Xosé Luís Regueira

Xosé Luís Regueira Fernández, nado en Goiriz (Vilalba) o 7 de xullo de 1958, é un lingüista galego. Desde 2018 dirixe o Instituto da Lingua Galega.[1]

Xosé Luís Regueira
Xosé Luís Regueira
Nacemento7 de xullo de 1958
 Goiriz
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncatedrático de universidade e lingüista
EstudosFiloloxía Románica

Traxectoria

En 1982 licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, e en 1983 entregou a memoria de licenciatura, co título O exordio estacional na lírica galorrománica medieval. En 1989 conseguiu o doutoramento, coa tese A fala do norte da Terra Chá: estudio descritivo.

Traballou como lector de castelán na Universidade de Colonia, e posteriormente incorporouse ao cadro académico da Universidade de Santiago, neste caso no departamento de Lingua Galega, onde é catedrático. A súa investigación estivo centrada na fonética e na fonoloxía da lingua galega.

É membro do Instituto da Lingua Galega desde 1981, ocupou durante anos o posto de secretario e desde xuño de 2018 é o seu director.[2] Tamén estivo vinculado á revista de investigación Cadernos de Lingua, da que actualmente (2011) é coordinador. O 23 de marzo de 2011 foi escollido académico da Real Academia Galega[3], lendo o 3 de xuño de 2012 o seu discurso de entrada.

Obra

Obras colectivas

Traducións

Notas

  1. "O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do Instituto da Lingua Galega". Galicia Confidencial. 25 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  2. "O catedrático Xosé Luís Regueira é o novo director do ILG da USC". USC. 25 de xuño de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2018.
  3. Ingreso de Xosé Luís Regueira Fernández , Real Academia Galega.
Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Cousas da lingua

Cousas da lingua foi un programa divulgativo da Televisión de Galicia dedicado á lingua galega que se emitiu durante os anos 1990 e 1992.

Dicionario de pronuncia da lingua galega

O Dicionario de pronuncia da lingua galega é unha ferramenta que fornece un modelo de pronuncia para as palabras da lingua galega. Foi presentado en 2010 polo Instituto da Lingua Galega e a Real Academia Galega.

Está coordinado por Xosé Luís Regueira a partir do proxecto Dicionario fonético galego. Luís Iglesia Besteiro, Belén Regueira e Noemi Basanta fixeron a locución.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Instituto da Lingua Galega

O Instituto da Lingua Galega (ILG) é un instituto universitario pertencente á Universidade de Santiago de Compostela creado en 1971 para promover o uso e normalización da lingua galega e estudala sincrónica e diacronicamente. Tivo un papel destacado na elaboración das normas da lingua galega, tanto na súa primeira elaboración, de forma conxunta coa Real Academia Galega, como nas reformas de 1995 e 2004 aprobadas pola RAG .

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

O rei Túnix

O rei Túnix é un libro escrito por Mira Lobe publicado en 1962. Foi publicado en galego en 1987, traducido por Rosa María López Gato e Xosé Luís Regueira Fernández.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.