Xosé Fernández López

Xosé Fernández López, nado en Lugo o 8 de setembro de 1904 e finado en Madrid o 21 de decembro de 1986, foi un empresario galego, fundador de Pescanova e Zeltia.

Xosé Fernández López
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nacemento8 de setembro de 1904
 Lugo
Falecemento21 de decembro de 1986
 Madrid
NacionalidadeEspaña
OcupaciónEmpresario
PremiosMedalla Castelao

Traxectoria

Foi un dos catro fillos de Antón de Marcos, o empresario sarriao Antonio Fernández. Marchou a estudar Dereito en Santiago de Compostela, pero rematou os estudos en Madrid. Neses últimos anos da monarquía de Afonso XIII participou na fundación en Madrid da Mocedade Céltiga, xunto con Fermín Penzol, Álvaro Gil Varela e Emilio González López.

En 1931 falece o seu pai, e el e mais os seus irmáns, Antonio Fernández López, Manuel e Concepción fanse cargo dos negocios familiares. Deciden abandonar a comercialización de animais vivos e céntranse no mercado de distribución de carne. Xosé Fernández López faise cargo primeiro da xestión do matadoiro de Mérida en 1935, e posteriormente do matadoiro do Porriño (MARUCOGA), que os irmáns renomean a Frigolouro. A partir dese momento Xosé Fernández establécese no Porriño.

O negocio, dirixido por Xosé, prospera durante a Guerra Civil española, pois en primeiro termo son subministradores do exército de Franco e posteriormente do exército da Alemaña de Hitler, a través da empresa Transfesa, que eles mesmos fundan en 1942. Neses anos crean tamén Zeltia (1939), Frilugo (1941), Antibióticos S.A. (1949), Frigsa (1951), Cementos Oural (1958), Corchera Extremeña e Pescanova (1960), co que diversifican as súas actuacións en distintos sectores.

En Estremadura xestionou o matadoiro Cooperativo de Mérida, despois Ifesa e máis tarde Carcesa. Tamén creou unha fábrica de conservas e a Corchera Extremeña. Alí apoiou as escavacións arqueolóxicas na Alcazaba e a creación do laboratorio xeolóxico-mineiro de Estremadura, dirixido polo xeólogo Vicente Sos Baynat (represaliado polo franquismo), que se localizou nos baixos da súa propia casa (na actualidade, residencia oficial do Presidente da Xunta de Estremadura). Coa súa extensa colección de minerais, o laboratorio foi a base do actual Museo de Mineraloxía de Mérida.

Unha das súas achegas á economía de Galicia foi a implantación do cultivo do kiwi. El sabía que no mercado alemán estaba a triunfar un froito saboroso procedente de Nova Zelandia. O clima das rías Baixas, húmido, chuvioso e de temperaturas moderadas, podía resultar tan idóneo para o seu cultivo como o da baía de Plenty, no outro extremo do planeta. O seu veciño Carlos del Río traballaba nunha pequena empresa agraria do conglomerado do imperio Fernández, e díxolle que ía experimentar co kiwi. Xosé Fernández López fundou a empresa Productores de Actinidias Chinensis, S.A., que exportaba kiwis a Alemaña a 100 pesetas a peza, co reclamo Kiwis aus Galicien. Ademais, a empresa converteuse en distribuidora das plantas de kiwi en Galica, ofrecendo as plantas e consellos para o cultivo a cambio do compromiso dos interesados de venderlles a colleita durante os seguintes 20 anos. Na actualidade a empresa, denominada Kiwi España S.A., produce máis de mil toneladas anuais, e está dirixida polo seu fillo Manuel.

En 1980 déixalle a presidencia de Pescanova ao seu fillo Manuel, e en 1985 deixoulle a presidencia de Zeltia ao seu fillo José María.

Vida persoal

Casou con María del Rosario de Sousa-Faro y Sanjurjo e tivo seis fillos, Paloma, José María, Fernando, Luis Carlos, Margarita e Manuel Fernández de Sousa-Faro.

Recoñecementos

  • Medalla Castelao (1985)
  • Fillo adoptivo do Porriño, de Pontevedra e de Mérida.
  • No Porriño, un colexio e unha rúa levan o seu nome. Tamén unha rúa leva o seu nome en Chapela.
  • Gran Cruz ao Mérito Agrícola
  • Gran Cruz ao Mérito Naval
  • Medalla de Mérito ao Traballo
  • Medalla de Afonso X O Sabio
  • Encomenda da Orde ao Mérito Civil

Véxase tamén

Ligazóns externas

8 de setembro

O 8 de setembro é o 251º día do ano do calendario gregoriano e o 252º nos anos bisestos. Quedan 114 días para finalizar o ano.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Fillos de Antón de Marcos

Coñécense como os fillos de Antón de Marcos a catro irmáns lucenses, Antonio, Xosé, Manuel e Concepción Fernández López, fillos de Antonio Fernández Fernández, máis coñecido polo alcume de Antón de Barreiros ou Antón de Marcos.

Os catro irmáns foron relevantes empresarios e filántropos creadores de empresas como Zeltia en 1939, Frilugo en 1941, Transfesa en 1942, Antibióticos S.A. en 1949, Frigsa en 1951, Cementos Oural (más tarde Corporación Noroeste) en 1958, Pescanova en 1960 ou a Caixa de Aforros Provincial de Lugo en 1964. Tamén axudaron na creación do Museo Provincial de Lugo, ao que Antonio Fernández López, xunto co seu amigo e colaborador Álvaro Gil Varela, doou gran cantidade de obras de arte.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Ramón García Briones

Ramón García Briones, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de marzo de 1912 e finado no mesmo concello o 11 de maio de 1991, foi un economista galego coñecido por ser o impulsor de distintos proxectos de mellora das instalacións portuarias desta vila.

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.