Xornal de Galicia

Xornal de Galicia foi un xornal de comunicación xeral e de ámbito galego, fundado o 9 de decembro de 2008, aínda que a súa edición dixital, xornal.com, levaba nove anos activa na Internet. A edición en papel deixou de publicarse o 4 de agosto de 2011 e a páxina web pechou o 19 de outubro do mesmo ano. As súas linguas de edición foron o galego e o castelán.

Características

O director e impulsor foi o xornalista de Brión Xosé Luís Gómez, e a primeira subdirección ocupouna María Martínez Val. A súa sede principal estivo situada na Coruña, se ben contou orixinalmente con redacións tamén en Vigo e Santiago de Compostela. Entre os membros da redacción orixinal atopáronse Alberto Ramos, Iago Martínez, ou sinaturas como as de Carme Adán, Rafael Cuíña ou Xesús Palmou.

O accionista principal foi Udramedios, a filial de comunicación do grupo de construción San José. Co seu lanzamento absorbeu o medio electrónico Xornal.com.

O presidente do consello de administración da empresa foi Domingos Docampo, ex reitor da Universidade de Vigo[1]. O conselleiro delegado da empresa e xerente do xornal foi Miguel Barros.

En marzo de 2011 o director Xosé Luís Gómez foi destituído dous días despois da publicación dunha fotografía de Mariano Rajoy, daquela líder do PP, a bordo dun barco vencellado ao narcotráfico[2]. A nova directora pasou a ser María Martínez Val. A edición en papel deixou de publicarse o 4 de agosto de 2011[3], sendo presidente do Consello de Administración Alfonso Paz-Andrade,[4] continuando só a dixital. O 19 de outubro de 2011 pechou tamén esta edición, terminando completamente coa existencia do xornal.[5]

Notas

  1. Domingo Docampo presidirá Xornal de Galicia SA Arquivado 07 de decembro de 2008 en Wayback Machine. A Nosa Terra, 5/12/2008
  2. Jacinto Rey cede ante Rajoy, Galicia Confidencial, 1/4/2011.
  3. Cierra la edición impresa de Xornal de Galicia, El Correo Gallego, 2/8/2011.
  4. Los trabajadores de Xornal de Galicia se movilizan..., El Mundo (en castelán).
  5. Xornal.com pecha tamén na rede, Galicia Hoxe

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alberto Núñez Feijóo

Alberto Núñez Feijóo, nado en Ourense o 10 de setembro de 1961, é un político galego, actual presidente da Xunta de Galicia. É tamén o presidente do Partido Popular de Galicia, que resultou o máis votado nas eleccións autonómicas de 2009, acadando a maioría absoluta, e o Parlamento de Galicia elixiuno para ser presidente da Xunta, tomando posesión o 18 de abril dese mesmo ano. Revalidou o cargo nas eleccións de 2012 e nas de 2016.

Ana Kiro

María Dolores Casanova González, coñecida como Ana Kiro, nada na Castañeda (Arzúa) o 24 de xaneiro de 1942 e finada en Mera (Oleiros) o 24 de setembro de 2010, foi unha cantante galega.

Caciquismo

O caciquismo foi unha práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, empregando o sistema de encadramento, pucheirazo, "resurrección de mortos" etcétera.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009

As eleccións autonómicas de Galicia de 2009 foron as oitavas eleccións ao Parlamento de Galicia. Nestas eleccións parlamentarias foron convocados ás urnas 2 646 872 galegos, dos cales 335.452 (12,7%) residen no estranxeiro.

Espazo Socialista Galego

O Espazo Socialista Galego é unha forza política que naceu como escisión de Esquerda Nacionalista dentro do Bloque Nacionalista Galego o 8 de novembro de 2008.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos, foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Galipedia

A Galipedia é o nome co que se coñece popularmente a Wikipedia en lingua galega, unha enciclopedia en liña, de acceso libre, con todos os seus contidos en aberto e editados de forma colectiva en lingua galega. Botou a andar o 8 de marzo de 2003 e ten agora mesmo 159.305 artigos, superando os 100 000 o 4 de marzo de 2013, catro días antes do décimo aniversario. A comezos do ano 2013 usábanse xa 101 305 imaxes distintas.Para unha relación cronolóxica dos acontecementos da Galipedia pode consultarse o apartado Actualidade. Existen tamén diversas páxinas de estatística, entre as que figuran Especial:Estatísticas e Wikipedia:Estatísticas.

Henrique Monteagudo

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018, membro numerario e secretario da Real Academia Galega.

Iago Martínez

Iago Martínez Durán, nado en Vigo en 1979, é un xornalista e crítico galego.

Manuel Fraga

Manuel Fraga Iribarne, nado en Vilalba o 23 de novembro de 1922 e finado en Madrid o 15 de xaneiro de 2012, foi un político galego.

Durante o franquismo ocupou os cargos de ministro de Información e Turismo e embaixador de España no Reino Unido. Tivo as carteiras de ministro de Gobernación e vicepresidente segundo do Goberno durante o mandato de Arias Navarro. Foi un dos pais da Constitución española de 1978.

Presidiu Alianza Popular e o Partido Popular e foi o terceiro presidente da Xunta de Galicia, o que ocupou o Pazo de Raxoi durante máis anos, dende o 5 de febreiro de 1990 ata o 29 de xullo do 2005.

Manuela López Besteiro

Manuela López Besteiro, nada o 26 de maio de 1941 en Castroverde, é unha política galega.

Marcos Valcárcel

Marcos Valcárcel López, nado en Ourense o 3 de marzo de 1958 e falecido na mesma cidade o 5 de decembro de 2010, foi un historiador, xornalista e escritor galego.

Rafael Cuíña

Rafael Luís Cuíña Aparicio, nado en Lalín o 13 de xaneiro de 1972, é un empresario, político e columnista galego, fillo do político Xosé Cuíña.

Ramón Lorenzo

Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) o 16 de setembro de 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981 e membro da RAG desde 1999.

Santiago Rey Fernández-Latorre

Santiago Rey Fernández-Latorre, nado na Coruña en 1938, é un empresario galego, propietario do xornal La Voz de Galicia.

V Televisión

V Televisión foi unha cadea de televisión privada, fundada pola Corporación Voz de Galicia, de difusión en aberto en Galiza a través da TDT. Comezou a emitir en probas dende o 9 de marzo do 2010 cunha mira de axuste. Nas primeiras medicións de audiencia, a porcentaxe correspondente a este cadea foi do 0,3 %.Dende decembro do 2016, a Corporación Voz de Galicia empezou a desmantelar a cadea, cancelando o seu programa estrela "Vía V", debido ós problemas económicos que tiña debido a saída dalgúns investidores. Durante o 2017 emitía principalmente teletenda e programa repetidos.

Finalmente o 1 de xaneiro de 2018, xusto despois das badaladas, a cadea pasou a negro e deixou de emitir, sen mira de axuste.

Xabier Iglesias

Francisco Xabier Iglesias López, nado na Coruña en 1967, é un escritor, humorista gráfico e columnista galego.

Xornal.com

Xornal.com foi un medio de comunicación electrónico galego, que xurdiu no 1999 e desapareceu 2011.

Xosé Luís Gómez

José Luis Gómez Gómez, nado en Brión en 1958, é un xornalista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.