Xustiza

A xustiza é o conxunto de regras e normas que establecen un marco axeitado para as relacións entre persoas e institucións, autorizando, prohibindo e permitindo accións específicas na interacción de individuos e institucións.

A xustiza, no seu contexto máis xeral, inclúe a distinción entre que é xusto e o problema filosófico de que é o xusto. O propio concepto de xustiza está baseado en varios ámbitos e moitas visións que difiren entre elas, que inclúen conceptos de corrección moral baseadas na ética, dereito, relixión e equidade. Normalmente, o debate xeral na xustiza está dividido no concepto de xustiza social co seu fundamento na filosofía, teoloxía e relixión. Tamén trata da xustiza procedemental en canto á aplicación xusta da lei.

O concepto de cultura difire en cada cultura. As primeiras teorías sobre a xustiza foron elaboradas polos filósofos da Antiga Grecia, Platón na súa obra A República, e Aristóteles en Ética a Nicómaco. Ao longo da historia diversas teorías ao respecto foron establecidas. Os defensores da teoría da orde divina argumentan que a xustiza provén de Deus. No século XVII, teóricos como John Locke argumentaron en favor da teoría da lei natural. Pensadores da tradición do contrato social defenden que a xustiza se deriva do mutuo acordo de todas as partes involucradas. No século XVIII, pensadores utilitaristas como John Stuart Mill argumentaron que a xustiza é aquilo que trae as mellores consecuencias. As teorías da xustiza distributiva teñen que ver con que se distribúe, entre quen se distribúe, e como é a distribución correcta. Os igualitaristas argumentan que só pode existir xustiza dentro do marco da igualdade. John Rawls empregou o argumento do contrato social para amosar que a xustiza, especialmente a distributiva, é unha forma de xustiza. Os teóricos dos dereitos de propiedade (como Nozick) tamén toman un punto de vista consecuencialista da xustiza distributiva e argumentan que a xustiza baseada nos dereitos de propiedade maximiza a riqueza xeral dun sistema económico. As teorías da xustiza retributiva teñen que ver co castigo polas malas accións. A xustiza restitutiva (tamén chamada ás veces “xustiza reparativa”) é un enfoque á xustiza que se centra na necesidade das vítimas e os ofendidos.

Este conxunto de regras ten un fundamento cultural e na maioría de sociedades modernas un fundamento formal:

  • O fundamento cultural baséase nun consenso amplo entre os individuos dunha sociedade sobre o bo e o malo, e outros aspectos prácticos de como deben organizarse as relacións entre persoas. Suponse que en toda sociedade humana, a maioría dos seus membros ten unha concepción do xusto, e considérase unha virtude social o actuar de acordo con esa concepción.
  • O fundamento formal é o codificado formalmente en varias disposicións escritas, que son aplicadas por xuíces e persoas especialmente designadas, que tratan de ser imparciais con respecto aos membros e institucións da sociedade e os conflitos que aparezan nas súas relacións.

A xustiza foi e segue a ser un tema de debate en diversos ámbitos académicos, como en filosofía ou dereito, así como dende a relixión. Foron numerosos os autores que teorizaron acerca de concepcións propias da xustiza: desde os seus primeiros tratamentos explícitos en Platón e Aristóteles, ata numerosas teorías contemporáneas coma o utilitarismo ou os defensores da propiedade, entre os que destaca Robert Nozick.

Dentro do marco da filosofía política e moral, a xustiza pode ser entendida dende un punto de vista normativo (é dicir, como dar a cada quen o que lle debe corresponder), mais tamén se pode considerar a xustiza como algo con valor en si mesmo, sen determinar o propio contido do termo, estipulando a xustiza como un algo a ser repartido entre as distintas partes que conforman un grupo segundo distintos criterios. Existen, ademais, diferentes tipos de distincións que se fan da xustiza. Un tipo de diferenciación respecto ao concepto de xustiza faise en termos da nosa situación en referencia a aquelas circunstancias consideradas coma relevantes. Desta maneira, diferenciamos:

  • Xustiza non comparativa: dar a cada quen o que lle debe corresponder atendendo ás circunstancias relevantes para o seu caso.
  • Xustiza comparativa: dar a cada quen o que lle debe corresponder atendendo ás circunstancias relevantes para o seu caso en comparación co que lle corresponde a outros individuos nas circunstancias relevantes para o seu.

Outro tipo de diferenciación, de corte máis clásico, distingue entre a xustiza distributiva, retributiva e correctiva:

  • Xustiza distributiva: distribuír a cada quen o que lle debe corresponder.
  • Xustiza retributiva: retribuír a cada quen o que lle debe corresponder, é dicir, facer que quen mereza, polas circunstancias estipuladas, un beneficio ou un prexuízo, o reciba.
  • Xustiza correctiva: devolver a cada quen o que lle debe corresponder. Isto é, repoñer aquelas cousas valiosas que alguén non recibiu e que debería ter sido así, tanto no caso de desfrutalas coma de sofrelas.
Gallaecia petrea 02-57c
Alegoría da Xustiza (detalle), do escultor francés Claude Laprade (1702), do Museo Nacional Machado de Castro (Coímbra, Portugal).

Teorización sobre a xustiza

Berner Iustitia
A xustiza represéntase por unha muller cos ollos vendados, cunha balanza nunha man e unha espada na outra

A Xustiza non é o dar ou repartir cousas á humanidade, senón o saber decidir a quen lle pertence esa cousa por dereito. A Xustiza é ética, equidade e honradez. É a vontade constante de dar a cada un o que é seu. É aquel sentimento de rectitude que goberna a conduta e fai acatar debidamente todo os dereitos dos demais. Hans Kelsen defínea así: "A Xustiza é para min aquilo cuxa protección pode florecer a ciencia, e xunto coa ciencia, a verdade e a sinceridade. É a Xustiza da liberdade, a xustiza da paz, a xustiza da democracia, a xustiza da tolerancia."

Outro nivel de análise é entender a xustiza como valor e fin do Dereito (máis que como virtude subxectiva) ao que podemos conceptuar xuntamente con Norberto Bobbio como "aquel conxunto de valores, bens ou intereses para cuxa protección ou incremento os homes recorren a esa técnica de convivencia á que chamamos Dereito". Agora ben, en canto o "ideal de xustiza" ou sexa, ese conxunto de condicións protexidas polo dereito, pódese considerar desde unha perspectiva absoluta iusnaturalista dentro do cal todo dereito é xusto e se non é xusto é dereito. Pero desde unha perspectiva iuspositivista o dereito é condición da xustiza e á vez esta é unha medida de valoración do dereito, polo que podemos dicir que un dereito positivo determinado é xusto ou é inxusto de acordo cun ideal de xustiza subxectivo.

O Dixesto, un dos compoñentes da obra de recompilación do dereito romano realizada por Xustiniano (o Corpus Iuris Civilis), comeza así (D.1.1.1):

(...) ius a iustitia (...) ius est ars boni et aequi - O Dereito é xustiza, o Dereito é a arte do bo e o equitativo.

Todas as virtudes están comprendidas na xustiza. En definitiva, a verdadeira xustiza é a arte de dar o xusto ou facer dar o xusto a un individuo, baseándose nos principios da arte do dereito, sen ter ningún tipo de discriminación ou preferencia cara a ningunha persoa, xa que todas as persoas deben ser tratadas sen ningunha discriminación ou preferencia pois así estaríase dando unha xustiza falsa, e non sería "dar a cada un o seu", senón "dar a el o que lle toque", dependendo da súa clase social ou raza.

Concepto revolucionario de xustiza

O concepto revolucionario de xustiza baséase en concibir a xustiza como o sentimento e actitude humana que, fundamentado nos principios e normas da ética, a moral e a lei, ten como fin supremo lograr o respecto dos dereitos colectivos e individuais de todos e cada un dos membros que integran unha determinada sociedade, inducíndonos a decidir accións como instrumentos específicos de premiar ou sancionar a conduta humana, en proporción igual ao ben ou ao dano causado por devandita conduta.

Teorías acerca da Xustiza

Entre outras moitas teorías sobre a xustiza, destacamos a dos filósofos:

  • Platón: A Xustiza aristocrática como harmonía social. Propón que os postos de mando os leven os mellores da sociedade, é dicir, os máis sabios.
  • Aristóteles: A Xustiza como igualdade proporcional: dar a cada un o que é seu, ou o que lle corresponde. Di que o que lle corresponde a cada cidadán ten que estar en proporción co seu rango social e os seus méritos persoais.
  • Tomé de Aquino: A Lei Natural. Di que os cidadáns han de ter os dereitos naturais, que son os que Deus lles dá. Estes dereitos son máis tarde chamados Os Dereitos Humanos.
  • Para os utilitaristas as institucións públicas compóñense dunha forma xusta cando conseguen maximizar a utilidade (no sentido de felicidade) agregada. Segundo esta teoría, o xusto é o que beneficia ao maior número de persoas á vez.

A Xustiza na Mitoloxía Universal

Mitoloxía grega:

  • Astrea, deidade feminina grega (xustiza moral), filla de Temis.
  • Diké, deidade feminina grega, filla de Temis.
  • Temis, deidade feminina grega (xustiza divina).

Mitoloxía nórdica:

  • Forseti, deidade masculina nórdica.

Mitoloxía romana:

  • Iustitia, deidade feminina romana.

Xustiza distributiva

Un aspecto interesante da organización das sociedades é como se reparten os recursos dispoñibles, os bens producidos e a riqueza dispoñible. En principio, na maioría de sociedades manexáronse dous conceptos parcialmente incompatibles sobre que é unha distribución xusta dos bens e a riqueza:

  • A xustiza segundo a necesidade, sostén que aqueles que teñen maiores necesidades dun ben deben posuír asignacións maiores. En xeral este criterio é preponderante ao considerar a situación de persoas enfermas ou con discapacidades e tamén a segmentos da sociedades con menos capacidade de procurarse bens como os nenos, os anciáns e os marxinados.
  • A xustiza segundo o mérito, sostén que aqueles que máis contribúen á produción de bens e riqueza deben ter tamén unha maior proporción dos mesmos. Algúns partidarios do liberalismo sosteñen que pór en risco o criterio anterior eliminaría un importante incentivo á xeración de riqueza e o traballo contributivo.

Xa Marx na súa Crítica ao Programa de Gotha sinalou o erro de confundir ambos os dous tipos de xustiza. Na práctica nas sociedades modernas os dous criterios de xustiza distributiva coexisten na asignación de recursos, aplicándose con maior ou menor prioridade un ou outro segundo o caso concreto.

Véxase tamén

Outros artigos

A Haia

A Haia (neerlandés: Den Haag, ou oficialmente, 's-Gravenhage) é a capital administrativa dos Países Baixos; localízase na parte occidental do país, na provincia da Holanda Meridional, da cal é tamén a capital. Cunha poboación de 465 000 habitantes (700 000 na área metropolitana), é a terceira maior cidade dos Países Baixos, despois de Ámsterdan e Rotterdam.

Na Haia residen máis de 25 000 estranxeiros empregados en organizacións internacionais, multinacionais e entes xurídicos e diplomáticos de diversa natureza. A cidade é a sede da Tribunal Internacional de Xustiza e de outras organizacións internacionais.

Alcalde

Non confundir con alcaide.

Alcalde, termo derivado do árabe قاضي, qāḍī, que significa "xuíz", é un funcionario público que se atopa á fronte da administración local básica dun país ou forma parte dela.

Nos distintos países existe unha ampla variedade de regulacións legais ou consuetudinarias, tanto no relativo ás competencias e responsabilidades do alcalde como na forma en que é elixido.

Historicamente, en partes de Castela o alcalde tamén exercía tamén as funcións de xuíz. Os poboados que ostentaban ese privilexio tiñan o título de vila (ou de cidade). A administración municipal das outras poboacións estaba nas mans dun corrixidor. Por esta razón, as vilas tiñan dereito a erixir un rollo, lugar de axustizamento. Existiu ademais, no Reino de Castela, o cargo de Alcalde de Casa e Corte da súa Maxestade, funcionario xudicial que impartía xustiza na Sala de Alcaldes de Casa e Corte.

O cargo de alcalde ten unha duración normalmente de 4 a 6 anos e pode ser reelixido na maioría dos países. Habitualmente está ao cargo de velar polos intereses dos seus concidadáns, representándoos ante a autoridade xerárquica maior, ademais de impulsar políticas locais para mellorar a súa calidade de vida, como programas de saúde ou deporte, e combater contra a delincuencia, entre outras tarefas.

Andorra

Andorra, oficialmente Principado de Andorra (en catalán: Principat d'Andorra), é un estado soberano sen saída ao mar, situado nos Pireneos entre España e Francia, limitando coa comunidade autónoma de Cataluña ao sur e cos departamentos franceses de Pireneos Orientais e Ariège ao norte. O Principado de Andorra é o sexto país máis pequeno de Europa cunha superficie de 468 km² e unha poboación estimada de 88.815 habitantes en 2009.. A súa capital é Andorra la Vella e a súa lingua oficial o catalán, aínda que tamén se falan de xeito común o castelán, o francés e o portugués.

O Principado foi fundado en 1278, e a súa soberanía está compartida entre o Presidente da República Francesa e o Bispo de Urgell. É unha nación próspera debido sobre todo á súa industria turística, que serve a uns 10,2 millóns de visitantes ao ano, e polo seu status de paraíso fiscal. Non é membro da Unión Europea, aínda que o euro é a súa divisa de facto. Durante moito tempo pobre e illado, acadou unha notable prosperidade desde a segunda guerra mundial e hoxe os andorranos posúen a segunda esperanza de vida ao nacer máis alta do mundo con 85 anos.

Avogado

Un avogado (do latín advocatus) é aquela persoa, licenciada en dereito que exerce profesionalmente a defensa das partes en xuízo e toda clase de procesos xudiciais e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas. Na maioría dos ordenamentos, para exercer esta profesión, requírese estar inscrito nun colexio de avogados.

Dereito

O Dereito é a orde normativa e institucional da conduta humana en sociedade inspirada en postulados de xustiza e certeza xurídica, baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais.

A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, pero non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data. O estudo do concepto do Dereito realízao unha das súas ramas, a Filosofía do dereito.

A expresión «dereito» utilízase indistintamente para nomear á disciplina e ao seu obxecto de estudo. Así, «dereito» refírese á ciencia do dereito ou a un determinado corpo de normas (por exemplo, dereito civil, dereito penal, dereito procesal, dereito internacional, etc.).

Desde o punto de vista obxectivo, dise do conxunto de leis, regulamentos e demais resolucións, de carácter permanente e obrigatorio, criadas polo Estado para a conservación da orde social. Isto é, tendo en conta a validez, é dicir, se se levou a cabo o procedemento adecuado para a súa creación, independientemente da súa eficacia (se é acatada ou non) e do seu ideal axiolóxico (se busca concretar un valor como a xustiza, a paz, a orde, o ben común, etcétera).

O dereito subxectivo é a facultade que outorgou o ordenamento xurídico a un suxeito (por exemplo, dereito á nacionalidade, dereito á saúde, dereito a demandar, dereito a manifestarse libre e pacificamente, etc.).

Eugenio Montero Ríos

Eugenio Montero Ríos, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1832 e finado en Madrid o 12 de maio de 1914, foi un destacado xurista e político galego, alcumado o "cuco de Lourizán" onde residiu até pouco antes de morrer.Foi partidario da separación entre Igrexa e Estado, e á súa iniciativa débense a Lei do Rexistro Civil e a Lei do Matrimonio Civil.

FBI

A Federal Bureau of Investigation, traducida ás veces como Oficina Federal de Investigación ou Axencia Federal de Investigación, coñecida tamén co acrónimo FBI é a principal rama de investigación do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos de América.

Forseti

Forseti (en nórdico antigo "o que preside", actualmente "presidente" en islandés moderno e feroés) é o Æsir (deus) da xustiza, a paz e a verdade na mitoloxía nórdica. É fillo de Baldr e Nanna. O seu fogar era Glitnir, significando brillante, referíndose ao teito prateado do vestíbulo e os seus dourados piares, dos cales irradiaban luz que podía ser vista dende unha gran distancia.

Forseti era considerado o máis sabio e elocuente dos deuses de Asgard. En contraste co seu deus compañeiro Tyr, quen presidía os sanguentos asuntos da lei carnal, Forseti presidía as disputas resolvéndoas mediante a mediación. Sentaba no seu vestíbulo, dispensando xustiza a aqueles que a buscaban, e dicíase que sempre podía prover unha solución que todas as partes consideraran xusta. Como o seu pai Balder, Forseti era un deus doce e favorecía a paz de modo que todos os xulgados por el podían vivir en seguridade en tanto cumprisen a súa sentenza. Forseti era tan respectado que só os máis solemnes xuramentos eran pronunciados no seu nome.

Hospital Xeral de Vigo

O Hospital Xeral de Vigo era o principal centro hospitalario da cidade de Vigo. Estaba integrado no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, dependente do Servizo Galego de Saúde. O edificio é ben visible sobre a liña de edificios da cidade, sobre todo a grandes distancias ou dende o mar, dende onde se distingue a súa característica cor verde cobre froito das últimas rehabilitacións da fachada.

A torre do hospital, coñecida popularmente como O Pirulí, atópase dende 2017 en obras de rehabilitación para poder acoller a futura Cidade da Xustiza de Vigo.

Lista de deuses celtas

Angus Og

Anu: Deusa Doncela da fertilidade.

Arianrhod

Badb: Deusa da guerra.

Balar: Avó de Lugh.

Bandua: Deus da guerra, protector da comunidade.

Belenus: Deus solar, asociado á luz.

Belisama: Deusa relacionada cos lagos, cos ríos, co lume, co traballo manual e a luz.

Bran

Brigit: Deusa do lume e a inspiración.

Caer

Cailleach Béirre: Deusa do inverno, protectora dos animais salvaxes.

Cerridwen: Deusa galesa que posuía o caldeiro da Inspiración e a Sabedoría.

Cernunnos

Dagda

Dana: Deusa da terra.

Endovelico: Deus da saúde.

Epona: Deusa dos Cabalos, a Curación e a Morte.

Grian: Deusa do sol e as fadas.

Gwydion

Home Verde

Lugh: Deus supremo da mitoloxía celta.

Lir: Deus do mar

Macha

Manannan mac Lir

Morrigan: Deusa celta da morte e a destrución.

Navia: Deusa das augas.

Nemain

Nuadha

Ogma

Rei do Carballo

Rei do Acivro

Reva: Deus da xustiza.

Rhiannon

Taranis, Taranu, Toran (irlandés), Taran (galés)

Militar

Un militar é un membro dunha organización autorizada a usar a forza, xeralmente incluíndo o uso de armas de fogo, na defensa do seu país a través da loita real ou de ameazas. Como adxectivo, o termo "militar" tamén é usado para se referir a calquera propiedade ou aspecto desas organizacións. As organizacións militares funcionan moitas veces como unha sociedade no seo das sociedades, tendo as súas propias comunidades militares, economía, educación, medicina, xustiza, normas e outros aspectos de funcionamento diverxentes dos da sociedade civil.

Ministerio de Xustiza de España

O Ministerio de Xustiza de España é o órgano de goberno da Administración Xeral do Estado, ao que lle corresponde a preparación e execución da política do goberno de España en materia de Dereito Penal, Mercantil, Civil e Procesal; liberdade de cultos; dereito de graza, títulos nobiliarios, grandezas de España e avogacía do Estado.

O actual ministro de xustiza é Rafael Catalá Polo.

Paz

A paz (do latín pax = Absentia Belli) é xeralmente definida como un estado de calma ou tranquilidade, unha ausencia de perturbacións ou axitación, violencia, liorta ou guerra. Pode entenderse no sentido individual (paz interior, tranquilidade) ou tamén mundial (ausencia de conflitos bélicos).

Pode ser clasificada segundo varios criterios, por exemplo paz positiva e negativa.[Cómpre referencia]

Paz positiva - Estado de non-violencia e xustiza.

Paz negativa - Estado ausente de violencia pero tamén de xustiza.O concepto de paz está na orixe etimolóxica dos saúdos: shalom en hebreo e salam en árabe significan «paz» ou «a paz estea contigo ou convosco», e tamén se empregan como despedida, significando entón vai (ou ide) en paz; salve, o saúdo latino, é un desexo de saúde, concepto tamén moi relacionado. O saúdo da paz ou bico da paz é unha parte da misa na que os asistentes "se dan a paz". Wolfgang Dietrich no seu proxecto de investigación que levou ao libro The Palgrave International Handbook of Peace Studies (2011) analizou os significados de paz en diferentes linguas e diferentres rexións arredor do mundo. Máis tarde, en Interpretations of Peace in History and Culture (2012), agrupou os diferentes significados de paz en cinco familias: enerxética/harmonía, moral/xustiza, moderna/seguridade, postmoderna/verdade e transracional, síntese das faces positivas das catro familias previas.

No dereito internacional, o estado de paz é aquel no que os conflitos internacionais se resolven de forma non violenta, e particularmente denomínase "paz" o convenio ou tratado que pon fin á guerra. Existe unha rama do estudo das Relacións Internacionais denominada irenoloxía ou estudos da paz e dos conflitos.

A antropoloxía tradicional (xa desbotada) consideraba que unicamente o estado civilizado da evolución cultural consideraba a paz dunha forma positiva e que os estados de salvajismo e barbarie supuñan unha preferencia cultural pola guerra, considerando unha forma honrosa de vida saquear outros pobos, exaltando as virtudes guerreiras e en casos extremos ritualizando a antropofaxia. Deste xeito describíanse os costumes dalgúns pobos chamados primitivos, xustificando así a súa colonización, e mantíñanse a memoria historiográfica dalgúns pobos históricos como os viquingos ou os hunos e dalgunhas épocas históricas consideradas "escuras" como a alta idade media. De xeito oposto deseñouse o mito do "bo salvaxe", que en ausencia de desenvolvemento cultural mostraría unha total ausencia de violencia.

Poder xudicial

O Poder xudicial é aquel que, de conformidade coa lexislación vixente, é o encargado da aplicación das normas xurídicas na resolución de conflitos.

Segundo a teoría clásica de Montesquieu, a división de poderes garante a liberdade do cidadán. Montesquieu compuxo a súa teoría logo dunha viaxe a Inglaterra onde interpretou que un poder xudicial independente pode ser un freo eficaz do executivo.

Baixo esta separación de poderes, nace o chamado estado de dereito, no cal os poderes públicos están igualmente sometidos ao imperio da Lei. O Poder xudicial debe ser independente para poder someter aos restantes poderes, en especial o executivo, cando estes contraveñan o ordenamento xurídico.

O poder executivo e o lexislativo son dous poderes que en ocasións tamén se enfrontan, as loitas de poder dos integrantes do lexislativo fornecen periodicamente aos novos integrantes do executivo.

Así a todo, o papel arbitral entrambos require dun poder xudicial forte e respectado como un dos poderes fundamentais do estado cuxa independencia é un valor a preservar porque dela depende que o sistema non deixe de funcionar e a democracia dea paso á tiranía.

A estrutura do poder xudicial varía de país en país, así como os mecanismos usados no seu nomeamento. Xeralmente existen varios niveis de tribunais, ou xulgados, coas decisións dos tribunais inferiores sendo apelables ante tribunais superiores. Con frecuencia existe unha Corte Suprema ou Tribunal Supremo que ten a última palabra. Nalgúns países existe tamén un Tribunal ou Corte Constitucional.

Reva

Reva, tamén chamada ás veces Reve, é un deus supremo do panteón galaico prerromano asociado á xerarquía, á xustiza e máis á morte. É a divindade máis difundida na Gallaecia interior, con dez dedicacións galaico-romanas. Un dos seus maiores santuarios é o balneario galaico-romano atopado nas Burgas de Ourense do século I D. de C., onde se atoparon ata o de agora cinco aras adicadas ao deus (asimilado polos romanos) polo que este deus se atopa relacionado con ríos, lagoas, fontes termais etc... Aínda así aparece por veces vencellado a divindades asociadas a montañas baixo o epíteto Larouco.

Tribunal

Un tribunal é un órgano da Administración de Xustiza, que en sentido propio se identifica cos órganos xurisdicionais pluripersoais, é dicir, os formados por varios xuíces, actuando de xeito colexiado.

Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Xuíz

Un xuíz é unha persoa investida de autoridade para xulgar. A autoridade élle outorgada polo Estado, en exercicio dun dos tres poderes en que se divide ( Poder lexislativo, Poder executivo, e Poder xudicial ).

O xuíz, polo tanto, é a autoridade encargada de impartir xustiza. En España, a figura do xuíz ven regulada na Lei Orgánica do Poder Xudicial, que define o seu estatuto e a carreira xudicial, a través de todos os seus estados e etapas, sen prexuízo das demais leis e regulamentos que a desenvolven.

A autoridade do xuíz é conferida polo Estado, a través de diversos procedementos, outorgada, segundo o país e fundamentalmente segundo a tradición xurídica que este comprenda.

O xuíz é o titular do xulgado a que está adscrito.

Aínda que gozan de independencia na súa actuación, as súas resolucións adoitan ser revisables polos tribunais superiores xerarquicamente, mediante os chamados recursos xudiciais, podendo ser estas confirmadas, modificadas ou revogadas.

Zaragoza

Zaragoza é un concello e cidade española, capital da comunidade autónoma de Aragón, ademais da provincia de Zaragoza e da comarca homónima. Está situada a beiras dos ríos Ebro, Huerva e Gállego e da Canle Imperial de Aragón, no centro dun amplo val. A súa privilexiada situación xeográfica convértea nun importante nó loxístico e de comunicacións; atópase a uns 300 km de Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao e Tolosa.

Cunha poboación de 679.624 habitantes (INE 2012), é a quinta cidade española máis poboada, concentrando máis do 50% da poboación de Aragón.

O seu nome actual procede do seu antigo topónimo romano, Caesaraugusta, que recibiu na honra ao emperador César Augusto no 14 a.C. A súa denominación romana foi evolucionando a través do árabe Saraqusta.

Entre o 14 de xuño e o 14 de setembro de 2008, ano do bicentenario dos Sitios de Zaragoza e centenario da exposición Hispano-Francesa de 1908, Zaragoza acolleu a exposición internacional Expo Zaragoza 2008 dedicada á auga e o desenvolvemento sustentable. En 2010, Zaragoza foi a sexta cidade española con máis turismo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.