Yolanda Díaz

Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política. Pertence á federación galega de Esquerda Unida, da que é a súa coordinadora dende 2005. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016. Desde xaneiro de 2016 é deputada no Congreso dos Deputados. Nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España foi candidata na lista de En Común-Unidas Podemos ao Congreso pola Provincia de Pontevedra.

Yolanda Díaz Pérez
Yolanda Díaz

Actualmente no cargo
Dende o 13 de xaneiro de 2016

4 de decembro de 2012 – 2016

Escudo de Ferrol.svg
Tenente de alcalde de Ferrol
2007 – 2008

Datos persoais
Nacemento 6 de maio de 1971 (48 anos)
Fene, Galicia
Partido Esquerda Unida
Profesión Avogada
Twitter @Yolanda_Diaz_

Traxectoria

Filla de Xesús Díaz Díaz, ex secretario xeral de CCOO de Galicia e sobriña de Xosé Díaz Díaz, ex-deputado do BNG. Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, accedeu á coordinación xeral de EU en 2005, sendo a candidata da formación á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións dese ano. Obtivo uns 12.000 votos (0,8%), sendo a cuarta forza política máis votada.

Nas eleccións municipais de 2003, foi a cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol, recuperando para a coalición representación no Concello, da que se vira privada no mandado precedente pola crise derivada na ruptura e xurdimento de Esquerda Galega-Os Verdes. Obtivo dúas actas de concelleiro, acompañada polo veterano dirixente Fernando Miramontes.

Acordo de goberno en Ferrol

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz nunha manifestación de Queremos Galego.

Nas eleccións municipais de 2007, foi a cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol. Obtivo 5.203 votos (14,19%) e catro concelleiros (xunto a ela: Javier Galán, Miguel Reimúndez e Sari Alabau). Tras formalizar un acordo para un goberno coaligado co PSOE, resultou elixido alcalde o candidato socialista Vicente Irisarri, con Yolanda Díaz como primeira tenente de alcaldía.

O 28 de outubro de 2008 o goberno de coalición racha, permanecendo Irisarri como rexedor nun goberno en minoría canda o PSOE e pasando EU-IU á oposición. Yolanda Díaz mantense como voceira da súa formación.

Deputada do Parlamento de Galicia

En 2012 foi candidata de Alternativa Galega de Esquerda ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña e foi elixida deputada.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda é unha coalición política galega creada para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 polo partido nacionalista galego Anova - Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida (federación galega de EU), EQUO Galicia (federación galega de EQUO) e Espazo Ecosocialista Galego. Actualmente só segue activa a nivel do Parlamento Europeo, onde está representada pola eurodeputada Lidia Senra, de Anova

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012

As eleccións autonómicas de Galicia de 2012 foron as novenas eleccións ao Parlamento de Galicia dende a súa constitución e celébranse a falta de medio ano para o remate da lexislatura.

En Común

En Común-Unidas Podemos (Podemos-EU-Mareas En Común-Equo), coñecida simplemente como En Común, é unha coalición electoral formada por Podemos, Esquerda Unida, Equo e Mareas en Común xurdida en abril de 2019, tras retirarse de En Marea, co obxectivo de presentarse ás eleccións xerais dese ano nas catro circunscricións electorais de Galicia.

As cabezas de lista nas Eleccións Xerais de abril de 2019 en España foron:

por A Coruña, Antón Gómez-Reino Varela

por Lugo, Vanessa Somoza Domínguez

por Ourense, a educadora social Ledicia Piñeiro

por Pontevedra, Yolanda Díaz Pérez.

Esquerda Unida

Esquerda Unida é unha forza política que constitúe a federación galega de Izquierda Unida.

Eva Solla

Eva Solla Fernández, nada en Castrelos (Vigo) en 1984, é unha enfermeira e política galega.

É militante e líder de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia e deputada de En Marea no Parlamento de Galicia, onde ocupa o posto de Vicepresidenta segunda.

Iolanda Díaz Gallego

Iolanda Díaz Gallego, nada en Sarria en 1934, é unha activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega no Uruguai e Cataluña.

Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Hixinio Beiras Torrado, máis coñecido como Xosé Manuel Beiras, nado en Santiago de Compostela o 7 de abril de 1936, é un político e catedrático en economía galego de ideoloxía nacionalista galega e de esquerdas.

Ten sido membro fundador e líder do Partido Socialista Galego (PSG), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Anova Irmandade Nacionalista (Anova), asemade ten impulsado coalicións electorais con representación parlamentar como Galeusca, Alternativa Galega de Esquerda (AGE) ou En Marea. Nese tempo, foi tamén portavoz no Parlamento de Galicia do BNG (1985-2005) e AGE (2012-2016).

No eido profesional ten estado á fronte da cátedra de Estrutura Económica da Facultade de Ciencias Económicas na Universidade de Santiago (USC). Tamén é un prolífico escritor, ex-numerario da Real Academia Galega (RAG).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.