Xosé Mosquera Pérez

Xosé Mosquera Pérez, nado no Carballal (antigo concello da Enfesta) o 18 de setembro de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 30 de decembro de 1965, foi un profesor galeguista.

Xosé Mosquera Pérez
Xosé Mosquera Pérez caracterizado como O Vello dos Contos 1933
Xosé Mosquera caracterizado como O Vello dos Contos, retrato en Vida Gallega, 1933.
Nacemento18 de setembro de 1895
 Santiago de Compostela
Falecemento30 de decembro de 1965
NacionalidadeEspaña

Traxectoria

Dirixiu o grupo de teatro Cativezas (1923-1925). Popularizou o personaxe "O vello dos contos" na emisora santiaguesa Unión Radio Galicia (1932-1936), co que fixo campaña a favor do Estatuto de Galicia de 1936. Militante do Partido Galeguista, en febreiro de 1936 abandona o Partido con Manuel Beiras para unirse á Dereita Galeguista.

Santiago 18-06b, Xosé Mosquera Pérez
Busto de Xosé Mosquera Pérez, en Santiago de Compostela.

Na posguerra foi redactor de La Noche. En 1946 saíu á venda a Casa da Matanza por 100.000 pesetas. Mosquera coñeceu a noticia por medio de Xesús Rey-Alvite e, xunto con Manuel Beiras e Camilo Agrasar foron a Padrón para negociar coa dona da casa[1]. Ao darse conta de que non tiñan medios suficientes para comprala, Mosquera decidiu pedirlle axuda económica ao seu amigo José Villar Granjel[2] e contoulle a intención que tiña de adquirir a casa para convertela nun símbolo de galeguidade e para fundar un Padroado composto por galegos ilustres que conservasen a casa e a memoria de Rosalía. O 15 de novembro de 1947 Mosquera convocou en Santiago un grupo de antigos galeguistas (Ramón Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román, Luís Iglesias Iglesias, Fermín Bouza-Brey, Paulino Pedret Casado, Felipe Cordero Carrete, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel Beiras García, Xaime Illa Couto, Antonio Fraguas Fraguas e Xesús Ferro Couselo) e constituíron o Padroado Rosalía de Castro co propósito de facerse cargo do inmoble e de transformar a casa nun verdadeiro museo rosaliano, con biblioteca especializada, aberto ao público. Dúas semanas despois faleceu José Villar Granjel e legou a súa metade da casa ao Padroado. Mosquera estaba gravemente endebedado co pago da súa metade da casa, débeda que pagou o Centro Galego de Bos Aires, conseguindo así que toda a casa fose propiedade do Padroado. Como agradecemento colocóuselle unha placa ao lado do Mausoleo de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres. Foi presidente do Padroado. Foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 1952.

Notas

  1. García Domínguez, Raimundo (1999). Fundación Rosalía de Castro, ed. Papeis de Borobó. A cantora do Sar: da man de Rosalía e co seu patronato. Padrón. pp. 115–116. ISBN 84-87668-11-9.
  2. El Correo Gallego (ed.). "La Casa de Rosalía" (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2015.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

18 de setembro

O 18 de setembro é o 261º día do ano do calendario gregoriano e o 262º nos anos bisestos. Quedan 104 días para finalizar o ano.

30 de decembro

O 30 de decembro é o 364º día do ano do calendario gregoriano e o 365º nos anos bisestos. Queda 1 día para finalizar o ano.

Congreso da Emigración Galega

Os Congresos da Emigración Galega son un conxunto de xuntazas organizadas coa finalidade de facer propostas aos poderes públicos, colaborando, para resolver os problemas que se presentaban á emigración galega, ademais de constituíren foros para a confrontación entre as diferentes orientacións políticas e ideolóxicas presentes nos diferentes enclaves galegos.

Dereita Galeguista

Dereita Galeguista foi un partido galeguista de dereitas activo durante os últimos meses da Segunda República Española.

Fundación Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro é unha institución cultural galega, constituída o 15 de novembro de 1947 por Xosé Mosquera Pérez (O Vello dos Contos) no Hotel Compostela de Santiago de Compostela baixo o nome Patronato Rosalía de Castro que se converteu en Fundación Rosalía de Castro nun acto celebrado no Colexio de Fonseca da mesma cidade o 29 de decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de Galicia en decembro de 1997 e renovados en 2008 (en vigor desde 2009).

En 2015 réxese por unha Presidencia elixida polo Padroado entre os seus membros. O Padroado é o órgano de goberno, representación e administración da Fundación e está composto por quince membros institucionais e por personalidades da cultura que teñan especial vínculo coa obra de Rosalía de Castro. O Padroado designa un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e un Tesoureiro de entre os seus membros. Designará tamén unha Comisión Executiva que se compón pola Presidencia, pola Vicepresidencia, pola Secretaría, pola Tesouraría e por catro vogalías (sendo unha delas a Dirección do Centro de Estudos Rosalianos) cuxas funcións son: a xestión ordinaria dos asuntos da Fundación, a adopción de Acordos por razón de urxencia dando ulterior conta ao Padroado e as funcións que este delegue.

Nos seus 67 anos de historia contou con nove presidentes que foron —cronoloxicamente citados—: Luís Iglesias Iglesias, Juan Gil Armada, Xosé Mosquera Pérez, Octavio Sanmartín Domínguez, Agustín Sixto Seco, Carlos Amable Baliñas Fernández (en funcións tras a morte de Sixto Seco), Helena Villar Janeiro, Ana Blanco Gómez (durante dous meses tras a dimisión de Villar Janeiro) e Anxo Angueira Viturro, que a dirixe a maio de 2015.

Este organismo naceu coa vontade de restaurar a casa na que vivira Rosalía de Castro nos seus derradeiros anos e de a converter nunha casa museo (e sostela posteriormente), coidar do Panteón de Galegos Ilustres e difundir e promover a cultura galega.

Entre as súas finalidades están: fomentar o coñecemento e a conservación da memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos; a promoción do estudo, da edición e da divulgación da vida e obra de Rosalía, da Galicia do seu tempo e da súa influencia posterior; conservar o conxunto da Casa-Museo de Rosalía, conservar e incrementar o patrimonio rosaliano (mobles, pertenzas, recordos persoais de Rosalía etc.) dispoñéndoo do mellor xeito para que poida ser contemplado e estudado, coidar do Mausoleo de Rosalía sito no Panteón de Galegos Ilustres (Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago) e máis da campa que albergou antes o seu corpo no cemiterio de Adina en Iria Flavia (Padrón, A Coruña); celebrar actos, cando menos, nas dúas datas rosalianas (24 de febreiro e 15 de xullo) ademais da celebración da Misa Votiva do 25 de xullo —acto que se viña celebrando desde 1932 e desde 1969 en lingua galega converténdose no único acto público en que se consentían o galego, as reivindicacións galeguistas e a presenza de políticos disidentes durante a ditadura franquista— e da Ofrenda Floral no Panteón de Galegos Ilustres ante a tumba da poetisa e fomentar e difundir a lingua e a cultura galegas.

No ano 2015 estaba representada no Pleno do Consello da Cultura Galega e na Ascociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE).

Ten a súa sede na Casa da Matanza (antigamente coñecida como Horta da Paz), en Padrón (A Coruña).

Henrique Neira

Henrique Neira Pereira, nado en Caracas (Venezuela) no 1973, é un xornalista, escritor, historiador, debuxante e investigador galego. É irmán do tamén escritor Xerardo Neira.

Mercado de Abastos de Santiago de Compostela

O Mercado de Abastos ou Praza de Abastos de Santiago de Compostela é un mercado localizado na zona vella da capital galega, concretamente no distrito denominado Altamira.

Praza da Quintana

A praza da Quintana é unha praza simbólica de Santiago de Compostela, formada pola confluencia da fachada sur da catedral de Santiago, a casa da Parra, o Convento de San Paio de Antealtares e a casa da Conga.

Praza de Cervantes

A Praza de Cervantes é unha praza da zona vella de Santiago de Compostela, o seu primeiro nome foi Praza do Campo, cara ao século XII pasou a ser coñecida como Praza do Foro, e posteriormente Praza do Pan.

Praza do Obradoiro

A praza do Obradoiro é a praza máis senlleira de Santiago de Compostela. Está arrodeada polo Hospital Real, hoxe parador (hostal dos Reis Católicos) ao norte, o colexio de San Xerome ao sur (hoxe reitoría da Universidade), o Pazo de Xelmírez e a catedral de Santiago de Compostela (coa fachada do Obradoiro e o museo da catedral) ao leste, e o pazo de Raxoi ao oeste (sede do Concello de Santiago de Compostela). Quedan así representados na praza os principais polos da vida da capital galega: a relixión, a educación universitaria, a atención ao peregrino e ao viaxeiro, e a administración.

A praza áchase no centro monumental da vila. O seu nome semella derivar dos obradoiros dos canteiros que traballaron na construción da fachada barroca da catedral, que domina a praza. Pode que incluso que o nome veña da construción da antiga fachada románica. Cómpre salientar a riqueza de estilos arquitectónicos nunha soa praza, xurdidos de máis de 700 anos de construción.

Ramón Lugrís

Ramón Lugrís Pérez, nado en Ferrol en 1932 e finado en Cidade Real o 2 de decembro de 2015, foi un xornalista, tradutor e ensaísta galego.

Rúa Entrerríos (Santiago de Compostela)

A rúa de Entrerríos é unha estreita rúa da cidade de Santiago de Compostela, cunha lonxitude aproximada duns 290 m, que baixa desde a costa de San Francisco, a carón do final da avenida de Xoán XXIII, até a rúa de Morón, nas Galeras, fronte ao Campo Municipal de Santa Isabel.Ao final do seu percorrido encóntranse dous improtantes edificios, o que acolle a sección de Odontoloxía da Facultade de Medicina e Odontoloxía, no número 1 da rúa, e, ao seu lado, no número 3, o Centro de Saúde Galeras, do SERGAS.

Rúa das Galeras

A rúa das Galeras é unha rúa da cidade de Santiago de Compostela que discorre desde a zona do Parque da Alameda de Santiago até preto do campo de fútbol de Santa Isabel.Nesta rúa existen diversos edificios e oficinas administrativas, como, por exemplo, a oficina de xestión de multas do concello de santiago, sita no nº 13, baixo, que se encarga da tramitación dos expedientes por infraccions de tráfico, ou a Asemblea Nacional de Estudantes Galegas (ANEGA), no nº 28 3 °F.

Rúa de San Francisco (Santiago de Compostela)

A rúa de San Francisco é unha rúa do casco histórico de Santiago de Compostela que vai desde a praza do Obradoiro até a igrexa de San Francisco.

Rúa de San Roque (Santiago de Compostela)

A rúa de San Roque é unha rúa da cidade de Santiago de Compostela, situada nas aforas do casco histórico, entre a rúa das Rodas e a rúa de Santa Clara.

No seu número 2 encóntrase a entrada do Antigo Hospital de San Roque.

Santiago de Compostela

Santiago de Compostela é a capital de Galicia (polo tanto, radicando nesta cidade e concello o Goberno autonómico) e da comarca de Santiago, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2017 tiña 96.456 habitantes (94.824 en 2010). O seu xentilicio é «santiagués» ou tamén «compostelán», e máis popularmente «picheleiro».

Por outra banda, tamén é a Sé Arcebispal galega, amais do destino das diferentes rutas que conforman o Camiño de Santiago, declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, distinción que tamén posúe o seu casco vello dende o ano 1985.

A cidade aséntase entre o monte Pedroso e o monte Viso, circundada polos ríos Sar e Sarela. Limita ao norte cos concellos de Val do Dubra, Trazo e Oroso; ao sur con Teo, Vedra e Boqueixón; ao leste co Pino; e ao oeste con Ames. Ademais da cidade de Santiago, o termo municipal comprende vinte e nove parroquias rurais. Por poboación é o quinto concello galego despois de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo. Posúe unha densidade de poboación de 432,74 hab./km² (2011), e unha superficie de 220,6 km².

Xosé Mosquera

Co nome de Xosé Mosquera podemos referirnos a:

Xosé Mosquera Pérez 'O vello dos contos', mestre galeguista (1895-1965).

Xosé Mosquera Casero, político galego (n. 1956).

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.