Xunqueira de Ambía

Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.438 habitantes (1.863 no 2006, 1.901 no 2005, 1.934 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xunqueirao.

Coordenadas: 42°12′17″N 07°44′07″O / 42.20472, -7.73528

Xunqueira de Ambía
Escudo de Xunqueira de Ambía
Casa do Concello.
Santa María de Xunqueira de Ambía .
Casa do Concello e Igrexa do Monteiro de Santa María
Situacion Xunqueira de Ambía
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Allariz - Maceda
Poboación1.418 hab. (2018)
Área60,2 km²
Densidade23,55 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias e 40 lugares
Capital do concelloXunqueira de Ambía
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Luis Gavilanes Losada (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 6

Outros: IX 3
Eleccións municipais en Xunqueira de Ambía
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes87,35%
Na rede
www.xunqueiradeambia.org

Demografía

Censo en 2017 Habitantes Homes Mulleres
Menores de 16 anos 97 (6.75 %) 44 53
Entre 16 e 64 anos 719 (50 %) 395 324
Maiores de 64 anos 622 (43.25 %) 282 340
Total 1.438 721 717
Evolución da poboación de Xunqueira de Ambía   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.208 4.369 4.981 3.031 1.934 1.789 1.697 1.649 1.620 1.546 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 60,2 km², abrangue seis parroquias. Limita ó norte con Baños de Molgas, ó sur con Sandiás, ó leste con Vilar de Barrio e Sarreaus, e ó oeste con Allariz e Paderne de Allariz. O municipio está atravesado polo río Arnoia. No Baniño hai augas termais que nacen a 18 °C, e no Porteiro están a poza de Santa Lucía e a poza do Malladoiro.

Historia

Hai restos megalíticos. Da cultura castrexa consérvanse os poboados de Cerdeira e A Medorra. Trala romanización de Galicia construíuse a Vía Nova (vía XVIII no itinerario de Antonino) entre Braga e Astorga que atravesaba a zona. Dela consérvase un miliario, trasladado a carón da casa consistorial.

Segundo a tradición, no século IV apareceuse a Virxe María nunha xunqueira (de onde procedería o nome a poboación), e no lugar construíuse unha ermida. Entre os séculos VIII e X naceu o Mosteiro de Santa María, e en 1164, por orde do rei Fernando II de León, comezou a construírse a colexiata de Santa María a Real, de arquitectura románica, declarada Ben de Interese Cultural en 1931. Foi no século XII, co mosteiro estivo a cargo da Orde de Santo Agostiño, cando acadou o seu maior esplendor. O claustro actual é do século XVI.

A calzada romana deu pé a unha variante da Vía da Prata do Camiño de Santiago, que entra no concello pola aldea de Bobadela parroquia de Bobadela a Pinta) e percorre os lugares de Padroso, Cima de Vila (parroquia da Abeleda), Quintela, Xunqueira de Ambía (na rúa Asdrúbal Ferreiro hai un albergue de peregrinos de 24 prazas)[5], San Xillao (parroquia de Xunqueira de Ambía), A Pousa, Salgueiros e Os Casares (parroquia de Armariz). En 1541 o prior do mosteiro, Alonso de Piña, fundou un hospital de peregrinos.

Patrimonio

Amais da xa mencionada colexiata, en Salgueriros hai un peto de ánimas de comezos do s. XIX.[6]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Xunqueira de Ambía.
Mosterio de Santa María de Xunqueira de Ambía.
Mosterio de Santa María de Xunqueira de Ambía. 
Igrexa da Abeleda.
Igrexa da Abeleda. 
Xunqueira de Ambía
 
Pedra Alta de Antela.
Pedra Alta de Antela. 

Lugares de Xunqueira de Ambía

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xunqueira de Ambía vexa: Lugares de Xunqueira de Ambía.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de españa (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 12 de xuño de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xunqueira de Ambía". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Albergue de peregrinos de Xunqueira de Ambía en Turgalicia.
  6. Peto de Ánimas de Salgueiros en Turgalicia.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Barros Guede, José. Historia y arte de Xunqueira de Ambía, 2004, 144 p., ISBN 978-84-609-1514-0

Ligazóns externas

A Abeleda, Xunqueira de Ambía

San Vicente da Abeleda é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz-Maceda. A súa igrexa parroquial foi construída en 1950. Segundo o IGE en 2011 tiña 428 habitantes (213 homes e 215 mulleres).

A Graña, Xunqueira de Ambía

Santiago da Graña é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 196 habitantes (105 homes e 91 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 38 habitantes en relación ao ano 2000.

Allariz (Santo Estevo), Allariz

Santo Estevo de Allariz é unha parroquia situada no leste do concello de Allariz. Limita coas parroquias alaricanas de Requeixo de Valverde, Meire, Allariz (Santiago) e Torneiros, e cos concellos de Xunqueira de Ambía e Sandiás.

Armariz, Xunqueira de Ambía

San Salvador de Armariz é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 348 habitantes (180 homes e 168 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 46 habitantes en relación ao ano 2000.

Bieito Ledo

Bieito Ledo Cabido, nado no lugar de Padroso (Xunqueira de Ambía) o 23 de febreiro de 1944, é un escritor e editor galego. Na actualidade é director de Ir Indo Edicións.

Bobadela a Pinta, Xunqueira de Ambía

Santa Mariña de Bobadela a Pinta é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 130 habitantes (59 homes e 71 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 22 habitantes en relación ao ano 2000.

Comarca de Allariz - Maceda

A comarca de Allariz - Maceda é unha comarca galega situada na provincia de Ourense linda ao leste coa comarca de Ourense, ao oeste coa comarca da Terra de Caldelas, ao sur coa comarca da Limia e ao sueste coa comarca da Terra de Celanova. A súa capital é Allariz.

Pertencen á comarca de Allariz - Maceda os seguintes concellos: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

Eleccións municipais en Xunqueira de Ambía

Corporacións democráticas en Xunqueira de Ambía desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José Luis Gavilanes Losada — UCD

1983 Alcalde: José Luis Gavilanes Losada — CG

1987 Alcalde: José Luis Gavilanes Losada — AP-CCG

1991 Alcalde: José Luis Gavilanes Losada — CC-CDS

1995 Alcalde: José Luis Gavilanes Losada — PPdeG

1999 Alcalde: José Luis Gavilanes Losada — PPdeG

2003 Alcalde: José Luis Gavilanes Losada — PPdeGModelo:Xunqueira de Ambía 2003

2007 Alcalde: José Luis Gavilanes Losada — PPdeG

2011 Alcalde: José Luis Gavilanes Losada — PPdeG

2015 Alcalde: José Luis Gavilanes Losada — PPCandidaturas: José Luis Gavilanes Losada (PP), Eladi Cid Babarro (Iniciativa por Xunqueira), Juan Conde Rodríguez (BNG) e Jorge Salgado Otero (PSdeG-PSOE).

Elixio Rivas Quintas

Elixio Rivas Quintas, nado en Fondo de Vila (A Abeleda, Xunqueira de Ambía) o 31 de agosto de 1925, é un irmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo galego, cun labor salientábel especialmente nos campos da lexicoloxía, a onomástica e a toponimia. É tamén un recoñecido difusor dos valores do Camiño de Santiago.

Lagoa de Antela

A lagoa de Antela era unha lagoa, desecada nos anos 1950, que estaba situada na comarca da Limia, no centro da provincia de Ourense. Abranguía terreos situados nos concellos de Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.

Lugares de Xunqueira de Ambía

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Xunqueira de Ambía

Luís Milia

Luís Milia Méndez, nado en Xunqueira de Ambía o 21 de xuño de 1948, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Meire, Allariz

Meire é unha parroquia situada no leste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses dos Espiñeiros, Folgoso, Allariz (Santiago), Allariz (Santo Estevo) e Requeixo de Valverde e co concello de Xunqueira de Ambía.

Os Espiñeiros, Allariz

San Breixo dos Espiñeiros é unha parroquia do concello de Allariz. Segundo o IGE en 2015 tiña 105 habitantes (50 homes e 55 mulleres). Limita coas parroquias allaricenses de Folgoso, Meire e Augas Santas, amais de co concello de Xunqueira de Ambía.

Abrangue 5 lugares, sendo o núcleo máis poboado Vilar de Flores, que en 2015 tiña 49 habitantes. Os outros dous lugares son As Casas Novas (no límite co concello de Xunqueira de Ambía), Rubiás e Santo Estevo.

Padroso, A Abeleda, Xunqueira de Ambía

Padroso é un lugar da parroquia da Abeleda, no concello ourensán de Xunqueira de Ambía, na Comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE, en 2013 tiña 15 habitantes (7 homes e 8 mulleres).

Requeixo de Valverde, Allariz

Requeixo de Valverde é unha parroquia situada no leste do concello de Allariz. Limita coas parroquias allaricenses de Meire e Allariz (Santo Estevo), e co concello de Xunqueira de Ambía.

Sobradelo, Xunqueira de Ambía

San Román de Sobradelo é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 153 habitantes (76 homes e 77 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 47 habitantes en relación ao ano 2000.

Xosé Cid Cabido

Xosé Cid Cabido, nado en Xunqueira de Ambía o 29 de decembro de 1959, é un escritor galego.

Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Ambía

Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (do latín "iuncariam", 'lugar onde abondan os xucos') é unha parroquia do concello ourensán de Xunqueira de Ambía na comarca de Allariz - Maceda. No ano 2007 tiña 552 habitantes (269 homes e 283 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.