Xoves

O xoves ou quinta feira[1] é o cuarto día da semana. O termo "xoves" vén do latín Iovis (dies) ou día de Xúpiter, deus supremo romano, e o termo "quinta feira" procede do latín quinta feria (ou feria quinta).

Nomes noutras linguas

Word for Thursday in European Languages
Xoves nas distintas linguas de Europa.
Lingua Nome Significado
Alemán Donnerstag Día de Donar
Búlgaro Четвъртък/Tschetvartak O cuarto da semana
Catalán Dijous Día de Xúpiter
Checo Čtvrtek O cuarto da semana
Chinés Tradicional 星期四/Xīng Qī Sī Catro da semana
Español Jueves Día de Xúpiter
Éuscaro Ostegun Día de Ortzi/Ost
Francés Jeudi Día de Xúpiter
Holandés Donderdag Día de Donar
Inglés Thursday Día de Thor
Irlandés Dé ardaoin O día entre dous xaxúns
Islandés Fimmtudagur Quinto día
Italiano Giovedì Día de Xúpiter
Noruegués Torsdag Día de Thor
Quechua Illa P'unchay Día da luz ou do resplandor
Portugués Quinta-feira Quinto día
Romanés Joi Día de Xúpiter
Ruso Четверг/Chitvierg Cuarto día
Xaponés 木曜日/Mokuyoubi Día das árbores

Notas

  1. "Feira". Dicionario Real Academia Galega.

Véxase tamén

Outros artigos

2009

2009 (MMIX) comezou un xoves no calendario gregoriano o designado ano do boi, segundo o horóscopo chinés.

2015

2015 é un ano común do calendario gregoriano, que comeza en xoves.

A semana na cultura popular galega

Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.

Calendario gregoriano

O calendario gregoriano é un calendario de orixe europea utilizado en Europa, as súas antigas colonias e en boa parte do resto do mundo. Recibe este nome por ser o seu promotor o papa Gregorio XIII, e substituíu en 1582 ao calendario xuliano, utilizado desde que Xulio César o instaurara no ano 46 a. C.

Calendario persa

O Calendario Persa ou Calendario Iraniano é un calendario Solar no que o ano comeza o 21 de marzo.

Este calendario foi adoptado en 1925 en Irán e en 1957 en Afganistán. Considérase máis preciso có Calendario gregoriano dado que no calendario gregoriano hai un erro dun día cada 3320 anos, mentres que no calendario persa o mesmo erro aparecería cada 3.8 millóns de anos.

O calendario persa ten seis meses con 31 días e os seis meses seguintes con 30 días, excepto o último con 29 ou 30 días segundo sexa bisesto ou non. O ano comeza en Novruz que coincide co 21 de marzo do Calendario gregoriano.

O primeiro de xaneiro de 2000 do calendario gregoriano é o 11 de Dej de 1378 do calendario persa.

Corpus Christi

O Corpus Christi (en latín Corpo de Cristo) é unha festa da Igrexa Católica destinada a celebrar a Eucaristía.

A súa principal finalidade é proclamar e aumentar a fe da Igrexa na presenza de Xesús Cristo no Santísimo Sacramento. A celebración lévase a cabo o seguinte xoves ao oitavo domingo despois do Domingo de Resurrección (é dicir, 60 días despois dese día; formalmente é o xoves que segue ao noveno domingo seguinte á primeira lúa chea de primavera do hemisferio norte). Nalgúns lugares a festa trasládase ao domingo seguinte para adaptarse ao calendario laboral.

En moitos lugares é unha festa de especial relevancia e en varios países é un día festivo oficial (certas partes de España, Austria, partes de Alemaña e Suíza, Brasil, República Dominicana, Bolivia, Croacia, Polonia, Trinidad e Tobago, Portugal, Perú e Venezuela).

Entroido

O entroido ou carnaval é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos.

O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.

Gran Premio de Fórmula 1

Un Gran Premio de Fórmula 1, (tamén chamados Grand Prix ou, na escrita, GP) é, na actualidade, cada un dos eventos que compoñen o Campionato Mundial de Fórmula 1.

Os Grandes Premios desenvólvese nunha fin de semana, aínda que nalgúns esténdese até o xoves por motivos especialmente comerciais. Ademais da Fórmula 1 propiamente dita, nunha fin de semana de Gran Premio outras competicións menores teñen lugar co obxectivo de ameniza-la espera do público asistente.

Gregorio XIII, papa

Gregorio XIII (* Bolonia, 7 de xaneiro de 1502 - † Roma, 10 de abril de 1585), Papa n.º 226 da Igrexa católica de 1572 a 1585.

Empeñado na renovación moral da Igrexa, xa no séu primeiro consistorio comunicou aos cardeais a súa intención de facer cumprir estritamente os canons aprobados no Concilio de Trento, mostrándose así mesmo inflexible na obriga dos bispos de residir nas súas respectivas sedes.

Aínda que non existise outra razón para gardar memoria de Gregorio XIII, a reforma do calendario Xuliano, utilizado dende que Xulio César o instaurou no ano 46 a. C., para dar paso ao vixente calendario gregoriano, ao que vai ligado o seu nome, fixo del un personaxe de popular notoriedade.

Instaurado o 4 de outubro de 1582, o novo calendario veu a solucionar o problema que formulaba o feito de que o ano xuliano tiña 11 minutos e 14 segundos máis que o ano solar o que provocara que a diferenza acumulada fixese que o equinoccio de primavera se adiantase en dez días. Gregorio XIII, asesorado polo astrónomo xesuíta Christopher Clavius promulgou, o 24 de febreiro de 1582, a bula Inter gravísimas na que establecía que tras o, xoves 4 de outubro de 1582 seguiría o venres 15 de outubro de 1582.

National Football League

A National Football League (en galego: Liga Nacional de Fútbol Americano), mellor coñecida polas súas siglas en inglés, (NFL), é a maior liga de fútbol americano profesional dos Estados Unidos e está considerada como a máis grande e prestixiosa propiedade deportiva nese país. A NFL toma a figura xurídica de Asociación Deportiva, controlada polos seus propios membros. Foi creada por once equipos en 1920 como a American Professional Football Association (a liga cambiou o seu nome polo de American Professional Football League en 1921 para modificalo unha vez máis polo nome agora vixente en 1922). Actualmente a NFL está formada por 32 franquías establecidas en diversas cidades e rexións estadounidenses. Divídese en dúas Conferencias: a Nacional (NFC) e a Americana (AFC). Á súa vez cada Conferencia intégrase por catro Divisións (Norte, Sur, Leste e Oeste) e cada unha delas por catro diferentes equipos.

A tempada regular consiste nun calendario de dezasete semanas durante as cales cada equipo ten unha de descanso (denominada bye week), consistindo en seis partidos contra rivais da mesma División, así como varios encontros interdivisionais e interconferenciais. A tempada comeza a noite do xoves da primeira semana completa de setembro (o xoves posterior ao "Labor Day") e prosegue a comezos de xaneiro. Ao finalizar a tempada regular, seis equipos de cada Conferencia disputan os playoffs, un sistema de eliminación directa a un partido entre os doce equipos que culmina co partido polo campionato, coñecido como Super Bowl. Este encontro xógase nunha cidade predeterminada, normalmente nalgunha con equipo na NFL. A semana seguinte dispútase o Pro Bowl, en Honolulu, Hawaii, na que se enfrontan ambas as Conferencias integradas polos seus mellores xogadores dese ano.

A pesar de habérselle considerado ao béisbol como o Pasatempo Nacional dos Estados Unidos, o fútbol americano é o deporte máis popular no devandito país. A NFL ostenta a maior asistencia de público por partido de todas as ligas profesionais do mundo, atraendo a 67.000 espectadores en cada partido nas tempadas 2006 e 2007. Grazas á súa tradición, ao principio de colaboración entre os seus membros e á exitosa administración das súas propiedades, a NFL consolidouse como a franquía deportiva por excelencia nos Estados Unidos, cuxo mercado inclúe igualmente a entidades como a Major League Baseball (MLB), a National Basketball Association (NBA) e a National Hockey League (NHL), amplamente recoñecidas.

O Nordés

O Nordés é unha serie de ficción emitida pola TVG durante a tempada 2009-10, e que se desenvolve na redacción dun modesto xornal da cidade de Vigo. Estreouse o 17 de setembro de 2009.

O veciño do xoves

O veciño do xoves foi un programa de tertulias e entrevistas presentado e dirixido por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na Televisión de Galicia na tempada 1987-1988.

Pascua cristiá

A Pascua (grego: Πάσχα) é a festividade relixiosa máis importante do ano litúrxico cristián en conmemoración da resurrección de Xesús de entre os mortos, segundo conta o Novo Testamento, o terceiro día desde a súa crucifixión. Os cristiáns celebran esta resurrección o Domingo de Pascua ou Resurrección, dous días despois do Venres Santo e tres despois do Xoves Santo.

A Pascua tamén se refire ó Tempo Pascual, período do ano litúrxico cristián, que tradicionalmente duraba corenta días entre o Domingo de Pascua e a Ascensión pero agora dura cincuenta días ata Pentecoste, a primeira semana coñécese como Semana Santa. A Pascua marca tamén a fin da Coresma, época de xaxún, oración e penitencia.

A Pascua é unha festa que non ten data fixa en relación co calendario civil. O Primeiro Concilio de Nicea (325) estableceu o día de Pascua como o primeiro domingo despois de lúa chea tralo equinoccio de primavera, eclesiasticamente establecido o 21 de marzo, na práctica a data varía entre o 22 de marzo e o 25 de abril para a Igrexa católica latina e as protestantes que basean os seus cálculos no calendario xuliano, as igrexas orientais, que se basean no calendario gregoriano celébrana entre o 4 de abril e o 8 de maio.

A Pascua cristiá está relacionada coa Pascua xudía, a Pessach, non só no simbolismo senón tamén pola súa disposición no calendario

Nas celebracións modernas da Pascua introducénse novos elementos, como en Galicia o ovo de Pascua ou a rosca de Pascua que os padriños regalan ós afillados, que celebran tanto cristiáns como non cristiáns. Tamén hai unhas poucas confesións cristiás, como os cuáqueros, que non celebran a Pascua.

Semana Santa

A Semana Santa é a festa máis importante do calendario cristiano. Conmemora a entrada de Xesucristo en Xerusalén, a súa morte na cruz e a súa resurrección.

Aínda que comeza o Domingo de Ramos e termina o Domingo de Pascua, a Semana Santa inclúe varias celebracións:

Venres de Dores

Sábado de Paixón

Domingo de Ramos

Luns Santo

Martes Santo

Mércores Santo

Xoves Santo, celébrase A Última Cea.

Venres Santo, recorda a crucifixión.

Sábado Santo

Domingo de Pascua, celebra a Resurrección.

Luns de Pascua

Martes de Pascua

Mércores de PascuaA Semana Santa celébrase na primavera, pero non coincide cunha data determinada do calendario, xa que ven determinada polo calendario lunar. As igrexas occidental e oriental utilizan calendarios diferentes para determinar o día de Pascua (o gregoriano en occidente e o xuliano en oriente), e aínda non chegaron a ningún acordo para unificar o criterio.

En Galicia destacan as Semanas Santas de Viveiro e Ferrol, ambas declaradas Festas de interese turístico internacional.

Servizo militar

O servizo militar, coñecido popularmente en España como as quintas ou a mili, é un período de duración e obrigatoriedade variada, no cal os cidadáns dun país (habitualmente, só os homes), deben recibir adestramento militar en cuarteis como preparación para unha eventual guerra.[Cómpre referencia] Canto máis conflitivo e militarizado for o país, maior será a posibilidade de que os seus cidadáns estean sometidos ao servizo militar. En xeral, o seu tempo medio de duración é dun ano,[Cómpre referencia] exceptuándose casos especiais como o de Israel, en que homes e mulleres reciben adestramento militar periodicamente.

En España o servizo militar obrigatorio (exclusivo para os homes) aboliuse en 2001. Daquela duraba nove meses pero unha grande parte dos xoves escollían realizar unha "prestación social substitutoria".

En España tivo lugar unha loita contra a realización do servizo militar baixo a forma de obxección de conciencia ou de insubmisión, dende os últimos tempos da ditadura ata que foi suprimido, pasando polo recoñecemento da obxeción de conciencia en 1984.

Thor (deus)

Thor (nórdico arcaico: Þórr, inglés arcaico: Þunor, alto alemán arcaico: Donar) é un deus de cabelos vermellos e barba, que representa a forza da natureza (trono) na Mitoloxía nórdica e tamén na Mitoloxía xermánica. Capaz de convocar treboadas, é o fillo de Odín -o deus supremo de Asgard- e Jord (Fjorgyn) -a deusa de Midgard (a Terra)-. Durante o Ragnarök, Thor matará e será morto por Jörmungandr, a gran serpe de Midgard.

El era grande aínda para ser un deus e extremadamente forte. Thor gustaba das disputas de poder e era o principal campión dos deuses contra os seus inimigos, os xigantes de xeo. A arma de Thor era un martelo de guerra máxico, chamado Mjolnir (que lanzaba raios de luz) cunha enorme cabeza e un mango curto e que nunca erraba o golpe e sempre retornaba ás súas mans. Tamén se servía dunhas luvas de ferro máxicas para suxeitar o mango do martelo branco e o cinto Megingjard que dobraba a súa forza, fóra da guerra axudaba os labregos co seu martelo e viaxaba nunha carroza tirada por carneiros. Tamén protexía os recentemente casados e daba fertilidade.

A súa esposa era Sif, a deusa da colleita, con quen tivo a filla Thrud; e da súa unión coa xiganta Jarnsaxa tivo os fillos Magni e Modi. Os antigos escritores (Saxo, Adam de Bremen, Aelfric, Snorri) identificaron a Thor coma o deus Greco-Romano Xúpiter porque ambos son fillos da Nai-Terra, comandante das choivas, dos raios e tronos, son protectores do mundo e da comunidade, cuxo símbolo era o carballo, representando ao tronco da familia. Os animais de ambos os deuses eran o carneiro, o bode e a aguia. Thor era sempre presentado co seu martelo e Xúpiter co seu cetro. Thor matou a serpente Jormungand e Xúpiter o dragón Tifon.

A Thor gustáballe a compañía de Loki, a pesar do seu talento de embusteiro para colocar a ambos en situacións difíciles. As historias das súas aventuras están entre as máis ricas da mitoloxía nórdica. No panteón nórdico, Thor era o destrutor do mal e o segundo maior expoñente dos deuses Aesir.

No Ragnarok, a tarefa de Thor era matar a cruel Jörmungandr ou Serpe Midgard (unha serpe que envolve a Terra), filla de Loki, mais el morrerá tamén no combate, debido ao veleno do seu inimigo.

Thor era un deus extremadamente popular, aparece citado frecuentemente en inscricións rúnicas e aparece nos himnos de louvanza dos poetas islandeses.

Os anglo-saxóns deron o nome de Thor ao quinto día da semana, Thursday ou sexa "Thor's day" (o día de Thor), xoves en inglés).

Viana do Bolo

Viana do Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.929 persoas (3.368 en 2008, 3.743 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vianés».

Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino. Ese mesmo nome foille concedido ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262.

Xenitivo

O xenitivo é o nome dun caso que nas linguas flexivas é utilizado en substantivos, adxectivos e pronomes para indicar que a palabra realiza a función de Complemento do Nome ou Modificador, aínda que pode aparecer tamén noutras como a de complemento dun verbo, Complemento Circunstancial etc: polaco "dobrej szafy" ("de bo armario")

Proceden do xenitivo frases pettrificadas que en galego xeraron un vocábulo: FIL(IU) ECCLESIAE > fregués, AURI FRESU > ourive, COMITE STAB(U)LI > condestable, os días da semana: (DIES) MARTIS > martes, (DIES) IOVIS > xoves, (DIES) VENERIS > venres, (DIES) LUNAE > luns, (DIES) MERCURII > mércores .

Xoves Santo

O Xoves Santo, celébrase o xoves anterior ao Domingo de Resurrección, no transcurso da Semana Santa cristiá. É o primeiro día do Triduo Pascual. Neste día a Igrexa Católica conmemora a institución da Eucaristía na Última Cea de Xesús, e do Sacerdocio.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.