Xosé Luís Franco Grande

Xosé Luís Franco Grande, nado en Tebra (Tomiño) o 17 de febreiro de 1936, é un escritor e avogado galego. Membro de número da Real Academia Galega dende o 1998.

Xosé Luís Franco Grande
Xosé Luís Franco Grande
Nacemento17 de febreiro de 1936
 Santa María de Tebra
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntradutor, avogado e escritor
PremiosPremio Nacional de Literatura Rosalía de Castro
Xosé Luís Franco Grande - Redondela
Placa de homenaxe en Redondela.

Traxectoria

Primeiros anos e vila natal

Fillo de mestres rurais aprendeu dende pequeno a querer a lingua do seu País. O seu imaxinario popular dos seus eidos nativos tingue a totalidade da súa obra literaria. Intimista, pero tamén descritivo, aborda con lirismo a paisaxe da súa infancia, superando, segundo estudosos da súa obra "a tódolos escritores da súa xeración". A súa vila natal, Tomiño estará presente de forma directa ou indirecta en todas as súas obras. Nesta contorna xeográfica recolleu moitas variantes dialectais que incorporou na súa obra Diccionario galego-castelán.

Estudos e activismo

Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi varias veces galardoado nas Festas Minervais e obtivo tamén o premio Eduardo Pondal grazas ao seu poemario Brétemas de vieiro. Para entender o papel de Franco Grande nas letras galegas é imprescindible saber que el e a súa xeración son a ponte entre a Xeración Nós, moitos deles mortos, e outros, os sobreviventes sometidos á crueldade da represión franquista. A Xeración Galaxia, como se deu en chamar a estes sobreviventes do galeguismo da posguerra, conforma unha nova xeración de mozos forxados na Universidade compostelá na continuación do labro regaleguizador iniciado no primeiro terceiro do século XX. Franco Grande vai ter unha participación decisiva no traballo que desenvolverá a Editorial Galaxia. O seu libro Os anos escuros relata con migalleira análise ese proceso no que van xurdindo novos valores, tanto no ámbito literario como na dinamización cultural e política.

Creador literario

A obra literaria de Franco Grande abrangue tódolos campos, iniciándose durante a súa etapa de estudante en Compostela, onde obtén en cinco ocasións o primeiro premio e a flor natural nas Festas Minervais. Con só 19 anos, o Centro galego de Bos Aires premiou o seu libro de poemas Brétemas de Vieiro;[1] en 1957 publica a peza teatral Vieiro Choído. O seu libro de poemas Entre o si e o non foi galardoado co Premio Nacional de Literatura. No 1968 publica a súa obra de vital importancia para a lingua galega, o Dicionario Galego-Castelán publicado pola Editorial Galaxia o 25 de outubro de 1968. Unha obra que había ser necesaria, imprescindible, un par de anos máis tarde cando se incorpora o estudo da lingua galega no sistema educativo. Ese dicionario foi un instrumento de vital importancia para que varias xeracións de galegos e galegas tivesen a oportunidade de coñecer a nosa lingua. Esta obra foi reeditada moitas veces ata completar un total aproximado de medio millón de exemplares vendidos. Os dicionaristas adoitan falar do "Franco Grande" como unha denominación que marcou unha época. Pertence a Xeración das Festas Minervais e ó movemento literario Escola da Tebra.[1]

Son salientables os milleiros de colaboracións como articulista nos medios de comunicación, sempre defendendo a nosa identidade e as súas manifestacións culturais.

Autor tamén de varias pezas teatrais, e cultiva tamén o ensaio e a crítica literaria. Ingresou na Real Academia Galega o 3 de xullo de 1998.[2]

Dinamizador cultural

O labor do tomiñés non só se limitou a traballar no campo da literatura. Dirixiu un espazo radiofónico -Raíz e Tempo- que emitía semanalmente na emisora "La Voz de Vigo" nunha franxa horaria de moita audiencia; participou como fundador da Asociación Cultural de Vigo, a única asociación de marcado carácter galeguista creada na década dos anos sesenta; neste período Cintia, unha cantautora catalá, gravou na discografía Digsa, o poema "Venceremos Nós" do poeta Xosé Luís Franco Grande. Anos despois converteuse no himno das mobilizacións estudantís que se produciron en Santiago de Compostela no 1968 contra o franquismo. Foi conferenciante e participou na creación do Partido Socialista Galego na clandestinidade. Forma parte do consello reitor do IGADI.

Vida persoal

Traballou como avogado e xefe xurídico de Caixanova. Ten dúas fillas e catro netos.

Obra

Biblioteca Galega 120
Entre o si e o non, de Xosé Luís Franco Grande, esta incluído na Biblioteca Galega 120.

Teatro

Poesía

  • Entre o si e o non, 1967, Galaxia.[3]
  • O tempo á espreita, 1987, Xerais.
  • Xoguetes do tempo, 2015, Galaxia.
  • Libro das abandonadas, 2017, Teófilo

Dicionarios

  • Diccionario galego-castelán, 1968, Galaxia.
  • Vocabulario galego-castelán, 1972, Galaxia.

Ensaio

Traducións

Epistolario

Obras colectivas

Recoñecementos

  • Foi nomeado fillo predilecto do concello de Tomiño en 2011.
  • No 2009 recibiu o premio San Martiño a Normalización Lingüística.

Notas

  1. 1,0 1,1 A poesía de posguerra
  2. Membros da Academia
  3. Incluído en 2002 na Biblioteca Galega 120.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Camilo Gonsar

Camilo González Suárez-Llanos, chamado artisticamente Camilo Gonsar, nado en Sarria o 12 de agosto de 1931 e finado en Vigo o 9 de novembro de 2008, foi un escritor galego.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Certame de Teatro do Miño

Tanto a representación de O Incerto Señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca (1958) como as obras dramáticas xurdidas pinga a pinga na década de 1950, valeron de antecedentes para a creación do Certame de Teatro do Miño, celebrado en Lugo no ano 1960. A el concorreron un número significativo de obras, entre as cales o xurado seleccionou as seguintes:

A Noite Vai como un Río, de Álvaro Cunqueiro.

Nicolás Flamel, de Daniel Cortezón.

A Volta de Ulises, de Xosé Luís Franco Grande.

O Auto do Labrego, de Manuel María.

Orestes, de Arcadio López-Casanova.

Os Homes Poden ser Deuses, de Juan María Gallego.Precisamente un dos membros do xurado, Ricardo Carvalho Calero, narra en 1982 o proceso de selección das obras nun artigo de prensa (o cal foi incluído en Ricardo Carvalho Calero (2000): Escritos sobre Teatro, A Coruña: Biblioteca-Arquivo “Francisco Pillado Mayor” da Universidade da Coruña). En dito artigo, Carvalho sinala un trazo cumún a todas as obras escollidas: tratábase dun teatro evasivo e elitista, acorde co Teatro de Cámara.

Tamén clasificou Ricardo Carvalho Calero nese mesmo traballo as obras arriba refenciadas, as cales se poderían dividir en tres grupos:

Obras simbolistas: as cales serían A Noite Vai como un Río, de Álvaro Cunqueiro; e Nicolás Flamel, de Daniel Cortezón).

Primeiras mostras no teatro galego da fabula palliata, sendo estas: A Volta de Ulises, de Xosé Luís Franco Grande; Orestes, de Arcadio López-Casanova e Os Homes Poden ser Deuses, de Juan María Gallego.

Concepción tradicional do teatro galego como dramática de tema rural: O Auto do Labrego, de Manuel María.O Certame do Miño contou con unha única edición, mais a súa importancia é incuestiónabel. Sendo un produto da recuperación cultural (agromada en Galiza na década de 1960), valeu para que aparecesen novos autores, e achou continuidade nos Premios de Teatro Castelao (1963-1965).

Diccionario galego-castelán

Para o dicionario de Xosé Luís Franco Grande vexa Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego.O Diccionario galego-castelán é un dicionario bilingüe galego castelán de aproximadamente 16.800 voces definidas en castelán elaborado por Leandro Carré Alvarellos. A obra publicouse en dous volumes, o primeiro que contén as letras A-D en 473 páxinas editouse en xullo de 1928; o segundo, de 447 páxinas, apareceu en xuño de 1931.

Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego

Para o dicionario de Leandro Carré Alvarellos vexa Diccionario galego-castelán.O Diccionario galego-castelán é un dicionario bilingüe galego castelán coas definicións en castelán elaborado por Xosé Luís Franco Grande para a Editorial Galaxia en 1968, para a segunda edición publicada en 1972 engadíronse 5.000 voces novas ata totalizar 42.674, incorporándose un vocabulario castelán galego que se publicou tamén de forma independente, o dicionario foi un éxito editorial, tivo oito edicións, a última en 1983, vendendo máis de 90.000 exemplares.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Manuel Leiras Pulpeiro

Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1983.

Manuel María

Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril de 1970 ano foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.

Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso "A Terra Chá: poesía e paisaxe".

Entre os temas dos seus poemas destacan o amor, a arte, o propio compromiso político, a denuncia de eivas, a etnografía, a física, a historia, a inmaterialidade, a mitoloxía, o mundo animal, a palabra poética, o paso do tempo, a relixión, a sociedade, a lingua, os traballos agrarios, o urbanismo ou a xeografía. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas de 2016.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.