentos.

Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo

A Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (en castelán: Compañía del Ferrocarril de Medina a Zamora y de Orense a Vigo), tamén coñecida polas siglas MZOV, foi unha empresa de transporte ferroviario española que tivo o seu período de operacións de 1862 a 1928, cando as súas infraestruturas quedaron integradas na empresa pública Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.

Estación da Gudiña

A Gudiña é unha estación de tren de Adif, situada na vila da Gudiña, na provincia de Ourense. Ten servizos de longa distancia e ata 2013 tiña tamén servizos de media distancia.

Estación de Ourense - Empalme

A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.

José Iglesias Fernández

José "Joseíto" Iglesias Fernández, nado en Zamora o 23 de decembro de 1926 e finado en Granada o 12 de xullo de 2007, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Liña Zamora - A Coruña

A liña Zamora - A Coruña é unha liña de ferrocarril de 453 km de lonxitude que pertence á rede ferroviaria española. Une a Meseta con Galicia polo sur percorrendo as provincias de Zamora, Ourense, Pontevedra e A Coruña.

Seguindo a catalogación de Adif é a liña 822. Foi aberta ao tráfico na súa totalidade por Renfe en 1958 tras unhas longas e complexas obras que duraron máis de trinta anos e se viron afectadas por diversos avatares históricos.En 2015 estase a construír neste corredor a liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.

Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia

A liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia é unha liña de alta velocidade que conectará Galicia co resto da península Ibérica. Parte da LAV Madrid-Valladolid á altura de Olmedo e finaliza en Santiago de Compostela.

Atópase en servizo entre Olmedo e Zamora (a vía par dende o 17 de decembro de 2015 e a vía impar dende o 21 de outubro de 2016), e entre Ourense e Santiago (dende o 11 de decembro de 2011), con continuidade ata A Coruña e Vigo a través do eixe atlántico de alta velocidade. Está prevista a inauguración do tramo entre Zamora e Seabra para 2018 e entre Seabra e Ourense para 2019.Para facilitar a explotación de trens que continúan por vía convencional, ten actualmente ancho ibérico de 1.668 mm entre Ourense e Santiago. Cando a liña estea finalizada, cambiarase ao ancho internacional de 1.435 mm, como o resto de liñas de alta velocidade. O trazado está adaptado ás esixencias de interoperatibilidade da Unión Europea. Cando se atope finalizado completamente, contará con dobre vía electrificada a 25 kV e unha velocidade máxima de 350 km/h. Forma parte do Corredor Atlántico da Rede Transeuropea de Transporte.

Niceto Alcalá-Zamora

Niceto Alcalá Zamora y Torres, nado en Priego de Córdoba o 6 de xullo de 1887 e finado en Buenos Aires o 18 de febreiro de 1949, foi un político e avogado español, que foi primeiro presidente da Segunda República española.

Pobra de Seabra

Pobra de Seabra (en castelán: Puebla de Sanabria, en leonés: La Puebla ou La Viella) é un concello da provincia de Zamora, na comunidade autónoma de Castela e León, capital da comarca de Seabra.

Esténdese por unha área de 81 km² onde no ano 2017 vivían 1.432 habitantes. Encóntrase a 111 km da capital, Zamora. As localidades que forman o concello de Pobra de Seabra son: A Pobra de Seabra, Robledo (El Robréu en leonés), Ungilde (Unxilde) e Castellanos.

Provincia de León

León (en leonés: Llión) é unha provincia española pertencente á comunidade autónoma de Castela e León. Está situada no Noroeste da Península Ibérica e a súa capital é a cidade homónima de León. Limita ao norte co Principado de Asturias e Cantabria, ao oeste con Galiza (coas provincias de Ourense e de Lugo), ao sur coas provincias de Zamora e de Valladolid, e ao leste coa provincia de Palencia.

Ten unha superficie de 15.581 km². Posuía unha poboación de 495.902 habitantes (INE 2005). A súa densidade era de 31,82 hab/km².

Lugar de paso entre importantes zonas da Península Ibérica, percorren a provincia leonesa dúas grandes rutas históricas: de Sur a Norte a Vía da Prata, e de Leste a Oeste o Camiño de Santiago.

Ademais do español, nalgunhas zonas de León fálanse outras linguas:

Leonés, lingua romance, derivada do latín, e unha das máis antigamente documentadas na Península Ibérica, e que está recoñecida polo estatuto castelán e leonés aínda que non goza de oficialidade e continúa a ser falada na provincia, especialmente en zonas setentrionais da provincia, con especial vividez na comarca de Laciana, no Bierzo e na Cabreira.

Galego, falado no Bierzo. Este idioma románico está recoñecido oficialmente no Estatuto de Autonomía de Castela e León pero sen status de oficialidade, en cuxo artigo 4º indícase que "gozarán de respecto y protección la lengua gallega y las modalidades lingüísticas en los lugares en que habitualmente se utilicen". A pesar disto a aplicación práctica necesitou da defensa popular para facelo efectivo.

Provincia de Valladolid

A provincia de Valladolid está situada na Comunidade Autónoma de Castela e León, con capital na cidade homónima. Ten unha poboación de 513.712 habitantes (2005), repartidos entre 255 concellos, que abranxen unha superfície de 8.202 km². Limita ao norte co provincia de Palencia, polo leste con Burgos, polo sueste con Segovia, polo suroeste con Salamanca, polo oeste con Zamora, e polo noroeste con León.

A provincia de Valladolid posúe un pequeno enclave, Roales, entre a linde das provincias de León e Zamora.

Provincia de Zamora

A provincia de Zamora é unha provincia española integrada actualmente na Comunidade Autónoma de Castela e León e cuxo territorio pertenceu antigamente ao Reino de León.

O territorio da provincia de Zamora abarca 10.559 km² e conta con 198.028 habitantes (2005). Trátase dunha poboación fortemente envellecida e en clara regresión demográfica. Os seus principais núcleos de poboación son Zamora (capital da provincia), Benavente e Toro. Outras localidades, cabezas de partido xudicial xunto coas anteriores, son: Villalpando, Pobra de Seabra e Alcañices.

Ricardo Zamora

Ricardo Zamora Martínez, nado en Barcelona o 21 de xaneiro de 1901 e finado na mesma cidade o 8 de setembro de 1978, foi un futbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección española. Estaba alcumado como El Divino e na súa honra faise o Trofeo Zamora.

Serra Segundeira

A serra Segundeira é unha serra galega localizada en gran parte na provincia de Zamora mais tamén na zona do Alto do Torno, situado 1.944 metros de altitude, no límite coa Serra do Eixo. Así mesmo, ao sur, está o Pico de Aguallal, con 1.644 m.s.n.m., no concello da Mezquita. Está conformada por granitos e gneis "ollo de sapo".

Toro, Zamora

Toro (en galego antigo: Touro) é un municipio da provincia de Zamora na comunidade de Castela e León.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.