Xosé López Calo

José López Calo, nado en Nebra, no concello de Porto do Son o 4 de febreiro de 1922, é un sacerdote católico xesuíta e musicólogo galego. Salientan os seus estudos sobre a música do Códice Calixtino e é membro correspondente da Real Academia Galega dende 1967 [1].

Xosé López Calo
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento4 de febreiro de 1922 (97 anos)
 Nebra, Porto do Son, Galicia Galicia
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Pontificia Comillas
OcupaciónSacerdote e musicólogo
PremiosMedalla Castelao e Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes

Traxectoria

López Calo estudou no Seminario de Santiago de Compostela e na Compañía de Xesús, onde ingresou en 1942. Licenciouse en Filosofía (Universidade de Comillas), Teoloxía (Universidade de Granada) e doutorouse en Filosofía e Letras por esta última universidade e mais pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudou Musicoloxía na Escola Superior de Música Sagra de Madrid e no Instituto Pontificio de Música Sagrada de Roma, onde tivo como profesor principal ao musicólogo Higinio Anglés e onde se doutorou en 1962 coa tese “A Música na catedral de Granada no século XVI”.

Bolseiro da Fundación March, traballou na organización dos arquivos musicais de diversas catedrais españolas. Foi Profesor de Musicoloxía entre 1965 e 1970 e vicerreitor do Instituto Pontificio de Música Sagrada de Roma entre 1967 e 1970, así como Secretario xeral da Sociedade Internacional de Música Sagra (1963-1968) e asesor musical da Radio Vaticana (1963-1970). Dende 1973 exerceu como profesor agregado, e despois catedrático de Historia da Música na Universidade de Santiago de Compostela, que, á súa xubilación, o nomeou catedrático emérito. Escribiu máis de sesenta libros e uns 300 artigos nas principais revistas, enciclopedias e dicionarios de música do mundo, entre os que cómpre salientar o alemán “Die Musik in Geschichte und Gegenwart” e o “The New Grove Dictionary of Music and Musicians”, para o cal escribiu máis de 200 voces sobre música e músicos españois, mais tamén naEncyclopédie des Musiques Sacrées ou na Storia dell’Opera. Tamén traballou especialmente na catalogación de música manuscrita española entre 1575 e 1825 para o Repertoire International des Sources Musicales.

Considéraselle como un dos promotores da reconstrución dos instrumentos do Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela[2]. É membro de numerosas Academias e Sociedades Internacionais de Musicoloxía e Socio Fundador das Sociedades Nacionais de Musicoloxía de Italia e España (sendo varios anos vicepresidente desta). É membro da Real Academia Galega de Belas Artes e membro correspondente das de Granada, Segovia e Sevilla. Impulsou a constitución do Coro Campus Stellae.

Obras

  • El Archivo de Música de la catedral de Santiago de Compostela (1962)
  • Presente y futuro de la música sagrada (1967)
  • La música en la catedral de Palencia (1981-1982)
  • El Arpa en la catedral de Santiago: un estudo sobre estética musical barroca
  • O Feito diferencial galego na música, Idade Media e Renacemento

Galardóns e recoñecementos

Notas

  1. Membros da RAG
  2. López Calo, José[Ligazón morta], Enciclopedia Galega Universal.
  3. "Premios Fernández Latorre. Año 2008 - 50ª edición". Fundación Santago Rey Fernández Latorre (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2018.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

4 de febreiro

O 4 de febreiro é o 35º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 330 días para finalizar o ano, 331 nos anos bisestos.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Calo

Un 'calo é unha dureza da pel que se produce ao rozala ou apertala decote contra algo, particularmente nas mans e nos pés.

Como topónimo, Calo pode referirse a:

Calo, parroquia do concello de Teo;

O Vilar de Calo, lugar de dita parroquia;

Calo, parroquia do concello de Vimianzo;

Calo, lugar de dita parroquia;

Calo, lugar da parroquia de Agrón no concello de Ames;

Calo, lugar da parroquia de Vilastose no concello de Muxía;

Calo, lugar da parroquia de Nebra no concello de Porto do Son.Amais, como apelido pode referirse a:

Xosé López Calo, tamén coñecido como padre Calo, musicólogo e crego galego.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Vox Stellae

Vox Stellae, antes coñecido como Coro de cámara Campus Stellae, creouse no ano 2002 co gallo dun ciclo de conferencias sobre a música do Arquivo da Catedral de Santiago de Compostela a cargo do musicólogo Xosé López Calo.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.