Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia ou simplemente Xunta aparece definida no Estatuto de Autonomía de Galicia coma o órgano colexiado do Goberno de Galicia. Está composta polo Presidente, vicepresidentes e conselleiros. Os vicepresidentes e os conselleiros son nomeados polo presidente. Galicia exerce as súas funcións administrativas a través da Xunta e das consellarías. A Presidencia da Xunta de Galicia ten a sede no Pazo de Raxoi en Santiago de Compostela.

Logotipo de la Xunta de Galicia
Logo da Xunta de Galicia.
Santiago Concello 604
Sede da Presidencia da Xunta de Galicia, no pazo de Raxoi, compartida co Concello de Santiago de Compostela.

Atribucións e funcionamento

A Xunta regula os seus propios tributos, elabora as normas para xestionar os impostos estatais e elabora e aplica o orzamento de Galicia. Tamén ten competencias exclusivas, entre as que se atopan as referidas á organización das súas institucións de autogoberno e das comarcas e parroquias rurais como entidades propias de Galicia; ordenación do territorio e do litoral, urbanismo e vivenda; actuacións en relación ás institucións do Dereito Civil galego; normas procesais e procedementos administrativos que se deriven do específico Dereito galego ou da organización dos poderes públicos; obras públicas; vías férreas, estradas e transporte; portos, aeroportos e heliportos; aproveitamentos forestais, hidráulicos e relativos á enerxía eléctrica; augas minerais e termais; pesca nas rías e augas interiores; feiras e mercados; artesanía, patrimonio artístico, bibliotecas, museos, conservatorios de música e servizos de Belas Artes; fomento da cultura e da investigación; promoción e ensino da lingua galega, do turismo e do deporte; asistencia social; creación dunha Policía Autónoma; réxime das fundacións; casinos, xogos e apostas; centros de contratación de mercancías e valores; confrarías de pescadores e distintas cámaras e normas adicionais sobre a xestión e conservación protección dos ecosistemas.

Historia

A Xunta de Galicia ten a súa orixe na Xunta do Reino de Galicia creada en 1528 e que perviviría, con algunhas interrupcións, ata 1833.

Durante a Guerra da Independencia española, en 1808, crease a Xunta Suprema de Galicia para dirixir a loita contra os franceses e manter a orde pública. A Xunta Suprema asumiu funcións militares, lexislativas e de relacións internacionais ata a creación da Xunta Central Española.

En 1843 constituíuse unha Xunta Central de Galicia presidida por Xosé María Suances oposta á rexencia de Baldomero Espartero.

En 1846 prodúcese o levantamento do comandante Miguel Solís en Lugo, que disolve o Consello Provincial e a Deputación organizando a Xunta Superior do Goberno de Galicia, presidida por Pío Rodríguez Terrazo e que remataría co fusilamento dos Mártires de Carral.

Finalmente, o Real Decreto-Lei 7/1978 e o Real Decreto 474/1978 aprobados o 16 de marzo de 1978 designan a Xunta de Galicia como goberno galego [1].

Presidencia da Xunta de Galicia

Nuñezfeijoo
Alberto Núñez Feijóo.
Artigo principal: Presidente da Xunta.

Consellarías

Xunta setembro 2018
Conselleiros da Xunta de Galicia en setembro de 2018.

Desde o 2 de decembro de 2012[2] o goberno da Xunta está formado polo presidente e 8 consellarías, todas elas rexidas por membros do PPdeG. A única mudanza co anterior goberno é o cambio de Javier Guerra por Francisco Conde á fronte da Consellería de Economía e Industria. Posteriormente, no ano 2015, primeiro polos resultados das eleccións municipais e despois polos problemas na posta en marcha do Hospital Álvaro Cunqueiro, houbo outros cambios, tanto de nomes co como na distribución de funcións entre entre consellerías[3].

Esta foi a composición da Xunta e os seus titulares[4]:

En setembro de 2018, o presidente Feijóo levou a cabo unha remodelación das consellarías[5] e modificou as competencias de algunhas delas, que quedaron deste xeito:

Situación

San Caetano Praza Publica
Edificios Administrativos en San Caetano, que foi remodelado por última vez (fachada, tellados e fiestras, entre outros arranxos) entre 2018 e comezos de 2019[6].
Sede da Xunta en Vigo
Delegación da Xunta de Galicia en Vigo.
Edificio Xunta Pontevedra
Delegación da Xunta en Pontevedra.
  • Edificios Administrativos San Caetano
    San Caetano, s/n
    15704 - Santiago de Compostela
  • Pazo de Raxoi
    Praza do Obradoiro.
    15705 - Santiago de Compostela
  • Sede da Xunta de Galicia na Coruña
    Avda. Salvador de Madariaga, 9
    154781 - A Coruña
  • Sede da Xunta de Galicia en Lugo
    Ronda da Muralla, 70
    27071 - Lugo
  • Sede da Xunta de Galicia en Ourense
    Avda. da Habana, 79
    32004 - Ourense
  • Sede da Xunta de Galicia en Pontevedra
    Rúa Fernández Ladreda s/n. - Pontevedra
  • Sede da Xunta de Galicia en Vigo
    Rúa Concepción Arenal, 8
    36201 - Vigo

Notas

  1. Real Decreto-lei 7/1978, polo que se aproba o réxime preautonómico para Galicia (BOE nº 66, de 18.03.1978) [1] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. e Real Decreto 474/1978, polo que se desenvolve o Real Decreto-lei 7/1978 (BOE nº 66, de 18.03.1978) [2] Arquivado 01 de febreiro de 2012 en Wayback Machine..
  2. "Feijóo nombra a Francisco Conde conselleiro de economia e-industria", Faro de Vigo, 2 de decembro de 2012 (en castelán).
  3. http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/10/04/feijoo-remodela-sorpresa-gobierno/00031443961705512299754.htm
  4. http://www.xunta.gal/portada
  5. "Feixoo aproveita a remodelación do goberno para recuperar a consellaría de Cultura". sermosgaliza.gal. 26-09-2018. Consultado o 07-10-2018.
  6. As obras na Xunta (agora) non fan ruído, Praza Pública, 24 de marzo de 2019.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Alberto Núñez Feijóo

Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.

Carlos Otero Díaz

Carlos Gilberto Otero Díaz, nado en San Fiz de Asma (Chantada) o 30 de xaneiro de 1932 e finado en Santiago de Compostela o 19 de marzo de 2005,, foi un economista e político galego. En 1982 foi nomeado primeiro Conselleiro de Economía e Finanzas da Xunta de Galicia.

Castro de Viladonga

O castro de Viladonga é un castro galaico-romano pertencente á coñecida como cultura castrexa e situado en Viladonga, no concello de Castro de Rei, na provincia de Lugo. Localízase sobre unha elevación a 535 metros sobre o nivel do mar, lugar desde o que se domina visualmente gran parte da chaira da Terra Chá. O 11 de decembro de 2009 foi declarado Ben de Interese Cultural pola Xunta de Galicia.Os traballos arqueolóxicos comezaron en 1971. Trátase dun castro dos máis coñecidos de Galicia, debido en gran medida a que desde o ano 1983 conta cun Museo Monográfico do castro.

Centro Galego de Artes da Imaxe

O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) é unha institución que desenvolve as súas actividades nos ámbitos do audiovisual e da fotografía. Creada por decreto o 5 de outubro de 1989 pola Xunta de Galicia e inaugurado o 15 de marzo de 1991. Ten a súa sede na Casa da Cultura Salvador de Madariaga da Coruña, e dende o ano 2012 está dirixido por Guillermo Escrigas Romero que estaba emparentado co famoso director de cine George A. Romero.[Cómpre referencia]

Consellaría

Denomínase consellaría ou consellería a cada unha das carteiras en que se dividen os gobernos das comunidades autónomas de España, incluídas as da Xunta de Galicia. Trátase do equivalente aos ministerios na repartición por funcións dos órganos de goberno estatais. A cabeceira dunha consellaría é rexida por un responsábel máximo, que se coñece como conselleiro. Así mesmo, a dependencia ou sede de cada consellaría recibe a mesma denominación.

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (CCEOU) é o órgano da Xunta de Galicia encargado dos asuntos culturais e da regulación do ensino dende a primaria ata a educación universitaria, a formación profesional e o ensino de adultos. O seu titular actual é Román Rodríguez González.

Diario Oficial de Galicia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) é o diario oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se divulgan con carácter oficial as normas xurídicas e outros actos da administración e do goberno galego para que produzan os efectos xurídicos correspondentes.

Fontarón, Becerreá

Sancti Spiritus de Fontarón é unha parroquia do concello de Becerreá. Segundo o IGE en 2014 tiña 51 habitantes (27 homes e 24 mulleres), 13 menos ca en 2004 (33 homes e 31 mulleres) e 20 menos ca en 1999. Segundo o Nomenclátor da Xunta de Galicia, ten nove entidades de poboación.

Galiciana

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia. A súa xestión corre a cargo da Biblioteca de Galicia e ten como misión difundir e preservar o patrimonio documental e bibliográfico galego. Está impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Instituto Galego de Estatística

Para a inmunoglobulina E ver IgEO Instituto Galego de Estatística (IGE) é un organismo autónomo da Xunta de Galicia creado no ano 1988 e que se rexe basicamente pola Lei 9/1988 de Estatística de Galicia.

Na súa misión de promover o desenvolvemento do sistema estatístico da Comunidade Autónoma presta servizos de recompilación e difusión da documentación estatística dispoñible, desenvolve bases de datos de interese público tales como referentes á poboación, nacementos, defuncións, densidade ou sobre aspectos económicos ou sociais, analiza as necesidades e a evolución da demanda de estatísticas e asegura a súa difusión.

Manuela López Besteiro

Manuela López Besteiro, nada o 26 de maio de 1941 en Castroverde, é unha política galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Parque natural

Un parque natural é, no marco lexislativo galego, un espazo natural declarado como parque por estar pouco transformado pola explotación ou pola ocupación humana e que, en razón á beleza das súas paisaxes, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúe uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científicos, co cal a súa conservación merece unha atención preferente. Poden ser marítimos ou terrestres, e encontrarse na montaña, no mar, no deserto ou en calquera outro espazo definido xeograficamente.

Presidencia da Xunta

A presidencia da Xunta é ostentada pola persoa encargada de liderar a Xunta de Galicia, o máximo órgano executivo do ámbito competencial galego, e de representar a Galicia no exterior. É elixida polo Parlamento de Galicia, entre os seus deputados (artigo 15.2, do Estatuto de Autonomía) escollidos á súa vez por sufraxio universal.

O goberno de Galicia foi establecido o 16 de marzo de 1978 e foi reforzado polo Estatuto de autonomía de Galicia de 1981, ratificado o 28 de abril de 1981. O seu período de goberno é de catro anos, que poden ser renovables as veces que os galegos e as galegas queiran.

Dende 2009, a presidencia da Xunta de Galicia está rexida polo ourensán Alberto Núñez Feijóo.

Residencia oficial de Monte Pío

A residencia oficial de Monte Pío é o aloxamento do Presidente da Xunta de Galicia. Está situada nas Casas Novas (Vista Alegre, Santiago de Compostela).

Secretaría Xeral de Política Lingüística

A Secretaría Xeral de Política Lingüística é un órgano da Xunta de Galicia encargado da regulación do idioma galego. É un órgano dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O seu titular actual é Valentín García Gómez.

Sede da Xunta de Galicia en Vigo

A sede da Xunta de Galicia en Vigo é a actual delegación institucional da Xunta de Galicia en Vigo. Entrou en funcionamento o 1 de marzo do ano 2002, e foi deseñada por Esteve Bonell e Josep M. Gil Guitart no ano 1995 como parte do concurso "Abrir Vigo ó Mar", proxecto que levou no ano 2005 o Premio Nacional de Arquitectura de España.

Turgalicia

A Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, coñecida co seu nome comercial de Turgalicia, é unha sociedade de capital público, inscrita no organigrama da Xunta de Galicia e responsable da promoción turística de Galicia.

Xerardo Fernández Albor

Xerardo Fernández Albor, nado en Santiago de Compostela o 7 de setembro de 1917, e finado o 12 de xullo de 2018, foi un político galego. Foi o primeiro presidente da autonomía Xunta de Galicia trala aprobación do estatuto de autonomía de 1981.

Xunta de Galicia
Institucións
Consellerías
Eleccións
Referendos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.