ZZ Top

ZZ Top, cariñosamente coñecido polos seus fans como "That little ol' band from Texas", é un grupo estadounidense de blues rock formado en 1970 en Houston, Texas. Os membros do grupo son Billy Gibbons (voz e guitarra), Dusty Hill (baixo e guitarra) e Frank Beard (batería). Teñen o mérito de ser un dos poucos grupos de rock que aínda conserva os seus membros orixinais logo de máis de 35 anos, ademais de manter ao mesmo manager e produtor, Bill Ham.

Alcanzaron a cima do seu éxito comercial nos 70 e os 80, pero aínda hoxe continúan virando e lanzando discos. ZZ Top entrou no Rock and Roll Hall of Fame o 15 de marzo de 2004.

Gibbons e Hill tamén son famosos polas peculiares guitarras que utilizan, moitas delas codiseñadas co mestre luthier John Bolin.

Practicamente son tan famosos polo seu aspecto como pola súa música. Gibbons e Hill sempre son retratados levando lentes de sol (un xesto á súa canción de 1979 Cheap Sunglasses), roupa parecida (ou en ocasións idéntica), e as súas larguísimas barbas. En 1984 a firma Gilette ofreceu a Gibbons e a Hill un millón de dólares por afeitarse nun anuncio de televisión. Declinaron a oferta.

ZZ Top
ZZTop
OrixeHouston, Texas, Estados Unidos Flag of the United States.svg
Período1970 - actualidade
Xénero(s)blues-rock, boogie rock
Selo(s) discográfico(s)American Recordings, RCA, Warner Bros., London
MembrosBilly Gibbons
Dusty Hill
Frank Beard

Historia

Os futuros compoñentes de ZZ Top tocaran en anterioridade en diferentes bandas texanas (entre elas The Moving Sidewalks ou The American Blues) antes de unir forzas a finais de 1969. En primeiro lugar Gibbons invitou a Beard a unirse ao seu proxecto de formar un trío de blues rock e posteriormente, cando estaban buscando un baixista, Beard propuxo o nome de Hill, antigo compañeiro seu en The American Blues.

Deron o seu primeiro concerto en febreiro de 1970, e estiveron case permanentemente de xira durante os seguintes anos. O seu terceiro disco con London Records, Tres hombres (1973) foi amplamente aclamado. Nel está a xa clásica canción "La Grange", que conta a historia do bordel sobre o que trata o musical "The Best Little Whorehouse in Texas" (O mellor puti-club de Texas).

O grupo continuou de xira e gravando discos ata 1977, momento no que decidiron tomarse un longo descanso de dous anos e medio. Unha vez transcorrido ese período de descanso, ZZ Top comezou a gravar coa súa nova compañía, Warner Bros. Records. Neses dous anos e medio, Gibbons e Hill deixáronse crecer as súas famosas barbas que rapidamente se converteron na característica máis distinguible da banda.

Con Eliminator (1983), ZZ Top alcanzou novos niveis de popularidade, en boa parte grazas aos espectaculares vídeos musicais de cancións como Gimme All Your Lovin', Legs e Sharp-Dressed Man, nos que sempre aparecía un pequeno hot rod vermello Ford'34 ocupado por mulleres fermosas que viaxan nel dun lado para outro axudando á xente. O álbum tamén presentaba un distintivo son de sintetizadores, toda unha rareza no blues rock, o que engadiu un toque moderno á súa música e axudou ao éxito do disco. Ata a data Eliminator foi o disco máis exitoso do grupo.

O seu seguinte disco, Afterburner, repetiu a fórmula de sintetizadores, secuenciadores e blues rock. Algúns críticos sentíronse frustrados por esta tendencia, aínda que en posteriores discos a presenza de sons electrónicos foi decrecendo progresivamente.

En 1994 ZZ Top asinou un contrato de cinco discos con RCA Records. Moitos fans consideran que as gravacións desta etapa están artisticamente por encima dos traballos anteriores do grupo, pero se mostran descontentos coa promoción que RCA deu a estes lanzamentos.

En xullo de 2000, durante unha xira por Europa, a Hill diagnosticóuselle hepatite C, o que forzou á cancelación de varios concertos. Desde entón protagonizou unha destacable recuperación.

En 2003 saíu ao mercado unha completa colección de gravacións pertencentes aos anos que pasaron nos selos London e Warner Bros. Leva por título Chrome, Smoke & BBQ. No ano 2006 informouse que ZZ Top atópase gravando o seu décimo quinto disco de estudo.

Discografía

Véxase tamén

Ligazóns externas

American Recordings

American Recordings é un selo discográfico estadounidense baseado en Los Angeles dirixido polo produtor musical Rick Rubin. Antigamente era coñecida como Def American Recordings (nirmalmente simplificado como Def American), e polo selo están ou pasaron artistas como Slayer, The Black Crowes, ZZ Top, Danzig, Trouble, Tom Petty, Johnny Cash e System of a Down.

Artistas no Salón da Fama do Rock

A seguinte é unha lista parcial de artistas incluídos no Salón da Fama do Rock.

Back to the Future Part III

Back to the Future Part III é un filme estadounidense de ficción científica dirixido por Robert Zemeckis que foi estreado en 1990. É a terceira parte da saga de Back to the Future.

Bones

Bones é unha serie de televisión estadounidense que está inspirada na vida real da antropóloga forense e escritora Kathy Reichs. Está producida por Barry Josephson (Hide and Seek, Like Mike) e Hart Hanson (Joan of Arcadia, A xuíz Amy), e protagonizada por Emily Deschanel e David Boreanaz, que tamén son produtores da serie. A sintonía é un tema de The Crystal Method composto especialmente para a serie.

Boston Garden

O Boston Garden foi un famoso estadio cuberto construído en 1928 en Boston, Massachusetts polo arquitecto George Lewis Rickard, o mesmo que deseñou tamén a terceira versión do Madison Square Garden de Nova York. Este feito fixo que ao pavillón de Boston se lle chamase inicialmente "Boston Madison Square Garden", recortando máis tarde o seu nome. Foi demolido no ano 1997, poucos anos despois da finalización do que sería o seu sucesor, o Fleet Center, chamado agora TD Garden.

Dismal

Dismal é un grupo de música pontevedrés, creado a finais de 1992.

Harald Ertl

Harald Ertl, nado en Zell am See o 31 de agosto de 1948 e finado o 7 de abril de 1982, foi un piloto de carreiras, automóbiles e xornalista austríaco. Ertl asistiu á mesma escola que os pilotos de Gran Premio Jochen Rindt e Helmut Marko.

Helsingin jäähalli

Helsingin jäähalli en lingua finlandesa ou Helsingfors islahh en sueco (en galego Pazo de Xeo de Helsinqui) é un pavillón deportivo da cidade de Helsinqui, Finlandia. Foi construído en 1966 e ten capacidade para 8.200 espectadores.

O pavillón é a casa dun dos dous principais equipos de hóckey sobre xeo da capital finlandesa, o HIFK, que actualmente compite na máxima categoría desta modalidade en Finlandia, a SM-liiga. Ás veces é chamado Petoluola, que significa "A cova da besta", facendo alusión ao logo do HIFK: unha pantera vermella.

O Helsingin jäähalli adoitaba ser o principal recinto para acoller tódolos eventos importantes de deportes de xeo, así como concertos, mais trala construción do Turkuhalli en Turku e o Hartwall Areena (o pavillón máis grande do país) en Helsinqui, moitos eventos pasaron a realizarse nos novos recintos, polo que estes eventos diminuiron notáblemente, mais sen chegar a desaparecer.

Lista de guitarristas solistas

A seguinte lista incompleta corresponde a músicos que habitualmente fan ou facían os sós da súa banda.

Made in Japan (Siniestro Total)

Made in Japan é o décimo álbum da banda viguesa Siniestro Total editado en setembro do ano 1993 através do selo BMG-Ariola. Este álbum marca a primeira colaboración de Siniestro Total co produtor Joe Hardy (ZZ Top, Georgia Satelites, Jef Healey), co cal veñen traballando ata a actualidade. Este tamén sería o derradeiro álbum da banda con Miguel Costas, que a abandonaría en xaneiro de 1994.

Música rock

Rock ou música rock é un xénero musical popular que se desenvolveu durante e despois da década de 1950. As súas raíces atópanse no rock and roll e máis no rockabilly que emerxeu e se definiu nos Estados Unidos de América ao final dos anos corenta e inicio dos cincuenta. Evolucionou a partir do blues, da música country e do rhythm and blues, entre outras influencias musicais que mesmo inclúen o folk, o jazz e a música clásica. Todas estas influencias combinadas nunha estrutura musical bailábel e de composición sinxela.

Os sons do rock adoitan xirar sobre a guitarra eléctrica ou acústica, e ten unha forte sección rítmica formada polo baixo, a batería, e instrumentos de teclado coma órgano, piano ou, dende os anos 70, os sintetizadores. Xunto coa guitarra ou os teclados, ás veces tamén son usados como instrumentos solistas o saxofón ou a harmónica cun estilo blues.

A finais dos 60 e principios dos 70 desenvolvéronse diferentes estilos dentro do rock. Cando foi mesturado coa música folk apareceu o folk rock, uníuse ao blues para crear o blues-rock e co jazz na jazz-rock fussion. Nos anos 70 o rock incorporou influencias do soul, o funk e a música latina. Tamén nesa época desenvolvéronse numerosos subxéneros, coma o soft rock, glam rock, heavy metal, hard rock, rock progresivo e punk rock. Os subxéneros que xurdiron nos anos 80 inclúen o New Wave, o hardcore punk e o rock alternativo. Nos anos 90 apareceron o grunge, o britpop, o indie rock e o nu metal.

Pedro Andreu Lapiedra

Pedro Andreu Lapiedra, nado en Zaragoza o 15 de abril de 1965, é un músico español.

Queens of the Stone Age

Queens of the Stone Age (ás veces escrito como QotSA) é unha banda de stoner rock estadounidense formada despois da disolución de Kyuss en Palm Desert (California) no ano 1997. O único membro que permanece dende a súa fundación é o seu líder Josh Homme (voces, guitarra), e na actualidade conta tamén con Troy Van Leeuwen (guitarra, steel guitar), Michael Shuman (baixo) e Dean Fertita (teclado, guitarra, percusión, coros) e Jon Theodore (batería, percusión).

Queens of the Stone Age desenvolveu un estilo de heavy rock orientado cara os riffs de guitarra. O seu son foi incorporando diferentes influencias e estilos, e tamén traballou con artistas como o membro de ZZ Top Billy Gibbons e o colaborador habitual Mark Lanegan.

Southern rock

O southern rock é un subxénero de música rock e un xénero de Americana. Desenvolveuse nos estados do sur dos Estados Unidos dende o rock and roll, o country e o blues, e centrado xeralmente na guitarra eléctrica e nas voces. As figuras máis importantes do southern rock son The Allman Brothers Band, Lynyrd Skynyrd, ZZ Top, Molly Hatchet, Marshall Tucker Band, Outlaws e 38 Special.

Stevie Ray Vaughan

Stephen Ray Vaughan, nado o 3 de outubro de 1954 e finado o 27 de agosto de 1990) foi un guitarrista estadounidense, cantante, compositor, e produtor de música. A pesar da súa curta carreira de apenas sete anos, foi un dos guitarristas máis influentes no rexurdimento do blues nos anos 80.Nado e criado en Dallas, Vaughan comezou a tocar a guitarra con sete anos, inspirado polo seu irmán máis vello, Jimmie. En 1971 deixou o instituto e o ano seguinte mudouse a Austin. Tocou con numerosas bandas, e gañou un oco na banda de Marc Benno, The Nightcrawlers, e máis tarde con Denny Freeman en The Cobras, con quen continuou traballando ata finais de 1977. Entón formou o seu grupo propio, Triple Threat Revue, antes de rebautizar a banda como Double Trouble despois de contratar ao batería Chris Layton e ao baixista Tommy Shannon. A fama chegoulle tras actuar no Festival de jazz de Montreux en 1982, e en 1983 o seu álbum de debut, Texas Flood, posicionouse no número 38 nas listas de vendas. Composto por dez cancións, o álbum foi un éxito comercial que vendeu máis de medio millón de copias. Despois de rehabilitarse das súas adiccións a finais de 1986, encabezou xiras de concertos con Jeff Beck en 1989 e Joe Cocker en 1990, antes de morrer nun accidente de helicóptero o 27 de agosto de 1990, á idade de 35 anos.

Vaughan foi inspirado musicalmente polo blues rock americano e británico. Preferiu amplificadores limpos con volume alto e contribuíu á popularidade do equipamento musical clásico. A miúdo combinou varios amplificadores diferentes xuntos e utilizou poucos pedais de efectos. Chris Gill de Guitar World comentou: "O son de guitarra de Stevie era tan seco coma un verán de San Antonio e tan brillante como unha debutante en Dallas, o produto do son natural de amplificadores con amplo espazo libre. Con todo, Vaughan utilizou ocasionalmente pedais para aumentar o seu son, principalmente para potenciar o sinal, a pesar de que ás veces empregou un altofalante Leslie e pedais wah para engadir un toque de estilo".Vaughan recibiu varios premios de música durante a súa vida e de xeito póstumo. En 1983, os lectores de Guitar Player votárono como o Mellor novo talento e como Mellor guitarrista de blues eléctrico.En 1984, a Blues Foundation nomeouno Artista do ano e Instrumentista de blues do ano, e en 1987, a revista Performance Magazine deulle o premio á Actuación de rythm and blues do ano. Gañou seis Premios Grammy e dez Premios da Música de Austin, e entrou, despois da súa morte, no Salón da Fama do Blues, no ano 2000, e no Salón e Museo da Fama de Músicos no 2014. Rolling Stone clasificou a Vaughan no duodécimo posto de guitarristas máis grandes de todos os tempos. En 2015, Vaughan e Double Trouble entraron no Salón da Fama do Rock.

The Sword

The Sword é unha banda estadounidense de heavy metal orixinaria de Austin (Texas). Formada en 2003, o grupo está formado polo vocalista e guitarrista John D. Cronise, o guitarrista Kyle Shutt, o baixista Bryan Richie e o batería Santiago «Jimmy» Vela III. Tras ser contratada pola discográfica independente Kemado Records, a banda publicou o seu álbum debut Age of Winters en 2006, composto na súa maioría por Cronise antes da súa formación. Dous anos máis tarde seguiulle Gods of the Earth, que supuxo a primeira entrada do grupo no Billboard 200.

Troy Van Leeuwen

Troy Van Leeuwen, nado nos Ánxeles (California) o 5 de xaneiro de 1968, é un guitarrista e produtor estadounidense que actualmente toca a guitarra, os teclados e ás veces o baixo na banda de hard rock Queens of the Stone Age. Leva na banda dende o verán de 2002 cando se uniu a unha xira xunto con Dave Grohl. Troy tamén tocou noutras bandas como Failure e A Perfect Circle antes de unirse a Queens of the Stone Age, ademais de participar como músico de estudio en varios álbums.

Volto!

Volto! é unha banda estadounidense de jazz rock fusion procedente dos Ánxeles (California). O son de Volto! varía enormemente, sendo difícil de clasificar. O guitarrista John Ziegler cita noitas influencias, como Billy Cobham, Jimi Hendrix e Miles Davis. A banda inspírase en gran medida no rock progresivo e incluso foi adoptado pola comunidade do jazz. O seu repertorio inclue tanto cancións propias como versións clásicas do rock e do jazz fusión, de artistas como Jimi Hendrix, ZZ Top, The Allman Brothers, Led Zeppelin, Billy Cobham e Tony Williams Lifetime.

Os membros de Volto! son: Danny Carey, batería da banda de metal progresivo Tool; o baixista Lance Morrison, que ten gravado álbums de estudio de Alanis Morissette, Don Henley e Jim Brickman, e tamén apareceu en varias bandas sonoras; o guitarrista John Ziegler, coñecido por Monday Night Jamz, banda residente do The Baked Potato Jazz Club en Studio City, California, e tamén compoñente do grupo Pigmy Love Circus, na cal tamén toca Danny Carey; e Kirk Covington, coñecido polo seu traballo co grupo de jazz progresivo de fusión Tribal Tech e con Scott Henderson.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.