Xulgado

Un xulgado é un órgano público que ten como misión administrar xustiza. Dentro da Administración de xustiza os xulgados caracterizasen por ser órganos unipersoais, é dicir, neles hai un só xuíz, a diferenza dos tribunais, onde as sentenzas as ditan varios xuíces de xeito colexiado.

Ao fronte dun xulgado existe un xuíz que exerce xurisdición nun determinado territorio. Para servir de soporte a actividade xurisdicional cada xulgado conta cunha oficina xudicial na que prestan servizos un secretario xudicial e funcionarios da Administración de xustiza.

Clases de xulgados

Con competencias na orde xurisdicional civil: xulgados de primeira instancia e xulgados do mercantil.

Con competencias na orde xurisdicional penal: xulgados de instrución, xulgados do penal e xulgados de vixilancia penitenciaria.

Con competencias compartidas nas ordes xurisdicional civil e penal: xulgados de primeira instancia e instrución, xulgados de menores e xulgados de violencia contra a muller.

Con competencias na orde xurisdicional contencioso-administrativa: xulgados do contencioso-administrativo.

Con competencias na orde xurisdicional social: xulgados do social.

Xulgados de Vigo
Edificio vello dos xulgados de Vigo.

Demarcación territorial dos xulgados

A circunscrición territorial dos xulgados adoita coincidir ben coa provincia, ben cun partido xudicial, pero hai xulgados que teñen xurisdición sobre varios partidos xudiciais, e tamén os hai que teñen xurisdición sobre varias provinciais.

Os xulgados de primeira instancia, os de instrución, os de primeira instancia e instrución e os de violencia contra a muller teñen xurisdición nun partido xudicial.

Os xulgados de menores e do mercantil teñen xurisdición provincial. Os xulgados do penal, do contencioso-administrativo e do social adoitan ter xurisdición provincial, pero cando hai xulgados de esta clase constituídos en cidades que non son capital de provincia entón a circunscrición comprende un ou varios partidos xudiciais.

Os xulgados de vixilancia penitencia teñen unha demarcación moi flexible, incluso autonómica, adaptada a distribución territorial dos centros penitenciarios

Véxase tamén

Outros artigos

2001

2001 (MM)foi o primeiro ano do século XXI e do terceiro milenio, aínda que durante as dúas décadas precedentes foi motivo de discusión popular se sería este ano ou o 2000. Os atentados do 11 de setembro de 2001 constituíron o acontecemento máis relevante do ano e marcaron a política da década: con eles iniciouse a "guerra contra o terrorismo", que incluíu a invasión de Afganistán e a segunda guerra do Golfo, e un aumento espectacular nas medidas de seguranza na navegación aérea.

Amador Domínguez Pan

Amador Domínguez Pan, coñecido como Jaime Pimentel, nado en Pravio (Cambre) en 1916 e finado na Coruña o 25 de xaneiro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Baltasar Garzón

Baltasar Garzón Real, nado en Torres (Xaén) o 26 de outubro de 1955, é un xuíz español. Foi xuíz dende 1981 e maxistrado do Xulgado Central de Instrución n.º 5 da Audiencia Nacional dende 1988 até 2012 (agás dende maio de 1993 até maio de 1994), tivo ó seu cargo a investigación dalgúns dos delitos de maior relevancia que se produciron en España durante aquela época: crimes contra a humanidade, terrorismo, terrorismo de Estado, narcotráfico, corrupción política e delincuencia económica.

Presentouse como candidato independente a deputado nas listas do PSOE en 1993 e, ó constituírse o executivo, foi nomeado delegado do Goberno no Plan Nacional sobre Drogas, con rango de secretario de Estado. En maio de 1994 abandonou ámbolos dous cargos.O 22 de febreiro de 2012 foi expulsado da carreira xudicial logo de ser condenado polo Tribunal Supremo a once anos de inhabilitación por un delito de prevaricación cometido durante a instrución do caso Gürtel. Dende entón, exerceu, entre outros cargos, o de asesor do Tribunal Penal Internacional da Haia ou o de director da defensa xurídica do fundador de Wikileaks, Julian Assange. O 29 de novembro de 2012 recibiu de mans da presidenta da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, o seu documento de identidade de residente estranxeiro na Arxentina. Alí foi coordinador de asesoramento internacional na secretaría de Dereitos Humanos do Ministerio de Xustiza, até que renunciou ó posto en xaneiro de 2016, logo do fin do mandato de Kirchner. En Colombia, asesorou á Fiscalía Xeral. En Ecuador foi designado coordinador da Veeduría Internacional á Reforma da Xustiza, cuxo informe final foi presentado o 13 de decembro de 2012.

Comarca de Ortegal

A comarca de Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Desobediencia civil

A desobediencia civil é a negativa a obedecer unha lei, un regulamento, unha organización ou un poder xulgado inicuo polos que o impugnan.

Jorge Rafael Videla

Jorge Rafael Videla, nado en Mercedes (Provincia de Buenos Aires) o 2 de agosto de 1925 e finado en Marcos Paz o 17 de maio de 2013, foi un militar arxentino que ocupou de facto a presidencia do seu país entre o 1976 e o 1981. Chegou ao poder nun golpe de estado que derribou á presidenta María Estela Martínez de Perón, exercendo unha cruel ditadura. O seu mandato estivo marcado por violacións dos dereitos humanos e por un conflito fronteirizo con Chile, que estivo a punto de virar en conflito armado. Despois da restauración da democracia, foi xulgado e condenado a prisión perpetua e perda do rango militar por varios crimes cometidos durante o seu goberno.

José Luís Quintas Figueroa

José Luís Quintas Figueroa, coñecido como Quintas, Alfonso e Clemente Cabaleiro Covelo, nado en Teis (Vigo) o 17 de abril de 1911 e finado na mesma cidade o 17 de agosto de 1976, foi un sindicalista, guerrilleiro e político galego.

Lalín

Lalín é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. O municipio ten unha poboación de 20 103 habitantes (2018) e divídese entre o núcleo urbano, onde viven máis de 10 000 persoas, e as 52 parroquias do rural. Lalín é a capital e a vila principal da súa comarca e o noveno concello máis poboado da provincia, despois da Estrada. O concello posúe unha densidade de poboación de 63,85 hab./km², e unha superficie de 326,8 km², o que o converte no concello máis grande de Pontevedra e o cuarto de Galicia.

O concello de Lalín atópase no nordeste da provincia de Pontevedra; fai fronteira co concellos de Silleda e Vila de Cruces polo noroeste, con Forcarei polo oeste, con Agolada e Rodeiro polo nordeste, con Dozón polo suroeste e co Irixo polo sur, todos eles pertencentes á comarca pontevedresa do Deza agás O Irixo que pertence á provincia de Ourense.

Lei

Lei, no sentido xurídico, é unha regra da conduta humana que é imposta e administrada ós cidadáns polo Estado. En sentido estrito, é unha norma escrita que obriga a todos indistintamente, e a súa aplicación é tarefa do Estado, que a realiza mediante os seus diversos representantes, a comezar polo goberno, cos seus varios axentes. Nun Estado democrático de dereito, as leis son a base do Dereito.

Luís XVI de Francia

Luís XVI de Borbón, nacido en 1754 en Versalles e executado o 21 de xaneiro de 1793 en París, foi rei de Francia (1774-1789), e despois rei dos Franceses (1789-1792). Era fillo do delfín Luís e de María Xosefa da Saxonia e esposo de María Antonieta de Austria (con quen casou aos 16 anos).

Cando subiu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa, altura en que Luís XVI foi deposto. Aconsellado por Maurepas, escolleu para ministros homes de talento: Saint-Germain, Turgot, Malesherbes. Reconvocou o Parlamento, mais este volveu a facerlle oposición. O rei tivo que abandonar os seus ministros reformistas (1776), substituíndoos por Necker, tamén destituído despois de ter publicado a Prestación de contas ao rei sobre o estado das finanzas (1781).

Non é capaz de evitar a Revolución, apoiando as reformas económicas e sociais propostas por Turgot e Necker, nin tornarse líder popular, por non comprender as aspiracións do pobo.

A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; Calonne, seguido de Loménie de Brienne, tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na Asemblea dos Notables (1787) e nada conseguiu. Luís XVI tivo que chamar de volta a Necker (1788) e prometer a convocación dos Estados Xerais, que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en Versalles en 1789, son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a Idade Media: o nobre que loita (1º estado), o clero que reza (2º estado) e o campesiñado que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o início da Revolución.

Os deputados do Terceiro Estado constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de Versalles para París (outubro de 1789) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en Varennes (20 de xuño de 1791), cando foi feita prisioneira da Comuna insurrecional (10 de agosto). A monarquía foi abolida o 21 de setembro de 1792. Luís XVI, desmoralizado pola súa errada tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traizón, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo guillotinado o 21 de xaneiro de 1793. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.

Pénsase que as chamas da Revolución en parte, foron influenciadas polas mentiras que rodearom o famoso escándalo do colar, polo feito do rei dar voz á súa esposa, imprudentemente, sobre asuntos políticos e aínda o odio que moitos membros da nobreza e clero tiñan contra María Antonieta, da liñaxe dos Habsburgo, eternos rivais dos Borbóns e pola súa frivolidade e gusto polo luxo.

Maxistrado

Maxistrado (do latín magistratus) é un termo que procede dos tempos da antiga Roma e evolucionou nos países de fala hispana para referirse a cargos administrativos e, especialmente, xudiciais.

En España denomínanse maxistrados aos xuíces que integran os tribunais (Tribunal Supremo, tribunais superiores de xustiza e audiencias provinciais). Non obstante, como o termo pasou a designar unha categoría da carreira xudicial, actualmente denomínase maxistrado a calquera membro da carreira xudicial que ascendese á segunda categoría, con independencia de que sirva nun tribunal ou un xulgado.

Mesía

Mesía é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes. Segundo o IGE en 2016 tiña 2.700 habitantes (1.342 homes e 1.358 mulleres) (2.918 no 2010, 3.102 no 2006, 3.174 no 2005, 3.216 no 2004, 3.240 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mesiense».

San Sadurniño

San Sadurniño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Ferrol. Segundo o IGE no 2014 tiña 3.019 habitantes (3.098 no 2010, 3.182 no 2006, 3.179 no 2005, 3.229 no 2004, 3.272 en 2003).

Sandiás, Sandiás

Santo Estevo de Sandiás é unha parroquia do concello ourensán de Sandiás, situado na comarca da Limia. En 2011, segundo o IGE, tiña 488 habitantes (215 homes e 273 mulleres).

Nesta parroquia sitúase a capitalidade municipal onde se concentran os servizos administrativos (Concello, Xulgado de Paz), dotacionais (biblioteca municipal, colexio, Punto de Atención Infantil) e asistenciais (Centro de Saúde, farmacia). Conta tamén cun albergue de peregrinos dotado de 24 prazas.

Tribunal

Un tribunal é un órgano da Administración de Xustiza, que en sentido propio se identifica cos órganos xurisdicionais pluripersoais, é dicir, os formados por varios xuíces, actuando de xeito colexiado.

Tunisia

Tunisia (en árabe : al-Jamhuriya at-Tunisia, الجمهورية التونسية), é un país árabe de África do norte, limitado polo Mediterráneo. É un país do Magreb, coma Marrocos, Mauritania, Alxeria e Libia. Situada no norte do país, a súa capital é Tunes.

Coa independencia o 20 de marzo do 1956, unha asemblea constituínte foi elixida, que aboliu a monarquía bey da dinastía huseinita no poder desde 1705 e proclamou a república o 25 de xullo do 1957 con Habib Bourguiba coma presidente.

Tunisia é un destino popular dos turistas europeos que visitan Hamamato, Monastir, Souse e o Porto El-Kantaoui, o deserto do Sahara no sur, e os sitios arqueolóxicos coma Cartago ou Dougga.

Xosé Ramón Vázquez Sandes

Xosé Ramón Vázquez Sandes, nado en Santa María de Neda o 1 de setembro de 1929 e finado o 7 de outubro de 2016, foi un xuíz galego e Valedor do Pobo entre 2002 e 2007.

Xuíz

Un xuíz é unha persoa investida de autoridade para xulgar. A autoridade élle outorgada polo Estado, en exercicio dun dos tres poderes en que se divide ( Poder lexislativo, Poder executivo, e Poder xudicial ).

O xuíz, polo tanto, é a autoridade encargada de impartir xustiza. En España, a figura do xuíz ven regulada na Lei Orgánica do Poder Xudicial, que define o seu estatuto e a carreira xudicial, a través de todos os seus estados e etapas, sen prexuízo das demais leis e regulamentos que a desenvolven.

A autoridade do xuíz é conferida polo Estado, a través de diversos procedementos, outorgada, segundo o país e fundamentalmente segundo a tradición xurídica que este comprenda.

O xuíz é o titular do xulgado a que está adscrito.

Aínda que gozan de independencia na súa actuación, as súas resolucións adoitan ser revisables polos tribunais superiores xerarquicamente, mediante os chamados recursos xudiciais, podendo ser estas confirmadas, modificadas ou revogadas.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.