Xosé Manuel González Reboredo

Xosé Manuel González Reboredo, nado en Lugo o 12 de outubro de 1946, é un antropólogo galego. Influído por Fermín Bouza-Brey, especializouse en prehistoria e etnografía galegas.

Xosé Manuel González Reboredo
Xosé Manuel González Reboredo
Nacemento12 de outubro de 1946
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónetnógrafo
CónxuxeAvelina Clara Fernández [1]
FillosJosé David e Jacobo Manuel

Traxectoria

Licenciouse en Filosofía e Letras (especialidade de Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela en 1968, coa cualificación de Premio Extraordinario. Na USC foi profesor de prehistoria e etnoloxía entre 1968 e 1970 e encargado da cátedra na Escola de Maxisterio de Lugo, doutorándose en 1974 na mesma universidade. Catedrático de bacharelato (1980), foi profesor do Instituto Rosalía de Castro e de ciclo superior de Técnicos de Información Turística. Presidiu o Clube Nacionalista Alén Nós.

É colaborador e membro do padroado do Museo do Pobo Galego e responsable da Sección de Etnografía Material (cultura agraria) dende a súa fundación ata 1989 e membro da xunta reitora de 1987 a 1990, e membro da sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega, e dirixiu a sección de Etnografía e Folklore do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento de 1976 a 2001, do que tamén foi secretario e bibliotecario. Membro do Consello Editorial do Proxecto Galicia e coordinador dos volumes de Antropoloxía Cultural de Hércules de Edicións. Colaborou coas publicacións Anuario de Historia de la Antropología Española (Barcelona), Antropológicas (Universidade Fernando Pessoa, Porto), Cuadernos de Estudios Gallegos e Guía dos Libros Novos (Santiago de Compostela).

Membro das comisións técnicas de Etnografía e de Valoración de BICs da consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da comisión de cultura da Deputación de Lugo e do padroado da Fundación Antonio Fraguas.

Participou en varias escavacións arqueolóxica, como a de O Buriz, Guitiriz, codirixida con Fermín Bouza-Brey e Carlos García Martínez.[2]

Correspondente da Real Academia Galega dende 1972 e membro da xunta directiva da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago.

Obra

Fixo traballos etnográficos de campo en Galicia e León. Foi coordinador de seis simposios organizados polo Consello da Cultura Galega e presidente do III Congreso de Historia da Antropoloxía e Antropoloxía Aplicada. (Pontevedra, 1996). Ten máis dun cento de artigos e relatorios publicados en Galicia, España e outros países e varios libros, entre os que destacan:

En galego

Biblioteca Básica da Cultura Galega, 17, Lendas Galegas de Tradición Oral, X. M. González Reboredo
Lendas Galegas de Tradición Oral, BBdCG.
  • Lendas Galegas de Tradición Oral, Biblioteca Básica da Cultura Galega, 1983.
  • A festa de San Xoán, Ir Indo, 1989, ISBN 84-7680-015-0.[3]
  • Guía de festas populares de Galicia, Guías Galaxia, 1997. ISBN 84-8288-130-2.[4]
  • Sociedade e tecnoloxía tradicionais do val de Ancares, con Clodio González Pérez, 1996.
  • Medicina popular e antropoloxía da saúde. Actas do Simposio internacional en homenaxe rendida a D. Antonio Fraguas (coordinador), 1997.
  • Nos lindeiros da galeguidade. Estudio antropolóxico do val de Fornela (etnohistoria, etnomusicoloxía, etnografía), con Luís Costa e Clodio González, CCG, 2002, ISBN 84-95415-56-9.[5]
  • Vida e obra de Xaquín Lorenzo, Galaxia, 2004. ISBN 84-8288-663-0.
  • Os santos titulares de parroquia en Galiza, Sotelo Blanco Edicións, 2012, ISBN 9788478246267

En castelán

  • El folklore en las castros gallegos, USC, 1971.
  • Entroido: aproximación a la fiesta del carnaval en Galicia, con X. R. Mariño Ferro, Deputación da Coruña, 1987. ISBN 84-505-5520-5.[6]
  • Antropología y Etnografía de las proximidades de la Sierra de los Ancares, con Joaquín Rodríguez Campos e Clodio González Pérez, Deputación de Lugo, 1990-91, ISBN 84-86824-70-2.
  • La invención del Estado-nación, reflexión (in-)útil para una justificación de las ideas vulgares, y no tan vulgares, sobre la nación, 2001, ISBN 84-88413-72-6.

Premios

Gañou o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais no 2012, por Os santos titulares de parroquia en Galiza. Pasado, presente e perspectivas de futuro.

Notas

  1. Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 275. ISBN 84-8064-113-4.
  2. Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). Grupo El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
  3. Imaxe da portada: A festa de San Xoán
  4. Imaxe da portada: Guía de festas populares de Galicia
  5. Nos lindeiros da galeguidade PDF, 12,1 MB
  6. Imaxe da portada: Entroido en Galicia

Véxase tamén

Bibliografía

Adolfo de Abel Vilela

Adolfo de Abel Vilela, nado en Lugo o 13 de xuño de 1946, é un profesor, historiador, publicista, gravador, pintor e político galego.

Clodio González Pérez

Clodio González Pérez, nado en Cenlle o 16 de setembro de 1947, é un mestre (xubilado), etnógrafo, historiador e conferenciante galego, membro correspondente da Real Academia Galega, Cronista Oficial do concello de Cenlle, de abundante produción humanística.

Clube Nacionalista Alén Nós

O Clube Nacionalista Alén Nós é un grupo de debate político galego constituído en 1986.

El Museo de Pontevedra

El Museo de Pontevedra é a revista do Museo Provincial de Pontevedra, fundada por Xosé Filgueira Valverde, publicada en Pontevedra desde 1942, de periodicidade anual.

Hércules de Ediciones

Hércules de Ediciones é unha editorial galega creada en 1985 por Francisco Rodríguez Iglesias coa pretensión de impulsar a cultura galega desde o mundo editorial. A súa sede está na cidade da Coruña, na rúa Cordelería, 32 (Edificio Hércules).

Proxecto Galicia

O Proxecto Galicia é un proxecto editorial de Hércules de Edicións que comezou a publicarse en 1992, consistente nunha enciclopedia temática cuxo principal obxectivo é escolmar información referida á cultura galega e dispoñela dunha maneira útil para o lector medio. En 2007 foi recoñecido coa Medalla Castelao que outorga a Xunta de Galicia, pola súa consideración de "un empeño editorial sen precedentes".

Queimada

A queimada (de queimar, que se supón que evolucionou a partir dunha forma hispánica *caimare, alteración do latín cremare) é unha bebida alcohólica tradicional galega propia da súa gastronomía. Elabórase a base de augardente queimada, con azucre, grans de café e limón. Atribúenselle facultades curativas, asemade, o seu consumo está rodeado de tradicións: mentres se elabora pronúnciase un conxuro para protexer contra meigallos e para escorrentar aos espíritos e demais seres malvados de quen a bebe.

Raigame

Para: Raigame, boletín informativo da irmandade galega de Madrid, véxase Raigame (1979).Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares é unha publicación cultural semestral do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense.

Siro

Siro López Lorenzo, máis coñecido como Siro, simplemente , é un recoñecido humorista gráfico, caricaturista e ensaísta nado en Ferrol o 19 de xaneiro de 1943.

Vítor Vaqueiro

Vítor Vaqueiro Foxo, nado en Vigo o 4 de agosto de 1948, é un escritor e fotógrafo galego.

Xaquín Lorenzo

Xaquín Lorenzo Fernández, Xocas, nado en Ourense o 23 de xuño de 1907 e finado en Facós (Lobeira) o 18 de xullo de 1989, foi unha personalidade senlleira da cultura e da etnografía galegas, membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega e principal impulsor da creación do Museo do Pobo Galego. En anos consecutivos recibiu o Premio Otero Pedrayo (1982), o Premio Trasalba (1983) e a Medalla Castelao (1984). Postumamente a RAG dedicoulle o Día das Letras Galegas, no ano 2004, homenaxe que a Xunta de Galicia asumiu declarando o 2004 como Ano Xaquín Lorenzo.

Xosé Ramón Mariño Ferro

Xosé Ramón Mariño Ferro, nado en Castrofeito (O Pino) o 9 de xaneiro de 1950, é un escritor especializado na antropoloxía de Galicia. Actualmente é profesor titular de Antropoloxía Cultural na Universidade de Santiago de Compostela.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.