Xosé Cerviño García

Xosé Cerviño García, tamén coñecido como o Mestre Cerviño ou, máis popularmente, como Pepe da Pena nado en Aguasantas, Cerdedo-Cotobade, o 23 de maio de 1843 e falecido no mesmo concello o 4 de xaneiro de 1922, foi un canteiro e escultor galego[1].

Xosé Cerviño García
Nome completoJosé Cerviño García
Nacemento23 de maio de 1843
 Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
Falecemento4 de xaneiro de 1922
 Aguasantas, Cerdedo-Cotobade
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescultor e canteiro
Coñecido/a porCruceiro do Hío

Traxectoria

Algúns especialistas considérano o escultor máis afamado da súa época e de toda a historia da cantaría galega[2] De Xosé Cerviño opinou así Castelao [3]:

Aínda que a súa escultura máis nomeada foi sempre o cruceiro do Hío, en Cangas, o conxunto da súa obra merece ser tamén recordado, ben sexa polas esculturas atribuídas a el directamente, ben sexa polas atribuídas á súa dirección.

Notas

  1. A verdade é que a denominación de Mestre Cerviño pode dar lugar a erro porque na mesma época houbo outro escultor, chamado Ignacio Cerviño Quinteiro (nacido en 1839 e do que se ignora a data da súa morte, en todo caso posterior a 1901) e que traballou máis pola zona de Ponteareas. Os diferentes autores discuten a verdadeira autoría de distintos panteóns e outras obras entre os dous artistas.
  2. Julio Fernández Pintos, Trisquel. Archivos del patrimonio histórico gallego, nº 42, 2002).
  3. As cruces de pedra na Galiza, reedición facsimilar Galaxia 1984, 128. Nótese que Castelao o nomeaba erroneamente como Calviño.

Véxase tamén

Ligazóns externas

23 de maio

O 23 de maio é o 143º día do ano do calendario gregoriano e o 144º nos anos bisestos. Quedan (222) días para finalizar o ano.

4 de xaneiro

O 4 de xaneiro é o 4º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 361 días para finalizar o ano, 362 nos anos bisestos.

A Pena, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

A Pena é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE do 2010 tiña 2 habitantes (1 home e 1 muller), o mesmo número ca en 2007.

O nome vén dado por unha pena, unha pedra grande que sobresae da superficie.

Neste lugar naceu o escultor Xosé Cerviño García (1843-1922), autor do cruceiro do Hío.

Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

Santa María de Aguasantas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE no 2010 tiña 326 habitantes (130 homes e 196 mulleres), 26 menos ca en 2007. Dos 28 lugares da parroquia, 15 están habitados.

Convento de San Domingos de Bonaval

O convento de San Domingos de Bonaval é un antigo convento dominico do século XIII cunha fábrica composta de elementos góticos, barrocos e neoclásicos.

Cruceiro

Un cruceiro é un monumento relixioso constituído por unha cruz de pedra, cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha columna asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de camiños, adros de igrexas etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos pagáns á natureza (teoría xa proposta por Murguía e mantida por case tódolos autores).

O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura galegas, intimamente vencellado á paisaxe rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en prazas, xardíns e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo Irlanda en Europa onde se chaman high cross as que son de moita influencia celta e que existen desde o século VII. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na Bretaña), Alemaña e Gran Bretaña.

Non se coñece o número dos existentes en Galicia, e a distribución por provincias é desigual, observándose unha maior abundancia nas provincias da Coruña e Pontevedra e sendo máis escasos en Lugo e Ourense. Clodio González Pérez di que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros. A Universidade da Coruña, que está realizando desde 1993 un inventario concello a concello, estima o número en "polo menos 12.000".

como exemplo, hai catalogados "case 140 cruceiros, cruces e petos" no Porriño,, 118 en Rianxo "algo más de 300" en Vilalba, máis de 250 na comarca de Pontevedra.. Segundo o inventario que realizou Yves Castel en 1980, a Bretaña francesa contaría cuns 9.000.

Cruceiro do Hío

O cruceiro do Hío é o máis emblemático e elaborado dos cruceiros galegos . Está situado na praza que se abre fronte á igrexa de Santo André, románica do século XII, na parroquia do Hío, concello de Cangas.

Os especialistas atribúeno á man de Xosé Cerviño García, tamén chamado Pepe da Pena, pero cómpre indicar que outros negan esta autoría e consideran como autor a Ignacio Cerviño Quinteiro, outro canteiro e escultor da mesma época que aquel. Foi tallado en 1872, cando aínda o artista non cumprira os 30 anos, nunha soa peza de granito, salvo algunha figura exenta.

O Igrexario, Aguasantas, Cerdedo-Cotobade

O Igrexario é un lugar da parroquia de Aguasantas, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 54 habitantes (22 homes e 32 mulleres), 4 menos ca en 2007.

O lugar recibe o nome da igrexa parroquial alí situada, sendo o templo actual de 1888. Preto dela está o peto de ánimas de Aguasantas, de mediados do século XX, así como varios cruceiros, algún deles de Xosé Cerviño García.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.