Xosé Manuel Rey

Xosé Manuel Rey Varela[1], ou José Manuel Rey Varela[2], nado en Ferrol o 31 de decembro de 1975, é un avogado e político galego, que foi alcalde de Ferrol entre 2011 e 2015.

Xosé Manuel Rey
José Manuel Rey Varela
Nacemento31 de decembro de 1975
 Ferrol
NacionalidadeGalicia
Ocupaciónpolítico

Traxectoria

Estudou o bacharelato no IES Sofía Casanova de Ferrol, e posteriormente dereito na universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou. En paralelo á súa vida universitaria desenvolveu carreira política, afiliándose ao Partido Popular. Como representante da organización de mocidades neste partido, Novas Xeracións, accede ao posto de tesoureiro do Consello da Xuventude de Galicia.

En 2002 entrou como concelleiro en Ferrol grazas a unha substitución. Ao ano seguinte celebráronse eleccións municipais, e saíu elixido concelleiro polo Partido Popular. O alcalde, o tamén popular Juan Juncal, encargoulle as áreas de Facenda, Patrimonio, Emprego e Mocidade. En 2007 saíu reelixido concelleiro, se ben a súa formación pasou á oposición, e en 2011 converteuse no cabeza de lista dos populares. Nesa posición conseguiu vencer as eleccións, con 14.974 votos (43,74 %) e 13 concelleiros, o que lle deu a maioría absoluta por só un concelleiro.

Tamén é presidente do Partido Popular de Ferrol e vicesecretario xeral do Partido Popular de Galicia no equipo de Alberto Núñez Feijóo. En novembro de 2011 foi elixido presidente da Fegamp. En outubro de 2015 foi nomeado Conselleiro de Política Social[3].

Predecesor:
Vicente Irisarri
 Escudo de Ferrol.svg
Alcalde de Ferrol
 
2011 - 2015
Sucesor:
Jorge Suárez Fernández
Predecesor:
Carlos Fernández Castro
 Presidente da Fegamp 
2011 - 2015
Sucesor:
Alfredo García
Predecesor:
Rocío Mosquera
 Escudo de Galicia.svg
Conselleiro de Política Social
 
2015 - 2018
Sucesor:
Fabiola García Martínez

Notas

  1. "Xosé Manuel Rey Varela, conselleiro de Política Social". Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2017. Consultado o 25 de maio de 2017.
  2. "Biografía". Xunta de Galicia. 27 de febreiro de 2012. Consultado o 25 de maio de 2017.
  3. Núñez Feijóo destitúe a Rocío Mosquera nunha ampla reestruturación do seu Goberno, artigo en Praza Pública, 4 de outubro de 2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

23 de abril

O 23 de abril é o 113º día do ano do calendario gregoriano (114º nos anos bisestos). Quedan 252 días para finalizar o ano.

Alfredo García Rodríguez

Alfredo Laudelino García Rodríguez, nado en 1953 en Oblanca de Luna (Sena de Luna, na provincia de León), é un político galego do PSdeG-PSOE.

Carlos Fernández Castro

Carlos Antonio Fernández Castro, nado o 9 de xullo de 1956 en Santiago de Compostela, é un político galego. É diplomado en Relacións Laborais pola USC.

Eleccións municipais de 2011 en Galicia

As eleccións municipais de 2011 celebráronse o día 22 de maio de 2011 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 315 corporacións municipais, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais de 2019 en Galicia

As eleccións municipais de 2019 celebráronse o 26 de maio de 2019 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 313 corporacións municipais, unha menos ca nos comicios precedentes, logo da fusión de Cerdedo-Cotobade, así como as catro deputacións provinciais. Ademais, en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día cás eleccións municipais.

Federación Galega de Municipios e Provincias

A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) é un organismo de carácter municipalista e de defensa dos intereses dos concellos de Galicia. Está constituído polos 313 concellos, as catro deputacións provinciais e as nove entidades menores existentes na Comunidade Autónoma de Galicia. O seu presidente a partir de finais de outubro de 2015 é o socialista Alfredo García.

José Manuel Rey de Viana

José Manuel Rey de Viana, nado en Ourense en 1923 e finado na Coruña en 1995, foi un bailarín e coreógrafo galego. Foi o fundador xunto coa súa muller, Victoria Canedo, do ballet galego que leva o seu nome.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.