Xosé-Henrique Costas

Para ver artigos doutras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondente
Xosé-Henrique Costas
Xosé-Henrique Costas González
Xosé-Henrique Costas González no ano 2013
Nacemento11 de agosto de 1962
 Sárdoma
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónlingüista

Xosé-Henrique Costas González, nado en Sárdoma (Vigo) o 11 de agosto de 1962, é un lingüista galego director de Normalización lingüística desde 2010.

Traxectoria

Costas doutorouse en Filoloxía Galega pola USC en 1995 e traballa desde ese mesmo ano como profesor na facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

Foi coordinador do proxecto de investigación Estudio lingüístico, etnográfico y antropológico del Val do Río Ellas. É especialista na fala do Val do Ellas, na provincia estremeña de Cáceres.

É membro do consello de redacción das revistas Anima+l, Estudios de Sociolingüística e Lingua e Dereito. Así mesmo, é un membro destacado da plataforma cívica ProLingua[1].

No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente.[2][3]

Foi vicerreitor de extensión universitaria da Universidade de Vigo entre 2010 e 2014.

Obra

Ensaios

  • Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia segundo os alumnos da segunda etapa de EXB (1986)
  • Galego Coloquial (1986)
  • 1.000 nomes galegos (1991)
  • Dicionario galego de sinónimos (1997)
  • The Galician Language in Education in Spain (2001).
  • Guía das linguas de Europa (2001, Positivas).
  • O valego. As falas de orixe galega do Val do Ellas (Cáceres-Estremadura) (2013, Xerais).

Artigos

  • Os subsistemas sibilantes no galego do Val do Río Ellas (1998)
  • Valverdeiro, lagarteiro e mañego: o "galego" do Val do Río Ellas (Cáceres) (1999)
  • Toponimia galega no Val do Río Ellas (1999)
  • Tipoloxía das falas do Val do Río Ellas (2000)
  • Aspectos sociolingüísticos das falas do Val do Río Ellas (2000).

Edicións

  • Seis sainetes valverdeiros, de Isabel López Lajas (Positivas).

Obras colectivas

  • Escolma de poesía berciana en lingua galega (1860-1960) (Positivas). Con Concepción Álvarez.
  • 55 mentiras sobre a lingua galega (2009), Laiovento.

Premios

Notas

  1. Entrevista na TVG[Ligazón morta] co filólogo Xosé Henrique Costas e o empresario Rafael Cuíña a propósito de ProLingua.
  2. "A universidade estréase na Real Academia Galega cun 'triplete'". Diario da Universidade de Vigo. Consultado o 20 de xullo de 2012.
  3. Listaxe de académicos correspondentes da Real Academia Galega. Páxina web da RAG. Consultado o 20 de xullo de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antonio Fernández Morales

Antonio Fernández Morales, nado en Astorga o 17 de setembro de 1817 e finado en Cacabelos o 15 de agosto de 1896, foi un militar e escritor berciano en lingua galega, autor de Ensayos poéticos en dialecto berciano, publicado en 1861. Con motivo do Bicentenario do seu nacemento en 2017 celebrouse no Bierzo o Simposio Antonio Fernández Morales, o cantor do Bierzo.

Carlos Aenlle

Carlos Xesús Varela Aenlle, nado en Castroverde en 1965, é un xeógrafo e etnólogo galego. Actualmente é presidente da asociación Abertal do Eo-Navia, e desde 2004 é o académico correspondente da Real Academia Galega nesa rexión.

Estremadura

Estremadura (en estremeño: Estremaúra, en castelán: Extremadura, na fala e portugués: Estremadura) é unha comunidade autónoma instituída na rexión natural localizada no oeste de España. Limita ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste coas rexións portuguesas do Alentexo e as Beiras.

Esta comunidade autónoma ten a súa capitalidade na cidade de Mérida, e está composta polas provincias de Cáceres ao norte e Badaxoz ao sur.

Fala de Estremadura

A fala de Estremadura, tamén coñecida como fala de Xálima, fala dos tres lugares ou valego, e galego estremeño polos partidarios da teoría sobre a relación entre a fala e a lingua galega, é unha variedade lingüística galego-portuguesa falada nos concellos de San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e As Ellas, no Val de Xálima, no noroeste da provincia de Cáceres, en Estremadura. Aínda que non se pode considerar galego en sentido estrito , a maior parte dos lingüistas galegos trátana como unha variedade histórica do galego por consideraren que ten moito máis que ver coas falas galegas que co portugués estándar e pola súa orixe, pero non todos pensan da mesma forma, algúns pensan que é unha lingua diferenciada do galego pero o galego é a máis próxima. O Ethnologue recólleo como unha lingua e dálle o seu propio código ISO 639-3, fax, non obstante a maioría dos investigadores evitaron darlle a denominación de lingua.

Tradicionalmente non hai un nome propio que abranga as tres modalidades que se falan en cada un dos tres concellos do val:

Mañego (mañegu), en San Martiño de Trebello.

Valverdeiro (valverdeiru), en Valverde do Fresno.

Lagarteiro (lagarteiru), nas Ellas.

Herba aquí ou acolá

Herba aquí ou acolá é un libro de poemas de Álvaro Cunqueiro. Foi publicado por primeira vez co título de Hierba aquí o allá. Herba aquí ou acolá pola editorial Visor en 1988 e máis adiante, en 1991, pola editorial Galaxia co título Herba aquí ou acolá.

Isabel López Lajas

Isabel López Lajas, nada en Valverde do Fresno, Estremadura, en 1884 e finada en 1967, foi unha escritora en galego de Estremadura.

Lingua belarusa

O belaruso (беларуская мова, biełaruskaja mova) é unha lingua eslava oriental e lingua oficial de Belarús xunto co ruso. Durante breves períodos da historia contemporánea de Belarús foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de 1990 a 1995 foi a única lingua oficial. Era coñecido antigamente como rutenio branco ou ruso branco.

Etnicamente, os belarusos son descendentes das antigas tribos eslavas -os dregovici, os radimici e os krivici- que habitaban o territorio entre os ríos Pripet e Dwina Occidental na marxe setentrional do Dnieper e ao largo do Soz.

Lingua eslovena

O esloveno é unha lingua eslava meridional falada principalmente na República de Eslovenia, así como en zonas adxacentes de Italia, Austria e Hungría nas que viven minorías históricas de eslovenos.

Lista de xentilicios do galego exterior

Allande: Allandés, allandesa.

Andés: Andesín, andesía.

Barres: Barrueiro, barrueira.

O Bierzo: Berciano, berciana.

Boal: Boalés, boalesa.

Brul: Brulego, brulega.

Campos-Tapia de Casariego: Camposo, camposa.

A Caridá: Caridego, caridega.

Castropol: Castropolés, castropolesa.

Coaña: Coañés, coañesa.

Eilao: Eilés, eilesa.

As Ellas: Lagarteiro, lagarteira.

Eo-Navia: Eonaviego, eonaviega.

As Figueiras: Figueirolo, figueirola.

El Franco: Franquín, franquía.

Grandas de Salime: Grandalés, grandalesa.

Hermisende: Hermisendés, hermisendesa.

Ibias: Ibiao, ibiá.

Mántaras: Mantarego, mantarega.

Navia: Naviego, naviega.

Os Ozcos: Ozqueiro, ozqueira.

Pezós: Pezoseiro, pezoseira.

Piantón: Piantonés, piantonesa.

Porto-As Portelas: Portexo, portexa.

El Porto-El Franco: Portexo, portexa.

A Roda: Rodés, rodesa.

Salave: Salavego, salavega.

Sampol: sampolo, sampola.

San Martín de Ozcos: Sanmartiego, sanmartiega.

San Martín de Trebello: Mañego, mañega.

Santalla de Ozcos: Santalleiro, santalleira; santallés, santallesa.

Santiso de Abres: Santiseiro, santiseira.

Seares: Searilo, searila.

Serantes: Serantego, serantega.

Tapia de Casariego: Tapiego, tapiega.

Taramundi: Taramundés, taramundesa.

Valdepares: Valdeparego, valdeparega.

Valverde do Fresno: Valverdeiro, valverdeira.

A Veiga: Veigués, veiguesa.

Vilanova de Ozcos: Vilanovés, vilanovesa.

Villaión: Villaionés, villaionesa.

Monforte de Lemos

Monforte de Lemos é un concello galego situado ao sur da provincia de Lugo, capital da comarca da Terra de Lemos e da Ribeira Sacra. Recibiu o título de cidade en 1885.Cunha poboación de 18.599 habitantes en 2018 segundo o IGE, Monforte de Lemos é o segundo concello máis poboado da provincia de Lugo, só superado pola capital. Durante o século XX chegou a superar os 20.000 habitantes, cifra que non acada desde os anos noventa. O seu xentilicio é «monfortina/o» ou «limés/limesa».Cunha orixe que se remonta á época castrexa, Monforte viviu o seu maior esplendor entre os séculos XVI e XVII, como capital do condado de Lemos. A chegada do ferrocarril en 1883 converteuna no nó ferroviario máis importante de Galicia e contribuíu ao crecemento da cidade. Do seu patrimonio histórico cabe destacar o mosteiro de San Vicente do Pino, no alto do monte que dá nome á cidade, e o colexio da Nosa Señora da Antiga, considerado o "Escorial" galego.

ProLingua

ProLingua é unha plataforma a prol da lingua galega, estabelecida a nivel fiscal en calidade de asociación cultural. Celebrou a súa primeira asemblea o 3 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela.

Quique Costas (homónimos)

Co nome de Quique Costas podemos referirnos a:

Enrique Álvarez Costas, futbolista galego.

Xosé-Henrique Costas, lingüista e profesor universitario.

Enrique Costas Bastero, empresario do sector da música e político galego.

Semana Galega de Filosofía

A Semana Galega de Filosofía é un encontro organizado en Pontevedra dende 1984.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.