Xosé Vilas Nogueira

Xosé Vilas Nogueira, nado en Vigo o 25 de xullo de 1936 e finado o 19 de agosto de 2010, foi un xurista e profesor galego.

Xosé Vilas Nogueira
Nacemento25 de xullo de 1936
 Vigo
Falecemento19 de agosto de 2010
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxurista

Traxectoria

Estudou en Oviedo e trasladouse a Francia para desenvolver as súas investigacións académicas. Posteriormente volveu a Compostela onde obtivo o doutoramento cunha tese sobre o Estatuto de Galicia na Segunda República. Dende 1968 exerceu a docencia na Universidade de Santiago de Compostela, primeiro como profesor titular de Ciencia Política e despois como catedrático de Ciencia Política e da Administración. Foi decano da Facultade de Ciencias Económicas (1984-1986) e da Facultade de Ciencias Políticas (1991-1996). Integrado nun primeiro momento no Partido Obreiro Galego, participou no Consello de Forzas Políticas Galegas e na redacción das Bases constitucionais de 1977.

Obras

  • O Estatuto galego, 1975.
  • Dende Galicia: Marx, 1985.
  • Las Elecciones autónomicas de Galicia: (1981-1990), 1992.
  • O Sistema político galego, 1994.
  • Gobierno y Administración en las CC.AA., 2000.

Véxase tamén

Ligazóns externas

19 de agosto

O 19 de agosto é o 231º día do ano do calendario gregoriano e o 232º nos anos bisestos. Quedan 134 días para finalizar o ano.

2010

2010 (MMX) comezou un venres no calendario gregoriano, non sendo un ano bisesto. Foi ano santo xacobeo.

25 de xullo

O 25 de xullo é o 206º día do ano do calendario gregoriano e o 207º nos anos bisestos. Este día celébrase o Día Nacional de Galicia. Quedan 159 días para finalizar o ano.

Autoidentificación

Autoidentificación foi un concepto acuñado por Manuel Fraga Iribarne na súa primeira lexislatura como Presidente da Xunta de Galicia, nun intento por acadar unha síntese constitucionalista do pensamento galeguista non soberanista.

Pretendeu constituílo nunha alternativa dialéctica ao concepto de autodeterminación defendido naqueles momentos por forzas presentes no Parlamento de Galicia como o PSG-EG de Camilo Nogueira Román ou o Bloque Nacionalista Galego liderado daquela por Xosé Manuel Beiras.

Bases constitucionais

As Bases Constitucionais ou Bases constitucionais pra participación da Nación Galega nun Pacto Federal, e de Governo Provisiorio, é un documento político de 1977 propugnado polo Consello de Forzas Políticas de Galicia integrado pola UPG, o PSG, o Partido Galego Social Demócrata (PGSD), o Movemento Comunista de Galicia (MCG) e o Partido Carlista de Galicia. Tratou de ser a proposta de ruptura democrática fronte ao modelo de transición política ao que se foron acollendo as principais forzas de ámbito estatal en Galicia. Participaron na súa redacción Xosé Vilas Nogueira, Ramón López Suevos e Camilo Nogueira Román. Cando se iniciou a preautonomía, constituíu a alternativa do nacionalismo rupturista fronte ao reformista que decidiu participar na redacción do Estatuto dos dezaseis.

Edicións do Rueiro

Edicións do Rueiro foi unha editorial galega activa entre 1973 e 1981. O seu propósito era rachar coa imaxe que vinculaba a lingua galega só con publicacións literarias, procurando editar estudos de ciencias sociais.

Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela

A Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais forma parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e está situado na avenida do Burgo das Nacións, no campus norte de Santiago de Compostela. O edificio foi inaugurado o 25 de xullo de 1976 polos Reis de España Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia.

Partido Obreiro Galego

O Partido Obreiro Galego (POG), foi un partido galego marxista e nacionalista, contaba con aproximadamente 200 militantes en 1977, principalmente en Vigo e Santiago de Compostela.

En 1977, logo das primeiras eleccións democráticas, Camilo Nogueira lidera un grupo, a Alternativa dos Traballadores Galegos, que se escinde do BNPG, partidario dun maior pluralismo ideolóxico, a colaboración con outras forzas e a aceptación da autonomía como un primeiro paso no autogoberno, en outubro funda un novo partido no que se integran ademais membros procedentes da Asemblea Popular Galega, Partido Comunista de Galicia, Partido Socialista Galego, Partido dos Traballadores de España e Movemento Comunista de Galicia.

Os líderes do novo partido foron Camilo Nogueira, Xan López Facal e nun primeiro momento Xosé Vilas Nogueira.

Logo do I Congreso intégrase na coalición Unidade Galega para participar nas eleccións xerais e municipais de 1979.Propugnou o voto en branco no referendo da Constitución de 1978 e o negativo no Estatuto de 1981. En decembro de 1980 refúndase co nome de Esquerda Galega.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.