Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o INE en 2017 tiña 756 habitantes (1.001 no 2006, 1.017 no 2005, 1.033 no 2004, 1.050 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «xunqueirao».

Coordenadas: 42°19′09″N 07°37′45″O / 42.31917, -7.62917

Xunqueira de Espadanedo
Bandeira de Xunqueira de Espadanedo
---
Escudo de Xunqueira de Espadanedo
Concello de Xunqueira de Espadanedo
Casa do concello.
Situacion Xunqueira de Espadanedo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Allariz - Maceda
Poboación741 hab. (2018)
Área27,6 km²
Densidade26,85 hab./km²
Entidades de poboación4 parroquias e 25 lugares
Capital do concelloXunqueira de Espadanedo
Política (2019[2])
AlcaldeCarlos Gómez Blanco (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5

Outros: C's 2
Eleccións municipais en Xunqueira de Espadanedo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes84,34%
Na rede
http://www.xunqueiradeespadanedo.es/

Poboación

Censo total 756 (2017)
Menores de 15 anos 38 (5.03 %)
Entre 15 e 64 anos 437 (57.80 %)
Maiores de 65 anos 281 (37.17 %)
Evolución da poboación de Xunqueira de Espadanedo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
1.900 1.891 1.829 1.489 1.033 962 914 892 862 863 818 800 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita cos concellos de Parada de Sil, Montederramo, Maceda, Esgos e Nogueira de Ramuín. Está situado nun terreo montañoso, entre a serra de Meda, o monte do Rodicio e o monte do Couso.

Abrangue 28 km², repartidos en catro parroquias. Está comunicado a través da estrada OU-536, que comunica Ourense con Ponferrada.

Patrimonio

Consérvanse edificacións da Idade Media, destacando o mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo, con orixe no século XII, e pertenceu á orde do Císter. En Paradela consérvase un peto de ánimas.

Entre a arquitectura civil destaca o muíño de Reboredo e o de Xunqueira de Espadanedo.

Economía

É famosa a cerámica de Niñodaguia, un traballo tradicional e artesán. Esta cerámica resulta moi vistosa polo seu proceso de vidrado.[5][6]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Xunqueira de Espadanedo.
Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo

Mosteiro de Santa María.

Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadañedo 02

Mosteiro de Santa María.

Xunqueira de Espadañedo

Claustro.

Mans e Barro. Alfareiro en Niñodaguia

Oleiro en Niñodaguia.

Lugares de Xunqueira de Espadanedo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xunqueira de Espadanedo vexa: Lugares de Xunqueira de Espadanedo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 12 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xunqueira de Espadanedo". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Xunqueira de Espadanedo, centro ceramista do sur de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2011. Consultado o 13 de decembro de 2010.
  6. Artesanía na Ribeira Sacra[Ligazón morta]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Caseta, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

A Caseta é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2010 tiña 24 habitantes (12 homes e 12 mulleres).

Debe o seu topónimo á presenza dunha caseta de peóns camiñeiros. A aldea está atravesada pola estrada OU-536 (antiga N-120), no camiño entre Ourense e Ponferrada.

A Graña, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

A Graña é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 35 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 16 eran homes e 19 mulleres.

A Reboreda, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

A Reboreda é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 13 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 7 eran homes e 6 mulleres.

A Veiga, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

A Veiga é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 20 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 9 eran homes e 11 mulleres.

Carbuíz, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

Carbuíz é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 3 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 1 eran homes e 2 mulleres.

Comarca de Allariz - Maceda

A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Eleccións municipais en Xunqueira de Espadanedo

Corporacións democráticas en Xunqueira de Espadanedo desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Hermógenes González Blanco — UCD

1983 Alcalde: José Parente Ferreira — CG

1987 Alcalde: Pendente.

1991 Alcalde: Ricardo González Lage — PPdeG

1995 Alcalde: Ricardo González Lage — PPdeG

1999 Alcalde: Ricardo González Lage — PPdeG

2003 Alcalde: Ricardo González Lage — PPdeGModelo:Xunqueira de Espadanedo 2003

2007 Alcalde: Ricardo González Lage — PPdeG

2011 Alcalde: Ricardo González Lage — PPdeG. Substituído en novembro de 2011 por Carlos Gómez Blanco

2015 Alcalde: Carlos Gómez Blanco — PP.Candidaturas: Carlos Gómez Blanco (PP) e José Carlos Rivera Cid (PSdeG-PSOE).

Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

Espadanedo é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2010 tiña 14 habitantes (oito homes e seis mulleres).

Lugares de Xunqueira de Espadanedo

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Xunqueira de Espadanedo

Mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo

O mosteiro de Santa María de Xunqueira de Espadanedo é un mosteiro da orde do Císter situado en Xunqueira de Espadanedo.

Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo

Santa María de Niñodaguia é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 217 habitantes (103 homes e 114 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.

O Barrio, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

O Barrio é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 21 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 11 eran homes e 10 mulleres.

O Mato, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

O Mato é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 20 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 7 eran homes e 13 mulleres.

Os Pensos, Xunqueira de Espadanedo

San Pedro dos Pesos é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 67 habitantes (28 homes e 39 mulleres) 19 menos ca en 2000. Ten unha única entidade de poboación.

Limita coa homónima dos Pensos (Esgos).

Ramil, Xunqueira de Espadanedo

San Miguel de Ramil é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 113 habitantes (62 homes e 51 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 25 habitantes en relación ao ano 2000.

San Pedro, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

San Pedro é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 3 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 0 eran homes e 3 mulleres.

Vilariño, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

Vilariño é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 45 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 23 eran homes e 22 mulleres.

Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

Santa María de Xunqueira de Espadanedo (do latín "iuncariam", 'lugar onde abundan os xuncos') é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 605 habitantes (298 homes e 307 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 39 habitantes en relación ao ano 2000.

Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo, Xunqueira de Espadanedo

Xunqueira de Espadanedo é un lugar da parroquia de Xunqueira de Espadanedo no concello ourensán de Xunqueira de Espadanedo na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 386 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 192 eran homes e 194 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.