Xosé Fortes

Xosé Fortes Bouzán, nado en Caroi (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1934[1], é un militar e historiador galego.

Xosé Fortes
Xosé Fortes Bouzán
Fortes no 2011.
Nacemento28 de decembro de 1934
 Cotobade
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónhistoriador, oficial e ensaísta
FillosAlberto Fortes, Susana Fortes e Xabier Fortes
XénerosEnsaio
EstudosFilosofía e Letras

Traxectoria

Orfo de pai, finado na guerra civil, con 18 anos foi á Academia Militar de Zaragoza cunha bolsa tras estudar bacharelato en Pontevedra. Licenciado en Filosofía e Letras na especialidade de Historia, tras saír do cárcere aprobou oposicións e exerceu a docencia no IES A Xunqueira II de Pontevedra. Entre 1998 e 2005 foi coordinador dos cursos de verán da UIMP en Pontevedra.

Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como independente na lista de Unidade Galega polo concello de Pontevedra, sendo elixido concelleiro e asumindo o cargo de tenente de alcalde de urbanismo da primeira corporación democrática. Anos despois fundou Irmandade Galega.

Como militar, sendo capitán de infantería, en 1974 foi un dos fundadores da Unión Militar Democrática, o que o levou a un consello de guerra, prisión e a expulsión do exército en 1976. Foi condenado a catro anos de cadea acusado de "conspiración para a rebelión".[2] En decembro de 1987, en virtude da Lei de rehabilitación dos militares, reingresou no exército coa graduación de coronel. En 2009 recibiu a Cruz do Mérito Militar con Distintivo Branco.

En 1976 dirixiu a primeira revista infantil e xuvenil en lingua galega, Vagalume. É colaborador habitual na prensa galega. Na década de 1980 dirixiu o programa de radio Historia viva, e en 1991 participou na serie de televisión Os viaxeiros da luz.

En 2007 participou como actor no filme Os xirasois cegos de José Luis Cuerda, interpretando un xeneral franquista[3].

Obra en galego

Ensaio

  • O Instituto de Pontevedra (Deputación de Pontevedra, 1997). Xunto con María Carmen Castelo Tettamancy. ISBN 978-84-88363-96-6
  • Caroianos. Unha viaxe pola nosa historia rural (2008).
  • Terra de Cotobade (Editorial Guiverny, 2015). ISBN 978-84-939449-9-5

Obra en castelán

Ensaio

  • El ejército y la política en el reinado de Isabel II (tese de licenciatura, 1970).
  • Qué son las Fuerzas Armadas (1977).
  • Proceso a nueve militares demócratas: las fuerzas armadas y la UMD (1983).
  • La Ría de Pontevedra (1986).
  • Galicia y el mar (1993).
  • Historia de la ciudad Pontevedra (1993, La Voz de Galicia).
  • Pontevedra en el espejo del tiempo (1995).

Notas

  1. Biografía en Vieiros.
  2. "¿Por qué me hice militar? Es una pregunta terrible", entrevista de Isabel Bugallal en La Opinión de A Coruña, 3 de marzo de 2010 (en castelán).
  3. "De uniforme 30 años después. Xosé Fortes, expulsado del Ejército en 1976, asciende a general para un filme", artigo de Daniel Salgado en El País, 7 de novembro de 2007 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

28 de decembro

O 28 de decembro é o 362º día do ano do calendario gregoriano e o 363º nos anos bisestos. Quedan 3 días para finalizar o ano.

Alberto Fortes

Alberto Fortes López, nado en Pontevedra en 1964, é un escritor galego.

Os viaxeiros da luz

Os viaxeiros da luz é unha serie documental realizada por IBISAtv para a Televisión de Galicia que se emitiu no ano 1991.

Susana Fortes

Susana Fortes López, nada en Pontevedra o 15 de novembro de 1959, é unha escritora e xornalista galega.

Vagalume (revista)

Vagalume foi unha publicación infantil e xuvenil de periodicidade quincenal, escrita en galego baixo a supervisión do Instituto da Lingua Galega. Foi editada en Santiago de Compostela pola editorial Lumeiro S.A., cidade na cal foi publicado o seu primeiro número en xaneiro de 1975.

Nun primeiro momento, foi dirixida nominalmente por Marta Isabel García Leániz se ben o director real e inspirador do proxecto foi Xosé María Méndez Doménech, quen debido ó seu pasado antifranquista non aparecía como tal, e que para levalo adiante contou coa participación de varios estudantes ligados na súa maioría á Federación Socialista Galega do PSOE, pero no ano 1978 é Xosé Fortes Bouzán o que se encarga desta actividade.

A partir do número 13 (xaneiro 1976), a revista inicia unha nova etapa formal e temática: elabórase en papel satinado, de maior calidade e desaparecen moitas das seccións e historietas, para dar paso ás colaboracións dos escolares galegos de EXB, que adquiren un maior protagonismo na publicación. Co nº 25 a redacción trasladouse a Pontevedra e en xaneiro de 1978, baixo a dirección de Xosé Fortes Bouzán, iníciase unha nova etapa en Vagalume; amplía o seu capital en dous millóns e medio de pesetas mediante accións de mil pesetas, tírase nunha nova imprenta a offset, aumenta o número de páxinas de 20 a 24 páxinas e convértese nunha publicación de periodicidade mensual. Pero a pesar destas melloras citadas a revista desaparece en abril-maio de 1978 co seu último número extra 45/46 adicado ao día das letras galegas.

Vieiros (xornal)

Vieiros foi un portal galego de internet que apareceu o 24 de febreiro de 1996 e pechou o 24 de xullo de 2010. Foi o primeiro sitio privado en empregar a lingua galega na rede.[Cómpre referencia]

Xabier Fortes

Xabier Fortes López, nado en Pontevedra en 1966, é un xornalista galego.

Xosé Filgueira Valverde

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996, foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega. Trátase dunha figura que suscita controversia e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.