Xosé Antonio Perozo

Xosé Antonio Perozo Ruiz, nado en Llerena, Estremadura, o 28 de outubro de 1951, é un xornalista, editor e escritor en lingua galega e lingua castelá. Reside en Galicia dende os anos setenta. Traballou en diversos medios de comunicación e foi director da Área de Cultura da Televisión de Galicia, onde dirixiu e presentou o programa Visións (1987), A noite das badaladas (1988) e Ás de ouros (1989). Director da editorial Ir Indo e director da Enciclopedia Galega Universal, ten publicados máis dunha trintena de títulos que abranguen desde obras de teatro, contos infantís e libros de divulgación. É director literario de Auga Editora.

Xosé Antonio Perozo
Xosé Antonio Perozo Ruíz (AELG)-5
Nacemento28 de outubro de 1951
 Llerena
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e xornalista
XénerosNarrativa e ensaio

Traxectoria

Literaria e cultural

Formou parte do equipo que puxo en marcha no 1978 os Premios da Crítica de Galicia, no Círculo Ourensán-Vigués, xunto a Víctor Freixanes, Malós Cabrera, Vítor Vaqueiro, Blanca Lorenzo, Bieito Ledo, Anxo Tarrío, María Xosé Porteiro, Miguel Murado ou Marta Alfageme, entre outros.

Entre 1979 e 1980 participou na creación de dous discos LP producidos polo cantautor Suso Vaamonde: Contos galegos para nenos, Volumes I e II. Perozo dirixiu as actrices e actores de Artello Teatro que deron forma ás primeiras gravacións de contos infantís galegos e en galego.

Como escritor estreou obras de teatro e publicou máis de oitenta títulos en editoriais españolas (Editorial Planeta, Editorial Bruño, Ediciones SM, Edelvives, Editorial Everest, Icaria Editorial, Algar Editorial, De la Luna Libros e Cuadernos del Laberinto) e galegas (Editorial Galaxia, Edicións Xerais de Galicia, Sotelo Blanco Edicións, Ir Indo, Edicións do Tambre).

A súa traxectoria literaria abarca dende obras para o público infantil e xuvenil como para o adulto, en xéneros como a narrativa, o teatro, a poesía e a divulgación.

Desde 2015 é o presidente de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) e desde 2017 de OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil, sección española da IBBY).

Xornalística

Perozo no IES Manuel García Barros. A Estrada. Galicia-3 (5436515025)
Perozo no IES Manuel García Barros.

Establecido en Galicia desde os anos setenta, conta cunha dilatada experiencia nos medios de comunicación escrita, radiofónica e audiovisual. Entre outras actividades, dirixiu xunto a María Xosé Porteiro o programa cultural radiofónico Antes del silencio, desde o 1971 ao 1976, nas emisoras Radio Juventud e La Voz de Vigo. Xuntos propiciaron dúas edicións de premios de poesía en galego e castelán, formando parte do xurado Álvaro Cunqueiro, Mauro Panizo e os propios Perozo e Porteiro. Entre os gañadores destacan figuras como Darío Xohán Cabana e Isaac Otero.

Entre finais dos 70 e comezos dos 80 creou con María Xosé Porteiro En forma, un programa diario de información cultural para Radiocadena española.

Foi subdirector de Faro de Vigo, onde creou o suplemento educativo La Pizarra e coordinou o suplemento Artes e Letras. Perozo reconverteu o histórico suplemento dos venres, cunha extensión de entre 4 e 6 páxinas, con seccións fixas de creación, tanto de poesía como de banda deseñada. Entre os moitos colaboradores, destacan firmas como Xosé Luís Méndez Ferrín, Alberto Avendaño, Xavier Carro, Xosé Cermeño, Margarita Ledo Andión, Miguel-Anxo Murado, Camiño Noia, Isaac Otero, Valentín Paz-Andrade, Román Raña, Luís Rei Núñez, Antón Reixa, Anxo Tarrío e Fiz Vergara Vilariño. En Artes e Letras publicáronse, ademais, monográficos coordinados por Xesús Alonso Montero, dedicados a Cunqueiro, Ramón María del Valle-Inclán, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, aos nacionalismos ou ao humorismo galego.

Perozo traballou tamén como comentarista e articulista de actualidade cultural e política en medios escritos (El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, El Correo Gallego, La Región, El País) e audiovisuais (TVG, La Voz de Vigo, Radio Galega, Cadena SER).

No eido dos medios audiovisuais destacou ao seu labor como director da área de cultura da TVG, onde dirixiu e presentou o programa Visións (1987), A noite das badaladas (1988) e Ás de ouros (1989). Tamén exerceu como director xeral adxunto de CTV-Galaxia e director xeral de Yurital News.[Cómpre referencia]

Dirixiu gabinetes de comunicación política durante máis de corenta anos, sendo asesor e director de comunicación da Alcaldía de Santiago de Compostela de 1992 a 1997 e de 2002 a 2011. Nas súas actividades máis salientables destaca o deseño e a dirección da promoción Compostela 93, a xestión comunicativa do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, de Compostela Cidade Europea da Cultura de 2000 e de LITVI (Encontro Internacional de Literaturas de Viaxes).

Editorial

No 1998 comezou a súa andaina no mundo editorial en Ir Indo, encargándose da dirección literaria e da dirección da súa obra máis senlleira a Enciclopedia Galega Universal. Dende o 1999 e 2006 dirixiu o proxecto, a redacción e a edición dos dez primeiros tomos da mesma. A Enciclopedia Galega Universal recibiu o Premio da Crítica de Galicia en 2001.

En 2008 creou xunto a tradutora Mercedes Pacheco Vázquez a editorial Auga Editora, concibida para editar tanto en galego como en castelán. As temáticas vehiculares da editorial son a defensa do medio ambiente, a igualdade, o lecer e a educación infantil e xuvenil, entre outras.

Obra en galego

Narrativa

  • Bailables, 1994, Edicións do Cumio.
  • Coral de lirios morenos, 1994, Pentalfa.
  • Segunda convocatoria, 1994, Tórculo, 2ª edición ampliada no 2004, Xerais.
  • Martázul, 2002, Ir Indo.
  • Espérame, 2006, Xerais.
  • Rumores de Compostela, 2018, Auga Editora.

Literatura infanto-xuvenil

  • Os ladróns das tixolas, 1985, Editorial Galaxia.
  • O senso da nariz, 1987, Galaxia.
  • O segredo de Cibrán e outros contos, 1988, Xerais.
  • A incrible historia de Claudina, 1990, Edelvives.
  • O enigma de Embívicus, 1991, Sotelo Blanco.[1] Publicado en 2007 en castelán como El enigma de Embivicus, en Algar.
  • Conto de nadal, 1993, edición do autor, Santiago.
  • Don ogro de papel, 1993, Sotelo Blanco.
  • Gato e rato: unha tarde de teatro, 1994, Alfaguara.
  • Contos máxicos, 1995, Bruño. Traducido ao castelán en 1998 como Cuentos mágicos, na mesma editora.
  • Camiño de fantasía, 1998, Sotelo Blanco.
  • Claudina volveu, 1998, Alfaguara.
  • Papá Ogro, 1999, Ir Indo.
  • Os ladróns das tixolas, 2001, Ir Indo.
  • Nada no pais dos números, 2001, Ir Indo.
  • A ratiña presumida, 2001, Ir Indo.
  • Caderno de Riparia, 2004, Xerais (Atrapados en Riparia, 2006, versión en castelán).
  • Os condes da mesa cadrada, 2004, Movemento polo cambio.
  • Vanesa non quere ser princesa, 2004, Sotelo Blanco.
  • O vento de Antón, 2004, Xerais.
  • Unha mensaxe para Sara, 2006, Sotelo Blanco.
  • Noite de Reis en Kalpankalá, 2006, Everest Galicia.
  • Alguén roubou o inverno, 2007, Xunta de Galicia.
  • O invento de don Cazapalabras, 2007, Everest Galicia.
  • Telma, Leire e os coellos sabios, 2017, Auga Editora.
  • Onde vai Carlos? 2017, Auga Editora.
  • María Victoria, terra adiante, 2018, Auga Editora.
  • A grande epopea do pianista de Cans (2019). Auga Ed. 54 páxs. ISBN 978-84-120308-2-2. En castelán: La gran epopeya del pianista de Cans. ISBN 978-120308-3-9.

Ensaio

  • Celso Emilio Ferreiro. Día das letras galegas, 1989, Xunta de Galicia.
  • Antonio Fraguas, unha epopea vital (2019). Auga Ed. 47 paxs. ISBN 987-84-120308-7-7.

Obras colectivas

  • Quen é quen no primeiro Parlamento Galego, con María Xosé Porteiro, 1981, Xerais.
  • Celso Emilio Ferreiro compañeiro do vento e das estrelas, con María Xosé Porteiro, 1982, Colección Arealonga, Akal.
  • Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), 1989, Xerais. Con Xosé M. Salgado.
  • Voces en Compostela, 1993, Consorcio de Santiago.
  • Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Foedus, o parruliño que sempre foi feo, en Contos de vermes, ratos, libros, princesas e parrulo, 2006, Xunta de Galicia.

Premios literarios en galego

Obra en castelán

Poesía

  • Transversos de amor y desamor, 2019, Cuadernos del Laberinto.

Narrativa

  • La furia del carnero, 1990.
  • Misterios gozosos, 1991.
  • El rey republicano. Cuento infantil para adultos, 1995, edición do autor.
  • El último disfraz, 1997, Ediciones de La Sibila.
  • Rosalía: recortable para esta navidad, 1998, Ediciones de la Sibila.
  • Lola la del papagayo, 2000, Ediciones de la Sibila.
  • Estación de partida: historia para esta navidad, 2001, Ediciones de La Sibila.
  • Rosas para Gabriela, 2003, De la Luna Libros, Mérida.
  • 5 de agosto de 1936, 2005, De la Luna libros.
  • El Grifón, 2009, Auga Editora.
  • Última noticia de Prisciliano, 2010, Auga Editora.

Literatura infanto-xuvenil

  • Historia famosa que fue del parto caprino que es primoera parte de los Misterios gozosos ahora puestos en romance por el bachiller José Antonio Perozo, 1984, edición do autor.
  • Ratón que te pilla el gato, 1986, Júcar.
  • La ciudad de cristal, 1987, Júcar.
  • Aquellos días malditos, 1997, S. M.
  • El Enigma de Embívicus, 2007, Algar Editorial.
  • Telma, Leire y los conejos sabios, 2016, Auga Editora.
  • Miguel, una cabrita y un sueño, 2017, Auga Editora.

Ensaio

  • Puerto Hurraco, la furia del carnero, 1990, edición do autor.
  • Auga: historia para el nuevo año, 2007, edición do autor.
  • Personaje histórico desechable: historia para abrir este nuevo año en el que aún seguiremos recuperando la memoria histórica, 2008, Versátil, Santiago.
  • Recorrer y recordar Santiago de Compostela (2019). Auga. 30 páxs. ISBN 978-84948778-3-4.

Teatro

  • El vendedor, 1972, Grupo Esperpento.
  • Tal vez, Francisco de Zurbarán, 1998.

Obras colectivas

  • Mazurca para Camilo José Cela, 2016, con Paco López Barxas, en Auga Editora.
  • Santiago de Compostela, Ciudad Patrimonio de la Humanidad de España, 1997, con Fernándo Ónega en Artec Impresiones.

Notas

  1. Despois incluído, co número 71, na Biblioteca Galega 120.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

100 % CEF

100 % CEF é un documental galego sobre o escritor Celso Emilio Ferreiro, dirixido por Aser Álvarez e estreado en 2012.

Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil

Asociación galega do libro infantil e xuvenil, tamén coñecida polo acrónimo GÁLIX ou GALIX, é unha asociación que se erixe na sección galega da Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil. Creouse en 1989 coa finalidade de promover a cultura e a lingua galegas por medio da literatura infantil e xuvenil.

Dende 2017 o seu presidente é Xosé Antonio Perozo, en substitución de Francisco Castro Veloso.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

Cartafol

Cartafol foi un un programa cultural da TVG que se emitiu na tempada entre 1989 e 1990.

Estaba dirixido e presentado por Xosé Antonio Perozo, coa colaboración, entre outros de, Luís Rei Núñez, Miguel Outeiriño, Miguel Anxo Seixas e Ana Robles, a partir de 1990 encargouse da súa dirección Manuel Anxo Seixas. O programa consistía en entrevistas e reportaxes arredor da cultura galega

Diario Cultural

Diario Cultural é un programa informativo diario que se emite en bloques de mañá, sobremesa e tarde, especializado na cultura que a Radio Galega comezou a emitir en outubro de 1990. Programa decano na información cultural en Galicia, é un dos máis veteranos da radiodifusión galega e da Península Ibérica. O programa, ideado e dirixido desde os seus inicios por Ana Romaní, está conducido por ela e mais Xiana Arias, Belén Regueira e Paula Ribeiro desde setembro de 2018.

Dicionario bilingüe

Denomínase dicionario bilingüe a un dicionario que presenta as relacións léxicas de equivalencia entre dúas linguas.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Espérame

Espérame é unha novela de Xosé Antonio Perozo sacada ao prelo en marzo de 2006.

Na cuberta aparece representando á protagonista do libro a actriz Dorotea Bárcena.

María Victoria Moreno

María Victoria Moreno Márquez, nada en Valencia de Alcántara (provincia de Cáceres) o 1 de maio de 1939 e finada en Pontevedra o 22 de novembro de 2005, foi unha editora, tradutora, conferenciante, escritora de literatura infantil e xuvenil galega e profesora de ensino secundario en institutos de Lugo, Sanxenxo e Pontevedra. O seu texto máis coñecido é Anagnórise (Galaxia, 1988), vinte veces reeditado e traducido a varias linguas. Algúns trazos fundamentais da súa obra son o lirismo, a conversión dos animais en protagonistas e a crítica a un ensino reseso.En 2018 foi a figura protagonista do Día das Letras Galegas, sendo a cuarta muller, tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño, que levou ese recoñecemento na historia da celebración.

María Xosé Porteiro

María Xosé Porteiro García, nada en Madrid o 25 de maio de 1952, é unha xornalista, política e escritora galega. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.

Premio Blanco Amor

O Premio Blanco Amor é un premio literario galego dotado con 12.000 euros que premia a unha novela longa en lingua galega, está convocado por 52 concellos galegos, rotando cada ano un dos concellos en calidade de organizador. Creado en 1981 en homenaxe a Eduardo Blanco Amor por iniciativa do concello de Redondela, a obra gañadora publícaa a editorial Galaxia.

Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia

O Premio de novela por entregas de La Voz de Galicia é un galardón literario instaurado no ano 2001 pola corporación do xornal La Voz de Galicia, contando co patrocinio de Ámbito cultural de El Corte Inglés. Recupera a publicación de novelas por entregas na prensa escrita, moi común desde o derradeiro cuarto do século XIX até xa moi entrado o século XX.

Visións (programa)

Visións foi un un programa cultural da TVG que se emitiu na tempada 1987-1988.

Estaba dirixido e presentado por Xosé Antonio Perozo, coa colaboración, entre outros de, Luís Rei Núñez, Miguel Anxo Seixas, Xaime Aguiar, Xosé Henrique Rivadulla Cordón, Xosé Manuel Barreira, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba. O programa consistía en entrevistas e reportaxes arredor da cultura galega

Xornadas de Cine de Ourense

As Xornadas do Cine en Ourense foron uns festivais de cine e ao mesmo tempo un concurso de curtametraxes celebrados anualmente na cidade de Ourense entre 1973 e 1978, organizadas por Luís Álvarez Pousa e José Paz Rodríguez, cuxo principal obxectivo foi a promoción do cine galego. Estaban divididas en dous bloques principais: o bloque de proxección das películas e o bloque das conferencias e mesas redondas. En ambas partes tratáronse temas novos daquela época como, por exemplo, aqueles relacionados coa identidade galega. Porén, a falla de respaldo económico (estas xornadas foron impulsadas principalmente por dúas agrupacións independentes o Cineclube Padre Feijoo e a Agrupación Cultural Auriense), só se puideron celebrar seis edicións.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.