Xosé Antón Castro

Non confundir con Antón Castro (Arteixo, 1959), xornalista e escritor.
Xosé Antón Castro
Nacemento10 de abril de 1953
 Muxía
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncrítico de arte

Xosé Antón Castro Fernández, nado en Muxía o 10 de abril de 1953, é un historiador e crítico de arte galego.

Traxectoria

Licenciado en Historia da Arte e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Ampliou os seus coñecementos de arte contemporánea no MOMA e no Metropolitan Museum of Art de Nova York. Foi director da sección de Artes Plásticas da Dirección Xeral de Cultura da Xunta, organizador da Bienal de Arte de Pontevedra e conservador do CGAC. Foi profesor no Liceo Internacional de París e na Universidade de Vigo.

Obras

  • Colmeiro desde Colmeiro, 1987.
  • A arte galega dos 80.
  • Arte y nacionalismo. La vanguardia gallega 1925-1936, 1992.
  • Freixanes, 1992.
  • Manuel Colmeiro. Monografías da Arte Galega, Galaxia, 1994, ISBN 84-7154-924-7.
  • As mazás de Yoko Ono, 1995.
  • Laxeiro, a invención dun mundo, 1997.
  • Enredos críticos. Travesuras de un arte de fin de siglo, 2000.

Conversas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

10 de abril

O 10 de abril é o 100º día do ano do calendario gregoriano e o 101º nos anos bisestos. Quedan 265 días para finalizar o ano.

Antón Castro

Non confundir con Xosé Antón Castro (Muxía, 1953) historiador e crítico da arte.Antón Rodríguez Castro, nado en Lañas (Arteixo) o 25 de agosto de 1959, é un xornalista, escritor e tradutor galego.

Antón Patiño Pérez

Antón Patiño Pérez, nado en Monforte de Lemos o 1 de xaneiro de 1957, é un pintor e escritor galego.

Antón Sobral

Antón Sobral Iglesias, nado en Marín o 4 de abril de 1952, é un profesor, escritor e pintor galego.

Facultade de Belas Artes de Pontevedra

A facultade de Belas Artes de Pontevedra é un centro educativo da Universidade de Vigo situado no campus de Pontevedra.

Manuel Vilariño

Manuel Vilariño Seco, coñecido como Manuel Vilariño, nado na Coruña o 22 de maio de 1952, é un fotógrafo galego.

Mario Granell

Mario Fernández Granell, nado na Coruña en 1914 e finado en Vigo en 1991, foi un pintor e poeta galego.

María Luisa Sobrino

María Luisa Sobrino Manzanares Villanueva Correa, nada en Vigo o 29 de xullo de 1943, é unha historiadora da arte galega, especialista en arte galega contemporánea, residente en Santiago de Compostela.

María Victoria Carballo-Calero

María Victoria Carballo-Calero Ramos, nada en Ferrol o 11 de maio de 1942, é unha historiadora da arte galega, especializada en arte contemporánea, arquitectura e cidade.

Monumento a San Francisco

O Monumento a San Francisco é unha obra realizada entre 1926 e 1930 do escultor galego Francisco Asorey e situada no casco vello de Santiago de Compostela, no lugar coñecido como o Val de Deus, diante da igrexa do Convento de San Francisco do Val de Deus.

Con este monumento procurábase a conmemoración do VII centenario da morte do Santo de Asís.

Ovidio Murguía

Ovidio Martínez de Castro, máis coñecido como Ovidio Murguía, nado en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finado na Coruña o 1 de xaneiro de 1900, foi un pintor galego, membro da posteriormente denominada Xeración Doente.

Pena Grande de Férvedes

A Pena Grande de Férvedes é un penedo situado nas estribacións da serra da Carba, na parroquia de Lousada (Xermade), no que hai unha cavidade natural entre rochas que serviron de morada e refuxio aos primeiros habitantes do lugar..

Premios da Crítica Galicia

Os Premios da Crítica Galicia foron convocados desde 1978 polo Círculo Orensán Vigués. En 1992 faise cargo deles a Fundación Premios da Crítica Galicia. Concédense en varias modalidades: creación literaria, ensaio e pensamento, investigación, música, ciencias e artes da representación e iniciativas culturais. Dende 1993 outórgase tamén a distinción de Galego egrexio a unha personalidade caracterizada por manter ao longo da súa vida un firme compromiso coa cultura galega.

Proxecto Galicia

O Proxecto Galicia é un proxecto editorial de Hércules de Edicións que comezou a publicarse en 1992, consistente nunha enciclopedia temática cuxo principal obxectivo é escolmar información referida á cultura galega e dispoñela dunha maneira útil para o lector medio. En 2007 foi recoñecido coa Medalla Castelao que outorga a Xunta de Galicia, pola súa consideración de "un empeño editorial sen precedentes".

Ramón Parada Justel

Ramón Parada Justel, nado en Esgos o 11 de marzo de 1871 e finado en Ourense o 13 de maio de 1902, foi un pintor galego, pertencente á chamada xeración Doente.

Xosé Carlos López Bernárdez

Xosé Carlos López Bernárdez, nado en Vigo en 1958, é un ensaísta literario galego.

Xulio Gil Rodríguez

Xulio Gil Rodríguez, nado en Ourense en 1954, é un matemático e fotógrafo galego. Reside en Vigo.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.