Xulio López Valcárcel

Xulio Xabier López Valcárcel, nado en Lugo en 1953, é un escritor galego. Irmán de Xesús Manuel Valcárcel, tamén escritor.

Xulio López Valcárcel
Xulio L. Valcárcel (AELG)-3
Nacemento1953
 Lugo Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
XénerosNarrativa, crítica literaria, ensaio, poesía

Traxectoria

Reside na Coruña. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago e traballa como procurador dos tribunais. Coñecido sobre todo como poeta, participou nos colectivos Cravo Fondo e De amor e desamor. Foi parte do consello de redacción de Luzes de Galiza e presidente da Agrupación Cultural O Facho.

Xuliovalcarcel
Xaime Toxo, Xulio López Valcárcel, Pedro Corsino e Afonso Ribas Fraga na presentación de ''A invención dun Deus. Xesús de Nazaret''. Ateneo de Pontevedra, 15/11/2017

Obtivo o Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, Premio Guimarães, en Portugal, gañador do Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago en 1979, Premio "Antonio Tovar" en Ourense, 1993, e Premio da Crítica Española en 1994 e 2004. Así mesmo é autor de diversos traballos sobre arte e literatura e algúns libros de relatos. É ademais colaborador de prensa participando na Páxina literaria de El Ideal Gallego, que obtivo o Premio "Irmandade do libro" outorgado pola Federación de Librarías de Galicia no 2002. Tamén participa na radio co programa Entre libros con X.L.V. de Radio Coruña, Cadena SER.[1]

Obras

Poesía

  • Véspera do día (1979, Follas Novas).
  • Alba de auga sonámbula (1983, Celta).
  • Solaina da ausencia (1986, Algalia Edicións, 2ª edición en 1987, Vía Láctea).
  • O sol entre os dedos (1993, Edicións do Castro).
  • Memoria de Agosto (1993, Deputación da Coruña).
  • En voz baixa (1996, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
  • El volumen de la ausencia (1997, Olifante, Zaragoza, edición bilingüe galego-castelán. Traducido ao francés como Le volume de l'absence en 2006, por Marie-Line Heslon e Suso Pensado, edición bilingüe publicada en Espiral Maior).
  • Casa última (2003, Espiral Maior. Traducida ao italiano no 2004 por Emilio Coco).
  • Se envellecemos xuntos (2007, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
  • A melancolía dos corpos (2008, Sociedade de Cultura Valle-Inclán).
  • Memoria dos días, formas da levidade. Poesía reunida 1979-2017 (2017, Medulia).

Narrativa

  • Anel de mel (1991, Vía Láctea).
  • Campo de Marte (1999, Espiral Maior. Traducida ao castelán no 2002 por Suso Pensado, publicada por Sociedade de Cultura Valle-Inclán).

Ensaio

Literatura infanto-xuvenil

  • O pitiño revolucionario (2012, Galebook).

Traducións

  • Serodio amor, de Emilio Coco (2006, Espiral Maior). Con Suso Pensado.
  • Lúa de xemas frías. Escolma de poesía mapuche (2008, Espiral Maior).

Edicións

  • Poesía galega: antoloxía, de Miguel González Garcés (1998, Espiral Maior).
  • Porta de aire: escolma poética de Miguel González Garcés (2005, A Nosa Terra).

Obras colectivas

  • Cravo fondo (1977, Follas Novas).
  • II Festival da Poesía do Condado (1982, S. C. D. Condado).
  • IV Festival da Poesía no Condado (1984, S. C. D. Condado).
  • De amor e desamor. I. II (1984, 1985, Edicións do Castro).
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • V Festival da Poesia no Condado (1985, S. C. D. Condado).
  • Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
  • Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
  • VII Festival da Poesia no Condado (1987, S. C. D. Condado).
  • VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1988, S. C. D. Condado).
  • Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento (1988, Edicións do Castro).
  • IX Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética (1989, S. C. D. Condado).
  • Escolma da Poesía galega de hoy (1991, Visor, Madrid).
  • Homenaxe a Miguel González Garcés (1991, Deputación da Coruña).
  • Los caminos de la voz, seis poetas gallegos de hoy (1995, Universidade de Granada). Edición bilingüe galego-castelán a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995, Edicións do Castro).
  • Construír a paz (1996, Xerais).
  • Poesía Gallega Contemporánea (1996, Revista Litoral, Málaga).
  • Novo do trinque (1997, BNG).
  • Alguén agarda que volva alí (1998).
  • Galician generation of the eighties: three poets (1999, Universidade da Coruña).
  • A poesía é o gran milagre do mundo (2001, PEN Clube de Galicia).
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Alma de beiramar (2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, por Arturo Casas (2003, Tris Tram).
  • Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
  • Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo (2003).
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003, Fundación Araguaney).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003, Espiral Maior).
  • Uxío Novoneyra, A emoción da Terra (2004, AELG).
  • Xente no Camiño: mostra de pintura e debuxo sobre a imaxe dos galegos da Baixa Idade Media (2005, Deputación da Coruña). Con Alfredo Erias e Carlos Pereira.
  • O desafío das ondas (2006, Autoridade Portuaria da Coruña).
  • Do máis fondo do silencio saen voces (2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña).
  • Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo (2006, Difusora).
  • A Coruña á luz das letras (2008, Trifolium).
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008, Universidade da Coruña).
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008, Espiral Maior).
  • De amor e desamor (2009, Deputación da Coruña).
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010, Toxosoutos).
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011, Laiovento).
  • Tamén navegar (2011, Toxosoutos).
  • Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro (2011, AELG), libro electrónico.
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012, Toxosoutos).
  • Dez anos de poesía nas Pontes (2013, Galebook).
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega).
  • Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González (2016, Fervenza).
  • Os aforismos do riso futurista (2016, Xerais).

Premios

Notas

  1. Ficha do autor na AELG

Véxase tamén

Bibliografía

  • Diccionario da literatura galega. Vigo: Galaxia, 1995.
  • A tépeda luz dos días (aproximación á obra poética de Xulio L. Valcárcel), de Marina Vázquez Carreira. Sociedade de Cultura Valle-Inclán, 1997.

Ligazóns externas

8 de decembro

O 8 de decembro é o 342º día do ano do calendario gregoriano e o 343º nos anos bisestos. Quedan 23 días para finalizar o ano.

Anxo Boán

Anxo Boán Rodríguez, nado en Sandiás (Vilaúxe, Chantada) o 7 de abril de 1961, é un e escritor e avogado galego.

Boletín Galego de Literatura

O Boletín Galego de Literatura (BGL) é unha revista literaria semestral que edita a Universidade de Santiago de Compostela e está dirixida por Anxo Tarrío Varela, profesor da facultade de Filoloxía da USC. A data de creación é 1989 e o primeiro número corresponde aos meses de xaneiro-maio. Esta publicación está redactada exclusivamente en lingua galega, exceptuando algunhas colaboracións escritas en español, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán. Nela aparecen artigos sobre crítica e historiografía de calquera literatura do mundo, ademais de traballos de investigación en Teoría da Literatura, Crítica Literaria, Poética, Retórica, Hermenéutica, Semiótica etc.

Cantares gallegos

Cantares gallegos é un libro de poesía de Rosalía de Castro publicado no ano 1863 en Vigo, na imprenta de Juan Compañel.

Resulta o único libro do que Rosalía viu unha segunda edición en vida. Está adicado á escritora Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), "...por haberse apartado algún tanto, en las cortas páginas en que se ocupó de Galicia, de las vulgares preocupaciones con que se pretende manchar mi país".

Foi o marido de Rosalía, Manuel Murguía quen xestionou, sen o permiso da súa muller, a saída do prelo dun poemario que fixa o comezo dunha nova xeira para a poesía galega. Ía ser prologado por Nicomedes Pastor Díaz, mais finou antes de que fose editado.

No limiar, Rosalía confesa a súa idea de desenvolve-las cantigas populares galegas emulando o Libro de los cantares de Antonio de Trueba, pois o seu quefacer poético está constituído por glosas de cantares ou ditos populares. Así pois, tódolos poemas, agás dous, son glosas de cantares, procedemento este que tamén aparecerá, inda que con pouca relevancia, en Follas novas. Algunhas glosas están escritas en metros populares ("Miña casiña"; "Vivir para ver"; "¡Padrón...!, ¡Padrón!"...) e outras non ("Cada cousa no seu tempo"; "Eu por vos"...).

Tódolos críticos consideran que Cantares gallegos supera os riscos da paráfrase, mantendo o encanto da copla glosada sen se converter nun texto inexpresivo.

Cravo Fondo

Cravo Fondo foi un colectivo poético xurdido en Santiago de Compostela en 1977.

Diario Cultural

Diario Cultural é un programa informativo diario que se emite en bloques de mañá, sobremesa e tarde, especializado na cultura que a Radio Galega comezou a emitir en outubro de 1990. Programa decano na información cultural en Galicia, é un dos máis veteranos da radiodifusión galega e da Península Ibérica. O programa, ideado e dirixido desde os seus inicios por Ana Romaní, está conducido por ela e mais Xiana Arias, Belén Regueira e Paula Ribeiro desde setembro de 2018.

Editorial Eneida

Eneida é unha editorial española en lingua castelá, con sede en Madrid.

Feira do viño de Chantada

A Feira do viño de Chantada é unha feira vinícola que se celebra en Chantada, a data de celebración variaba entre os meses de febreiro e abril, pero nos últimos anos estabilizouse no segundo fin de semana de marzo

. É a primeira que abre este tipo de eventos e unha das que atrae mas público de todas as que celebran na denominación de orixe Ribeira Sacra.

Nas carpas laterais tamén se pode degustar o viño, con racións de polbo, churrasco e carne ao caldeiro.

Fiz Vergara Vilariño

Fiz Vergara Vilariño, nado na parroquia de Santalla do concello lugués de Samos o 15 de abril de 1953 e finado na mesma parroquia o 18 de xullo de 1997, foi un poeta galego.

Grupo Poético Alalá

O Grupo Poético Alalá é unha agrupación literaria das Pontes de García Rodríguez. Foi fundado en 2003 e ten unha actividade continuada de creación, difusión e promoción da poesía.

Historia da lingua galega

A historia da lingua galega (ou historia social ou historia externa) pódese resumir como sete séculos de normalidade, desde as súas orixes cando se separa do latín galaico, aló polo século IX, até a introdución do castelán no século XV, e cinco séculos de conflitos, do século XVI até os nosos días.

Luzes de Galiza

Luzes de Galiza é unha revista cultural galega publicada entre 1985 e 1997 e retomada no ano 2013. Nun principio tiña unha saída trimestral, mais a partir de 1997 converteuse en anual, aínda que cunha periodicidade moi irregular.

Premio Miguel González Garcés

O Premio de poesía Miguel González Garcés foi instituído en 1991 pola Deputación da Coruña como homenaxe á figura do poeta coruñés Miguel González Garcés. Desde a edición de 2000 a convocatoria é bianual.

Premio da Crítica de poesía galega

O Premio da Crítica de poesía galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora o que se considera o mellor poemario escrito en galego, publicado no ano anterior.

Suso Pensado

Jesús Pensado Figueiras, coñecido como Suso Pensado, nado en Pastoriza (Arteixo) en 1971, é un escritor e investigador galego.

Xeración dos 80

A Xeración dos 80 é unha xeración de poetas galegos que xorde coa democracia. Denomínase "dos oitenta" xa que se inclúen nela os autores que publicaron os seus poemarios en torno a estes anos. A crítica destaca, entre outros, a Román Raña, Xavier Rodríguez Baixeras, Darío Xohán Cabana, Xosé María Álvarez Cáccamo, Claudio Rodríguez Fer, Miguel Anxo Fernán-Vello, Ramiro Fonte, Xavier Rodríguez Barrio, Manuel Forcadela, Luís González Tosar, Pilar Pallarés, Manuel Rivas e Xulio López Valcárcel.

Esta xeración rompeu co realismo social e potenciou a renovación da lingua galega, o rigor na construción formal e unha nova amplitude da dimensión universalista da poesía galega (culturalismo, intertextualidade...).

Xesús Manuel Valcárcel

Xesús Manuel Valcárcel López, nado Xesús Manuel López Valcárcel, en Lugo en 1955, é un profesor e escritor galego, irmán de Xulio López Valcárcel tamén escritor.

Ánxel Fole

Ánxel Fole, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes. En 1997 foille adicado o Día das Letras Galegas.

Usou os pseudónimos Bakurin, F. de N., Fole de Navia, Eginardo de Tor, Fuco de Caldas, Lexandre de Arcos, Lucencio, Troitiño, Xelos de Orbán e Neumandro (o máis utilizado).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.