Zamborca

A zamborca,[1][2][3][4] Alosa alosa, (Linnaeus 1758), é un peixe da familia dos clupeidos, da orde dos clupeiformes, tamén coñecido como sabela,[1][2] tasca,[2] nai da sardiña [3] ou sábalo.[3][5]

Zamborca
Alosa alosa
Alosa alosa

Alosa alosa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Clupeiformes
Suborde: Clupeoidei
Familia: Clupeidae
Subfamilia: Alosinae
Xénero: Alosa
Especie: A. alosa
Nome binomial
Alosa alosa
(Linnaeus, 1758)

Descrición

Ten un corpo comprimido lateralmente, relativamente alto, e alcanza ata 70 cm de lonxitude como máximo e os 2,7 kg de peso, nas femias (os machos son menores).[6]

As escamas son grandes e delgadas, e no ventre forman unha quilla dura.[5]

Posúe unha única aleta dorsal, con de 18a 21 raios brandos. A aleta anal está sustentada por de 19 a 25 raios, tamén brandos, e por 15 ou 16 as pectorais.[5]

A cor do corpo é azul escura no lombo, aclarando nos flancos e a zona ventral a agrisada ou prateada. Presenta unha mancha negra tras o opérculo, e de 5 a 10 pequenas manchas aliñadas tras dela.[5]

Caracterízase por presentar varias estrías radiais no opérculo,[5] e por posuír de 90 a 12 branquispinas no primeiro arco branquial.[6]

Hábitat e bioloxía

É unha especie peláxica que nada formando cardumes en augas profundas,[6] distribuíndose polas costas europeas do Atlántico, desde o sur de Noruega e Suecia ata o extremo norte africano, atravesando o estreito de Xibraltar e penetrando no Mediterráneo ata Sicilia.[6][7]

Reprodúcese entre maio e xuño, subindo polos ríos para desovar. Os exemplares novos permanecen en auga doce ata os dous anos aproximadamente.[6]

Aliméntase de zooplancto.[5]

En Galicia

Maifische
Representación de Alosa alosa, con dous exemplares capturados no baixo Rin.
Aquazoo de Düsseldorf.

A presenza da zamborca nas nosas augas foi citada por primeira vez por Cornide en 1788, como Clupea alosa.[8] Máis tarde, en 1919, tamén aparece con este nome como presente no alfoz do Miño por Ducloux en de Buen, e o propio de Buen, en 1935, tamén a rexistra en toda Galicia. Xa como Alosa fallax, cítana Lozano y Rey en 1947; Fernández et al. en 1979 en fondos da plataforma continental desde os 100 aos 200 m, desde a desembocadura do Miño até Fisterra; Fariña et al., en 1983, en fondos da plataforma menores de 200 m, desde o Miño até a Estaca de Bares [9] e, finalmente, Sánchez e Pereiro, en 1992, en toda Galicia en fondos de 100 a 200 m.[5]

Antigamente era moi abundante en Galicia, onde se pescaba sobre todo no Miño durante os meses de marzo, abril e maio. Tabares cita que, no ano 1928, se capturaron 132 000 toneladas deste peixe. Actulamente só realiza a desova nos ríos Miño, Ulla e Umia, e as súas capturas diminuíron de forma drástica, ao igual que noutros países europeos, posibelmente debido ao aumento da temperatura da auga na época de acceso ás zonas de reprodución (consecuencia do cambio climático), á presión pesqueira exercida nas desembocaduras dos ríos e á contaminación crecente.[5]

Notas

  1. 1,0 1,1 Dicionario da RAG
  2. 2,0 2,1 2,2 Ríos Panisse (1977), pp. 210-218.
  3. 3,0 3,1 3,2 Rodríquez Solórzano (1983), p. 62.
  4. Lahuerta e Vázquez (200), p. 65.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Rodríguez Villanueva et al. (1995), pp. 24-25.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Muus, Bent J. el al. (1998), p. 93.
  7. Ver mapa de distribución
  8. Cornide, Joseph (1788)
  9. Solórzano (1988)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cornide, Joseph (1778): Ensayo de una historia de los peces y otras producciones marinas de la costa de Galicia arreglado al sistema del caballero Carlos Linneo con un tratado de las diversas pescas y de las redes y aparejos con que se practican. (Ver en liña).
  • Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8.
  • Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Ríos Panisse, M. C. (1977): Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I Invertebrados y peces. Santiago: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-008-X.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos

Ligazóns externas

A cociña galega

A cociña galega é un libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1973 por Galaxia e reeditado en varias ocasións pola mesma editorial (3ª edición en 1980). Foi incluído despois na Biblioteca Básica da Cultura Galega (1983), 168 páxs. ISBN 978-84-7154-441-4. Foi traducido ao castelán como Cocina gallega (1982), Everest. A mesma Galaxia publicou en 2004 La cocina gallega.

A sardiña na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou a sardiña na cultura popular galega, na fraseoloxía e na tradición oral galega (refráns, cantigas e adiviñas).

Din os mariñeiros que os bancos de sardiña aparecen ó mencer e, sobre todo, ó solpor e de noite, á luzada, e que durante o día a sardiña descende e permanece acamada no fondo do mar, repousando semienterradas de cabeza no limo .

Alacha

A alacha, lacha, sardinela lombuda, ou sardinela atántica,, son varios dos nomes con que en Galicia se coñece a especie Sardinella aurita, Valenciennes 1847, peixe mariño da orde dos clupeiformes e familia dos clupeidos semellante á sardiña e á zamborca.

Alosa (xénero)

Para o glícido de mesmo nome véxase Alosa

Alosa é un xénero de peixes teleósteos eurihalinos da familia Clupeidae. Trátase dun taxon —que é o tipo da subfamilia dos alosinos (Alosinae, Svetovidov, 1953)— cuxos representantes son peixes mariños, pero que son capaces de remontaren os ríos, coñecidos como zamborcas.

Distribúense polas costas do océano Atlántico e o mar Mediterráneo, con algunha especie presente no golfo Pérsico.

Caneiro (pesca)

Os caneiros, pesqueiras ou pescos son unha especie de dique ou presa construída en diagonal no curso dun río, dende onde se pesca ou coa que se desvía a auga para poder pescar.

É unha construción tradicional ligada á hidráulica, ás veces complexa, aproveitando un lugar natural, xeralmente un vao ou un rochedo, de xeito que o conxunto se habilita para a pesca principalmente de lamprea, pero tamén de salmón, zamborca e outras especias piscícolas.

Das pesqueiras fálase xa en documentos do século XII aínda que, probablemente, moitas delas se remontan á época romana. Manuel Caamaño Suárez foi dos primeiros que estudou, entre outras construción tradicionais, os caneiros en Galicia.

Dicíase que a produtividade dun pesco era boa cando se apañaban arredor mil lampreas ao ano.[Cómpre referencia]Atopámolos en toda a xeografía galega, especialmente no río Miño con cadansúa variante; por exemplo os pescos do Ulla en Herbón son un pouco distintos dos do Miño. En 1908 había en só 25 quilómetros do baixo Miño unhas 700 pesqueiras. A pesca nos caneiros e pesqueiras adoitábase facer en grupo.

Clupeidos

A dos clupeidos (Clupeidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos clupeiformes que comprende numerosas especies distribuídas por todos os mares do mundo, entre elas os arenques e as sardiñas que son dos máis importantes peixes capturados para a alimentación.Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no eoceno inferior, durante o terciario inferior.

Clupeiformes

Os clupeiformes (Clupeiformes) son unha orde de peixes osteíctios da superorde dos clupeomorfos (Clupeomorpha), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como os arenques, as sardiñas ou os bocareus.A orde comprende 397 especies agrupadas en 6 familias. Son peixes de pequeno tamaño e coloración prateada polos flancos e o ventre, peláxicos, que viaxan a miúdo en grandes cardumes.

Dodro

Dodro é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca do Sar; está situado no suroeste da provincia, onde o río Ulla se funde coa ría de Arousa. O seu xentilicio é «dodrense» e ten o concello a súa capitalidade en Tallós. Dista de Santiago de Compostela arredor de 24 km e de Ribeira atopase a uns 35 km, ten unha superficie de 36,1 km² e segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 2791 habitantes (1357 homes e 1434 eran mulleres), cunha densidade de poboación de 77,31 hab./km².

O concello de Dodro conserva espazos naturais de grande importancia ambiental e paisaxística, como as Brañas de Laíño que se estenden a carón do río Ulla, constituíndo o espazo húmido máis grande de Galicia, incluídas no Sistema Fluvial Ulla-Deza e declarada zona de especial conservación. Preserva moitos elementos tradicionais como os cruceiros, os muíños, os hórreos e os reloxos de sol, exemplo da etnografía galega, en diferentes estados de conservación, ademais dunha rica tradición oral e escrita. Pazos históricos que lembran a nobreza de antano e igrexas do barroco completan o patrimonio arquitectónico do municipio.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Sabela (peixe)

A sabela, é un peixe da familia dos clupeidos moi semellante á zamborca, polo que tamén se coñece con este nome.

Teleósteos

Os teleósteos (Teleostei) son unha infraclase da clase Actinopterixios (Actinopterygii) e comprenden a inmensa maioría dos peixes óseos actuais.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.