Xosé Miranda

Xosé Miranda Ruiz, nado en Lugo o 18 de decembro de 1955, é un escritor galego.

Xosé Miranda
Xosé Miranda (AELG)-3
Nacemento18 de decembro de 1955
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta
XénerosNarrativa e poesía
EstudosBioloxía
Premios1988: Premio Modesto R. Figueiredo

Traxectoria

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Compostela en 1978, na actualidade é profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo.

Gañador do premio Modesto R. Figueiredo de 1988 con Na terra sombría, conta cunha depurada técnica narrativa e cun discurso propio. Investigador da literatura galega de tradición oral publicou numerosas recolleitas de contos e con Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.

Obra

Narrativa

  • Historia dun paraugas azul (1991, Xerais).
  • A biblioteca da iguana (1994, Xerais).
  • A neve na cadeira (1994, Nigra).
  • A tres bandas (1995, Xerais).
  • Partenoxénese (1995, Xerais).
  • Vestío (1995, Nigra).
  • O demo á orella (1996, Xerais).
  • Morning Star (1998, Xerais).
  • Infancia e desventura de Lino Carrán (2000, Galaxia).
  • Triloxía pánica (2002, Xerais).
  • Tarxeta vermella (2003, Xerais).
Literatura infantil e xuvenil
  • O coello Federico (2000, Xerais).
  • Lúa e os nubeiros (2000, Galaxia).
  • Feitizo (2001, Xerais).
  • Ariadna (2002, Xerais).
  • Pel de lobo (2002, Xerais).
  • Álvaro e Álvaro (2004, Xerais).
  • Federico na silveira (2006, Xerais).
  • As mans do medo (2007, Xerais).
  • A nena pálida (2007, Tambre).
  • Piratas polo Miño (2007, Tambre).
  • Amancio Amigo e o demo da botella (2008, Xerais).

Poesía

Obras colectivas

Con Xoán Ramiro Cuba e Antonio Reigosa
  • Contos marabillosos. I e II (1998, Xerais).
  • Contos marabillosos. III e IV (1999, Xerais).
  • Dicionario dos seres míticos galegos (1999, Xerais). Traducido ao castelán como Diccionario de los seres míticos gallegos no 2006 na mesma editorial.
  • Contos de maxia. I, II, III e IV (2000, Xerais).
  • Antoloxía do conto de tradición oral (2001, Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia).
  • Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral (2001, Xerais).
  • Contos de animais. I e II (2001, Xerais).
  • Pequena mitoloxía de Galicia (2001, Xerais).
Con Antonio Reigosa
  • Colección Cabalo Buligán. 20 volumes (1998-2003, Xerais).
  • Contos fantásticos. I e II (2001, Xerais).
  • Cando os animais falaban. Cen historias daquel tempo (2002, Xerais).
  • Contos de encantamento. I e II (2002, Xerais).
  • Máis contos de animais. I e II (2002, Xerais).
  • Contos de parvos e pillos. I e II (2003, Xerais).
  • Arrepíos e outros medos (2004, Xerais).
  • Contos prodixiosos. I e II (2004, Xerais).
  • A flor da auga: historias de encantos, mouras, serpes e cidades mergulladas (2006, Xerais).

Premios

Véxase tamén

Ligazóns externas

18 de decembro

O 18 de decembro é o 352º día do ano do calendario gregoriano e o 353º nos anos bisestos. Quedan 13 días para finalizar o ano.

A biblioteca da iguana

A biblioteca da iguana é unha longametraxe galega dirixida por Antón Dobao no ano 2005, con guión do propio Antón Dobao e Miguelanxo Prado, baseado nun relato homónimo de Xosé Miranda. Está rodada en Lugo.

Antonio Reigosa

Antonio Reigosa Carreiras, nado en Zoñán (Mondoñedo) o 15 de agosto de 1958, é un escritor, conferenciante e investigador da mitoloxía popular e da literatura galega de tradición oral.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Biosbardo

Os biosbardos son unha figura mitolóxica existente en Galicia coa que se adoita gastar bromas aos non iniciados na caza. Adoita falarse deles coma paxaros ou mozos de gran beleza que ninguén sabe describir e que quen consegue cazalos ten despois moita sorte na vida, a condición de que non llos ensine a ninguén.

Dicionario dos seres míticos galegos

O Dicionario de seres míticos galegos é un ensaio enciclopédico escrito por Xoán Ramiro Cuba, Xosé Miranda e Antonio Reigosa que a modo de dicionario contén 710 entradas do patrimonio mitolóxico galego. É unha compilación dos protagonistas de lendas, mitos e contos populares galegos ordenados alfabeticamente. Orixinalmente publicado no ano 1999, conta con outras catro edicións, no 2000 (2ª ed.), 2002 (3ª ed.), 2004 (4ª ed.) e 2008 (5ª ed.).A obra está baseada nunha ampla biografía que abarca numerosos antropólogos e intelectuais galegos como Murguía, Risco, Cunqueiro, Ferrín etc), amais de pescudas dos propios autores nos concellos de Abadín, Begonte, Cangas, Chantada, A Fonsagrada, Lugo, Mondoñedo Palas de Rei, Paradela, A Pastoriza, A Pontenova e Vilalba.

Estudantes Revolucionarios Galegos

Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) foi unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, activa entre 1972 e 1988.

Fundouse a iniciativa da UPG, nun clima de tensión tras folgas na Universidade de Santiago e a morte dun estudante pola policía, en decembro de 1972, encargouselle a Manuel Mera, que acababa de chegar da Arxentina e alí tivera experiencia na organización universitaria do grupo maoísta Vanguardia Comunista, artellar unha organización que agrupase aos universitarios e estudantes de secundaria. En Santiago de Compostela, coa axuda de simpatizantes da UPG, logra captar a un feixe de universitarios procedentes de todo o país e consegue a incorporación dalgúns militantes do Movemento Comunista da Coruña, entre eles Elvira Souto. Aos poucos meses chega aos 40 militantes, entre eles Anselmo López Carreira, Alfredo Suárez Canal e Chus Pato. En 1976 celebrou a súa primeira asemblea e en 1977 a segunda. En xaneiro de 1978 organizouse o I Congreso ao que asistiron 1.000 delegados e elíxese unha dirección da que formaban parte Xulio Ríos ou Xosé Miranda. Cando se formou o BNG en 1982, ERGA integrouse nel.

ERGA tiña como órgano de expresión o boletín Lume que editou o seu primeiro número en febreiro de 1973. ERGA constituíu a primeira organización de masas do nacionalismo tras a guerra civil, conseguiu unha ampla presenza na Universidade e nos institutos galegos e forneceu á UPG dirixentes e cadros.

Literatura infantil

Enténdese por literatura infantil aquela escrita pensando no público infantil como destinatario, máis o conxunto de textos literarios que a sociedade considerou aptos para os máis pequenos, pero que en orixe escribíronse pensando en lectores adultos (por exemplo As viaxes de Gulliver ou Platero e eu).

Noutro sentido do termo, menos habitual, abrangue así mesmo as pezas literarias escritas polos propios nenos. Por outra banda, ás veces considérase que o concepto inclúe a literatura xuvenil, escrita por ou para os adolescentes; pero o máis correcto é denominar ó conxunto literatura infantil e xuvenil.)

Miranda

O topónimo Miranda pode referirse a:

En GaliciaMiranda, parroquia do concello de Castroverde;

Miranda, lugar de dita parroquia;

Miranda, lugar da parroquia de Coiro no concello de Cangas;

A Miranda, lugar da parroquia de Parada das Achas, no concello da Cañiza;

A Miranda, lugar da parroquia de Donas, no concello de Gondomar;

A Miranda, lugar da parroquia de Forcas, no concello de Parada de Sil;

Arciprestado de Ribadeo-Miranda, na diocese de Mondoñedo-Ferrol;En EspañaMiranda, parroquia do concello asturiano de Avilés;

Miranda, lugar do concello asturiano de Castrillón;

Miranda de Arga, vila de Navarra;

Miranda de Azán, vila da provincia de Salamanca;

Miranda del Castañar, vila da provincia de Salamanca;

Miranda de Duero, vila da provincia de Soria;

Miranda de Ebro, cidade da provincia de Burgos;

Belmonte de Miranda, concello asturiano;

Río de Miranda, antigo nome do río Eo.En PortugalMiranda do Corvo, concello portugués do distrito de Coimbra;

Miranda do Douro, concello portugués do distrito de Braganza;

Terra de Miranda, territorio histórico onde se fala mirandés;En VenezuelaMiranda, estado de Venezuela;

Municipio Miranda, nome de cinco subdivisións político-administrativa de Venezuela;

Municipio Francisco de Miranda, nome de tres subdivisións político-administrativa de Venezuela;Amais, como apelido pode referirse a:

Francisco de Miranda, precursor e mestre dos próceres da independencia hispanoamericana (1750-1816);

Faustino Miranda botánico español (1905-1964);

Xosé Miranda, escritor galego (n. 1955);

Morning Star (novela)

Morning Star é unha novela de Xosé Miranda, publicada por Edicións Xerais en 1998. Gañadora do Premio Xerais, xa se levan editadas 12 edicións.

Pel de lobo

Pel de lobo é unha novela de Xosé Miranda, galardoada co Premio Merlín 2002.

Os protagonistas son Fulxencio Nóvoa e o seu fillo Xosé, que van á procura dun lobo enorme, unha besta que comeu varios nenos, na vila do Incio, e acaban por descubrir a maldición de dúas irmáns feitizadas polo seu pai, as que salvan, impedindo así máis mortes.

Pepa a Loba

Pepa a Loba é unha figura mítica de Galicia é unha figura lendaria de bandoleira galega de finais do século XIX, que, segundo a lenda, acadou a súa fama asaltando camiños e roubando a caciques e cregos.

Piratería

A piratería ou pirataría é unha práctica que consiste en que unha embarcación ataca a outra co propósito de roubarlle a carga, esixir rescate polos pasaxeiros, convertelos en escravos e moitas veces apoderarse da nave. A súa definición segundo o dereito internacional pode atoparse no artigo 101 da Convención das Nacións Unidas sobre o Dereito do Mar. A pirataría refírese tamén, desde mediados do século XX a un tipo de accións realizadas en avións que buscan reter pola forza tripulacións e pasaxeiros, así como as propias aeronaves. Outros autores, como Wolfram zu Mondfeld, consideran tamén pirataría os ataques privados realizados desde o mar contra buques e posicións en terra para roubar ou conquistar.

Xunto coa actividade dos piratas que roubaban pola súa conta pola cobiza, os corsarios eran mariñeiros contratados para traballar en naves privadas con patente de corso, que atacaban embarcacións dun país inimigo. A distinción entre pirata e corsario é necesariamente parcial, pois corsarios como Francis Drake ou a frota francesa no desembarque da Baía das Mós foron considerados piratas polas autoridades españolas, ao entenderen estas que non existía unha guerra declarada entre as súas nacións. Dispor dunha patente de corso ofrecía certas garantías de ser tratado como soldado doutro exército e non coma un ladrón e asasino, se ben ao mesmo tempo carrexaba certas obrigacións. Os termos filibusteiro e bucaneiro, máis específicos, están relacionados coa piratería no Mar Caribe.

Premio Esquío de poesía

O Premio Esquío de poesía é un premio de poesía organizado pola Sociedad de Cultura Valle-Inclán de Ferrol desde 1981. Até o ano 2007 foi apoiado economicamente pola Caixa Galicia a través da Fundación Caixa Galicia, contando cun dos maiores premios económicos do Estado español para certames de poesía. Dende a edición de 1985 conta con dúas convocatorias diferentes, unha en galego e outra en español, cada unha dotada cun premio en metálico e a publicación da obra na Colección Esquío de poesía. Poucos anos despois da primeira convocatoria instituíron un accésit en cada un dos apartados. No ano 2007 a Fundación Caixa Galicia retirou o apoio económico ao premio, impedindo que puidese ser convocado. A Sociedad de Cultura Valle-Inclán consegue, a finais dese mesmo ano, involucrar ao Concello de Ferrol, e sacar as bases para a edición de 2008, aumentando tamén levemente o premio económico.

Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

O Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi instituído en 1988 polo concello de Dodro co obxectivo de contribuír á reafirmación da lírica galega e honrar ao poeta Eusebio Lorenzo Baleirón. Os poemarios gañadores publícanse, a partir de 1992, na Colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Edicións do Castro.

Premio Miguel González Garcés

O Premio de poesía Miguel González Garcés foi instituído en 1991 pola Deputación da Coruña como homenaxe á figura do poeta coruñés Miguel González Garcés. Desde a edición de 2000 a convocatoria é bianual.

Premio Modesto R. Figueiredo

O Premio Modesto R. Figueiredo é o nome que recibe o Certame Nacional de Narracións Breves convocado pola Fundación do Padroado Pedrón de Ouro desde 1975 para textos en lingua galega dun máximo de trinta páxinas, na actualidade o premio está dotado con 1.000 euros, podendo concederse dous accésits de 240 euros.

Outorgouse pola vez primeira en 1975 co nome de Concurso de Narracións Curtas Pedrón de Ouro pero a morte do seu patrocinador, Modesto Rodríguez Figueiredo vicepresidente do Pedrón de Ouro motivou que o premio adoptase o seu nome desde a terceira edición en 1977.

O Premio é un dos máis importantes do panorama literario galego que nas dúas primeiras edicións da convocatoria (1975 - 1976) premiou a destacados escritores como Xoán Ignacio Taibo, Xavier Alcalá, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xavier Rodríguez Barrio, Xosé Manuel Martínez Oca e Carlos Durán.

Posteriormente serviu para dar a coñecer a autores que contribuíron á renovación da literatura galega como Suso de Toro, Tucho Calvo, Carlos G. Reigosa, Antón Cortizas ou Ramiro Fonte.

Raíña Lupa

A Raíña Lupa, (tamén coñecida como Raíña Lopa, Raíña Luparia, Raíña Luca e Raíña Loba) é un personaxe da mitoloxía galega.

Xoán Ramiro Cuba

Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1958, é un escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.