Xurisdición

A xurisdición (do latín iurisdictio, «dicir o dereito») é a potestade, derivada da soberanía do Estado, de aplicar o Dereito no caso concreto resolvendo de modo definitivo e irrevogable unha controversia que é exercida en forma exclusiva polos tribunais de xustiza, integrados por xuíces independentes e inamovibles, responsables e sometidos unicamente ao imperio da lei.

En sentido coloquial, o termo emprégase para designar o territorio (estado, provincia, concello, rexión, país etc.) sobre o cal esta potestade é exercida. Do mesmo modo, por extensión, é utilizada para designar a área xeográfica de exercicio das atribucións e facultades dunha autoridade ou as materias que se atopan dentro da súa competencia; e, en xeral, para designar o territorio sobre o cal un Estado exerce a súa soberanía.

Abade

Un abade (do arameo abba 'pai', a través do grego abbás e o latín abbăte) é o superior dunha comunidade de monxes. Na Igrexa ortodoxa recibe o nome de hegumenos ou arquimandrita. En galego a superiora dunha comunidade de freiras denomínase abadesa (do latín tardío abbătissa).

O título ten a súa orixe nos mosteiros de Siria, axiña esparexidos no Oriente Medio e Europa. Ao primeiro era un título de respecto dado a todos os monxes, pero axiña quedou restrinxido ao superior. O título de abade é de uso xeral nas ordes monásticas occidentais, aínda que en ordes como os dominicanos, carmelitas e agostiños recibían o nome de Praepositus, Provost e Prior, e entre os franciscanos Custos.

En Exipto o abade non tiña definida a súa xurisdición; ás veces rexía unha comunidade, outras varias. A partir da Regra de San Bieito o abade só ten a xurisdición sobre unha soa comunidade. Isto cambiou coa creación da Orde cluniacense, cando se recoñeceu a existencia dun abade supremo que exerce xurisdición sobre todas as casas dunha orde.

Bispo

Un bispo (do grego do Novo Testamento ἐπίσκοπος, epískopos, "supervisor", "gardián") é un membro do clero cristián que ostenta unha posición de autoridade. Dentro das igrexas católica, ortodoxa, anglicana e veterocatólica, así como na Igrexa Asiria Oriental, os bispos pretenden ter sucesión apostólica, é dicir, unha liña directa descendente dos Doce Apóstolos. Dentro destas igrexas, os bispos son aqueles que recibiron o sacerdocio no seu máximo grao, é dicir, o episcopado, e quen poden ordenar sacerdotes e bispos. Algunhas igrexas protestantes e metodistas teñen bispos con funcións similares, aínda que non considéranse herdeiros dos Apóstolos.

O termo epískopos non estaba nos comezos do cristianismo claramente diferenciado do termo presbýteros ("ancián", hoxe en día co significado de sacerdote), pero o termo xa era empregado no seu sentido actual, distinto de sacerdote, nos escritos de Ignacio de Antioquía (finado arredor de 108), e as fontes de mediados do século II xa amosan como todos os centros do cristianismo organizábanse arredor da figura do bispo, empregando unha forma de organización que non variou até a reforma protestante.

Comarca

Unha comarca (do latín commarca ou comarcha, á súa vez derivado do termo de orixe xermánica Mark, "confín", "límite", "marca") ou bisbarra é unha subdivisión do territorio que configuran varias poboacións que adoitan ter uns nexos comúns condicionando unha unidade, política, natural ou cultural.

Nos diferentes países do mundo, as comarcas representan unha subdivisión non corresponde coa galega, tendo distintos fins e significado. Na Península Ibérica as comarcas foron un xeito de ordenación do territorio moi estendido, existindo matices entre as distintas rexións e países, así en Portugal unha comarca actualmente designa unha división xudicial correspondente á xurisdición dun Tribunal de Primeira Instancia. No Principado de Asturias, as comarcas englobarían a varios concellos, mais as oito comarcas de Asturias non teñen existencia oficial, empregan un sistema de comarcas funcionais ou áreas de planificación territorial.

En italiano: contea

En francés: contrée

En inglés: countyAs bisbarras galegas remóntanse tempos atrás, mesmo á época castrexa. De moita importancia é tamén o Parrochiale suevum, datado na segunda metade do século VI e onde se reflicte a organización administrativa e eclesiástica do Reino suevo da Gallaecia, contendo unha relación de 134 parroquias agrupadas en trece dioceses (ademais menciónase a diocese Britoniarum). O manuscrito indica ademais a existencia de pagus (distritos) especificamente suevos. Este documento, realizado en base á conformación do territorio xa existente anteriormente, mantívose en gran parte ata a actualidade.

Departamento de Agricultura dos Estados Unidos

O Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (en inglés, United States Department of Agriculture, USDA) é unha unidade executiva do Goberno Federal de EE. UU. O seu propósito é desenvolver e executar políticas de gandaría, agricultura e alimentación. A súa meta é entender nas necesidades dos produtores (granxeiros, rancheiros), promovendo o comercio agrícola e a produción, traballando para asegurar seguridade alimentaria, protexendo os recursos naturais, mellorar as comunidades rurais, e pór fin á fame.

Foi creado o 15 de febreiro de 1889, en xurisdición do Goberno Federal de Estados Unidos. Posúe un persoal de 105.778 empregados a xuño de 2007; cun orzamento de $94.000 millóns de USD (2006). O seu director é Mike Johanns, como «Secretario de Estado de Agricultura»; o seu segundo é Charles F. Conner, secretario deputado de Agricultura

Diocese

Diocese ou bispado é o distrito ou territorio cristián en que ten e exerce xurisdición eclesiástica un prelado: arcebispo, bispo etc. Polo tanto é un sinónimo de bispado ou arcebispado. As dioceses agrúpanse en provincias eclesiásticas e subdivídense en arciprestados.

Ferreira, San Sadurniño

San Paio de Ferreira é unha parroquia que se localiza no centro do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 293 habitantes (143 mulleres e 150 homes) distribuídos en 32 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 396 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lago, Valdoviño

Santiago de Lago é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño, na comarca histórica de Trasancos. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.139 habitantes (586 mulleres e 553 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.054 habitantes. Conta cunha superficie de 11,8 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lamas, San Sadurniño

San Xiao de Lamas é unha parroquia que se localiza no leste do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 494 habitantes (243 mulleres e 251 homes) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 517 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Loira, Valdoviño

San Pedro de Loira é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 249 habitantes (118 homes e 131 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 298 habitantes. Ten unha superficie de 7,5 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Lourido, Valdoviño

San Bartolomeu de Lourido é unha parroquia situada no sur do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 269 habitantes (132 mulleres e 137 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes. Ten unha superficie de 3,7 km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Meirás, Valdoviño

San Vicente de Meirás, antigamente San Vicenzo de Meirás[Cómpre referencia] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.381 habitantes (689 homes e 692 mulleres) distribuídos en 18 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.317 habitantes. Ten unha superficie de 6,8 km², cunha densidade de poboación é de 193,67 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

O Sequeiro, Valdoviño

Santa María do Sequeiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 686 habitantes (352 mulleres e 334 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, 23 menos ca en 1999. Ten unha superficie de 3,8 km², cunha densidade de 180,52 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Pantín, Valdoviño

Santiago de Pantín é unha parroquia situada no norte do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 612 habitantes (317 mulleres e 295 homes) distribuídos en 35 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 626 habitantes. Ten unha superficie de 13,1 km², cunha densidade de 46,71 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

San Sadurniño, San Sadurniño

Santa María de San Sadurniño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 858 habitantes (458 mulleres e 396 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 908 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Santa Mariña do Monte, San Sadurniño

Santa Mariña do Monte é unha parroquia que se localiza no norte do concello de San Sadurniño. Segundo o IGE en 2013 tiña 346 habitantes (186 homes e 160 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 429 habitantes.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Sedes, Narón

Santo Estevo de Sedes é unha parroquia rural, que se localiza no nordeste do concello de Narón na provincia da Coruña, cunha superficie de 9,65 km². Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 928 habitantes (483 mulleres e 445 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 959 habitantes. A súa densidade poboación é de 96,16 hab/km².

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Valdoviño, Valdoviño

Santalla de Valdoviño é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 2.221 habitantes (1.087 mulleres e 1.134 homes) distribuídos en 56 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.037 habitantes. Ten unha superficie de 14,3 km² (a parroquia máis ampla do concello), cunha densidade poboación de 155,31 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Vilaboa, Valdoviño

San Vicente de Vilaboa é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Valdoviño na comarca de Ferrol. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 282 habitantes (149 mulleres e 133 homes) distribuídos en 22 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 339 habitantes. Ten unha superficie de 11,8 km², cunha densidade de poboación de 23,89 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Vilarrube, Valdoviño

San Martiño de Vilarrube é unha parroquia situada no oeste do concello de Valdoviño. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 323 habitantes (153 mulleres e 170 homes) distribuídos en 23 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2008 cando tiña 363 habitantes. Ten unha superficie de 6,2 km², cunha densidade de poboación de 52,1 hab./km². Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.