Xunta Democrática

Xunta Democrática foi un organismo creado en 1975 polo Partido Comunista de Galicia (PCG) como reflexo da Junta Democrática promovida polo PCE no ámbito estatal.

Non conseguiu apoios entre outras forzas e integrouse posteriormente na Táboa Democrática de Galicia. Tivo un programa reformista, defendendo a necesidade de que a monarquía se sometese a referendo.

Véxase tamén

Bibliografía

Alfons López Tena

Alfons López Tena, nado en Sagunt (Valencia) o 7 de decembro de 1957, licenciado en Dereito na Universidade de Valencia e notario desde 1983, é un deputado do Parlamento de Cataluña por Solidaritat per la Independència desde o 2010.Foi vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial español entre o 2001 e o 2008. Como notario exerceu en Tàrrega (1983-1985), Xàtiva (1985-1988) e Barcelona (1988-1999). Foi fundador do Fòrum Notarial e Vicepresidente do Fòrum Notarial de Catalunya até 1999. Foi militante de Convergència Democràtica de Catalunya desde 1989 até o 2010, cando funda Solidaritat Catalana per la Independència. Anteriormente fora conselleiro por Convergència Democràtica desde 1996 até o seu nomeamento como vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial español a proposta de CiU. En agosto de 2007 crea, canda Hèctor López Bofill, o Cercle d'Estudis Sobiranistes, do que actualmente é presidente.

Alfonso Álvarez Gándara

Alfonso Álvarez Gándara, nado en Tui o 27 de xaneiro de 1939, é un avogado e político galego.

Antonio Cubillo

Antonio de León Cubillo Ferreira, nado en San Cristóbal de la Laguna, na provincia de Santa Cruz de Tenerife, o 3 de xullo de 1930, e falecido na cidade de Santa Cruz de Tenerife o 10 de decembro de 2012, foi un avogado, político e terrorista español.

Ateneo de Pontevedra

O Ateneo de Pontevedra é unha asociación cultural, referente na cidade de Pontevedra e as súas actividades están dirixidas a todas aquelas persoas interesadas polo desenvolvemento humano, social e cultural do seu tempo.

Darío Álvarez Blázquez

Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.

Donato Fuejo

Donato Fuejo Lago, nado en Vigo o 27 de outubro de 1926, é un médico e político galego.

Enrique Tierno Galván

Enrique Tierno Galván, nado en Madrid o 8 de febreiro de 1918 e falecido na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1986, foi un político, sociólogo e ensaísta español, alcalde de Madrid entre 1979 e 1986.

Doutor en Dereito, Doutor en Filosofía e Letras, Catedrático de Dereito Político dende 1948 ata 1953 na Universidade de Murcia, e dende 1953 ata 1965 na Universidade de Salamanca.

Fernando García Agudín

Fernando García Agudín, nado na Coruña o 11 de xaneiro de 1935, é un político galego.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Joan Ribó

Joan Ribó i Canut, nado en Manresa (Barcelona) o 17 de setembro de 1947, é un catedrático de secundaria e político español, actual alcalde de Valencia por Compromís per València.

Josep Andreu i Abelló

Josep Andreu i Abelló, nado en Montblanc o 8 de novembro de 1906 e finado en Madrid o 31 de maio de 1993, foi un xurista e político catalán de ideoloxía nacionalista. Foi un dos cofundadores de Esquerra Republicana de Catalunya.

Junta Democrática de España

A Junta Democrática de España (Xunta Democrática de España, en galego) foi unha organización política de oposición ao franquismo que, creada polo Partido Comunista de España e personalidades independentes vencelladas a don Juan De Borbón -encabezadas por Rafael Calvo Serer-, pretendía agrupar a outras forzas políticas, sindicais e sociais tamén opositoras. Foi presentada oficialmente o 29 de xullo de 1974 en París por Santiago Carrillo e Calvo Serer e, posteriormente, conseguiron que se incorporaran o Partido do Traballo de España (PTE), o Partido Carlista liderado por Carlos Hugo de Borbón, o Partido Socialista Popular (PSP) de Enrique Tierno Galván e Raúl Morodo, a Alianza Socialista de Andalucía, o sindicato Comisións Obreiras (CCOO), a asociación de xuristas Xustiza Democrática e un feixe de persoeiros independentes, como o intelectual José Vidal Beneyto e o aristócrata José Luís de Vilallonga.

Manuel Fraga

Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego.

Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido. Tivo as carteiras de ministro de Gobernación e vicepresidente segundo do Goberno durante o mandato de Arias Navarro. Foi un dos pais da Constitución española de 1978.

Presidiu Alianza Popular e o Partido Popular e foi o terceiro presidente da Xunta de Galicia, o que ocupou o Pazo de Raxoi durante máis anos, dende o 5 de febreiro de 1990 ata o 29 de xullo do 2005.

Valentín Paz-Andrade

Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e finado en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. En 2012 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Víctor Moro

Víctor Moro Rodríguez, nado o 25 de abril de 1926 en Ribadeo, é un político e economista galego.

Xunta (homónimos)

Xunta pode referirse a:

Políica e administraciónXunta de Goberno, nome de diversas institucións históricas e contemporáneas en España e Hispanoamérica.

Xunta Democrática, organismo político creado en 1975 polo Partido Comunista de Galicia (PCG) como reflexo da Junta Democrática promovida polo PCE no ámbito do Estado español.

Xunta Militar, un goberno formado por militares.

Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, organización asturiana que procura a oficialidade do idioma asturiano e promove o seu uso e ensinanza.

Xuntas Galegas pola Amnistía, organización galega de defensa dos dereitos das persoas presas, en especial as vinculadas co independentismo galego.TecnoloxíaXunta, elemento que pon en contacto dúas pezas e que, paradoxalmente, pode servir tanto para unir como para separar.

Xunta de estanqueidade, unha forma de tapa para selar conexións, por exemplo, a xunta da cabeza (dun motor de explosión). Neste caso, a xunta une as pezas para evitar fugas.

Xunta de dilatación, elemento elástico que se intercala nas estruturas arquitectónicas de gran tamaño para evitar a súa fragamentación pola dilatación e contracción das mesmas debidas aos cambios de temperatura. Neste caso, xunta separa as pezas para evitar roturas non controladas.

Xunta, pequeno espazo que queda entre as superficies dos perpiaños ou os ladrillos nunha construción.OutrasXunta Central Falleira (en valenciano Junta Central Fallera), organismo que regula e coordina a festa das fallas na cidade de Valencia.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.