Xogos Olímpicos de 2012

Os Xogos Olímpicos de 2012, correspondentes aos Xogos da XXX Olimpíada, tiveron lugar en Londres entre o 27 de xullo e o 12 de agosto de 2012.

Xogos da XXX Olimpíada
Olympic rings without rims
Londres 2012
Estados Participantes 204
Atletas 10.500
Eventos 302 en 26 deportes
Cerimonia de Apertura 27 de xullo
Cerimonia de Clausura 12 de agosto
Apertura oficial Raíña Isabel II
Xuramento do Atleta Sarah Stevenson
Xuramento do Xuíz Mik Basi
Xuramento do Adestrador Eric Farrell
Facho Olímpico Callum Airlie
Jordan Duckitt
Desiree Henry
Katie Kirk
Cameron MacRitchie
Aidan Reynolds
Adelle Tracey
Local Estadio Olímpico

Proceso de candidatura

15-11-05 101 Monument
Logo da candidatura de Londres 2012

Rolda previa

O COI avaliou as nove candidaturas e clasificaron á fase final aquelas que obtiveran máis de 6 puntos.

As nove candidatas e a puntuación obtida foron:

Outras postulantes

Votación final

O 6 de xullo de 2005 realizouse a Sesión 117 do COI, á que asistiron 116 votantes e os representantes das cinco candidatas finalistas, entre as que se destacan personalidades como o presidente Jacques Chirac por París, a Princesa Ana de Inglaterra e David Beckham por Londres, a senadora Hillary Clinton por Nova York e a Raíña Sofía de España por Madrid.

Resultados das votacións
Cidade País Rolda 1 Rolda 2 Rolda 3 Rolda 4
Flag of the United Kingdom.svg Londres Reino Unido 22 27 39 54
Francia París Francia 21 25 33 50
España Madrid España 20 32 31 -
Flag of the United States.svg Nova York Estados Unidos 19 16 - -
Flag of Russia.svg Moscova Rusia 15 - - -

Sedes

Os xogos de Londres disputáronse en tres zonas principais: o Parque Olímpico, a Zona Fluvial e a Zona Central. Á marxe diso, algúns recintos están fora de Londres.

Zona Fluvial

A Zona Fluvial inclúe catro sedes principais a carón do río Támese.

ExCel Exhibition Centre
ExCeL Exhibition Centre

Zona Central

Arredores de Londres

Estadios de fútbol

Os seguintes estadios acolleron as primeiras roldas das competicións de fútbol:

Vista aérea do Parque Olímpico en abril de 2012
Vista aérea do Parque Olímpico en abril de 2012

Calendario

Nestes Xogos Olímpicos leváronse a cabo 302 competicións correspondentes a 28 deportes. Na seguinte táboa amósanse as datas de cada competición, así como o número de finais que se disputaron cada xornada.

Evento Mér
25
Xov
26
Ven
27
Sáb
28
Dom
29
Lun
30
Mar
31
Mér
01
Xov
02
Ven
03
Sáb
04
Dom
05
Lun
06
Mar
07
Mér
08
Xov
09
Ven
10
Sáb
11
Dom
12
TOT
Inauguración
Athletics pictogram.svg Atletismo 2 5 7 5 4 4 5 6 8 1 47
Badminton pictogram.svg Bádminton 1 2 2 5
Basketball pictogram.svg Baloncesto 1 1 2
Handball pictogram.svg Balonmán 1 1 2
Boxing pictogram.svg Boxeo 3 5 5 13
Cycling (road) pictogram.svg Ciclismo 1 1 2 2 2 1 1 1 3 2 1 1 18
Fencing pictogram.svg Esgrima 1 1 1 1 2 1 1 1 1 10
Football pictogram.svg Fútbol 1 1 2
Weightlifting pictogram.svg Halterofilia 1 2 2 2 2 2 1 1 1 1 15
Equestrian pictogram.svg Hípica 2 1 1 2 6
Field hockey pictogram.svg Hóckey 1 1 2
Judo pictogram.svg Judo 2 2 2 2 2 2 2 14
Wrestling pictogram.svg Loita 2 3 2 2 2 2 3 2 18
Swimming pictogram.svg Natación 4 4 4 4 4 4 4 4 1 1 34
Synchronized swimming pictogram.svg Natación sincronizada 1 1 2
Modern pentathlon pictogram.svg Péntatlon moderno 1 1 2
Canoeing (flatwater) pictogram.svg Piragüismo 1 1 2 4 4 4 16
Rowing pictogram.svg Remo 3 3 4 4 14
Diving pictogram.svg Saltos de trampolín 1 1 1 1 1 1 1 1 8
Taekwondo pictogram.svg Taekwondo 2 2 2 2 8
Tennis pictogram.svg Tenis 2 3 5
Table tennis pictogram.svg Tenis de mesa 1 1 1 1 4
Shooting pictogram.svg Tiro 2 2 1 1 1 1 2 2 1 2 15
Archery pictogram.svg Tiro con arco 1 1 1 1 4
Triathlon pictogram.svg Tríatlon 1 1 2
Sailing pictogram.svg Vela 2 2 2 1 1 1 1 10
Volleyball (indoor) pictogram.svg Voleibol 1 1 1 1 4
Gymnastics (artistic) pictogram.svg Ximnasia 1 1 1 1 1 1 3 3 4 1 1 18
Clausura
Evento 25 26 27 28 29 30 31 01 02 03 04 05 06 07 08 09 10 11 12 TOT

Medalleiro

Véxase o artigo Medalleiro dos Xogos Olímpicos de Londres 2012.

Posición País Ouro Prata Bronce Total
1 Estados Unidos de América Estados Unidos 46 29 29 104
2 Flag of the People's Republic of China.svg China 38 27 23 88
3 Reino Unido Reino Unido 29 17 19 65
4 Rusia Rusia 24 26 32 82
5 Flag of South Korea.svg Corea do Sur 13 8 7 28
6 Alemaña Alemaña 11 19 14 44
7 Flag of France.svg Francia 11 11 12 34
8 Italia Italia 8 9 11 28
9 Hungría Hungría 8 4 5 17
10 Australia Australia 7 16 12 35

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Atletismo masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012

As probas masculinas de atletismo nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 comezarán o venres 3 de agosto con 4 probas de lanzamentos e carreiras de obstáculos, e rematarán o domingo 12 de agosto co maratón. Das 24 probas que se disputarán, 21 terán lugar no Estadio Olímpico de Londres, de nova construción, que ten unha capacidade para acoller a 80.000 persoas. As restantes 3 probas, de longa distancia (20 km marcha, 50 km marcha e maratón) percorrerán o chamado The Mall, composto polas rúas que conectan o Palacio de Buckingham con Trafalgar Square.

Baloncesto masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012

O torneo masculino de baloncesto nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 terá lugar entre os días 28 de xullo e 12 de agosto. Os países participantes poderán competir coas súas seleccións absolutas, sen límite de idade.

O vixente campión, Estados Unidos, terá a oportunidade de defender o título que acadou en 2008.

Candidatura de Madrid aos Xogos Olímpicos de 2012

Madrid 2012 foi unha das cinco candidaturas olímpicas clasificadas para os Xogos Olímpicos de 2012.

Logo dos Xogos de Barcelona de 1992, Sevilla presentou a súa candidatura para os Xogos de 2004 e os de 2008, aínda que non logrou pasar do primeiro corte en ningunha das dúas ocasións. Intentaría, pois, presentarse aos de 2012 aínda que Madrid entón entrou a poxar pola convocatoria, e ao soamente poder presentarse unha cidade por país ante o COI, Madrid foi escollida como sede española.

Para os Xogos de 2012, Madrid e Nova York foron as dúas únicas cidades candidatas que nunca antes celebraran os Xogos. A véspera do día da votación, celebrada o 5 de xuño de 2005 no centro de Madrid, incluíu no seu programa o paseo da bandeira máis longa do mundo polas rúas de Madrid así como unha actuación da cantante Shakira. A celebración concluíu cun espectáculo de fogos artificiais. O lema oficial da candidatura era Preparados para ti.

A candidatura de Madrid foi eliminada na terceira rolda das votacións para seleccionar a cidade anfitrioa na 117ª sesión do COI, o 6 de xuño de 2005 en Singapur.

O xoves 6 de xullo de 2006, o alcalde de Madrid Alberto Ruiz-Gallardón anunciou a candidatura da cidade de Madrid para os Xogos Olímpicos de 2016.

David Cal

David Cal Figueroa, nado o 10 de outubro de 1982 en Vilariño (Cangas), é un piragüista galego, especialista nas categorías C1-1000 metros e C1-500 metros e medallista olímpico en cinco ocasións.

Converteuse no deportista español con máis medallas olímpicas ó acadar nos Xogos Olímpicos de 2012 a súa quinta medalla, a medalla de prata en C1 1000 metros.

Elliott 6m

O Elliot 6m é un iate de tres tripulantes que foi clase olímpica nos Xogos Olímpicos de 2012 en substitución da clase Yngling, é dicir, como barco para tripulacións femininas. Foi deseñado polo neozelandés Greg Élliott en 2000, e a decisión foi tomada pola Federación internacional de vela (ISAF) en 2008.

Esgrima nos Xogos Olímpicos de 2012

Nos Xogos Olímpicos de 2012, celebrados en Londres realizáronse dez probas deesgrima, cinco en categoría masculina e cinco en categoría feminina. A competición disputouse entre os días 28 de xullo e 5 de agosto nas instalacións ExCeL London.

Estadio Olímpico de Londres

O Estadio Olímpico de Londres é un recinto deportivo da capital británica, sito no barrio de Stratford. A súa construción comezou o 22 de maio de 2008 e foi inaugurado o 5 de maio de 2012. O estadio naceu coa misión de ser a sede principal dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Londres 2012, acollendo as probas de atletismo, así como as cerimonias de apertura e clausura.

Tralos eventos olímpicos, o estadio sufrirá unha reforma para reducir a súa capacidade dende os 80.000 asentos ós 60.000, e está previsto que o West Ham United pase a xogar nel os seus encontros de fútbol como local. O 11 de novembro de 2011 a IAAF anunciou que o Estadio Olímpico de Londres acollerá en 2017 a 16ª edición do Campionato do Mundo de Atletismo.

Fútbol masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012

O torneo masculino de fútbol nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 terá lugar entre os días 26 de xullo e o 11 de agosto. Cada selección deberá contar con xogadores sub-23, coa excepción de 3 xogadores que poden non pertencer a esa categoría.

O vixente campión, Arxentina, non terá a oportunidade de defender o título que acadou en 2008.

Galegos nos Xogos Olímpicos de 2012

A representación de Galicia nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 estivo composta por 11 deportistas integrados no equipo olímpico español, 3 homes e 8 mulleres. Foi un deportista menos dos que participaron nos Xogos de Beijing 2008. Entón foron 12 os participantes, cunha colleita de 4 medallas.Os 11 participantes galegos supuxeron apenas un 3,9 % dos 282 representantes que tivo España nos Xogos. Este baixo porcentaxe debeuse en boa medida pola case inexistente presenza de xogadores galegos nas seleccións nacionais dos deportes de equipo (fútbol, baloncesto, balonmán, waterpolo, hóckey herba, ciclismo, ximnasia ou natación sincronizada).

Nesta edición dos Xogos Olímpicos, 5 dos 11 representantes galegos acadaron o seu obxectivo de ser medallistas. A porcentaxe de éxito foi dun 45,45 %, moi superior á media do resto do equipo olímpico español.

Kevin Love

Kevin Wesley Love, nado o 7 de setembro de 1988 en Santa Monica (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente xoga para Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA). Tres veces All-Star, posúe o récord de maior serie de partidos conseguindo dobres figuras en puntos e rebotes desde a fusión da NBA coa American Basketball Association (ABA). A nivel internacional, Love foi membro do equipo estadounidense que consegui as medallas de ouro no Mundial de Baloncesto de 2010 de Turquía e nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres. É fillo do tamén ex-xogador da NBA Stan Love.

Luciana Aymar

Luciana Paula Aymar, nada en Rosario o 10 de agosto de 1977 é unha ex-xogadora arxentina de hóckey sobre herba.É a única xogadora da historia que recibiu oito veces o premio da FIH á mellor xogadora do ano, e está considerada a mellor xogadora de hóckey de todos os tempos.Aymar é coñecida pola súa capacidade de superar as rivais empregando mediante cambios e releos. Por este motivo recibiu os alcumes de "La Maga" ("A maga") e "A Maradona do hóckey sobre herba". Foi a abandeirada da Arxentina nos Xogos Olímpicos de 2012, sendo a segunda xogadora deste deporte que o fai, despois de Marcelo Garraffo.

Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ, conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.

Maider Unda

Maider Unda González de Audicana, nada en Vitoria o 2 de xullo de 1977, é unha deportista vasca, que compite en loita libre feminina na categoría de 72 quilos. Foi 14 veces campioa de España, medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2012 e no Mundial de 2009, prata no Europeo de 2013, e bronce no Europeo de 2010 e no Europeo de 2012.

Megan Rapinoe

Megan Anna Rapinoe, nada en Redding, California, o 5 de xullo de 1985, tamén coñecida como Pinoe, é unha futbolista profesional estadounidense que xoga como centrocampista ou extremo no Reign FC da National Women's Soccer League. Como membro da selección feminina de fútbol dos Estados Unidos, axudou a gañar a Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2015, os Xogos Olímpicos de 2012 e a medalla de prata na Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2011. No Mundial de 2019 gañou o ouro co equipo e ademais foi Balón de Ouro, Bota de Ouro e MVP en tres partidos da competición, incluída a final.

Rapinoe é coñecida internacionalmente polo seu elaborado e técnico estilo de xogo, e polo seu preciso pase a Abby Wambach no minuto 122 dos cuartos de final da Copa Mundial Feminina de Fútbol de 2011 contra o Brasil, que acabou en gol e igualou o marcador, posteriormente os Estados Unidos gañaría o partido na quenda de penais. Durante os Xogos Olímpicos de 2012 marcou tres goles e foi a máxima asistente do equipo con catro asistencias conseguindo a medalla de ouro para os Estados Unidos. É a primeira xogadora de fútbol, feminino ou masculino, en marcar un gol olímpico nos Xogos Olímpicos.

Rapinoe é unha defensora de numerosas organizacións LGBT, incluíndo "Gay, Lesbian and Straight Education Network" (GLSEN) e "Athlete Ally". Tamén é activista pola igualdade de trato e a visibilidade cara ó fúltbol feminino.

É patrocinada por Nike, Samsung e DJO Global, e apareceu en varios promocionais para as compañías de roupa Wildfang e Nike. Anteriormente xogou para Chicago Rede Stars, Philadelphia Independence e MagicJack na Women's Professional Soccer e no Olympique de Lyon na Division 1 Féminine.

Paraskevi Papachristou

Paraskevi Papakhrístou, ou Paraskeví Papakhrístou (en grego, Παρασκευή Παπαχρήστου, coñecida tamén internacionalmente como Paraskeví Papajristou, e alcumada Vula (en grego, Βούλα), nada en Atenas o 17 de abril de 1989, é unha atleta grega especializada en triplo salto (e tamén en salto de lonxitude). Gañou dúas medallas de ouro en Campionatos de Europa de atletismo Sub-23, e representou a Grecia no Campionato do mundo de atletismo de 2011. Foi eliminada do equipo grego para os Xogos Olímpicos de 2012 de Londres polo Comité Olímpico Grego debido a un comentario indebido que fixo en 2011. Pararticipou na final dos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Janeiro, ocupando o oitavo lugar.

Valentina Vezzali

Maria Valentina Vezzali, coñecida simplemente como Valentina Vezzali, nada en Jesi o 14 de febreiro de 1974, é unha tiradora de esgrima e política italiana, gañadora de nove medallas olímpicas. Xunto co alemán Ralf Schumann, o eslovaco Michal Martikán e a xaponesa Ryoko Tani, un dos únicos catro atletas na historia dos Xogos Olímpicos de verán en gañar cinco medallas no mesmo evento individual..

Vasyl Lomachenko

Vasyl Anatoliiovich Lomachenko (en ucraíno: Василь Анатолійович Ломаченко), nado o 17 de febreiro de 1988, é un boxeador ucraíno profesional, actual campión mundial dos pesos pluma da OMB e campión nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e Londres 2012.

Xogos Paralímpicos de Londres 2012

Os Xogos Paralímpicos de 2012 foron os décimo cuartos Xogos Paralímpicos de Verán e celebráronse dende o 29 de agosto ata o 9 de setembro de 2012 na cidade de Londres, Reino Unido, logo de que a capital británica gañara a votación para acoller os Xogos Olímpicos e os Xogos Paralímpicos de 2012. Houbo 1,6 millóns de entradas dispoñibles cunha taxa de vendas estimada do 63%.

No seu informe de avaliación o Comité Olímpico Internacional sinalou que "Coa súa rica historia, as capacidades do Deporte Paralímpico británico están entre as mellores da historia".

Os xogos incluíron atletas con diversas discapacidades físicas e sensoriais, tales como a parálise cerebral, amputacións e cegueira. Esta foi a primeira vez dende a edición do ano 2000, onde os deficientes mentais retornaron aos Xogos.

Xogos Olímpicos de Verán
Xogos Olímpicos de Inverno

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.