Xosé Leira López

Non confundir con José Leyra Domínguez.
Xosé Leira López
Xosé Leira López (AELG)-1
Nacemento1951
 Valdoviño
Falecemento22 de outubro de 2019
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónsociólogo e poeta

Xosé Leira López, nado en Valdoviño en 1951, e finado en Ferrol o 22 de outubro de 2019,[1] foi un sociólogo e escritor galego.

Traxectoria

Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e doutor en Socioloxía pola Universidade da Coruña. Foi profesor titular de Socioloxía da Universidade da Coruña, coordinador de Mestrado en Xestión e Patrimonio Cultural e director, desde 1995, do proxecto cultural e de investigación Aulas no Camiño.

Os seus traballos de investigación sociolóxica están recollidos en máis de cincuenta publicacións: monografías, capítulos de libros e revistas científicas. Como escritor de literatura foi membro fundador na década dos 70 do Grupo de Comunicación Poética Rompente. Ten tamén artigos publicados en prensa e pronunciou conferencias en diversas universidades europeas.

Obras

Poesía

Obras colectivas

Notas

  1. Falleció en Ferrol el profesor José Leira López “Pepe Leira”, Galicia Ártabra, 23-10-2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Finados en 2019

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2019. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona e causa da morte.

Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2019".

Grupo Rompente

O Grupo de Comunicación Poética Rompente foi creado en 1975 por Antón Reixa, Alberto Avendaño e Manuel M. Romón, e a el estiveron vencellados de maneira máis fugaz Alfonso Pexegueiro, Camilo Valdehorras e Xosé Leira López.

Rosa Méndez Fonte

Rosa Méndez Fonte, nada en Ferrol en 1957, é unha escritora galega en galego e castelán.

Xosé Leyra

Non confundir con Xosé Leira López.Xosé Leyra Domínguez, nado en Ferrol o 6 de maio de 1912 e finado na mesma cidade o 31 de decembro de 1997, foi un escritor e pintor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.