Xosé Pérez Ballesteros

Xosé Pérez Ballesteros, nado en Santiago de Compostela o 30 de xuño de 1833 e falecido na Coruña o 30 de outubro de 1918, foi un escritor en lingua galega e lingua castelá, e investigador do folclore galego do rexurdimento, que participou no labor cultural do provincialismo e do rexionalismo, un dos corenta fundadores e primeiro tesoureiro da Real Academia Galega, considerado como un dos precursores. A súa obra máis destacada foi a edición, en tres tomos, do Cancionero popular gallego (1885-1886).

Xosé Pérez Ballesteros
José Pérez Ballesteros
Retrato en Coruña Moderna, 1905.
Nacemento30 de xuño de 1833
 Santiago de Compostela
Falecemento30 de outubro de 1918
 A Coruña
SoterradoCemiterio de S. Amaro
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago
Ocupaciónescritor
EstudosDereito, Filosofía e Letras
OrganizaciónEl Folk-Lore Gallego
Real Academia Galega
CargosTesoureiro da RAG.
Sinatura Ballesteros

Biografía

Cursou as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, acabando por doutorarse na primeira delas en 1859, cunha tese sobre o concilio de Trento, que presentou na Universidade Central madrileña.

En 1862 participou na colectánea poética do Album de la Caridad, cunha soa obra "Un soño", que databa de 1853.

En 1865 aprobou por oposición a cátedra de Lóxica, Psicoloxía e Ética, que exerceu no Instituto de bacharelato da Coruña. En 1878 pasou a ostentar o cargo de director de dito centro de estudos, no que permaneceu até a súa xubilación. Nese mesmo ano de 1878, publica o seu primeiro libro de poesías: Versos en dialecto gallego.

Ao ser fundada a sociedade El Folk-Lore Gallego na cidade herculina, o 25 de febreiro de 1884, que presidiu Emilia Pardo Bazán, Pérez Ballesteros ingresou nela como vogal da xunta directiva.[1] Nese mesmo ano dedicaría á dita asociación a primeira escolma de entidade sobre a cantiga galega, o Cancionero popular gallego, publicado nos dous anos seguintes.

Nos anos sucesivos, desde un punto de vista creativo, publicou só outro libro poético, Foguetes (1888), e, de resto, composicións soltas, que apareceron en diversos xornais e revistas, como Almanaque Gallego, El Heraldo Gallego de Ourense, La Ilustración Gallega y Asturiana, Galicia Humorística, Galicia. Revista Regional, O Galiciano, Revista de Galicia ou Revista Gallega da Coruña, en A Monteira de Lugo etc.[1] Colaborou con catro poemas na edición políglota de Lo Gayter del Llobregat (1888-89) de Joaquim Rubió i Ors,[2] na que participaron outros cinco escritores galegos. Publicou tamén algúns artigos de temas lingüísticos e literarios.

Ballesteros foi un dos asiduos dos faladoiros da coruñesa Cova Céltica, a animada e erudita trastenda galeguista de entre séculos, radicada na libraría de Uxío Carré Aldao. En 1905, Pérez Ballesteros formou parte da comisión con representantes de toda Galiza, que segundo encomenda de Manuel Curros Enríquez desde Cuba, debería encargarse de organizar a Academia Galega; Ballesteros, xunto con Manuel Murguía, era o representante da provincia da Coruña. Pouco tempo despois, Pérez Ballesteros foi un dos corenta membros fundadores da Real Academia Galega, da que foi o seu primeiro tesoureiro.

Obra

Creación literaria

  • Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces.[4] Madrid. P. Calleja y Compañía, Editores. 1878, con prólogo de Juan Antonio Saco y Arce.
  • Foguetes.[5] A Coruña. Andrés Martínez Salazar Editor. 1888.

Investigación

  • Juício crítico acerca del Concilio de Trento y estado de la disciplina eclesiástica antes y después de su celebración.[6] (tese de doutoramento). Madrid. 1859.
  • Refranero gallego y diccionario analítico, 1884, inédito.[1]
  • Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de La Coruña (3 tomos). 1886. Con prólogo de T. Braga e apéndice de A. Machado Álvarez.[7] Madrid. Incluídos na "Biblioteca de Tradiciones Populares".[8]
  • Apuntes cervantinos. A Coruña. Tipografía La Constancia. 1905.

Artigos diversos

  • Un descubrimiento zoológico del Sr. López Seoane, na revista La Ilustración Gallega y Asturiana, nº 9, 28-III-1881.
  • Cuestión gramatical: conto, na revista Galicia, nº 5. A Coruña. 1888.
  • Indicaciones acerca de la Prosodia y Ortografía gallegas, na revista Galicia, nº 8. A Coruña. 1888.

Galería de imaxes

Versos en dialecto gallego, 1878. PDF.
Versos en dialecto gallego, 1878. PDF

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 González Fernández.
  2. Catàleg de les biblioteques de la UB
  3. Album de la Caridad. Juegos Florales de La Coruña en 1861, seguido de un mosaico poético de nuestros vates gallegos contempornáneos en Galiciana, Biblioteca de Galicia.
  4. Versos en dialecto gallego y correspondencia castellana de sus principales voces en Galiciana.
  5. Foguetes en Galiciana.
  6. Juício crítico acerca del Concilio de Trento y estado de la disciplina eclesiástica antes y después de su celebración en Galiciana.
  7. Cancionero Popular Gallego y en particular de la provincia de La Coruña en Galiciana.
  8. En 1979 Akal publicou unha edición facsímile, na colección Arealonga. ISBN 84-7339-445-3.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

30 de outubro

O 30 de outubro é o 303º día do ano do calendario gregoriano (304º nos anos bisestos). Quedan 62 días para finalizar o ano.

30 de xullo

O 30 de xullo é o 211º día do ano do calendario gregoriano e o 212º nos anos bisestos. Quedan 154 días para finalizar o ano.

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Precursores

Denomínanse como precursores aqueles escritores que desenvolveron a súa actividade literaria entre os anos 1833 e 1863. Son as voces ilustradas e patrióticas dos galegos que denuncian a situación da lingua e a cultura galegas.[Cómpre referencia] A súa temática é máis próxima ao realismo xa que primordialmente reflicten acontecementos que lles toca vivir a eles e aos do seu redor. Reciben este nome por cumpriren o papel de iniciadores da literatura galega e o renacemento da súa cultura. Os precursores desenvolven órganos xornalistas na lingua galega e así prepararon o terreo para a chegada do Rexurdimento pleno.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.