Xudea

Xudea (en hebreo יהודה, Yehuda, Agradezo a Deus ou Recoñezo a Deus) é a parte montañosa do sur da histórica de Israel (hebreo ארץ ישראל, Eretz, Israel).

O nome Xudea é en grego (Ιουδαία) e latín (Iudaea) adaptado a partir do nome de Judah e designaba orixinalmente todo o territorio do reino xudeu, pero en tempos do Novo Testamento foi de ámbito limitado ao sur da rexión. Yehudah en Hebreo refírese a unha gran parte do sur de Israel e a Marxe Occidental, ou a combinación de Xudea e Samani para referirse especificamente á Cisxordania no sur de Xerusalén. O antropónimo de Xudea é xudeu.

A área foi o lugar da antiga Reino de Xudá, o Reino Hasmoneus, e máis tarde o Reino de Xudea, unha provincia do Imperio Romano.

Coordenadas: 31°41′56″N 35°18′23″L / 31.69889, -35.30639

Levant 830
Mapa do sueste do Levante mediterráneo, cara 830 a. C.      Reino de Xudá      Reino de Israel      Cidades-estados Filisteos      Estados Fenicios      Reino de Ammon      Reino de Edom      Reino de Aram-Damasco      Tribos Arameas      Tribos Arubu      Tribos Nabatu      Imperio Asirio      Reino de Moab

Localización e límites históricos

Os límites orixinais foron Bethsûr (preto de Hebrón), no sur do país, Beth-horon (hoxe Beit 'Ur al Fawka, en Cisxordania), no norte; Latrun ou Emaús, no oeste (a poucos quilómetros ao oeste de Xerusalén), o río Xordán no leste. O historiador clásico Flavius Josephus tivo unha definición máis ampla, que abrangue a metade inferior do que é hoxe Cisxordania no norte, ata Beer Sheva no sur, e delimitada ao leste e oeste polo Mar Mediterráneo e o Río Xordán, respectivamente.

Xeografía

Xudea é unha rexión árida e montañosa, considerada en gran parte coma deserto. Varía moito de altura, chegando a unha altitude de 1.020 metros no sur do Monte Hebrón, a 30 quilómetros ao suroeste de Xerusalén, e baixa aos 400 metros por baixo do nivel do mar ao leste da rexión. As principais áreas urbanas da rexión inclúen Xerusalén, Beitar Illit, Belén, Efrat, Gush Etzion, Xericó e Hebrón.

Os xeografos dividen Xudea en varias rexións: os outeiros de Hebrón, Xerusalén, os outeiros de Betel e o deserto de Xudea, ao leste de Xerusalén, que descende gradualmente para o Mar Morto. Os outeiros distínguense pola súa estrutura anticlinal. Na antigüidade, eran outeiros arborados e a Biblia rexistra que a agricultura e a cría da ovella era practicada na área. Segue habendo cría de gando aínda hoxe. A rexión secou ao longo dos séculos e boa parte das árbores desapareceron.

Breve historia

No terceiro milenio AEC (acrónimo de Antes da Era Común), comezaron a xurdir as primeiras cidades, seguramente en contacto coas grandes civilizacións que se desenvolveron nos vales do Nilo e Mesopotamia. O pobo xudeu,que se refuxiara no Exipto, volveu ao redor do 1550 AEC, escapando do territorio dos Faraóns . De primeiras, os xudeus instaláronse na rexión localizada ao oeste do Mar Morto e movéronse gradualmente cara ás marxes do Mediterráneo e ás terras do norte, a Galilea. Durante o século XII AEC, os chamados Pobos do Mar, incluídos os filisteos, ocuparon as planicies costeiras, desprazando os anteriores Hebreos. A loita constante entre os dosu pobos rematou en vitoria para os xudeus. No século X AEC, o Reino de Xudá aproveitou o debilitamento dos grandes imperios veciños para expandir o seu territorio. O reino, que alcanzou o seu apoxeo durante os reinados de David e Salomón, foi dividido máis tarde noutros dous: o Reino de Israel, ao norte, e o Reino de Xudá, ao sur. Israel foi transformado nun contribuínte de Asiria e despois de subir ao trono no 721 a.C, Sargón II conquistou o reino e deportou a maioría dos seus habitantes. No sur, o Reino de Xudea mantivo a súa precaria independencia ata o 587 a.C, cando Nabucodonosor o devastou e deportou a súa poboación para Macedonia. No 539 a.C, cando o emperador persa Ciro, o Grande tomou posesión da Babilonia, moitos xudeus puideron volver a Israel. Despois da conquista do Imperio Persa polo macedonio Alexandre o Grande, toda a rexión ficou baixo a influencia grega.

Cronoloxía

6

Este é o artigo sobre o ano. Para o número, véxase seis

6 foi o sexto ano da era actual.

Belén

Belén (en árabe, بيت لحم, Bayt aḥ m) é unha cidade palestina na rexión coñecida como Cisxordania, situada a un 9 km ao sur de Xerusalén e situada nos montes de Xudea. Desde decembro de 1995, atópase administrada pola Autoridade Palestina, que adoptou o nome de Estado de Palestina en 2013. A súa poboación era de 25 266 habitantes en 2007, sendo a metade musulmáns e a outra metade cristiáns, na súa maioría ortodoxos.A cidade ten gran significado relixioso para os cristiáns ao ser, de acordo coa Biblia, o lugar de nacemento de Xesús de Nazaret segundo os evanxeos de Lucas e Mateo. É tamén un importante lugar de peregrinación para os xudeus, que veneran a tumba de Raquel situada á entrada da cidade e para os que a cidade é lugar de nacemento e de coroación do rei David.

O goberno de Israel rodeou a cidade de murallas e pasos de control para evitar ataques terroristas, impedindo o libre tránsito dos habitantes e limitando os intercambios comerciais. Isto provocou unha gran diminución do turismo, unha das principais fontes de ingreso da cidade.

Cisxordania

Cisxordania (árabe: ضفة غربية ), así chamada por se atopar na marxe oeste do río Xordán) é o nome moderno para a parte central do antigo protectorado británico de Palestina que ficou baixo administración xordana tras o armisticio que puxo fin á guerra declarada a causa do establecemento do estado de Israel en 1948. Corresponde en termos xerais coas rexións bíblicas de Xudea e Samaria, aínda que o uso destes nomes na actualidade asóciase aos sectores isarelíes que aspiran á anexión dos territorios. Delimitada ao leste polo Xordán e mailo Mar Morto, e ao oeste pola chamada Liña Verde, que a separa do estado de Israel, Cisxordania, que tén entre 20 e 40 quilómetros de ancho, non pertence formalmente a ningún país na actualidade, e a ONU considéraa oficialmente "ocupada por Israel".

De acordo ao mandato de Nacións Unidas que dictaminou a partición de Palestina nun territorio xudeu e mais un árabe, Cisxordania estaba destinada a albergar este último; a cidade de Xerusalén e os poboados darredor quedarían baixo control internacional. Non obstante, durante a guerra Árabe-Israelí de 1948, o territorio ficou baixo control xordano, e en 1950 Xordania anunciou oficialmente o seu intención de anexalo, que non foi recoñecida internacionalmente. Xunto coa Faixa de Gaza, Cisxordania foi ocupada militarmente por Israel cando a Guerra dos seis días de 1967; o controvertido plan de colonización impulsado polo Likud levou á construción de numerosos asentamentos, comunicados entre si por estradas de circunvalación (de uso exclusivo para colonos). O status da parte oriental de Xerusalén é aínda máis confuso; Israel non a recoñece como parte dos territorios ocupados, aínda que en principio esta estaba comprendida nas áreas suxeitas á Resolución 242 do Consello de Seguridade que puxo fin ao conflito de 1967.

Desde 1993 impídese a unha gran parte da poboación palestina de Cisxordania o acceso diario a Xerusalén Leste, reivindicada como capital de Cisxordania.

Israel está rematando a construción dun muro que separará a Israel da Cisxordania. Este muro é moi controvertido, ao deixar partes da Cisxordania da banda israelí do muro, co cal significa unha anexión de facto. Ademais, este muro provoca o aillamento de milleiros de palestinos, incluso partindo pobos pola metade.

Tras os Acordos de Oslo a poboación palestina de Cisxordania tén acceso a un limitado autogoberno, encarnado na Autoridade Nacional Palestina. É en Cisxordania e na Faixa de Gaza onde se debería constituír o futuro estado palestino independente.

A principal cidade de Cisxordania é Xerusalén oriental, sendo o seu centro xeográfico, cultural, relixioso, turístico, e principal mercado. Otras cidades son, ao sur, Belén e Hebrón; ao leste Xericó; ao norte está Ramallah; e Nablús, cidade monumental e centro industrial.

En Cisxordania existen máis de 200 asentamentos israelís. Tamén existen 9 campos de refuxados palestinos, resultado da súa expulsión doutras zonas de Israel polo estado xudeu.

A poboación no ano 2001 era de 2,1 millóns de habitantes, dos cales, 235.000 viven en Xerusalén oriental; 140.000 na cidade de Hebrón; e 116.000 en Nablús. Nos 19 campos de refuxiados de Cisxordania viven unhas 150.000 persoas. Nos asentamentos israelís viven uns 400.000 habitantes, a metade aproximadamente en Xerusalén Leste.

Década de 70

A década de 70 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 70 e remata o 31 de decembro de 79.

Flavio Xosefo

Flavio Xosefo, nado en Xerusalén no ano 37 e finado en Roma no ano 100, foi un historiador xudeu. Os seus relatos son unha importante referencia histórica da Palestina do século I.

Pertencía a unha familia sacerdotal de Xudea, súa nai estaba vinculada aos Asmoneos. Durante o goberno de Nerón foi enviado a unha embaixada onde conseguiu a amnistía para varias autoridades xudías. Foi nomeado gobernador de Galilea polo Sanedrín. Loitou contra os exércitos romanos de Vespasiano. Feito prisioneiro, acadou o favor do emperador e fíxose cidadán romano sen renegar do xudaísmo. Tomou o nome de Flavio por ser este o da familia imperial que o protexeu.

Herodes

Herodes o Grande, nado en Ascalón o 74 antes de Cristo e finado en Xerusalén o 4 antes de Cristo, foi rei dos xudeus e unificou Galilea e Xudea e reconstruíu o Templo de Xerusalén.

Pobo xudeu

Os xudeus (en hebreo: יְהוּדִי, Yehuda ; e en yiddish: ייִד, YID ), tamén coñecidos como pobo xudeu son unha nación e un grupo etnorelixioso que descenden dos hebreos e antigos israelitas do próximo oriente. A relixión constitúe un posible aspecto de pertenza ao pobo xudeu así como tamén as tradicións, prácticas culturais, sociais e lingüísticas. E, aínda que poden presentar características comúns, tales como o idioma ou a crenza, os xudeus non constitúen un grupo étnico homoxéneo, por iso a definición precisa de xudeu é controvertida e pode variar dependendo do énfase que se faga na observancia relixiosa ou na identidade secular.Os xudeus sufriron unha longa historia de persecución en diferentes lugares e a súa poboación foi variando ao longo dos séculos. Hoxe en día, a maioría das autoridades estiman que a actual poboación xudía mundial oscila entre os 12 e os 15 millóns, representando ao redor dun 0,2 por cento da poboación mundial. A maioría deles reside en Estados Unidos e Israel. Segundo investigacións levadas a cabo na Universidade Hebrea de Xerusalén, o 96 por cento dos xudeus que residen fóra de Israel tende a concentrarse en dez países, todos hoxe en día, países democráticos.

Revolta de Bar Kokhba

A revolta de Bar Kokhba (hebreo: מרד בר כוכבא; Mered Bar Kokhba) foi unha rebelión dos xudeus da provincia Romana de Xudea, liderada por Simón bar Kokhba, contra o Imperio Romano. Tivo lugar entre os anos 132-136, e foi a última das tres grandes guerras xudeu-romanas, por iso tamén é coñecida como a Terceira Guerra xudeu–romana ou a Terceira Revolta xudía. Algúns historiadores tamén se refiren a ela como a Segunda Revolta de Xudea, sen contar a guerra de Kitos (115-117), que tivo un carácter marxinal na rexión de Xudea.

A revolta estoupou como consecuencia das tensións políticas e relixiosas na provincia romana de Xudea tralo fracaso da primeira revolta nos anos 66-73. Estas aumento da tensión debeuse ao aumento da presenza romana en Xudea, cambios na vida administrativa e na economía, xunto ao estoupido e supresión das revoltas xudías en Mesopotamia, Libia e a Cirenaica. As razóns máis próximas semellan centrarse na construción dunha nova cidade, Aelia Capitolina, sobre as ruínas de Xerusalén e a construción dun templo en honra ao deus Xúpiter sobre o Monte do Templo. Os Pais da Igrexa e a literatura rabínica inciden no papel de Rufus, o gobernador de Xudea, como causa da revolta.No 132, a revolta liderada por Simón bar Kokhba estendeuse rápidamente desde Modi'in por toda a rexión, interrompendo a guarnición romana en Xerusalén. Quintus Tineius Rufus foi o gobernador durante a primeira fase da revolta, e a el atribúese o fracaso de deter o seu avance. Os últimos rexistros sobre Rufus son do ano 132, descoñecéndose se morreu o foi substituído. A pesar da chegada dun número significativo de reforzos desde as provincias romanas de Siria, Exipto e Arabia, as vitorias rebeldes sobre os romanos estableceron un estado independente en Israel sobre a maior parte da provincia de Xudea durante dous anos, e o propio Bar Kokhba tomou o título de Nasi ("príncipe"). Simón bar Kokhba, o líder da revolta, foi recoñecido por moitos dos xudeus como o Mesías, que restauraría a súa independencia nacional. Isto provocou que o emperador Hadriano reunira un gran número forzas de todo o imperio para a invasión de Xudea no ano 134, baixo o mando do xeneral romano Sextus Julius Severus. O exército romano estaba composto de seis lexións completas cos seus auxilias que finalmente lograron acabar coa revolta.

Sionismo

O sionismo é un movemento que defende a volta dos xudeus a Palestina (chamada polos xudeus Eretz Israel ou simplemente Haaretz, A Terra). Cando o xornalista vienés Theodor Herzl asistiu en París á degradación do oficial Dreyfus, inxustamente acusado de espionaxe,que fixo un gran rebumbio na sociedade francesa,poñendo a poboación francesa en dous eidos "deryfusard"e"antidreyfusard" levando consigo tamén na prensa estas dúas posicións algúns artigos francamente antisemitas,no entanto outros defendían a inocencia de Dreyfus, Theodor Herzl pensou que o seu pobo nunca se integraría en Europa, o que o levou a fundar en Basilea en 1897 a Organización Sionista Mundial (de Sión, monte de Xerusalén), que recadaba fondos para comprar terreos e favorecer a inmigración xudea a Palestina. A afluencia de inmigrantes foi ben vista inicialmente polos árabes,que xa convivían en paz con xudeus autóctonos pero a medida que a poboación xudía aumentaba e se facía probable a consecución dun estado propio para estes, a opinión da poboación árabe foi cambiando. O desenvolvemento económico propiciou tamén unha migración árabe doutros estados cara a Palestina, mesturándose coa poboación árabe autóctona.

Tras as presións xudeu-sionistas, o goberno inglés emitiu a Declaración Balfour, na que este se comprometía á creación dun fogar xudeu. O holocausto xudeu durante a Segunda Guerra Mundial foi un dos factores decisivos que levou á decisión da ONU da partición de Palestina nun estado xudeu e outro árabe. A poboación local e os gobernos árabes non aceptaron esa decisión e declaráronlle a guerra en 1948 ó creado Estado de Israel comezando a Primeira Guerra Árabe-Israelí, dentro do conflito que aínda non se resolveu.

Xerusalén

Xerusalén (hebreo: ירושלים, Yerushaláyim; árabe: القدس, al-Quds; grego: Ιεροσόλυμα, Ierossólyma), é a capital de Israel e a súa cidade máis grande e poboada. Localizada nunha meseta nas montañas da Xudea entre o Mediterráneo e o mar Morto, é unha das cidades máis antigas do mundo. Considerada sagrada polas tres principais relixións abrahámicas — xudaísmo, cristianismo e islamismo.

Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións. A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo. A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá. En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX. A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo. Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos.O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional, e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.

Xesús de Nazaret

Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo.

Xesús de Nazaret, tamén coñecido como Xesús, Cristo, Xesucristo ou Xesús Cristo, é a figura central do cristianismo e unha das figuras máis influentes da cultura occidental. Para a maioría das denominacións cristiás, é o Fillo de Deus, a segunda Persoa da Santa Trindade, sendo ao mesmo tempo plenamente humano (Deus encarnado). A súa importancia estriba así mesmo na crenza de que -coa súa morte e posterior resurrección- redimiu o xénero humano. O xudaísmo nega a súa divindade, que é incompatible coa súa concepción de Deus. No islam, onde é coñecido como Isa, é considerado un dos profetas máis importantes.

Segundo a opinión maioritariamente aceptada en medios académicos, baseada nunha lectura crítica dos textos sobre a súa figura, Xesús de Nazaret foi un predicador xudeu que viviu a comezos do século I nas rexións de Galilea e Xudea, e foi crucificado en Xerusalén en torno ao ano 30, baixo o goberno de Poncio Pilato.

O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás), especialmente da utilizada para a composición dos Evanxeos sinópticos, redactados, segundo opinión maioritaria, uns 30 ou 40 anos, como mínimo, logo da súa morte. A maioría dos estudosos considera que mediante o estudo dos evanxeos é posible reconstruír tradicións que se remontan a contemporáneos de Xesús, aínda que existen grandes discrepancias entre os investigadores en canto aos métodos de análises dos textos e as conclusións que deles poden extraerse. Existe unha minoría que nega a existencia histórica de Xesús de Nazaret.

Xosé de Nazaret

Xosé de Nazaret (en hebreo: יוֹסֵף, transliterado Yosef‎) foi, segundo a relixión cristiá, o esposo de María, a nai de Xesús de Nazaret e, xa que logo, pai putativo de Xesús. Era de oficio carpinteiro, profesión que lle ensinou ao seu fillo, e de extracción humilde, aínda que as xenealoxías de Mateo 1,1-17 e Lucas 3,23-38, fano descendente do Rei David. Ignórase a data da súa morte (tradicionalmente, acéptase que morreu cando Xesucristo tiña máis de 12 anos), pero non está presente no relato evanxélico da predicación de Xesús, polo que se presume que morreu antes de que esta tivese lugar.

Xudea (provincia romana)

A provincia romana de Xudea (/dʒuːˈdiːə/; hebreo: יהודה, Standard Yehuda Tiberian Yehûḏāh; grego: Ἰουδαία Ioudaia; latín: Iūdaea) ás veces escrito nas súas formas latinas orixinais de Iudæa ou Judea para distinguilo da rexión xeográfica de Xudea, incorporou as rexións de Xudea, Samaria e Idumea, e estendeuse por partes das antigas rexións da dinastía Hasmonean e Reino Herodianos de Xudea. Foi nomeada despois da tetrarquía Herodiana de Herodes Arquelao, pero a provincia romana abarcou un territorio moito máis grande. O nome "Judea" deriva do Reino de Xudá do século VI a.C.

Segundo o historiador Josephus, inmediatamente logo da deposición de Herodes Archelaus, Xudea converteuse nunha provincia romana, durante a cal o procurador romano recibiu autoridade para castigar con execucións. A poboación xeral tamén comezou a ser gravada por Roma. A provincia de Xudea foi escenario de disturbios na súa fundación no 6 d.C. durante o censo de Quirinius, e na súa historia se desenvolveron varias guerras, coñecidas como as Guerras xudeo-romanas, así como a Crucifixión de Xesús ao redor de 30-33 d.C.. Os romanos destruiron o Segundo Templo de Xerusalén no 70 d.C. como parte da Primeira guerra xudeu-romana, resultando na institución do Fiscus Judaicus, e despois da revolta de Bar Kokhba (132-135), o emperador romano Adriano cambiou o nome da provincia a Siria Palaestina e Xerusalén a Aelia Capitolina, que algúns estudiosos conclúen foi un intento de eliminar a relación do pobo xudeu coa rexión.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.