Xohana Torres

Xohana Torres Fernández, nada en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1929[1] e finada en Vigo o 12 de setembro de 2017[2], foi unha escritora galega.

Xohana Torres
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Nome completoXohana Torres Fernández
Nacemento22 de novembro de 1929
 Santiago de Compostela
Falecemento12 de setembro de 2017
 Vigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoeta, escritora, dramaturga, narrador e escritora de literatura infantil
PremiosMedalla Castelao e Premio da Crítica de poesía galega

Traxectoria

Viviu a súa infancia e mocidade en Ferrol, cidade á que se mantivo afectivamente vinculada e na que foi alumna de Ricardo Carballo Calero. Foi tamén nesta cidade onde entrou en contacto co mundo do teatro e da radio. En Radio Ferrol dirixiu en 1956 o seu primeiro programa destinado a mulleres, Teresa. Dende os primeiros textos editados foi unha escritora monolingüe en galego.

Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, onde se relacionou con María Auz, Ánxel Leira e Xosé Luís Franco Grande. Nesta época recibe o Primeiro Premio de poesía da Asociación de Prensa de Vigo.

Filla e esposa de mariño, viaxou por mar por gran parte do mundo e durante moitos anos residiu en Vigo, onde chegou a dirixir o primeiro espazo cultural de radio integramente en galego, Raíz e Tempo, en La Voz de Vigo, e onde se desenvolve a acción da súa única novela Adiós, María (1970).

Poetisa, narradora e dramaturga, Xohana Torres é unha referencia obrigada na historia da literatura galega da segunda metade do século XX. Forma parte daquelas xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da ditadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros.

A proposta de Xosé Luís Méndez Ferrín e Salvador García-Bodaño ingresou na Real Academia Galega o 27 de outubro do 2001.

Obra

O seu labor como escritora comeza en revistas como Aturuxo (1953), Vida Gallega, Vieiros (1962) e Grial (1963).

Como poetisa está integrada na Xeración das Festas Minervais; como escritora dramática no "Grupo de Enlace"; como narradora, os críticos discuten se a súa novela Adiós, María forma parte ou non da Nova Narrativa, concluíndose que con esta obra se adscribe a este movemento renovador. No ano da súa publicación gaña o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires e, co seu ensaio sobre San Andrés de Lonxe, o Premio de Etnografía da Deputación da Coruña.

En 1972 outórgaselle o Premio Pedrón de Ouro polo labor cultural en beneficio de Galicia. En 1981 recibe o Premio da Crítica española e a Xunta de Galicia entrégalle en 1992 o Premio á creación feminina.

Canto ó teatro relaciónase co grupo Teatro Estudio, para o que facían decorados os pintores Barros Pardo e Segura Torrella, escribindo dúas obras, unha das cales, Un hotel de primeira sobre o río, consegue o Premio Castelao de Teatro galego en 1966.

Deixando a un lado as etiquetaxes da crítica, a obra de Xohana Torres é dunha calidade indiscutible, calidade recoñecida co Premio da Crítica en 1980, polo poemario Estacións ao mar.

Listaxe de publicacións

Poesía

Teatro

BG120 48 Adiós, María
Adiós, María, edición na BG120.
  • Á outra banda do Iberr (1965, Galaxia).
  • Un hotel de primeira sobre o río (1968, Galaxia).

Novela

Literatura infantil

  • Polo mar van as sardiñas (1967, Galaxia).
  • Pericles e a balea (1984, La Galera, Barcelona).

Ensaio

  • Teixido. San Andrés de Lonxe. Mitos e ritos, Premio Federico Maciñeira en 1972, publicado por Engaiolarte Edicións e a Deputación da Coruña en 2018.[5]
  • Eu tamén navegar (2001, Real Academia Galega).[6]

En publicacións colectivas

Traducións

  • O abeto valente de Jordi Cots (1966).
  • O globo de papel de Elisa Vives de Fábregas (1966).
  • Unha nova terra de Francisco Candel (1967).
  • O demo Rapatú, adaptación de Miquel Desclot (1979, Galaxia).
  • Así foi de Rudyard Kipling, con María Dolores Martínez Torres (1992, Galaxia).

Premios

Influencias estilísticas

Entre os escritores citados como influencias na obra de Xohana Torres ou referidos por ela están Aquilino Iglesia Alvariño, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e William Butler Yeats.

Notas

  1. Casalderrey, F. e Aleixandre, M. (2017): "A verdadeira data de nacemento de María Victoria Moreno", en Grial nº 215, páx. 12-13.
  2. "A Real Academia lamenta o pasamento da académica Xohana Torres", nota na web da Real Academia Galega, 12 de setembro de 2017.
  3. http://www.engaiolarte.com/Engaiolarte_2016/Elexias_a_Lola.html
  4. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
  5. A Deputación da Coruña publica 46 anos depois un ensaio de Xohana Torres sobre Santo Andrés de Teixido, Praza Pública
  6. Eu tamén navegar (2001, Real Academia Galega)

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

12 de setembro

O 12 de setembro é o 255º día do ano do calendario gregoriano e o 256º nos anos bisestos. Quedan 110 días para finalizar o ano.

22 de novembro

O 22 de novembro é o 326º día do ano no Calendario Gregoriano e o 327º nos anos bisestos. Quedan 39 días para rematar o ano.

Adiós, María

Adiós, María é a única novela de Xohana Torres, publicada por primeira vez en 1971 por Ediciones Galicia do Centro Gallego de Buenos Aires.

Ana Romaní

Ana Romaní Blanco, nada en Noia o 5 de agosto de 1962, é unha poeta e xornalista cultural galega, académica numeraria da Real Academia Galega.

Andrés Fernández-Albalat Lois

Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924, é un arquitecto galego. Recoñecido coma a figura máis representativa da modernidade na arquitectura galega do século XX.

Antonio Meijide Pardo

Antonio Meijide Pardo, nado no Barco de Valdeorras o 30 de abril de 1917 e finado na Coruña o 25 de xuño de 2004, foi un historiador galego.

Constantino García

Constantino García González, nado en Oviedo o 20 de xullo de 1927 e falecido en Santiago de Compostela o 23 de outubro de 2008, foi un lingüista e escritor galego.

Ediciones Galicia

Ediciones Galicia foi unha editorial galego-arxentina, do Centro Gallego de Buenos Aires.

Enrique Vidal Abascal

Enrique Vidal Abascal, nado en Oviedo o 12 de outubro de 1908 e finado en Santiago de Compostela o 31 de outubro de 1994, foi un matemático, astrónomo e pintor galego.

Francisco Río Barxa

Francisco Xavier Río Barja, tamén coñecido como Francisco Xavier Río Barxa, nado en Lugo en 1919 e falecido en Tenerife o 5 de xaneiro de 2011, foi un xeógrafo e escritor galego, académico da Real Academia Galega.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Olga Gallego

Olga Gallego Domínguez, nada en Ourense o 8 de decembro de 1923 e finada na mesma cidade o 4 de setembro de 2010, foi unha historiadora galega. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Premio Xohana Torres

O Premio Xohana Torres é un premio outorgado polo Concello de Santiago de Compostela que honra a figura de Xohana Torres e procura recuperar a memoria histórica das mulleres de Santiago de Compostela. Ten dotación económica.

Ramón Martínez López

Ramón Martínez López, nado en Boiro o 4 de abril de 1907 e falecido en Pontevedra o 12 de setembro de 1989, foi un filólogo e político galego.

Raíz e Tempo

Raíz e Tempo foi o primeiro programa de radio emitido en lingua galega en Galicia despois da Guerra Civil española. Cun marcado carácter cultural comezou a emitirse en 1963 na emisora viguesa La Voz de Vigo por iniciativa da Asociación Cultural de Vigo, dirixíao a escritora Xohana Torres e durou ata 1975.

Xesús Ferro Ruibal

Xesús Ferro Ruibal, nado en Rebón (Moraña) o 28 de setembro de 1944, é un lingüista, teólogo, latinista e escritor galego.

Xosé Ramón Barreiro

Xosé Ramón Barreiro Fernández, nado en Ribeira o 2 de decembro de 1936, é un historiador galego e foi o presidente da Real Academia Galega entre 2001 e 2009.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos
Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.