Xosé Manuel Fernández Abraldes

Xosé Manuel Fernández Abraldes, nado no ano 1961 en Perdecanai, Barro,[1] é un político galego do BNG.

Xosé Manuel Fernández Abraldes
Xosé Manuel Fernández Abraldes
Datos persoais
Nacemento1961
 Galiza Perdecanai, Barro, Galiza
OrganizaciónBloque Nacionalista Galego
ProfesiónPolítico

Traxectoria

Militante nacionalista dende os anos 70, pasou por ERGA na súa etapa estudantil nos institutos Sánchez Cantón e Xunqueira I en Pontevedra. Na mesma época participou da AN-PG e afiliouse á Unión do Povo Galego. Ao longo das seguintes décadas foi Responsábel Comarcal do BNG en Pontevedra, comarca na que tamén foi voceiro da plataforma Nunca Máis. Do mesmo xeito foi durante anos membro do Consello Nacional do BNG, así como do Comité Central e o Secretariado Político da UPG, sendo o Secretario Político da Zona de Pontevedra.

Nas eleccións municipais de 2007, tras participar activamente da vida interna do BNG os anos anteriores, encabezou por primeira vez a candidatura do BNG en Barro. Nas eleccións municipais de 2011 repetiu a candidatura e nas eleccións municipais de 2015 foi elixido alcalde ao acadar catro concelleiros e despois de que o PPdeG perdese a maioría absoluta.[2]

Predecesor:
José Antonio Landín Eirín
 Barro.svg
Alcalde de Barro
 
2015 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas

  1. Barro, C. B. (21 de xaneiro de 2011). "Fernández Abraldes repite como cabeza de lista del BNG en Barro". La Voz de Galicia. Consultado o 8 de abril de 2017.
  2. "Xosé Manuel Fernández Abraldes novo Alcalde do Concello de Barro". Consultado o 8 de abril de 2017.

Véxase tamén

Outros artigos

Barro

Barro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Pontevedra. Segundo o IGE no ano 2016 tiña 3.746 habitantes (1.862 homes e 1.884 mulleres), o que representa un aumento respecto a 2005, cando contaba con 3.408 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é barrés ou barroso . Dende as Eleccións Municipais do ano 2015 o seu alcalde é Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG)

Concellos de Galicia

En Galicia hai 313 concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab/km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab/km² no 2016.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

As eleccións municipais de 2015 celebráronse o día 24 de maio de 2015 en toda España. En Galicia, escolléronse nelas 314 corporacións municipais, unha menos que nos comicios precedentes, logo da fusión de Oza-Cesuras, así como as catro deputacións provinciais. Ademais en España celebráronse comicios en 13 comunidades autónomas no mesmo día que as eleccións municipais.

Eleccións municipais en Barro

Corporacións democráticas en Barro desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Manuel Pereira Gago — UCD

1983 Alcalde: José Antonio Landín Eirín — CP

1987 Alcalde: José Antonio Landín Eirín — AP

1991 Alcalde: José Antonio Landín Eirín — PPdeG

1995 Alcalde: José Antonio Landín Eirín — PPdeG. Substituído en 1996 por María Teresa Roig Olona.

1999 Alcaldesa: María Teresa Roig Olona — PPdeG

2003 Alcalde: José Antonio Landín Eirín — PPdeG

2007 Alcalde: José Antonio Landín Eirín — PPdeG

2011 Alcalde: José Antonio Landín Eirín — PPdeG

2015 Alcalde: Xosé Manuel Fernández Abraldes — BNGCandidaturas: José Antonio Landín Eirín (PP), Xosé Manuel Fernández Abraldes (BNG) e José Sanmartín Soto (PSdeG-PSOE).

2019 Alcalde: Xosé Manuel Fernández Abraldes — BNG

José Antonio Landín Eirín

José Antonio Landín Eirín, nado o 13 de xuño de 1948 en Barro, é un médico xubilado e político galego do PPdeG.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.