Xusto Beramendi

Justo Beramendi González, nado en Madrid o 16 de xullo de 1941, é un historiador galego, presidente do padroado do Museo do Pobo Galego.

Xusto Beramendi
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Justo Beramendi (AELG)-3
Nacemento16 de xullo de 1941 (78 anos)
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
XénerosEnsaio
EstudosEnxeñaría Industrial, Tradución e Historia

Traxectoria

Realizou estudos de Enxeñaría Industrial en Madrid (1959-1967), de tradución en Barcelona (1969-1974) e de doutoramento en Historia na Universidade de Santiago de Compostela (1987), da que é catedrático emérito de Historia Contemporánea e da que foi vicerreitor entre 1990 e 1994. Xubilou no ano 2012.

Foi cofundador do Museo do Pobo Galego e actual presidente da súa xunta reitora. É membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco. Participou na creación das revistas Negaciones (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1997).

Especializado na historia das ideoloxías e dos nacionalismos, foi editor das obras de Losada Diéguez, Ramón Villar Ponte, Peña Novo, Castelao e Vicente Risco. Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos y regionalismos en la España de la Restauración (1983), Castelao (1986), Los nacionalismos en la España de la Segunda República (1988), Nationalisms in Europe. Past and Present (1993) e Memoria e Indentidade (2004).

No ano 2017, recibiu a Medalla Castelao.[1]

Obra en galego

Ensaio

Obras colectivas

Edicións

Obra en castelán

Xusto Beramendi Casa natal Antonio Fraguas 2
Beramendi nun acto de homenaxe a Antón Fraguas en 2019.

Ensaio

  • El nacionalismo gallego, 1997, Arco Libros.
  • La historia política: algunos conceptos básicos, 1999, Tórculo.
  • Historia mínima de Galicia, 2016, Turner, ISBN 978-84-16354-07-8.

Obras colectivas

  • Miseria de la Economía, 1974, Península. Con Eduardo Fioravanti.
  • AA.VV. (1991). Historia de Galicia. Faro de Vigo. ISBN 84-404-9520-X..
  • La España de los nacionalismos y las autonomías, 2001, Síntesis. Con J. L. Granja e P. Anguera.
  • "De la dictadura a la democracia (1936-2000)" en Historia de la ciudad de Santiago de Compostela. USC.[2]

Premios

  • Premio Irmandade do Libro 2008: Obra Editorial 2007[3].
  • Pedrón de Ouro no 2008.
  • Premio da AELG, na categoría de ensaio (2008), por De provincia a nación: Historia do galeguismo político.
  • Premio da Crítica de Galicia, na categoría de ensaio (2008), por De provincia a nación: Historia do galeguismo político.
  • Premio Nacional de Ensayo, concedido polo Ministerio de Cultura (2008)[4].
  • Premio Galiza Mártir da Fundación Alexandre Bóveda no 2009.

Notas

  1. "Gayoso, Beramendi, Cristina Pato, Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017". Sermos Galiza. Consultado o 8 de xuño de 2017.
  2. Beramendi, J. (2003). "XI. De la dictadura a la democracia (1936-2000)". Historia de la ciudad de Santiago de Compostela (en castelán). USC. pp. 559–630. ISBN 84-9750-137-3.
  3. Os libreiros premian a Luís Rei Núñez, Justo Beramendi e Xosé María Álvarez Cáccamo.
  4. Justo Beramendi González, Premio Nacional de Ensayo 2008 (en castelán).

Véxase tamén

Ligazóns externas

16 de xullo

O 16 de xullo é o 197º día do ano do calendario gregoriano e o 198º nos anos bisestos. Quedan 168 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Edicións do Cerne

Edicións do Cerne é unha empresa editorial de Santiago de Compostela, creada en 1980 por Xesus Couceiro Rivas.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.