Xosé Trapero Pardo

Xosé Trapero Pardo, nado en Castro de Rei o 29 de setembro de 1900 e finado en Lugo o 10 de outubro de 1995, foi un escritor e xornalista galego.

Xosé Trapero Pardo
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento29 de setembro de 1900
 Castro de Rei Galicia Galicia
Falecemento10 de outubro de 1995 (95 anos)
 Lugo Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
Xénerosnarrativa, poesía, teatro e ensaio
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Cursou a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo, pero non chegou a exercer. Como xornalista, dirixiu ou traballou nos semanarios Acción Social, Justicia, Renovación, Vallibria (fundado por el en Mondoñedo), Lucus e Heraldo de Vivero. Tamén dirixiu o boletín do Concello de Lugo e os xornais La Voz de la Verdad e El Progreso de Lugo, sendo este último onde se xubilou en 1972.

Foi cronista oficial de Lugo, director do Museo Provincial de Lugo, membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e numerario da Real Academia Galega, onde ingresou o 5 de xuño de 1971, apadriñado por Álvaro Cunqueiro. cun discurso dedicado ao seu finado amigo Antonio Noriega Varela. O instituto da súa localidade natal, Castro de Ribeiras de Lea, leva o seu nome.

Obra

Ademais de numerosos artigos en todos os periódicos nos que traballou, Trapero Pardo tirou do prelo estas obras:

Obra en galego

Teatro

  • A ponte do Porco. Lexenda tráxica (1931).

Poesía

  • Lóstregos e moxenas (1926), poemario no que por primeira vez escribe en galego.

Libreto de zarzuela

Artigos xornalísticos

  • ...E Pelúdez dixo (1984), recompilación de varios artigos do personaxe Pelúdez publicados en El Progreso.

Edicións

Obra en castelán

Ensaio

  • El Mariscal Don Pedro Pardo de Cela. Leyenda acerca de su prisión y muerte (1925).
  • Cien años de vida local (1978).
  • Lugo y poblaciones próximas. Itinerarios turísticos (1978).
  • Pintura mural de Galicia (1978).
  • Lugo: Antiguas fortalezas (1980).

Narrativa

  • La venganza de Salgado (1931).

Pelúdez

Lugo-Peludezefamilia-FernandoGarciaBlanco-escultor
Escultura en Lugo de Pelúdez e familia

Trapero Pardo continuou redactando as historias de Pelúdez, que fora creado por Antonio de Cora Sabater. Pelúdez é un personaxe, creado nas páxinas do xornal El Progreso, que cada ano vén da aldea a Lugo para participar nas festas do patrón, San Froilán, que se celebran do 4 ao 12 de outubro. Durante eses días, reflexiona sobre o que ocorre nas festas e tamén sobre outros temas de actualidade. Baixo o pseudónimo Trapacero, Trapero Pardo ocupouse de recrear a Pelúdez dende 1939 ata despois da súa xubilación, dándolle unha retranca e un humor chairego que o fixeron moi popular. Coa súa escrita, logrou que Pelúdez, nado nas páxinas dun xornal, se convertera en todo un símbolo popular das festas maiores de Lugo, que mesmo ten unha estatua a carón da muralla romana.

A morte de Trapero produciuse precisamente en plenas festas de San Froilán, feito polo que o xornal e quen tomou o relevo do personaxe, Xosé de Cora, adicáronlle unha serie de artigos recompilados posteriormente no libriño "Pelúdez despide a Trapacero" (1995).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

29 de setembro

O 29 de setembro é o 272º día do ano do calendario gregoriano e o 273º nos anos bisestos. Quedan 93 días para finalizar o ano.

Acción Social (Mondoñedo)

Acción Social foi un periódico bilingüe publicado en Mondoñedo entre 1918 e 1930 como órgano do Centro de Acción Social Católico de Mondoñedo. O primeiro número apareceu o 1 de novembro de 1918, a publicación tiña periodicidade quincenal e con dezaseis páxinas. A súa tiraxe era de entre 1000 e 1200 exemplares. Ideoloxicamente estaba tinxido de tradicionalismo. O seu primeiro director foi Antonio Maseda Bouso e tivo como redactor-xefe a Enrique Costas Márquez e despois a Xosé Trapero Pardo. En 1930 fusionouse con Galicia Agraria para dar lugar a unha nova cabeceira, Galicia Social Agraria.

Andrés Fernández-Albalat Lois

Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924, é un arquitecto galego. Recoñecido coma a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega do século XX.

Antonio Meijide Pardo

Antonio Meijide Pardo, nado no Barco de Valdeorras o 30 de abril de 1917 e finado na Coruña o 25 de xuño de 2004, foi un historiador galego.

Constantino García

Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xullo de 1927 e falecido en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego.

El Progreso (xornal)

El Progreso é un diario creado en Lugo o 17 de agosto de 1908, voceiro do Partido Liberal, levando na súa cabeceira o subtítulo de "Diario Liberal". No momento presente, o diario pertence ao Grupo El Progreso. O xornal cobre as informacións xeralistas facendo fincapé no acontecido na provincia de Lugo.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Enrique Vidal Abascal

Enrique Vidal Abascal, nado en Oviedo o 12 de outubro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 1994, foi un matemático, astrónomo e pintor galego.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Non chores, Sabeliña

Non chores, Sabeliña é unha zarzuela en composta polo compositor lucense Gustavo Freire en 1943 con libreto en galego de Xosé Trapero Pardo. Segundo di o propio libreto, a obra foi concibida como unha obra para afeccionados, polo que as dificultades técnicas non son grandes. O papel principal na obra recae no coro.

Olga Gallego

Olga Gallego Domínguez, nada en Ourense o 8 de decembro de 1923 e finada na mesma cidade o 4 de setembro de 2010, foi unha historiadora galega. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Ramón Martínez López

Ramón Martínez López, nado en Boiro o 4 de abril de 1907 e falecido en Pontevedra o 12 de setembro de 1989, foi un filólogo e político galego.

Vallibria

Vallibria foi un semanario literario de Mondoñedo fundado por Xosé Trapero Pardo en 1930 e que apareceu ata 1940. Contou como colaboradores con xente como o crego Celestino Cabarcos, José Rodríguez Fernández, Eduardo Lence-Santar, Aquilino Iglesia Alvariño, Antonio Noriega Varela, José Díaz Jácome, Francisco Fernández del Riego e Álvaro Cunqueiro.

Vallibria foi a primeira publicación onde escribiu Álvaro Cunqueiro e onde apareceu un texto literario en galego en Galicia durante a Guerra Civil española, o 25 de xullo de 1936, durante toda a contenda continuaron a aparecer nela textos galegos inseridos, as máis das veces, nun ton de exaltación do bando franquista.

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.