Xulio Sigüenza

Xulio Sigüenza Raimúndez, nado na Coruña o 5 de xaneiro de 1898 e finado en Vigo o 15 de abril de 1965, foi un xornalista e escritor galego.

Xulio Sigüenza
Julio Sigüenza 1923
Nacemento5 de xaneiro de 1898
 A Coruña
Falecemento15 de abril de 1965
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta, xornalista e ensaísta
XénerosPoesía, narrativa e ensaio

Traxectoria

Emigrou mozo primeiro a Cuba e despois a Arxentina e Uruguai. Chegou á Habana en 1912, onde viviu trece anos. Alí comenzou a escribir poesía e artigos xornalísticos relacionados con Galicia. En 1923 publicou o seu primeiro libro De los agros Celtas, prologado por Jacinto Benavente. Relacionouse con artistas e escritores galegos no café La Puerta del Sol, nun faladoiro coñecido como a Cova Céltiga; alí naceron as revistas Galicia, Labor Gallega e El Eco de Galicia. Ao mesmo tempo traballou como xornalista no Diario de la Marina, Diario Español e El Crisol. De Cuba viaxou a Estados Unidos de América en varias ocasións e dende alí enviou en 1921 á revista Galicia o artigo "Os mandamentos do bo galego", reflexo do seu pensamento nacionalista.

Volveu á Coruña e despois dun ano marchou a Arxentina, onde traballou en diferentes diarios como La Razón, Almanaque Gallego, El Despertar Gallego, El Heraldo Gallego e foi director da revista Céltiga. Permaneceu en Buenos Aires uns dez meses e ao non estar de acordo co ambiente literario bonaerense, marchou a Montevideo. En Uruguai viviu sete anos e dirixiu a revista Galicia, órgano de prensa do Centro Gallego de Montevideo do que foi secretario, e a revista Cartel xunto a Alfredo Mario Ferreiro. Foi fundador e primeiro secretario da Asociación Protectora de la Cultura Gallega e publicou libros de poesía en castelán. Nos anos americanos, o seu labor en defensa da cultura galega foi intenso, desde publicacións, centros culturais o como conferenciante nas universidades de La Plata e Montevideo.

En 1928 presentou o seu primeiro libro en galego, Cantigas e verbas ao ar, na liña da poesía imaxinista de Luís Amado Carballo,[1] escrito en Montevideo e publicado na Coruña (fixo unha segunda edición, titulada Verbas ao ar con algunhas modificacións e engadidos, editada en Vigo en 1957). Casou en 1933 con María Angelina Fontela e fixou a súa residencia en Vigo, onde naceron os seus dous fillos, Xulio e María Isabel. Continuou a súa tarefa de conferenciante e xornalista, dirixindo diarios como La Tarde de Vigo e traballando como xefe de redacción de El Pueblo Gallego.

Durante a guerra civil foi detido polas súas ideas republicanas e, para poder escapar á máis que segura represión escribiu Poemas del imperio, un libro de adulación ao xeneral Franco. Colaborou nas revistas Cristal (Pontevedra) e Alba (Vigo) e no Faro de Vigo. Foi director e fundador das revistas Numen de estudos poéticos e Cartel de arte e actualidades. Ingresou na Real Academia Galega o 28 de xaneiro de 1956.[2] Morreu en Vigo en abril de 1965, despois dunha curta enfermidade.

Obras

Julio Sigüenza por M. Mendez Magariños
Caricatura de Julio Singüenza por Melchor Mendez Magariños no libro de poemas "Cuaderno del ojo sin sueño" de Singüenza, circa 1930.

Poesía

  • De los agros celtas, 1923.
  • Del amor y de la muerte, 1924.
  • La ruta aventurera, 1927.
  • Cantigas e verbas ao ar, 1928, A Coruña.
  • Cuaderno del ojo sin sueño, 1930.
  • Las canciones extraviadas, 1937.
  • Poemas del imperio, 1939.

Narrativa

  • El lobo, 1924.

Ensaio

  • Galicia cara y cruz, 1930.

En 2000 o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades publicou Obra Galega en edición de Josefa Beloso Gómez.

Notas

  1. Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Xerais. p. 57. ISBN 84-7507-139-2.
  2. Ficha na páxina web da Real Academia Galega

Véxase tamén

Bibliografía

  • "Xulio Sigüenza, nacionalista e poeta en Cuba: Trece poemas galegos" de Xosé María Dobarro en Cinguidos por unha arela común.

Ligazóns externas

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

El Pueblo Gallego

El Pueblo Gallego, subtitulado Diario de la mañana e posteriormente Al servicio de los intereses de Galicia, foi un xornal que se editou en Vigo entre 1924 e 1979.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Yunque

Yunque foi unha revista editada en Lugo entre 1931 e 1932.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.