Xosé Ramón Gayoso

Xosé Ramón Gayoso Bonigno, nado na Coruña o 25 de abril de 1956, é un presentador da Televisión de Galicia e un dos personaxes públicos máis coñecidos en Galicia.

Xosé Ramón Gayoso
Medalla de Galiza.svg
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Gayoso no Miss Vaca 2019
Xosé Ramón Gayoso na gravación da 906ª emisión de Luar
Nome completoXosé Ramón Gayoso Bonigno
Nacemento25 de abril de 1956
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónAvogado, atleta, presentador, cantante

Traxectoria

Estudou no colexio coruñés da Grande Obra de Atocha. Licenciouse en dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Practicante de atletismo, en concreto lanzamento de martelo, proclamouse campión de España en 1975 cun lanzamento de 46 m[1]. Practicando atletismo coñeceu a Álvaro Someso, campión galego de salto de altura en 1973, con quen en 1978 formou o dúo Keltia. Xuntos editaron en 1979 Choca esos cinco, disco que foi producido por CBS, onde a metade das cancións estaban interpretadas en galego, e onde facían versións de José Afonso e musicaban a Rosalía de Castro.[2][3].

Xosé Ramón Gayoso no Miss Vaca 2019 01
Xosé Ramón Gayoso na edición de 2019 do certame Miss Vaca celebrado no programa Luar da TVG

Recomendado pola cantante Elsa Baeza, marchou a Madrid traballar ao despacho de avogados de Luis Zarraluqui, especializado en divorcios e nulidades, co que tivo que intervir en casos no Tribunal de La Rota. Logo de tres anos, regresou a Galicia e comezou a traballar na TVG. Tentouno como asesor xurídico, pero acabou traballando de presentador desde a súa inauguración en 1985[2]. Presentou programas como Entre nós, Boa Noite, Lúa Nova, O veciño do xoves, Corazonada, Adiviña quen ven esta noite e Pensando en ti. Pero foi con Luar, a partir de 1992, cando se fixo inmensamente popular.

No ano 2017 recibiu a Medalla Castelao.[4] Neste ano tamén lle foi concedido o Premio Rebulir de Cultura Galega en recoñecemento á súa traxectoria na difusión e posta en valor da cultura de Galicia a través do programa Luar.[5]

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Ano Categoría Produción Resultado
2002 Mellor comunicador de televisión Luar Gañador
2010 Mellor comunicador de televisión Luar Nomeado
2013 Mellor comunicador de televisión Luar Gañador

Notas

  1. La Voz de Galicia
  2. 2,0 2,1 José Ramón Gayoso: ´La culpa de todo la tienen mis padres por subirme al escenario´, La Opinión de A Coruña, 5/5/2010.
  3. Choca esos cinco (CBS) 1979. Cara Tula, web de curiosidades discográfica, 26/6/2008.
  4. "Gayoso, Beramendi, Cristina Pato, Oceanográfico de Vigo e o Grupo Nove, Medallas Castelao 2017". Sermos Galiza. Consultado o 8 de xuño de 2017.
  5. Uxía, Gayoso e Lois Antón recibirán os premios Rebulir de Cultura Galega en Ramirás

Véxase tamén

Ligazóns externas

25 de abril

O 25 de abril é o 115º día do ano do calendario gregoriano (116º nos anos bisestos). Quedan 250 días para finalizar o ano.

Adiviña quen vén esta noite

Adiviña quen vén esta noite foi un programa de variedades da Televisión de Galicia dirixido por Xesús Iglesias e pesentado por Xosé Ramón Gayoso.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Boa Noite

Boa Noite foi un programa de variedades da Televisión de Galicia.

Programado para o luns pola noite, a súa primeira emisión foi o 2 de setembro de 1985 presentado por Pepe Domingo Castaño, consistía en actuacións musicais e entrevistas a diversos personaxes. Logo da marcha do seu primeiro presentador asumiron o seu posto Xosé Ramón Gayoso e María José Goyanes, estivo en antena 36 semanas.

Entre nós

Entre nós foi un programa informativo e de entretemento da Televisión de Galicia de emisión diaria e unha hora de duración. Comezou a emitirse o 9 de setembro de 1985 presentado por Xosé Ramón Gayoso, Eva Veiga e Pemón Bouzas.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Luar (programa)

Luar é un programa da Televisión de Galicia. Trátase dun dos grandes éxitos da TVG, sendo líder de audiencia na súa franxa horaria e cunha especial relevancia na audiencia entre os galegos emigrados a través de Galicia TV. Mantense no aire desde o 30 de setembro de 1992.

Lúa Nova

Lúa Nova foi un programa da Televisión de Galicia dirixido e presentado por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na tempada 1986-1987, consistía en actuacións musicais, entrevistas, espectáculos de humor e circenses.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

O veciño do xoves

O veciño do xoves foi un programa de tertulias e entrevistas presentado e dirixido por Xosé Ramón Gayoso que se emitiu na Televisión de Galicia na tempada 1987-1988.

Premios Mestre Mateo 2009

Os Premios Mestre Mateo 2009 galardoaron ás producións audiovisuais de Galicia de 2009 e celebrouse o 15 de abril de 2010. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 27 categorías. A cerimonia celebrouse no Pazo da Cultura de Narón. O presentador foi Xosé Antonio Touriñán. Xosé Ramón Gayoso participou como copresentador da cerimonia, primeiro intervindo dun xeito virtual a través dunha gran pantalla e achegando a voz en off que deu continuidade á velada, e máis tarde xa coa súa presenza real no escenario.

Premios Mestre Mateo 2013

Os Premios Mestre Mateo 2013 galardoaron as producións audiovisuais de Galicia de 2013 e celebrouse o 12 de abril de 2014. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 26 categorías. A cerimonia celebrouse no PALEXCO de A Coruña.

O 24 de febreiro de 2014, nun acto celebrado no Salón Teatro de Santiago de Compostela, os actores Antonio Mourelos, presidente da AGA, Luís Tosar, vicepresidente, e a actriz Sabela Arán, deron a coñecer os finalistas.

A longametraxe Somos xente honrada estaba nomeada a 13 premios. A seguinte produción en número de candidaturas é a serie de televisión Era visto!, que estaba nomeada en 9 candidaturas. Séguelle a serie televisiva Luci con 8 candidaturas, a miniserie de televisión Salgadura con sete e Inevitable con seis categorías.

Presentador

Un presentador é unha persoa que presenta ou conduce un programa de radio ou televisión (informativos ou concursos), así como algúns eventos públicos ou privados (entregas de premios, entregas de diplomas, funcións de cine ou de teatro, etc.).

Habitualmente, o presentador é un comunicador, un xornalista, un locutor ou alguén con algunha profesión afín, escollido por certas calidades (boa dicción, carisma, coñecementos, aparencia física).

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.