Xosé Luís Axeitos

Xosé Luís Axeitos Agrelo, nado en Asados (Rianxo) en 1945, é un escritor e investigador galego. É membro da Real Academia Galega desde 2004.

Xosé Luís Axeitos
Xosé Luís Axeitos (AELG)-2
Nacemento1945
 Asados
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
PremiosPremio Antón Losada Diéguez

Traxectoria

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Salamanca onde foi alumno do profesor Xosé Luís Pensado, mestre da filoloxía galega a quen debe o seu achegamento ao século XVIII. Foi catedrático de Lingua e Literatura Castelá no IES Rafael Dieste da Coruña, cidade na que reside e onde exerceu a súa profesión desde 1989. Tamén é profesor-titor da UNED na súa sede da Coruña.

No campo da literatura dedica especial atención a Dieste, Luís Seoane e Manuel Antonio, aos que estudou e editou. Tense preocupado tamén polo mundo da edición en Galicia. Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 2004, sendo Arquiveiro-Bibliotecario dela desde o 17 de decembro de 2005 ata o 18 de decembro de 2009.

Foi conferenciante, participou como relator en congresos sobre o exilio e sobre distintos escritores galegos. Organizou os congresos de Luís Seoane e Rafael Dieste. Colaborou en exposicións relacionadas co libro galego na Arxentina e coas biografías de Rafael Dieste e Castelao.

Forma parte do consello editorial da Biblioteca del Exilio e do consello de redacción das revistas Citania, Cuadrante, Unión Libre. Ten publicado artigos en Boletín Galego de Literatura, Ínsula, Verba, A Trabe de Ouro, Grial, Zurgai e Serta.

Predecesor:
Antonio Gil Merino
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
2005-2009
Sucesor:
Euloxio R. Ruibal
Predecesor:
Manuel González González
 Secretario da RAG 
2010-2013
Sucesor:
Henrique Monteagudo

Obra en galego

Ensaio e edicións

Obras colectivas

Obra en castelán

Edicións

  • Lorenzo Varela. Poesía Completa, 2000, Edicións do Castro.
  • Lorenzo Varela. Ensayos, conferencias y otros escritos, 2001, Edicións do Castro.

Obras colectivas

  • Cartas del Padre Sobreira a Gómez de Ortega y Cornide, en colaboración con José Luis Pensado), 1983, Edicións do Castro.
  • Epistolario, de Carmen Muñoz Manzano, en colaboración con Charo Portela Yáñez, 2005, Edicións do Castro.

Premios

  • Premio Sereo de Cultura Galega da Asociación Cultural Barbantia no 2009.
  • Premio Antón Losada Diéguez de investigación 2018 por Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Antonio Gil Merino

Antonio Gil Merino, nado en Castrillo de Villavega (Palencia), o 4 de xuño de 1916, e falecido na Coruña o 18 de outubro de 2009, foi un historiador, arquiveiro e escritor galego.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Euloxio R. Ruibal

Euloxio Rodríguez Ruibal, nado en Ordes o 16 de marzo de 1945, é un escritor e director galego. Está considerado un dos renovadores do teatro galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta, xornalista galego e académico da RAG dende o 31 de xullo de 2009. A súa obra literaria está escrita orixinalmente en galego e é considerado na actualidade coma o escritor galego con máis proxección internacional, a súa obra está traducida a vinte idiomas, entre eles o francés, italiano, inglés, alemán, grego, turco, ruso, finés, holandés, croata e xaponés.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Ramón Villares

Ramón Villares Paz, nado en Cazás (Xermade) o 12 de xaneiro de 1951, é doutor en Historia desde 1980 e foi presidente do Consello da Cultura Galega dende o 20 de abril de 2006 ata o ano 2018.

Real Academia Galega

A Real Academia Galega (RAG) é unha institución científica, creada en 1906, que ten como obxectivo o estudo da cultura galega, e en especial da lingua galega. Elabora as súas normas ortográficas, gramaticais e léxicas, deféndea e promociónaa. Ademais, decide a personalidade literaria á que se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os seus membros son personalidades influentes do mundo da cultura galega, relacionados maioritariamente coa lingua. O seu presidente é Víctor Freixanes, elixido o 28 de marzo de 2017 logo da renuncia de Xesús Alonso Montero tras catro anos no cargo. O seu lema é Colligit. Expurgat. Innovat

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.