Xosé Gil Gil

Xosé Gil Gil, nado en Barxa (Rubiós, As Neves) o 3 de abril de 1870 e finado o 1 de xaneiro de 1937, foi un fotógrafo e director de cinema, a figura máis relevante do cinema galego entre os pioneiros que xurdiron no primeiro terzo do século XX, debido ó elevado número de obras que realizou e polo carácter documental dos seus filmes, unha das mellores fontes para coñece-la Galiza do momento.[1]

José Gil Gil
José Gil y Gil, 1870-1937
Nome completoJosé Gil y Gil
Nacemento3 de abril de 1870
 Rubiós, As Neves
Falecemento1 de xaneiro de 1937 (66 anos)
 Vigo
SoterradoCemiterio de Pereiró
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfotógrafo e cineasta
Cónxuxe1898, Trinidad Sarabia González 1872-1954
FillosMaría 1899-1918
Rosa 1902-1922
José 1904-1904
Josefa 1906-1924

Traxectoria

Estableceuse como fotógrafo en Mondariz. Dende 1899 residiu en Ourense, e desde 1905 en Vigo, primeiro na rúa Carral e despois na rúa do Príncipe. Formou parte da redacción de Vida Gallega no momento da súa fundación en 1909 e foi o seu director artístico. Foi un dos pioneiros do cinema galego, comezando a realizar filmes en 1907, primeiro simplemente para darlle publicidade o seu estudo fotográfico, pero logo comezou a facer películas documentais centradas en Vigo. En 1911 pagou un anuncio na prensa viguesa no que se ofrecía para facer películas documentais en 24 horas. Tiña un laboratorio do que podía sacar unha hora de película revelada nun só día. Tamén era representante en Vigo dos automóbiles americanos Ford e organizou, na praza de touros de Pontevedra, unha corrida onde os coches eran os cabalos dos picadores; Gil fíxolle chegar esta película ao industrial americano Henry Ford que lle contestou cunha carta de felicitación.

Este home tan orixinal argallou un automóbil equipado como un laboratorio para revelar a película que filmaba en calquera cidade e proxectaba, pola noite, para os veciños.

Gil tamén foi o primeiro que, en 1916, filmou unha película de ficción en Galiza: Miss Ledya, cun argumento no que non faltaban espionaxes e persecucións. No filme, rodado na illa da Toxa, aparecía como figurante Castelao.

Gil inventou, ademais, o chamado cine de correspondencia, pois o cineasta comprendía a importancia das imaxes como correo visual entre Galiza e a emigración. Utilizadas como se fosen cartas ou postais, as súas películas ían e viñan desde aquí até Sudamérica, para que as visen os emigrantes. Nuestras fiestas de allá é a máis coñecida. En 1922 fundou a produtora Galicia Cinegráfica que a partir de 1929 realizou o noticiario cinematográfico Revista de Galicia. Estímase que realizou máis de 150 filmes.

Xosé Gil Gil 1909
Retrato en Vida Gallega.

As súas fillas enfermaron de tuberculose e trala morte de dúas, intentando salvar a terceira, trasladouse por consello médico a Ponteareas, desatendendo os negocios.[1]

Morreu arruinado e esquecido en 1937 e está soterrado no cemiterio de Pereiró, en Vigo, onde unha rúa leva o seu nome.[2]

Galería de imaxes

Reverso dun retrato na época ourensá (1899-1905).
Reverso dun retrato na época ourensá (1899-1905). 
Redacción de Vida Gallega, 1909. Gil, Juan Tato Lens, Solá, Julián García Larrú e Julián Iglesias.
Redacción de Vida Gallega, 1909. Gil, Juan Tato Lens, Solá, Julián García Larrú e Julián Iglesias. 
Necrolóxica no Faro de Vigo, 1937.
Necrolóxica no Faro de Vigo, 1937. 
Letreiro da rúa Xosé Gil en Vigo.
Letreiro da rúa Xosé Gil en Vigo

Notas

Homenaxe Xosé Gil Luneda, A Cañiza
Escultura en Luneda (A Cañiza).
  1. 1,0 1,1 "Gil Gil, José". Gran Enciclopedia Galega. El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
  2. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 175. ISBN 84-87379-47-8.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Morte

A morte é o final permanente das funcións biolóxicas ou funcións vitais que definen un ser vivo. Refírese tanto á terminación en si da vida como ao estado posterior do antigo organismo, do que se di que está morto. A auténtica natureza do que vén despois da morte foi, desde hai milenios, unha preocupación central das tradicións relixiosas e filosóficas de todo o mundo. Moitas relixións teñen fe ben nunha vida no máis alá, ben na reencarnación.

O efecto da morte física sobre a mente ou a alma segue a ser unha pregunta aberta. Para a ciencia contemporánea, a morte dun organismo é o final.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.