Xosué

Joshua ou Yehoshua (hebreo: יְהוֹשֻׁעַ, israelí: Yəhoshúa) foi un xefe israelita que sucedeu a Moisés. A súa historia é narrada na Biblia, en concreto no Libro do Éxodo, no Libro dos Números, e máis no Libro de Xosué. Xosué conduciu os israelitas na conquista de Canaán, a Terra Prometida.

Dore joshua sun
Xosué pregando a Deus que pare o curso do Sol, por Gustave Doré.
Antigo Testamento

O Antigo Testamento ou as Escrituras Hebreas (tamén chamadas a Biblia Hebrea) é a primeira parte da Biblia cristiá, que explica a historia desde a creación da Terra ata última profecía da vida do mesías, realizada 400 anos antes da era cristiá. Os xudeus, porén, utilizan o nome Tanakh para referírense ao Antigo Testamento, e aínda que contén os mesmos libros que o Antigo Testamento canónico cristián, non coincide na orde nin no nome destes.

A designación "Antigo Testamento" provén do grego ῾Η Παλαιά Διαθήκη, he Palaiá Diathéke, que significa "antigo pacto", en referencia ao antigo pacto de Deus coa humanidade (principalmente co pobo elixido de Israel) por medio do que viría o mesías a salvalos.

Biblia

A Biblia é o libro que o cristianismo trata como inspirado directamente por Deus. A palabra vén do grego (lingua en que foi escrito o Novo Testamento) «τα βιβλία» tà biblía, ou sexa, os libros. O plural xustifícase, xa que a Biblia non é un libro soamente, senón unha biblioteca composta de 66 libros, sendo 39 pertencentes ao Antigo Testamento e 27 ao Novo Testamento.

Biblia hebrea

As expresións Biblia hebrea ou Biblia hebraica (latín: Biblia hebraica) son usadas para referirse de modo xenérico ós libros da Biblia escritos orixinalmente en hebreo e arameo antigos e que forman parte do canon xudeu chamado Tanak. Tamén pode referirse ó conxunto de libros chamado de antigo testamento, usado por algunhas denominacións cristiáns evanxélicas, mais que non inclúen as partes deuterocanónicas do Antigo Testamento e o Anagignoskomena ortodoxo). O termo non implica ningún xénero de denominación, numeración ou ordenación de libros, que é moi variable. (Véxase Canon bíblico).No estudo erudito contemporáneo, é común referirse polo termo a unha das tres edicións da obra publicada por Rudolf Kittel. Neste contexto é frecuente a abreviatura BH, ou BHK (K por Kittel), ou (onde se refiren ás distintas edicións), BH1, BH2 e BH3. As primeiras dúas edicións apareceron entre 1906 e 1913, respectivamente; a diferenza entre elas é leve, salvo por unha lista de pequenas rectificacións na segunda. Esta segunda edición foi reimpresa varias veces. Vense tamén notas que engaden extractos da Tora samaritana, da Septuaxinta, da Vulgata e da Peshitta. Na terceira edición reproduciuse o texto hebreo atopado no Códice de Leningrado, o cal é o mesmo que serviu de fonte para a Biblia Hebraica Stuttgartensia.Ó lado da tradición, algúns estudos apuntan que os libros que compoñen a Biblia hebrea desenvolveranse ó longo de aproximadamente un milenio, e os textos máis antigos parecen vir do século XI a.e.c. ou do século X a.e.c., restando que os demais parecen ter orixe un pouco máis nova. Esas obras foron compostas pola compilación de escrituras intricadas e coidadosamente postas en conxunto e secuencia.Dende o século XIX, a maioría dos estudosos coinciden afirmar que o Pentateuco ou Torá, os cinco primeiros libros, foi composto por catro fontes, J (Iavista), D (Deuteronomista), E (Eloísta) e P (Sacerdotal), que foron combinados para formar tal grupo nalgún período ó redor do século VI a.e.c. Esta teoría é agora coñecida como a hipótese documentaría, e foi a teoría dominante nos últimos douscentos anos. Do autor deuteronomista queda acreditada a autoría do libro de Deuteronomio, e tamén díxose que é o autor ou fonte dos libros de Xosué, Xuíces, Samuel e Reis (a historia deuteronomista, ou DtrH) e tamén no libro de Xeremías.

Canon bíblico

O canon bíblico (do grego κανών "kanon", "vara" ou "medida", que vén do hebreo קנה "kaneh"), é a lista de libros que se considera que forman parte da Biblia.

O criterio de canonicidade que se utiliza é a calidade de inspirado por Deus que debe ter o libro. É canónico o libro inspirado por Deus e queda fóra o libro, aínda de temática relixiosa coma o Talmud, que non goza desa inspiración.

Carta a Filemón

A carta a Filemón, a máis curta das cartas paulinas, é un breve escrito, pouco máis que unha nota, que o apóstolo Paulo lle dirixe a un cristián chamado Filemón.

Corpus Xoánico

O Corpus Xoánico é o nome co que se coñece aos libros do Novo Testamento que teñen como autor, ou que se atribúe como autor, a Xoán o Evanxelista.

Deuteronomio

O Deuteronomio é un dos libros da Biblia.

O seu título significa segunda Lei. Recolle, basicamente, as leis polas que se rexe o pobo de Israel.

Feitos dos Apóstolos

O libro dos Feitos dos Apóstolos narra a vida do grupo dos primeiros discípulos de Cristo e a súa expansión por Oriente Medio e o Mediterráneo.

Levítico

O Levítico, en hebreo vaiiqrá, é o terceiro libro da Biblia. Forma parte do Pentateuco, ou Torá para os xudeus. Contén normas relixiosas polas que debía rexirse o pobo de Israel.

Libro de Isaías

O Libro de Isaías é un libro profético da Biblia, que contén a predicación do profeta Isaías e da súa escola.

Isaías é o primeiro e o máis extenso dos Profetas maiores. O libro é unha reflexión sobre a evolución política, relixiosa e histórica de Israel desde a reforma de Xosías ata a volta do desterro de Babilonia.

Libro de Rut

O Libro de Rut ou Libro de Ruth é un libro da Biblia, dos chamados episódicos.

Narra, de xeito sinxelo, a historia dunha viúva xudía, Noemí, que volta á súa terra en compaña da xentil Rut, súa nora, viúva ela tamén dun dos fillos de Noemí. A determinación de Rut e os seus esforzos por coidar da súa sogra, lograranlle un matrimonio con Boaz, home rico e parente distante do seu sogro, o que lle permite saía da pobreza, fundar unha familia e obter o recoñecemento da súa sogra e de toda a comunidade.

Libro de Xosué

O libro de Xosué, sexto dos libros da Biblia, tanto na versión xudía como nas cristiás, narra a chegada á Terra Prometida, a conquista e o asentamento do pobo xudeu no que hoxe é Palestina. Toma o seu nome de Xosué, o caudillo carismático e sucesor de Moisés que guía ao pobo nesta etapa da súa historia.

Libro de Xudit

O Libro de Xudit é un libro deuterocanónico bíblico do Antigo Testamento. Non forma parte da Biblia hebrea e polo tal os protestantes considérano apócrifo mentres os católicos recoñecérono como canónico no sínodo do ano 382 e os ortodoxos no concilio do ano 692. Escrito orixinalmente en hebreo, non se conserva a versión orixinal, o texto máis antigo conservado está en grego pero a versión máis difundida foi a latina da Vulgata. O libro conta a historia de Xudit, unha viúva hebrea de gran beleza, que no transcurso da guerra de Israel contra os asirios descobre que o xeneral invasor, Holofernes, está namorado dela. Acompañada da súa criada, a viúva entra na tenda do xeneral e engánao para que que confíe nela. Cando Holofernes dorme por efecto do alcohol, Xudit córtalle a cabeza, confundindo ao exército asirio e obtendo a vitoria para Israel.

Libros históricos

Os Libros históricos son unha división do Antigo Testamento propia das Biblias cristiás. Recolle os libros que percorren a historia de Israel dende a chegada a Canaán ata os tempos de Xesús.

O obxectivo dos autores destes libros é, sobre todo, facer unha reflexión teolóxica sobre a presenza de Deus na súa historia.

Moisés

Moisés, (hebreo: מֹשֶׁה Moshe; árabe: موسى, Mūsā); foi un antigo bíblico líder relixioso hebreo, lexislador, profeta e historiador.

Para as relixións monoteístas Moisés é á vez o autor e principal personaxe da Biblia. Foi el, quen, baixo ditado divino, tería escrito o Pentateuco (os cinco primeiros libros da Biblia: o Xénese, o Éxodo, o Levítico, o libro dos Números e o Deuteronomio) (tería contado a súa propia historia, a dos Patriarcas, os seus antepasados, e a do pobo de Israel). É o profeta e a guía que conduce os Fillos de Israel fóra de Exipto, onde estaban reducidos á escravitude, e é pola súa man que os « prodixios divinos » (as Dez pragas de Exipto) ocorrerán para permitir a liberación do seu pobo e conducilo cara ao país de Canaán. Recibe de Deus os Dez Mandamentos e un conxunto de leis relixiosas, sociais e alimentarias (Torá escrita e Torá oral; en hebreo Toráh).

Moisés, fillo de Amram é tamén citado no Corán, co nome de Mūsā como profeta e mensaxeiro de Allah. A azora 3 do Corán titúlase A familia de Amram.

É considerado tamén un profeta pola fe Bahá'í.

Segundo a Biblia, tería nacido en Exipto de nai hebrea que o abandonou cando un Faraón ordenou que todos os recentemente nados hebreos debían ser matados; porén acabou sendo adoptado pola familia real exipcia. Xa maior, despois de matar el a un amo de escravos exipcio, escapou e viviu como pastor. Máis tarde foi enviado por Deus para librar os hebreos da escravitude. Logo das "Dez Pragas" foron soltados, e Moisés conduciunos fóra de Exipto, a través do Mar Vermello e do deserto nunha viaxe de 40 anos. A pesar de vivir 120 anos, non puido entrar na Terra de Israel (cfr. Números 20:11-12).

Novo Testamento

Novo Testamento (do grego: Διαθήκη Καινή, Diathéke Kainé) é o nome dado á colección de libros que compoñen a segunda parte da Biblia ou libro sagrado do cristianismo. Esta parte corresponde aos Evanxeos canónicos, segundo a tradición escritos por Mateo, Marcos, Lucas e Xoán, que relatan a vida de Xesús, xunto con diversos libros que describen os primeiros tempos do cristianismo e unha Apocalipse, a de Xoán.

O termo é unha tradución do latín, Novum Testamentum, á súa vez tradución do grego Ἡ Καινὴ Διαθήκη, Hê Kainê Diathêkê, significando "A Nova Alianza" ou Testamento. Foi orixinalmente usado polos primeiros cristiáns para describir as súas relacións con Deus (ver II Corintios 3:6-15; Hebreos 9:15-20) e posteriormente para designar o canon de escritos cristiáns, estabelecido progresivamente.

Os 27 libros do Novo Testamento foron escritos por varios autores en varias épocas e lugares. Ao contrario do Vello Testamento, o Novo foi escrito nun curto espazo de tempo, durante un século ou un pouco máis.

Números

Números é o cuarto libro da Biblia e da Torá, contén narracións sobre o tempo de peregrinación do pobo de Israel polo deserto. O seu nome vén das numeracións das tribos de Israel coas que se inicia.

Xericó

Xericó (en hebreo: יְרִיחוֹ = Yériho [jeʁiˈχo] ; en grego: Iεριχώ; en árabe: أريحا = Er Riha ou Arīhā [ʔaˈriːħa] ) é unha cidade de Cisxordania, situada sobre terras da beira oeste do Xordán. É aínda a cidade situada a menor altura do mundo, pois fica nunha depresión a -240 baixo o nivel do mar. A poboación da cidade é de 17.000 habitantes, mais o concello conta na actualidade cuns 25.000 habitantes.

O seu nome pode derivar do vocábulo cananita que significa "lúa" e indica que a cidade foi un dos primeiros centros do culto de divindades lunares. A pesar da súa extraordinaria antigüidade, Xericó é mencionado na Biblia por primeira vez no Libro dos Números.

Está considerada como unha das máis antigas cidades habitadas do mundo, senón a máis, tendo sacado a luz os arqueólogos os restos de máis de 20 asentamentos sucesivos, que remontan a 9.000 anos a.C.

Éxodo

O Éxodo é o segundo libro tanto da Tanakh, que está nun conxunto chamado Torá, coma da Biblia, que está nun conxunto doutros catro libros chamado Pentateuco. Narra a fuxida de Exipto do pobo hebreo (neste libro chamado con moita frecuencia pobo de Israel ou fillos de Israel) para alcanzar A Terra Prometida. O libro acaba cando Moisés, o líder deste pobo, comeza a impoñer a lei que lle é revelada directamente por Deus. A viaxe dos hebreos continúa nos seguintes libros do Pentateuco, o Levítico, e Números, e non remata ata o final do último libro do Pentateuco, o Deuteronomio, que a partir de aquí comezan a establecerse na ansiada Terra Prometida.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.