Xove

Xove é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.456 habitantes (3.614 no 2006, 3.636 no 2005, 3.603 no 2004, 3.574 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xovego ou xovense[5].

Coordenadas: 43°41′09″N 07°30′32″O / 43.68583, -7.50889

Xove
Escudo de Xove
Fachada casa concello Xove
Casa do concello.
Situacion Xove
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca da Mariña Occidental
Poboación3.314 hab. (2018)
Área89,1 km²
Densidade37,19 hab./km²
Entidades de poboación8 parroquias e 86 lugares
Capital do concelloXove
Política (2019[2])
AlcaldeDemetrio Salgueiro Rapa (PPdeG [3])
ConcelleirosBNG: 4
PPdeG: 7

Eleccións municipais en Xove
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes78,71%
Na rede
www.xove.es
xove@fegamp.es

Poboación

Censo total 2014 3.456 habitantes
Menores de 15 anos 364 (10.53 %)
Entre 15 e 64 anos 2.187 (63.28 %)
Maiores de 65 anos 905 (26.19 %)
Evolución da poboación de Xove   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3.816 3.711 4.062 3.607 3.603 3.518 3.496 3.512 3.497 3.456 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Limita cos concellos de Cervo e Viveiro. As súas costas están bañados polo mar Cantábrico. Ten unha superficie de 89 km². O cumio máis alto é o Pao da Vella (705 m). Outro pico importante é o monte Medela (346 m)

Historia

Na zona hai numerosos enterramentos megalíticos.

O topónimo podería preoceder do latín Villa Iovii, Vila de Xúpiter, quizais referido a un templo ou altar construído trala romanización.

Durante o antigo réxime estas terras pertenceron ás xurisdicións de Portocelo, Galdo e Viveiro, dependentes da provincia de Mondoñedo. Coa nova división territorial a comezos do século XIX converteuse no concello de Portocelo, integrado na provincia de Lugo. En 1940 adoptou a denominación actual, pasando a capitalidade a Xove.

En 1973 o estado español proxectou a construción da central nuclear de Regodola, que sería explotada por Fenosa, Electra do Viesgo e Hidroeléctrica do Cantábrico. Tras fortes protestas veciñais, a súa construción adiouse, quedando paralizada coa moratoria nuclear de 1985.

En Xove tributa a factoría de Alcoa-S.Cibrao, a maior fábrica de Alúmina/Aluminio por estar neste concello localizadas as oficinas da mesma.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Xove.
Muiño de penacurva

Muíño de Penacurva.

Alcoa S Cibrao2

Vista parcial de Alcoa-S.Cibrao, parte no concello de Xove

Paseo río Rigueira (A Rigueira, Xove)(3)

Paseo do río Rigueira.

Placa altimétrica casa concello Xove

Placa altimétrica na casa do concello.

Vista xeral casa concello Xove

Vista da casa do concello coa casa da cultura á esquerda e o pavillón polideportivo á dereita.

Vista de Xove.

Lugares de Xove

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xove vexa: Lugares de Xove.

Festas

  • San Bartolo na capital, Xove, na segunda metade do mes de agosto.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Xove". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 62. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Rigueira, Xove

San Miguel da Rigueira é unha parroquia do concello lugués de Xove na comarca da Mariña Occidental. Tiña 708 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 347 homes e 361 mulleres. O que supón unha diminución de 116 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 824 habitantes (415 homes e 409 mulleres) e 180 menos que en 2000.

Bandeira de Singapur

A bandeira de Singapur foi adoptada en 1959, o ano no que Singapur acadou a independencia do Imperio Británico. É unha bandeira composta por dúa franxas horizontais de igual anchura, sendo vermella a superior, e branca a inferior. Na banda vermella hai unha lúa islámica e cinco estrelas brancas. Estas estrelas representan os ideais do país: progreso, paz, xustiza, igualdade e democracia. A media lúa representa a unha nación xove en crecemento.

Comarca da Mariña Occidental

A comarca da Mariña Occidental é unha comarca galega situada na provincia de Lugo cuxa capital é Viveiro. A ela pertencen os concellos de Cervo, Ourol, O Vicedo, Viveiro e Xove. Esta comarca é unha división político-administrativa da Mariña de Lugo.

Illa Ansarón

A Illa Ansarón ou illa do Ansarón é unha illa da provincia de Lugo, situada no concello de Xove. Coas súas 10 hectáreas de extensión é unha das maiores illas da costa lucense. É alta (acada os 80 metros de altitude) e abrupta, con cantís produtores de percebe e áreas de cría de aves mariñas.

Labrada, Guitiriz

Santa María de Labrada é unha parroquia que se localiza ó norte do concello de Guitiriz na comarca da Terra Chá, a uns 14,3 km aproximadamente do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña 287 habitantes (149 mulleres e 138 homes) distribuídos en 39 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2006 cando tiña 314 habitantes.

Lago, Xove

Santa Eulalia de Lago é unha parroquia do concello de Xove na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2016 tiña 183 habitantes (92 homes e 91 mulleres), 80 menos ca en 2007 (123 homes e 140 mulleres) e 102 menos que en 2000.

Montes de Buio

Os montes de Buio son unha prolongación en dirección nordeste da serra do Xistral. Están situados nos concellos de Viveiro e Xove. Teñen forma arredondada e están conformados por granito de dúas micas con algúns xistos.

Morás, Xove

San Clemente de Morás é unha parroquia do concello lugués de Xove na comarca da Mariña Occidental. Tiña 136 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 57 homes e 79 mulleres. O que supón unha diminución de 46 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 182 habitantes (83 homes e 99 mulleres) e 49 menos que en 2000.

O Monte, Xove

Santo Isidoro do Monte é unha parroquia do concello lugués de Xove na comarca da Mariña Occidental. Tiña 129 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 66 homes e 63 mulleres. O que supón unha diminución de 17 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 146 habitantes (86 homes e 60 mulleres) e 39 menos que en 2000.

Oben am jungen Rhein

Oben am jungen Rhein (literalmente, Sobre o alto do xove Rin) é o himno nacional de Liechtenstein. Cántase coa mesma melodía que o himno nacional do Reino Unido, Deus salve á Raíña. As letras foron escritas en 1850 por Jakob Josef Jauch. Ata 1963, o primeiro verso e título era "Oben am deutschen Rhein" ("Sobre o alto do Rin alemán").

A supresión da mención alemá no himno tras 1963 responde ó amplo sentir de ambivalencia cultural cara a expresións relacionadas co nacionalismo alemán despois do período nazi en Alemaña e Austria.

Portocelo, Xove

San Tirso de Portocelo é unha parroquia do concello lugués de Xove. Ten cinco núcleos de poboación. Segundo o IGE en 2011 tiña 293 habitantes (145 homes e 148 mulleres).

Provincia de Lugo

Lugo é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. É a meirande provincia galega e a de menor poboación relativa.

Limita ó norte co mar Cantábrico, ó oeste coa provincia da Coruña e a de Pontevedra, ó sur coa provincia de Ourense e ó leste co Principado de Asturias e a provincia de León, pertencente a Castela e León. A súa capital e a cidade máis poboada é Lugo, sendo a segunda cidade en poboación Monforte de Lemos, seguida de Viveiro, Vilalba, Sarria, Ribadeo, Foz, Burela e Chantada.

Aínda que é a maior das provincias galegas, é a terceira en número de habitantes, con 339 386 habitantes en 2015, tras A Coruña e Pontevedra.

Serra do Xistral

A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.

É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Sumoas, Xove

Santo Estevo de Sumoas é unha parroquia do concello lugués de Xove na comarca da Mariña Occidental. Tiña 166 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 82 homes e 84 mulleres. O que supón unha diminución de 34 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 200 habitantes (97 homes e 103 mulleres) e 53 menos que en 2000.

Unión Deportiva Xove Lago

A Unión Deportiva Xove Lago é un club de fútbol galego do concello de Xove. Foi fundado en 1974 e actualmente compite no Grupo 3 da Primeira Autonómica.

Xove Novo, Labrada, Guitiriz

Xove Novo é un lugar da parroquia de Labrada no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Tiña 13 habitantes no ano 2012 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 6 homes e 7 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 18 habitantes.

Xove Vello, Labrada, Guitiriz

Xove Vello é un lugar da parroquia de Labrada no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Tiña 12 habitantes no ano 2012 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 5 homes e 7 mulleres, o que supón un aumento con relación ao ano 2000 cando tiña 10 habitantes.

Xuances, Xove

San Pedro de Xuances é unha parroquia do concello lugués de Xove na comarca da Mariña Occidental. Tiña 334 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 159 homes e 175 mulleres. O que supón unha diminución de 97 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 431 habitantes (202 homes e 229 mulleres) e 130 menos que en 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.