Xulio Carballo Arceo

Luís Xulio Carballo Arceo, nado en Silleda en 1955, é un arqueólogo galego.

Xulio Carballo Arceo
Nacemento1955
 Silleda
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónarqueólogo

Traxectoria

Doutor da Universidade de Santiago de Compostela, onde foi profesor. Dirixiu escavacións arqueolóxicas no Castro de Forca, castros de Trasdeza e Lugo e participou en prospeccións e escavacións en Galicia, País Vasco, Portugal e Francia. Arqueólogo do Servizo de Patrimonio da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. de Pontevedra.

Obras

  • Povoamento castrexo e romano da Terra de Trasdeza, 1986.
  • Os castros galegos, 2000.
  • A cultura castrexa na comarca de Deza, 2002.
  • Guía de los castros de Galicia, 2005.
  • Arqueoloxía de Galicia: itinerarios polo pasado, 2006.

Véxase tamén

Bibliografía

Arquitectura prehistórica de Galicia

A arquitectura prehistórica de Galicia abrangue aquelas formas de construción empregadas polos habitantes de Galicia dende hai 2 millóns de anos (Prehistoria) ata a chegada dos romanos e a conseguinte romanización de Galicia.

Castro (poboado)

Un castro (do latín: castrum) é un tipo de poboado fortificado que se espallou principalmente por Europa entre a Idade de Bronce e a de Ferro, que subsistiu ata a Idade Media. Concretamente na Península Ibérica destaca este tipo de asentamento no noroeste, onde pola súa concentración é un elemento definitorio da cultura prerromana coñecéndose co nome de Cultura castrexa, aínda que os castros seguiron a ser habitados ata ben entrada a Idade Media. Existen, porén, castros (hillforts) en toda a Europa atlántica, dende Finlandia ao Norte de Portugal pasando polas Illas Británicas.

Citania e cividade son sinónimos de castro, aínda que en Portugal designan especialmente castros de maiores dimensións e cun grao de desenvolvemento urbanístico maior, en gran parte polo influxo da romanización.

Non se sabe con exactitude o número de castros que houbo en Galiza pero pode estimarse nun mínimo de 3.000, aínda que non todos estaban ocupados á vez e quizais houbo arredor de 1.500 na época de maior vitalidade, pero tan só hai uns 50 castros escavados arqueoloxicamente.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.