Xosé Manuel Sánchez Rei

Xosé Manuel Sánchez Rei, nado na Coruña en 1973, é un filólogo e escritor galego.

Xosé Manuel Sánchez Rei
Xosé Manuel Sánchez Rei (AELG)-1
Nacemento1973
 A Coruña, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña
Ocupaciónfilólogo e escritor
XénerosEnsaio
EstudosFiloloxía Galego-Portuguesa

Traxectoria

Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela en 1997 e doutorouse na Universidade da Coruña en 2001, onde actualmente exerce a docencia como Profesor Titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa. É secretario da Revista Galega de Filoloxía e membro do seu Consello de Redacción desde o seu aparecemento no ano 2000, colaborando tamén con artigos en Terra e Tempo. Foi presidente da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda ata 2017 e actualmente é vicepresidente.

Obras

Ensaio

  • Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego, 1999, Laiovento.
  • Os pronomes demostrativos: do latín ao galego contemporáneo, 2002, Monografía 1 da Revista Galega de Filoloxía.
  • A lingua galega no cancioneiro de Pérez Ballesteros, 2006, Laiovento.
  • O complemento preposicional en galego. Análise desde a gramática de valencias, 2010, Universidade da Coruña.
  • Lingua galega e variación dialectal, 2011, Laiovento.
  • O falar das fadas, 2016, Baía.
  • Cantar na Coruña, 2017, Laiovento.

Edicións

  • O fidalgo e o teatro. Tres textos dramáticos de Ramón Otero Pedrayo (introdución, edición e notas), 1999, Departamento de Filoloxías Francesa e Galego-Portuguesa da Universidade da Coruña.

Obras colectivas

  • Ensaio histórico e económico: antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Coeditor con Bieito Alonso, María do Carme García Negro e Luís Obelleiro Piñón.
  • O pensamento galeguista da posguerra: antoloxía, 1997, AS-PG/A Nosa Terra. Coeditor con Xoán Carlos Garrido Couceiro.
  • Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, 2001, Universidade da Coruña. Coeditor con Carlos Caetano Biscaínho.
  • Estudos em Homenagem ao Professor Doutor Mário Vilela, 2005, Faculdade de Letras da Universidade do Porto.
  • A lingua literaria galega no século XIX, 2005, Universidade da Coruña. En colaboración con Xosé Ramón Freixeiro Mato e Goretti Sanmartín Rei.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
  • Sobre o racismo lingüístico, 2009, Laiovento.
  • Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano, 2011, A. C. Alexandre Bóveda.
  • Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974), 2014, Fundación Manuel María. Coeditor, xunto a Estefanía Mosquera Castro.
  • Modelos de lingua e compromiso, 2014, Baía.

Traducións

Premios

Gañador do Certame Ricardo Carvalho Calero na modalidade de Investigación Lingüística en 1998 coa obra Sintaxe do pronome átono en galego: a interpolación, posteriormente modificada e publicada baixo o título de Se o vós por ben teverdes. A interpolación pronominal en galego.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor

A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor creouse no ano 1995 pola doazón filantrópica de materiais bibliográficos e documentais do propio Francisco Pillado á Universidade da Coruña, por este motivo leva o seu nome. Sendo o primeiro arquivo extenso do teatro de Galiza e, polo tanto que se favorecesen e desenvolvesen os estudos sobre o mesmo.

Carlos Caetano Biscaínho

Carlos Caetano Biscainho Fernandes, nado na Coruña en 1968, é un actor e ensaísta galego.

Ferdinand de Saussure

Ferdinand de Saussure, nado en Xenebra o 26 de novembro de 1857 e morto no castelo de Vufflens-sur-Morges o 22 de febreiro de 1913, foi un lingüista suízo.

Goián, Tomiño

San Cristovo de Goián é unha parroquia do concello de Tomiño. Segundo o IGE en 2014 tiña 2.069 habitantes (1.054 mulleres e 1.015 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.560 habitantes. Pertence ó arciprestado da Guarda-Tebra, na diocese de Tui-Vigo.

Linguaxe

A linguaxe é a capacidade do ser humano para se comunicar mediante un sistema de signos ou lingua. Non se debe confundir con lingua ou idioma, que é a representación concreta desta capacidade, manifestada na existencia das linguas naturais. Ás veces o termo esténdese ás linguaxes que os humanos usan para comunicarse, ademais da linguaxe falada, como a lingua de sinais. Utilízase tamén linguaxe na matemática e na informática para designar as linguaxes formais ou artificiais, incluíndo as linguaxes de programación).

Da linguaxe humana ocúpase a ciencia denominada lingüística. A linguaxe é tamén o obxecto de estudo de numerosas disciplinas, como a psicolingüística, a sociolingüística ou a filoloxía.

Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.

Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe".

Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.

María do Carme García Negro

María do Carme García Negro, nada en Lugo o 22 de febreiro de 1950, é unha economista, escritora, e profesora galega.

Premio Carvalho Calero

Os premios Carvalho Calero son premios de investigación lingüística e creación literaria, outorgados polo Concello de Ferrol, que levan o nome do autor ferrolán Ricardo Carvalho Calero, quen foi un filólogo e escritor español, mestre de varias xeracións.

O seu primeiro certame data do ano 1990 tras a morte de Carvalho Calero. As dezaoito primeiras, anuais, mais as dúas últimas, bianuais para evitar que as dificultades económicas poidan causar problemas a este certame. No ano 2008 fíxose unha paréntese co fin de axustar as convocatorias deste galardón literario e proceder á súa renovación.

Raigame

Para: Raigame, boletín informativo da irmandade galega de Madrid, véxase Raigame (1979).Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares é unha publicación cultural semestral do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense.

Revista Galega de Filoloxía

A Revista Galega de Filoloxía (RGF) é unha publicación científica galega dedicada á investigación filolóxica e, en especial, aos estudos lingüísticos no ámbito galego e portugués.

Ricardo Carballo Calero

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria.

Xosé Ramón Freixeiro Mato

Xosé Ramón Freixeiro Mato, nado en Vilanova (Cances, Carballo) o 13 de outubro de 1951, é profesor titular na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña na área de Filoloxía Galego-Portuguesa.

Xoán Carlos Garrido

Xoán Carlos Garrido Couceiro, nado na Estrada en 1965, é un sindicalista, profesor de filosofía e historiador galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.