Xosé Quiroga Suárez

Xosé Quiroga Suárez, nado en Petín o 4 de xullo de 1920 e finado na Rúa o 18 de outubro de 2006, foi un médico e político valdeorrés e o segundo presidente da preautonomía Xunta de Galicia antes da aprobación do estatuto de autonomía de 1981, o segundo estatuto de autonomía da historia de Galiza.

Xosé Quiroga Suárez
(José Quiroga Suárez) Adolfo Suárez durante la campaña electoral en Orense. Pool Moncloa. 11 de febrero de 1979 (cropped).jpeg
Nacemento4 de xullo de 1920
 Petín
Falecemento18 de outubro de 2006
 A Rúa
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpolítico
ProfesiónPolítico e médico
CargosPresidente da Xunta de Galicia (1979- 1981)

Traxectoria

Mutilado na Guerra Civil foi membro do somatén* valdeorrés setembro de 2017[Cómpre referencia].

Política

Xosé Quiroga foi alcalde de Petín durante o franquismo, entre 1953 e 1956.

Nos primeiros días da recuperación da democracia en Galiza, e dende o ámbito do cooperativismo agrario, fundou o partido Acción Política Orensana, a canda Vitorino Núñez. Foi membro de UCD desde a creación do partido por Adolfo Suárez, e resultou elixido senador nas constituíntes de 1977. Neses comicios foi o político máis votado de toda Galiza.

O primeiro goberno da Xunta

En 1979 foi nomeado presidente da Xunta pola UCD, cargo no que tomou posesión o 9 de xuño de 1979.

O seu goberno formárono Ramón Félix Blanco Gómez, Daniel Casalderrey Castro (agricultura, gandería e montes), Luís Cordeiro Rodríguez, Alejandrino Fernández Barreiro (educación e cultura), Baldomero Fernández Calviño (pesca), Segundo Fernández Covelo, Alfonso Javier García Ascaso (industria, comercio e turismo), José Gómez García, José Luis Nogueira Rodríguez, Vitorino Núñez, José María Pardo Montero (ordenación do territorio, urbanismo e transportes), José Regal Vázquez, Julio Riera Nieves, Miguel Sanmartín Losada (administración local), Jaime Tejada Lorenzo, Indalecio Tizón Covelo, José Antonio Trillo Torres e Víctor Manuel Vázquez Portomeñe.

Tralas eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981, nas que gañou Alianza Popular, deixou o seu cargo o 21 de xaneiro de 1982, pasando a ocupar o posto Xerardo Fernández Albor.

Conselleiro e senador

Durante todos eses anos compaxinou o seu cargo de presidente da Xunta co de senador, onde foi elixido en representación da UCD por tres veces (1977-1986).

Posteriormente, abandonou a UCD trala descomposición da formación centrista e sumouse a Coalición Galega, o Partido Reformista de Miquel Roca, Alianza Popular e posteriormente o Partido Popular[1]. Coa dereita foi senador en tres lexislaturas máis, foi tamén deputado autonómico e conselleiro de Sanidade e tamén de Traballo nos gobernos de Fernández Albor.

Vida persoal

Xosé Quiroga estudou o bacharelato en Monforte de Lemos e despois Medicina na Universidade de Santiago, onde se licenciou en 1944. Nos anos setenta (1971-1975) foi presidente da cooperativa vinícola Nuestra Señora de las Viñas.

Xa retirado da vida política, Xosé Quiroga volveu á súa terra natal e mantivo aberto o consultorio médico na Rúa ata a súa xubilación, logo de medio século de exercicio da profesión. Do seu matrimonio con Julia Gayoso tivo nove fillos.

Foi condecorado coa medalla de Cabaleiro da Orde da Constitución e coa Cruz de Venezuela de Fernández Miranda. Era tamén fillo predilecto de Petín.

Predecesor:
-
 Sen escudo.svg
Alcalde de Petín
 
19531956
Sucesor:
-
Predecesor:
Antonio Rosón Pérez
 Escudo de Galicia.svg
Presidente da Xunta de Galicia
 
1979 - 1981
Sucesor:
Xerardo Fernández Albor

Notas

  1. Fallece el ex presidente de la Xunta José Quiroga Suárez, El Correo Gallego, 19 de outubro de 2006 (en castelán).
1920

1920 foi Ano Santo Xacobeo.

Amador Vázquez Vázquez

Amador Vázquez Vázquez, nado en Vilamarín o 17 de maio de 1947, é un político galego do PPdeG.

Antonio Hervella Martínez

Antonio Hervella Martínez, nado no Barco de Valdeorras o 17 de marzo de 1935, é un procurador e político galego.

Antonio Rodríguez Rodríguez

Antonio Rodríguez Rodríguez, nado na Peroxa o 27 de maio de 1944, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Carmen Leyte

María del Carmen Leyte Coello, nada en Vigo o 3 de decembro de 1953, é unha médica e política galega vinculada ao PPdeG.

Celso Montero

Celso Montero Rodríguez, nado en Quintela de Leirado o 14 de novembro de 1930 e finado o 18 de xuño de 2003, foi un sacerdote, xornalista e político galego.

Edelmira Barreira

Edelmira Barreira Diz, coñecida como Miri Barreira, nada en Verín en 1978, é unha política galega do PPdeG.

Eduardo Olano Gurriarán

Eduardo Olano Gurriarán, nado no Barco de Valdeorras o 16 de febreiro de 1933, é un político galego, empresario e enxeñeiro forestal.

Francisco José Fernández Pérez

Francisco José Fernández Pérez, nado en Louredo (Cortegada) o 12 de xullo de 1959, é un farmacéutico e político galego do PPdeG.

Isaac Vila

Isaac Vila Rodríguez, nado en Xinzo de Limia o 4 de xuño de 1936, é un político galego do PPdeG.

Jorge Bermello

Jorge Bermello Fernández, nado o 7 de abril de 1936 en Ourense, é un político galego.

Julio Gurriarán

Julio Gurriarán Canalejas, nado no Barco de Valdeorras o 17 de abril de 1919 e finado en marzo de 2012, foi un médico e político galego.

Luis González Seara

Luis González Seara, nado na Mezquita (A Merca) o 7 de xuño de 1936 e finado en Madrid o 23 de abril de 2016, foi un sociólogo e político galego.

Luís Milia

Luís Milia Méndez, nado en Xunqueira de Ambía o 21 de xuño de 1948, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Manuel Martínez Randulfe

Manuel Martínez Randulfe, nado en Ourense o 13 de xuño de 1936, é un avogado, empresario e político galego do PPdeG.

Manuel Montero Gómez

Manuel Montero Gómez, nado en Valladolid o 26 de agosto de 1933 e finado en Ourense o 20 de decembro de 2006, foi un médico e político galego ligado ao PPdeG.

Manuel Prado López

Manuel Prado López, nado en Boborás o 5 de xuño de 1958, é un político galego do Partido Popular de Galicia (PPdeG).

Miguel Fidalgo Areda

Miguel Fidalgo Areda, nado en Francelos (Ribadavia) o 10 de marzo de 1956, é un político socialista galego.

Miguel Ángel Pérez de Juan

Miguel Ángel Pérez de Juan Romero, nado o 30 de marzo de 1956 en Ourense, é un médico cardiólogo e político galego do PPdeG.

2019 -
2015 - 2019
2011 - 2015
2008 - 2011
2004 - 2008
2000 - 2004
1996 - 2000
1993 - 1996
1989 - 1993
1986 - 1989
1982 - 1986
1979 - 1982
1977 - 1979

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.